Programa MaB España

Rede Española de Reservas

A RERB está integrada por corenta e oito espazos (en marzo 2016), distribuídos por todas as áreas bioxeográficas do Estado e en 15 das 17 comunidades autónomas. Catro das reservas de biosfera (RB) son transfronteirizas (unha con Marrocos e tres con Potugal), mesmo unha destas é Intercontinental.

As reservas de biosfera son territorios que aplican os postulados do Programa MaB da UNESCO. Constitúen unha rede cuxas orientacións se xeran en encontros da Rede Mundial de Reservas de Biosfera, que logo son aprobadas polos órganos de goberno do Programa MaB, en primeira instancia, e, finalmente, pola Conferencia Xeral da UNESCO.

A incorporación de novos territorios a esta Rede faise a petición dos países de forma voluntaria. As propostas deben incluír certos requisitos e certos compromisos que aseguren o cumprimento das funcións das RBs -facer compatible a conservación co desenvolvemento sostible e cumprir as súas funcións de rede.

A solicitude estrutúrase de acordo a un formulario de solicitude elaborado pola UNESCO.