Coida e Conserva

A presente guía de boas prácticas ambientais na Reserva da Biosfera Terras do Miño ten como principal obxectivo conseguir que cada persoa, xa sexa desde o seu fogar ou desde o seu lugar de traballo, poida participar activamente na toma de conciencia en relación ao coidado do medio ambiente, optimizando e reducindo os efectos adversos que as más prácticas ambientais poden ocasionar nunha contorna tan singular como a reserva da Biosfera Terras do Miño. Aínda que este impacto puidese percibirse como pouco significativo ou baixo, sempre se poden levar a cabo pequenas accións encamiñadas á súa prevención ou redución.

Neste sentido, esta guía de boas prácticas é un conxunto de recomendacións prácticas, útiles e didácticas, que serven para modificar ou mellorar os comportamentos habituais, cuxo obxectivo é optimizar o consumo de recursos: auga, enerxía, etc., así como minimizar e xestionar adecuadamente os residuos que se producen durante a actividade. Con este documento preténdese sensibilizar e educar ambientalmente toda a poboación facendo chegar a todos unhas nocións básicas sobre a xestión ambiental, establecendo unhas pautas que signifiquen unha redución do impacto ambiental provocado pola actividade da mesma e máis concretamente por cada un dos cidadáns de forma individual.

Para iso, esta guía pretende acadar tres obxectivos:

1. Inculcar a importancia da redución nas emisións, no consumo de recursos e na xeración de residuos.

2. Fomentar cambios de comportamento que impliquen beneficios ambientais e económicos, a nivel individual e comunitario.

3. Transmitir os coñecementos necesarios para lograr os dous obxectivos anteriores.

Para poder entender mellor o desenvolvido neste Manual de Boas Prácticas Ambientais, faise preciso coñecer uns conceptos claves:

  • Redución: A redución supón a diminución da utilización de materias en orixe, o cal consume menos recursos e xera menos residuos.
  • Reutilización: Esta práctica supón alongar o ciclo de vida dun produto mediante usos similares ou alternativos dun material; é dicir, unha vez un produto cumpriu a función á que orixinalmente estaba destinado, pode ser que fique completamente inservible ou pode ser que se lle poida asignar unha función alternativa que permita facer un novo uso del. Esta práctica pode ser útil tanto para reducir o consumo de recursos como para diminuír a xeración de residuos.
  • Reciclaxe: Esta práctica supón a recuperación dun recurso xa utilizado para xerar un novo produto. A reciclaxe é unha boa opción na xestión dos recursos fronte á deposición e abandono en vertedoiros ou fronte á adquisición de materiais novos. Porén, non hai que esquecer que a reciclaxe debe ser a alternativa á previa redución e reutilización.

Un aspecto importante a ter en conta na produción de residuos é que dita produción supón un gasto importante, fundamentalmente debido ao custo das materias primas, man de obra e enerxía desperdiciada no proceso de xeración. Tendo en conta este triplo custo, o custo real dos residuos supón a miúdo de 5 a 20 veces o custo da seu eliminación.

As recomendacións incluídas nesta guía divídense en dous apartados: un destinado á poboación en xeral e outro de medidas máis específicas para o sector da agricultura e gandería que ten grande importancia na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Todos contra os incendios forestais:

Cóntoche contos:

As tres “R”: Reduce, reutiliza e recicla:


PUNTOS LIMPIOS
Punto Limpio de Láncara
Estrada poboa - San Xoan de MuroTeléfono: 982543077
Punto Limpio de O Valadouro
Estrada de Foz, s/n da Vila de Ferreira - (ao lado do campo de fútbol)Teléfono: 657231707
Punto Limpio de Vilalba
Polígono Sete Pontes, s/nTeléfono: 606403036
Punto Limpio de Friol
Recinto Ferial - (ao lado do mercado de gando)Teléfono: 669809823
Punto Limpio de Lugo
Polígono do Ceao - Rua dos CarrosTeléfono: 982254483