Puntos de Interese

Museos

Museo:CASA DOS MOSAICOS
Enderezo:Doutor Castro, 20-22 - LUGO
Teléfono:982254815 / 982297347
Dirección electrónica:cultura@concellodelugo.org
Páxina Web:www.lugo.es
Horario de apertura:Consultar
Descripción:Domus romana de finais do século III
ou principios do IV d.C. musealizada "in situ". Os seus principais atractivos son o mosaico da antesala e o mosaico do oecus, con motivos xeométricos e figurativos, e o sistema de calefacción (hipocaustum) que se localiza baixo o pavimento dun dos comedores da vivenda. A visita complétase coa proxección dun audiovisual que mostra unha reprodución virtual do que foi esta casa e das orixes e desenvolvemento da cidade de Lucus Augusti.
Museo:CASA MUSEO DE ESCULTURAS DE VÍCTOR CORRAL
Enderezo:Museo, 26 / Baamonde (Santiago) - BEGONTE
Teléfono:982398041
Horario de apertura:Luns a domingos de 09:30 a 13:30 e de 6:30 a 19:00 h.
Descripción:Dentro da casa do artista, a
exposición ocupa dous ambientes diferenciados: o xardín con obras en materiais non perecedoiros (granito e bronce) e o interior con esculturas, de arte abstracto e relixioso, en madeira, bronce e marfil. O escultor tamén experimenta con outros tipos de material soporte: acuarela e óleo. O universo temático das súas composicións está marcado polo amor a Galicia e ás súas profundas crenzas relixiosas. Símbolo desta conxunción é a capela realizada no interior dun castiñeiro e un pombar con pedras e minerais de case todo o mundo, no xardín da casa.
Museo:CENTRO ARQUEOLÓXICO DE SAN ROQUE
Enderezo:Emilia Pardo Bazán, s-n - LUGO
Teléfono:982297347
Dirección electrónica:cultura@concellodelugo.org
Páxina Web:www.lugo.es
Horario de apertura:Setembro-Xuño: Martes a domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h. Xullo-Agosto: Martes a Domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Luns pechado todo o ano.
Descripción:Restos dunha necrópole romana
século I-V a.C. musealizada "in situ". Consérvanse enterramentos de incineración e inhumación, restos dun forno dedicado á produción cerámica e unha piscina ou estanque de carácter ritual relacionado con cultos orientais. O museo conta con catro audiovisuais cun sistema de audioguías en varios idiomas.
Museo:MUSEO CATEDRALICIO E DIOCESANO "SANTOS SAN CRISTÓBAL"
Enderezo:Praza de España, s-n - MONDOÑEDO
Teléfono:982521006 / 686416111
Horario de apertura: Inverno:Inverno: Luns a Sábado de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 h. Verán: Luns a Sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 h.
Todo o ano:Domingo horario segundo tempada aínda que pechado durante os actos litúrxicos
Descripción:Este museo de arte sacra, un dos
máis importantes de Galicia, ten repartidos os seus fondos entre a harmónica Catedral do século XIII e o Palacio Episcopal (s. XVIII). Posúe fondos de temática variada: escultura, pintura, imaxinería gótica, enxoval litúrxico e ornamentos bispais. Recentemente, foi ampliado con salas dedicadas á pintura francesa antiga, á historia da imprenta en Mondoñedo e á cerámica de Sargadelos. Proximamente se realizarán ampliacións de salas dedicadas a tecidos, bordados antigos e arqueoloxía.
Museo:MUSEO DA RADIO
Enderezo:Santiago de Gaioso (Santiago) - OUTEIRO DE REI
Teléfono:982390706
Dirección electrónica:orioladra@hotmail.com
Horario de apertura:Martes-Domingo de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Luns pechado
Descripción:Aquí pódese facer un recorrido
polos primeiros aparellos de radio dos anos 20, a súa historia e evolución, até os sofisticados aparellos dos anos 60 e 70, así como anécdotas e outros curiosos trebellos relacionados coa ciencia e a electricidade.
Museo:MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA
Enderezo:Domingo Goás, 2 / Vilalba (Santa María) - VILALBA
Teléfono:982511383
Horario de apertura:Martes a Sábados de 11:00 a 13:30 e de17:00 a 19:30 h. Domingos e luns pechado. En agosto tamén aberto en domingo de 11:00 a 13:30 h.
Descripción:Fundación pública municipal que
ten como finalidade primordial a procura, conservación, exhibición e estudo de materiais desde o Paleolítico a Roma dentro do ámbito xeográfico galego. Conta coa colección máis completa de Galicia de materiais datados entre o Paleolítico e o Mesolítico, que proveñen fundamentalmente de depósitos de coleccionistas particulares e de pezas recuperadas no transcurso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo. Ademais da exposición permanente, móntanse outras de tipo temporal.
MuseoMUSEO DIOCESANO E CATEDRALICIO DE LUGO
Enderezo:Praza de Santa María, s-n - LUGO
Teléfono:982220466
Horario de apertura:Consultar
Descripción:Situado na Catedral de Lugo,
conta con pezas de gran valor arqueolóxico que abarcan un espectro temporal amplísimo, desde o Paleolítico até a actualidade. Destaca o chamado " Crismón de Quiroga", do século V, un dos máis antigos testemuños da presenza do cristianismo en Galicia; tamén as abundantes mostras de numismática, así como a imaxinería relixiosa, tallas románicas, cristos de marfil e ourivería dos séculos XVI e XVIII. Ofrece unha ampla mostra de pinturas de Pablo Rubens, Zacarías González Velázquez, Andrea de Sarto e Juan de Juanes.
