Reservas de la Biosfera Galicia

Introdución

RB TERRAS DO MIÑO:

Declarada Reserva da Biosfera en 2002. É a segunda máis grande da Península Ibérica e a máis grande de Galicia, ocupando o 39% da provincia de Lugo cunha superficie de 363.668,9 ha. Abrangue 26 municipios da conca alta do río Miño, pertencentes, á súa vez, a sete bisbarras: Ourol (A Mariña Occidental); Alfoz, O Valadouro e Mondoñedo (Mariña Central); Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade (Terra Chá);Meira, Pol e Riotorto (Meira); Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade (Lugo); Baralla(Os Ancares), Láncarae O Páramo (Sarria).

RB ÁREA DE ALLARIZ:

Comprende os municipios ourensáns de Allariz, Vilar de Santos, A Bóla e Rairiz de Veiga. Recoñecida no ano 2005 e que consta con outros premios e recoñecementos como o Premio Europeo de urbanismo. A Unesco xustifica a elección ao considerar que se trata dunha zona galega particularmente importante polos seus valores culturais e polo uso sostible da terra atendendo á conservación da flora e da fauna.

RB OS ANCARES LUCENSES, MONTES DE NAVIA, CERVANTES E BECERREÁ:

Declarada Reserva da Biosfera en 2006. Comprende os montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Cunha extensión na parte lucense de 53.600 ha, ocupa unha superficie do 6% da provincia. Limitando coa provincia de León, é o maior espazo natural da Comunidade Galega formado por pequenos vales encaixados entre picos de máis de 2.000 metros de altitude. É unha interesante paraxe natural na que ademais da súa flora e fauna podemos admirar os seus castros e pallozas.

RB RIO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN:

Foi concedida pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en 2007, en París. Esta é a primeira Reserva da Biosfera que comparten en España dous comunidades autónomas: Asturias e Galicia. Na parte lucense, a superficie é de 108.007 ha, un 11% da provincia, sendo a súa totalidade de 158.883 ha. Está integrada por 14 municipios, sete municipios da provincia de Lugo (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Nogueira de Muñiz) e sete da provincia de Asturias: Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres, Taramundi, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos.

RB TRANSFRONTEIRIZA GERÊS-XURÉS:

Quinta reserva da biosfera de Galicia, declarada pola UNESCO en 2009. Desde o punto de vista ecolóxico, a rexión transfronteiriza Xurés-Gerês destaca, segundo a Unesco, pola «variedade dos seus ecosistemas de bosque e turbeira, así como polo considerable número de especies endémicas que se desenvolveron baixo a influencia conxunta do clima oceánico e mediterráneo». Abrangue en total dez municipios completos, seis en Galicia: Baixa Limia (Lobios, Lobeira, Entrimo, Muiños, Calvos de Randín e Bande) e outros cinco en Portugal (Melgaço, Arcos de Valdeve, ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre).

RB MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DOMINGO MANDEO

Sexta reserva da biosfera de Galicia, declarada pola UNESCO en 2013. Abrangue un total de 113.970 ha, o que representa un 14,33% da superficie da provincia de Coruña, repartidas en 18 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva da Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia de Coruña. Os municipios que compoñen este territorio son: Aranga, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado.