Patrimonio Histórico - Artístico

Introdución

Este apartado, no cal se pon de manifesto a importancia cultural da área da candidatura, é un dos máis extensos debido á gran cantidade de valores patrimoniais existentes e á riqueza etnográfica cultural da zona. Valores cuxa análise, custodia e posta en valor lévase a cabo polo Museo Provincial de Lugo, Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e Museo Monográfico do Castro de Viladonga. Por iso considerouse oportuno estruturar a epígrafe en distintos temas, que se expoñen a continuación.