Características Biolóxicas

Flora

Como especies de interese para a conservación considéranse aquelas incluídas no Anexo II e IV da Directiva Hábitat (DC 92/43/CEE), xunto ás catalogadas como “En Perigo de Extinción” e “Vulnerables” de acordo cos Catálogos Español e Galego de Especies Ameazadas

É destacable o número de especies vexetais, posto que 37 dos taxóns que habitan na Reserva de Biosfera Terras do Miño están considerados en "Perigo de extinción" ou "Vulnerables" no Catálogo galego de especies ameazadas. De entre estes taxóns vexetais destacan 6 de interese comunitario (Sphagnum pylaesii, Narcissus pseudonaricissus, N. asturiensis, Luronoium natans, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans) e un sétimo Prioritario (Eryngium viviparum). O cardiño das lagoas (Eryngium viviparum) é unha das tres especies de flora presentes en Galicia coa categoría de prioritaria dentro da Directiva 92/43/CEE.

- Especies de interese para a conservación

A Reserva da Biosfera inclúe un gran número de especies protexidas tanto pola normativa comunitaria (Directiva Hábitat), nacional (Catálogo Nacional de Especies Ameazadas) e autonómica (Catálogo Galego de Especies Ameazadas).

Especies de interese para a conservacion

IBADER

Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural

GI-TB Territorio – Biodiversidade

Estudos 2013