Xeografía - Características Físicas

Clima

EL CLIMA

Temperatura media do mes máis cálido: 15,0 - 19,3 ºC

Temperatura media do mes máis frío: 3,7 - 8,7 ºC

Precipitación Media anual: 919 - 1761 mm, rexistradas a unhas altitudes de: 80 - 580 metros.

DATOS CLIMÁTICOS

No interior da área localízanse un total de 9 estacións meteorolóxicas, se ben a rede de estacións se completou con aquelas localizadas a menos de 5 km do límite, considerándose un total de 16 estacións distribuídas a diferentes altitudes, desde os 80 aos 650 m (véxase seguinte gráfico).

Táboa I. Estacións meteorolóxicas
Estación meteorolóxicaAltitude (m)Período de rexistrosTipoToma de datos
1Aranga5001975-96T.P.Manual
2As Ptes. de G Rodríguez3431961-98T.P.Manual
3Fragavella*5801975-98T.P.Manual
4Guitiriz*4101971-91T.P.Manual
5Loberías 6101983-89T.P.Manual
6Lugo*4501966-98T.P.Manual
7Mondoñedo1391961-96T.P.Manual
8Monte da Curra6501986-98T.P.Manual
9Nodar*5001992-97T.P.Manual
10Outeiro de Rei*4161983-87T.P.Manual
11Punto Centro*4261969-85T.P.Manual
12Rabade*4031975-95P.Manual
13Rozas*4441985-98T.P.Manual
14Sarria5501961-98T.P.Manual
15Seara801975-95T.P.Manual
16Vilalba*4701976-98P.Manual

(*) Estacións incluídas no interior da área, T,P estacións termopluviométricas, P estacións pluviométricas.

Fonte: Laboratorio de Botánica a partir de Martínez Cortizas & Pérez Alberti, 1999.

Os rexistros termométricos resaltan o carácter oceánico das áreas montañosas máis próximas ao cantábrico (Fragavella, 580 m;Lobeiras, 610 m) cunha temperatura media do mes máis cálido da orde dos 15º C fronte a sistemas montañosos interiores (Monte daCurra, 650 m) onde este parámetro supera os 18º C, indicando un réxime térmico máis contrastado, con veráns máis calorosos e menos suaves ao afastarse o efecto amortecedor das frontes oceánicas. Nos meses invernais, o réxime térmico non acusa estas diferenzas entre os sistemas montañosos costeiros e do interior, con medias das mínimas do mes máis frío entre os 5 e 6º C. A continentalidade térmica vese acentuada nos fondos de vales máis ao interior (Sarria, 550 m), onde os efectos de embolsamento de aire frío e a falta de amparo térmico por parte das masas nubradas oceánicas fan descender de forma importante as temperaturas.

Os rexistros pluviométricos máis elevados teñen lugar nas formacións montañosas costeiras (Fragavella-580 m), con valores superiores aos 1700 mm anuais, se ben esta cifra se ve incrementada até valores superiores aos 2000 mm nos sectores culminantes da Serra do Xistral (IZCO et al., 2001). Os valores máis baixos rexístranse nos territorios máis interiores da Terra Chá, así como puntualmente en fondos de val a moi escasa altitude na vertente cantábrica (Mondoñedo-139 m, Seara-80 m) xa fóra da área de estudo.

Tabla II. Datos climáticos das estacións meteorolóxicas localizadas no interior (1) e proximidades da área proposta.
Estación meteorolóxicaTemperatura media do mes máis cálido (ºC)Temperatura media del mes más frío (ºC)Precipitación (mm)
1Aranga18.26.11664
2As Ptes. de G Rodríguez17.57.01612
3Fragavella*15.05.01761
4Guitiriz*18.15.21447
5Loberías15.76.81549
6Lugo*19.36.1977
7Mondoñedo17.98.7963
8Monte da Curra18.45.71475
9Nodar*16.34.21507
10Outeiro de Rei*17.95.51029
11Punto Centro*17.45.71133
12Rabade*----1031
13Rozas*18.46.11016
14Sarria17.73.71363
15Seara18.58.4919
16Vilalba*----1179

As condicións climáticas do territorio correspóndense en xeral cun tipo oceánico morno, caracterizado pola alta dispoñibilidade hídrica ao longo do ano (se ben menor nos meses estivais) e un réxime térmico amortecido, con escasa oscilación térmica estacional. Este carácter morno e oceánico vese reflectido na correspondencia do clima da área con diferentes clasificacións climáticas. Así, segundo a clasificación de rexións climáticas da UNESCO-FAO, localízase dentro do dominio climático húmido morno; segundo a clasificación climática de Köpen- Geiger (GEIGER & POHL, 1953), o clima xeral da área defínese como morno chuvioso con veráns secos e cálidos e segundo o sistema de clasificación climática de Strahler (STRAHLER, 1978) corresponde a un tipo marítimo de costa oeste, dentro do grupo de climas de latitudes medias.

O carácter macroclimático oceánico vese matizado a nivel mesoclimático polo efecto do relevo, distancia ao mar e gradiente altitudinal presente na área. Así, existe un forte contraste en canto aos réximes de precipitación, rexistrándose unha diferenza de 1000 mm de precipitación total anual entre os sectores culminais das Serras Setentrionais de Galicia, extremo occidental da Cordilleira Cantábrica e Dorsal Galega fronte á Terra Chá, como resultado da descarga de precipitacións dos nubeiros oceánicos nas barreiras montañosas e a menor taxa de precipitación nos territorios de menor altitude localizados a sotavento. En canto ao réxime de temperatura anual, o gradiente actitudinal existente (de máis de 1000 m entre as cotas extremas), tradúcese na existencia dun forte contraste nas medias da temperatura anual, con diferenzas de máis de 7º C entre os valores das áreas a menor altitude e próximas á costa fronte aos sectores de maior altitude en contacto coa Cordilleira Cantábrica.

Os valores de evapotranspiración potencial son relativamente baixos na totalidade do territorio, se ben os mínimos se localizan nas áreas de montaña, debido en parte á presenza dunha maior nebulosidade e humidade ambiental, así como á frecuencia de néboas que reducen as taxas de insolación, reducíndose a temperatura e evapotranspiración. O balance hídrico toma valores positivos para toda a área como consecuencia da escasa ETP e as elevadas precipitacións. Non obstante, cabe destacar a presenza dunha importante superficie nos tramos medios e inferiores do val do Miñoe Neira, nos que a dispoñibilidade hídrica toma valores inferiores aos 200 mm