Reservas da Biosfera Galicia

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Data de declaración: Maio 2013

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo localízase no ámbito do litoral cántabro-atlántico de Galicia, no Noroeste da Península Ibérica. Comprende unha superficie de 113.969,7 hectáreas terrestres e 2.754,8 hectáreas mariñas. Inclúe a totalidade de 18 municipios da provincia de A Coruña, cunha poboación aproximada de 190.000 habitantes.

Este territorio componse principalmente de dúas grandes cuncas, as dos ríos Mero e Mandeo; inclúe, ademais, outras pequenas concas costeiras e posúe ecosistemas costeiros e de montaña que dan acubillo a unha gran diversidade biolóxica. Esta zona concentra, así mesmo, unha gran diversidade cultural ligada ao uso de recursos naturais (aboamentos, produción de mel, etc.), que fixo posibles o mantemento de comunidades e a conservación de razas autóctonas de gando.