Servicios

Centros de Interpretación

EspazoC. I. TERRAS DO MIÑO
EnderezoPaseo do Rato s/n
MunicipioLUGO
Teléfono982305930
Sitio Webwww.deputacionlugo.org
Horario de aperturaTodos os días 09,00 - 15,00 hrs. Excepto fins de semana e festivos
DescripciónO centro de interpretación Terras de
Miño emplázase nun edificio rehabilitado no que antigamente foi " ou muíño do tendeiro". Todas as salas e contidos virán ao redor da reserva da Biosfera Terras de Miño. Existe unha exposición audiovisual da etnografía, natureza, historia, paisaxe e cultura do auga en Terras de Miño. Tamén podemos atopar 4 salas de exposicións, sala do bosque, sala do río, sala de información turística, e sala de imaxes de Terras de Miño. Conta cun programa de visitas guiadas dirixidas a toda a poboación orientadas a nos achegar ao coñecemento de Terras de Miño.
EspazoC. I. DA LAGUNA DE COSPEITO
EnderezoRosalía de Castro s/n - C.P. 27377
MunicipioCOSPEITO
Teléfono982520001
Sitio Webwww.concellodecospeito.es
Dirección Electrónicaconcellodecospeito@concellodecospeito.com
Horario de aperturaConsultar
DescripciónO centro de interpretación da
Lagoa de Cospeito é xestionado polo Concello de Cospeito desde o ano 2004, e desde aquela son numerosas as actividades desenvolvidas na contorna ambiental. As principais funcións deste centro son as seguintes: recepción e información para os visitantes, rutas guiadas para escolares, elaboración dun censo e seguimento periódico das aves da lagoa, organización de cursos de ornitoloxía, charlas, congresos, exposicións, realizar labores de mantemento, asistencia técnica ao Concello de Cospeito.
EspazoC. I. ETNOGRÁFICO MAZO DE SANTA COMBA
EnderezoCarretera LG 546, Km2
MunicipioSANTA COMBA (LUGO)
Teléfono982304577
Sitio Webwww.deputacionlugo.org
Horario de aperturaAdaptado ao horario do restaurante. Consultar
DescripciónSituado non Río Chamoso, no
lugar de Santa Comba, nas proximidades da cidade de Lugo, constitúe un importante complexo de arqueoloxía industrial, no que a forza da auga, mediante unha enxeñosa arquitectura de canles, imprime forza ao mazo, serra, fraguas, muíño… Está formado por un muíño fariñeiro, mazo, serra e pedra de afiar (hidráulicos). Até os anos 60 foi empregado para a fabricación de fouces, para moer o gran da zona e a transformación de madeira en táboas. Recentemente foi restaurado con fondos do Programa de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais PRODER MIÑO, coma un importante exemplo de recuperación do patrimonio hidráulico-etnográfico, vinculado ás concas fluviais, para destinalo ao centro de interpretación etnográfico, no cal se realizan demostracións sobre o funcionamento dos elementos que o compoñen. Nonmesmo complexo do Mazo de Santa Comba os visitantes poden gozar de pratos típicos da gastronomía da zona, nun restaurante con estupendas vistas á contorna natural do río Chamoso.
EspazoC. I. CASA DAS ÍNSUAS
EnderezoR/ José Pardo e Pardo Montenegro, nº 27
MunicipioRABADE (LUGO)
Contactocasadasinsuas@gmail.com
Sitio Webwww.casadasinsuas.org
Horario de aperturaConsultar
DescripciónA Casa das Ínsuas é un Centro
de Estudo e Conservación da Natureza administrado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio. A Casa das Ínsuas ten varias funcións alén de servir de sé da nosa asociación. Ten xa un Centro de Documentación que reúne fondos bibliográficos relacionados co estudo e conservación da natureza, depositados por diversas entidades e persoas a título individual. Estes fondos están á disposición de calquera persoa interesada nestes temas. O Centro de Documentación pode ser empregado, asemade, como sala de xuntas por aquelas entidades que o desexen. A Casa dispón tamén dun Centro de Interpretación formado por tres salas que xuntan unha superficie de máis de 100 m2 dedicada a exposicións. Outro espazo da Casa é unha sala que serve de viveiro de entidades naturalistas, que dispón de todos os requirimentos básicos de oficina: postos de traballo, ligazón a internet, impresora multifunción, cafeteira, etc. Pretendemos que o uso compartido deste espazo con outras entidades favoreza o troco de ideas, as sinerxías e o traballo en rede. Para terminar, a Casa ten un auditorio fantástico para celebrar reunións, asembleas, palestras e todo tipo de eventos.