Programa MaB España

Catálogo de experiencias demostrativas nas Reservas de Biosfera españolas

A publicación que se presenta recolle un conxunto de experiencias que son un exemplo do traballo que se desenvolve na Rede Española de Reservas da Biosfera.

Este libro reúne unha mostra de 69 experiencias representativas das existentes. A súa selección e recompilación realizouse no ano 2008 e agora preséntase en catro grandes apartados temáticos vinculados ás funcións das Reservas da Biosfera: a conservación dos seus valores naturais e a súa compatibilidade co seu desenvolvemento económico e a calidade de vida dos cidadáns que as habitan e protexen; a investigación, educación e formación como instrumentos necesarios para a mellora e a innovación nestes territorios modelos de equilibrio e sustentabilidade, a de planificación, participación e divulgación das actuacións que se realizarán nos próximos anos de forma participativa para continuar desenvolvendo un modelo baseado no difícil equilibrio entre desenvolvemento económico e social e a protección e conservación de espazos e especies.

Esta publicación constitúe un catálogo de boas prácticas desenvolvidas en 30 Reservas que poden servir de exemplo para outros contextos xeográficos e que convén divulgar para aumentar a capacidade de innovación e réplica noutros territorios.

Un conxunto de experiencias postas en práctica tanto polos xestores das distintas reservas, coma polos propios cidadáns que, co seu traballo e a súa participación, mostran un camiño a seguir que debe ter o seu reflexo nas actuacións das Administracións públicas responsables e no conxunto da sociedade.