Características Biológicas

Tipos de Hábitats - Matorrales

ESPECIES CARACTERÍSTICAS

Existen matogueiras de leguminosas (xesteiras, toxeiras, piornais), formacións moi densas de entre 2-4 m de altura, que presentan diferente composición e estrutura segundo o territorio bioxeográfico, o grado de manexo e estado evolutivo (Rivas-Martínez, 1987; Izco, 1996). Están dominadas por especies como Cytisus striatus, Cytisus scoparius, Genista polygaliphylla, Ulex europaeus, Pteridium aquilinum e Rubus ulmifolius, pero tamén son frecuentes especies subarbustivas como Daboecia cantabrica, Agrostis capillaris, Dactylis glomerata, Lithodora prostrata, Potentilla erecta, Galium saxatile, etc. Merecen especial atención as xesteiras con Cytisus ingramii, de distribución Galaico-Asturiana, presentes na parte setentrional do territorio. Trátase dunha matogueira de menor altura que os anteriores, presente en territorios fortemente oceánicos, que coloniza preferentemente paredes de barrancos, noiros e terreos de forte pendente, en xeral ambientes con escaso desenvolvemento edáfico. Como especies dominantes aparecen o endemismo Galaico-Asturiano Cytisus ingramii, xunto con Ulex europaeus e Pteridium aquilinum, acompañados en ocasións por Ulex gallii, Cytisus scoparius ou Cytisus striatus. Como outras especies frecuentes figuran Rubus spp. , Cirsium filipendulum, Erica arborea, Erica cinerea, Daboecia cantabrica, Digitalis purpurea, Lithodora prostrata, Potentilla erecta, Galium saxatile, Physospermum cornubiense, Avenula sulcata, ouAgrostis spp.

Dentro das matogueiras non higrófilas pódense establecer certas diferenzas segundo a presenza e abundancia de especies de tendencia xerófila e continental (Halimium halissoides, Tuberaria guttata, Genistella tridentata, Erica aragonensis) fronte ás matogueiras oceánicas, onde a presenza destas especies é menor, e aparece como dominante o toxo (Ulex europeus) mesturado con distintas especies de ericáceas (Erica cinerea, Calluna vulgaris). Así, a composición florística destas comunidades varía segundo un gradiente na transición de climas oceánicos a continentais, desde as montañas setentrionais á parte meridional da Terra Chá e o seu contacto coa Cordilleira Cantábrica. Como outras especies frecuentes dentro das comunidades de breixeira-toxeira ou breixeira figuran, entre outras, Simethis mattiazzi, Asphodelus albus, Lithodora prostrata, Agrostis curtisii, Agrostis duriei Avenula sulcata, Pseudarrenatherum longifolium e Potentilla erecta.