Museo:MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA
Enderezo:A Castronela / Xiá (Santa María) - FRIOL
Teléfono:982375156
Horario de apertura:Abril-Setembro: Martes a Venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Sábado, domingo e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Outubro-Marzo: Martes a Venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. Sábado, domingo e festivos de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. Luns pechado todo o ano.
Descripción:Trátase dunha fortaleza de orixe
descoñecida reconstruída no século XVI por Vasco das Seixas. En 1939 é adquirida pola Deputación Provincial de Lugo que, en 1983, a converte en Museo, do que destacan as súas seccións de Etnografía ( apeiros de labranza, utensilios para a preparación da lá e o liño, cerámica popular e industrial, obxectos relacionados coa equitación, etc.) e Armería ( armas brancas e de lume de diferentes épocas). Chama especialmente a atención a súa singular cociña ( con forno de granito e lareira ) e o comedor ( con cheminea renacentista e parladoiros nas fiestras ), ademais dunha capela do século XVIII.
Museo:MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO (MIHL)
Enderezo:Parque de Frigsa - LUGO
Teléfono:982251658
Prezo da entrada:Entrada gratuíta. Para visitas de grupos hai que concertar cita previamente na Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11.
Horario de apertura:ABRIL E MAIO: de martes a sábado de 16:30 a 20 horas. Domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Descripción:O Museo Interactivo da Historia
de Lugo configúrase como un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura. En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en distintas dependencias: a sala da exposición permanente sobre a historia da cidade ocupa 300 metros cadrados, pero o museo contará ademais con outra sala para exposicións temporais de 242 metros cadrados, salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema enerxético do edificio farase por medio de caldeiras de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostenibilidade.
Museo:MUSEO PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO
Enderezo:O Caritel / San Martiño de Mondoñedo (San Martiño) - MONDOÑEDO
Teléfono:982132394 / 982132607
Horario de apertura:Consultar
Descripción:Instalado nas naves da Basílica
de San Martiño de Mondoñedo, templo que foi sé Episcopal da actual diocese de Mondoñedo desde o ano 870 ao 1113. É unha obra singular dentro do románico galego na que se aprecian claras influencias asturiana, lombarda, visigótica e sueva. Conta con obxectos relixiosos entre os que destacan un báculo e un anel de ouro, ambos os dous do século XI, que se dá a bicar aos fieis o día da festividade de Don Gonzalo (último domingo de novembro), personaxe coñecido como "O Bispo Santo".
Museo:MUSEO PEDAGÓXICO-ETNOGRÁFICO VILLAPOL
Enderezo:Bretoña / Bretoña (Santa María) - PASTORIZA
Teléfono:630577595 / 680981249
Horario de apertura:Consultar
Descripción:O museo expón esculturas
temáticas contextualizadas, fotografías desde o s. XIX até a actualidade, así como pezas de carácter etnográfico que mostran a evolución das distintas profesións significativas da comarca: zoqueiro, panadeiro, carpinteiro, zapateiro, cesteiro, agricultor…; monográficos da escola, o médico, o avogado, o dentista, a farmacia… e manuscritos orixinais de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Bouza Brey, Antonio Fraguas, Igrexa Alvariño, González Garcés, Castroviejo, etc.
Museo:MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Enderezo:Plaza de la Soledad, s-n - LUGO
Teléfono:982242112
Dirección electrónica:museo@diputaciónlugo.org
Páxina Web:www.museolugo.org
Horario de apertura:Setembro-Xuño: Luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h. Sábado de 10:30 a 14:oo e de 16:30 a 20:00 h. Domingo e festivos de 11:00 a 14:00 h. Xullo-Agosto: Luns-Venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Sábado de 10:00 a 14:00 h. Domingos e festivos pechado. Pechado o 1 de Xaneiro, Martes de Entroido, 22 de maio (Santa Rita) e 24, 25 e 31 de decembro.
Descripción:Museo creado en 1932 e que, desde
1957, se sitúa no antigo Convento de San Francisco, conservando deste vello cenobio á cociña, o refectorio (ambos do século XVIII) e o claustro (s. XV), enigmática construción declarada Ben de Interese Cultural en 1931. O edificio, deseñado por Manuel Gómez Román, foi ampliado na década dos noventa por Antonio González Trigo, ampliación inaugurada polos Duques de Lugo o 16 de xaneiro de 1997. O Museo Provincial de Lugo conta con salas dedicadas á arqueoloxía, arte sacro, etnografía, cerámica e vidro, pintura e escultura, abanicos e reloxos, numismática e medallística, etc.; así como cunha sección de arte galega (pintura, escultura, cerámica de Sargadelos, ourivería e acibeches).
Museo:SALA DE EXPOSICIÓNS "PORTA MIÑÁ"
Enderezo:Ronda del Carmen - LUGO
Teléfono:982250962
Dirección electrónica:cultura@concellodelugo.org
Páxina Web:www.concellodelugo.org
Horario de apertura:Setembro-Xuño: Martes a Domingo de 13:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h.Xullo-Agosto: Martes a domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. Luns pechado todo o ano
Descripción:A exposición explica como se
configurou a cidade romana de Lucus Augusti, seguindo o proceso evolutivo desde as súas orixes, como establecemento campamental, pasando pola etapa de máximo esplendor e fortificación, a construción da muralla, até o seu ocaso. Este aspecto compleméntase coa ilustración dalgunhas das manifestacións máis significativas da vida urbana no mundo romano (urbanismo, vida cotiá, lecer, relixión, etc.)