Noticias


Todas las noticias

A Reserva da Biosfera organiza actividades medioambientais nos ríos para 70 persoas de colectivos sociais diversos

O Goberno da Deputación organizou para os días 4 e 8 de maio varias actividades de divulgación e sensibilización do patrimonio natural, nas que participan 70 persoas de colectivos sociais diversos, dende alumnos universitarios ata nenos e nenas, e internos do Centro Penitenciario de Bonxe. As actividades arrincaron esta mañá coa visita guiada dun grupo de 15 reclusos de Bonxe ao Centro de Interpretación Terras do Miño, no río Rato, e ao Mazo de Santa Comba, ambas as dúas instalacións propiedade do organismo provincial. A saída foi organizada a petición do Centro Penitenciario para que os internos puidesen coñecer a riqueza das Reservas da Biosfera e o patrimonio etnográfico e natural da Deputación.

Ademais, no marco do convenio entre o Goberno da Deputación e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, organizáronse varias actividades relacionadas coas insuas do Miño. Así, o martes pola mañá outro grupo de 20 internos de Bonxe deuse cita na Casa das Insuas de Rábade para proceder á limpeza das marxes do río, nunha actividade denominada “Proxecto ríos”. E pola tarde, uns 15 estudantes do Mestrado Terra da Escola Politécnica de Lugo participou na mesma contorna na “ruta das ínsuas”, un percorrido circular duns 5 quilómetros que permite descubrir os diferentes ambientes que se atopan nas ínsuas.

As actividades continúan o luns 8 de maio pola tarde, coa organización dunha nova ruta das insuas, esta vez, dirixida a un grupo de 20 nenos e nenas en risco de exclusión, guiados pola Cruz Vermella e técnicos da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Acordo coa Asociación Galega de Custodia
A Deputación de Lugo mantén un convenio coa Asociación Galega de Custodia para a protección das ínsuas do Miño, en Rábade e Outeiro de Rei; e da ínsua Pozos de Begonte, que son de titularidade provincial. O convenio inclúe a realización de actividades de mantemento e coidado das ínsuas así como de sensibilización medioambiental.

2017-05-05


Comenta aquí

5ª reunión de la Red EuroMAB con participación de las RB Terras do Miño y Os Ancares Lucenses

Del 4 al 7 de abril se ha celebrado en Sarlat (Francia) la 15ª reunión de la Red Euro-MAB (Red de reservas de la biosfera europeas, estadunidenses y canadienses). A la reunión acudieron cerca de 250 participantes procedentes de 40 países y fue organizada y coordinada por el Comité MaB francés, la UNESCO y la Reserva de la Biosfera de Bassin Dordogne en la que se ubica el municipio de Sarlat.

Durante la reunión se desarrollaron sesiones plenarias en las que fundamentalmente se expusieron los nuevos retos resultantes de la aplicación de la nueva Estrategia del Programa MaB (2015-2025) así como del Plan de Acción de Lima (2016-2025). Otro tema significativo tratado fue el esfuerzo que hacen y harán las reservas de la biosfera por alcanzar los objetivos de desarrollo sostenible (ODS, Agenda 2030 de ONU).

Durante el encuentro se dedicó un espacio para que, mediante presentaciones breves o la proyección de videos cortos, las reservas pudiesen compartir y explicar las experiencias exitosas realizadas en los dos últimos años. En este intercambio de información participó en representación de la Red española de Reservas de la Biosfera las reservas de Terras do Miño y Os Ancares Lucenses con un video sobre el programa del campus de emprendimiento sostenible (https://www.youtube.com/watch?v=l75zkZMWUaQ) y Urdaibai, con un vídeo sobre el programa de divulgación en colegios de los ODS.

Finalmente desarrollaron 15 talleres temáticos en los que se trataron diversos temas como los modelos de gestión de las reservas, la visibilidad del Programa MaB, el medio urbano en las reservas, la investigación, las reservas en el ámbito mediterráneo, etc.

Cabe destacar que la Secretaría del Comité Español del Programa MaB participó como coordinador en un taller sobre reservas transfronterizas.

La representación de España estuvo compuesta por un representante de la Secretaría del Comité MaB , por Miren Onaindia y Martí Boada en representación del Consejo Científico del Comité MaB y por Arantzazu Acha, directora del Centro UNESCO del País Vasco. Las conclusiones de la reunión así como los resúmenes de los talleres serán puestos en breve a disposición de todos los interesados.

2017-04-04


Comenta aquí

Preto de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación

- Trátase da programación de actividades do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, deseñadas para todas as idades
- Curso de enxerto; obradoiro de preparados medicinais para ó horto; xornada de limpeza solidaria de bosques ou investigamos e creamos estrelas son só algunha das actividades que se ofrecerán durante os vindeiros meses
- O prazo de inscrición ábrese mañá en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12

Preto de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación
O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece a Deputación a través de Terras do Miño. Son as actividades incluídas dentro do segundo trimestre do Centro de Interpretación nas que poderán participar preto de 800 persoas de todas as idades. O prazo de inscrición abre mañá en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.

Fernández Queipo subliñou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”.

O Deputado afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación de actividades
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 23 actividades entre as que se atopan obradoiros deseñados para adultos, nenos e familias. A programación é a seguinte:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS
Abril
1 de abril.- Curso de enxerto, impartido por Marcos Besada Álvarez. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

6 e 8 de abril.- Planificación do horto primavera-verán, impartido por Carlos Brea. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 6 nun horario de 19:00 a 21:00 horas, e o 8 de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 24 prazas.

29 de abril.- Obradoiro de preparados medicinais para ó horto, impartido por Milhulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Maio
6 de maio.- Multiplicación vexetativa de especies leñosas, impartido por Javier Pereira-Espinel. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 11:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

13 de maio.- Obradoiro deshidratado de froitas, hortalizas e aromáticas, impartido por Mihulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS
Abril
22 de abril.- Xornada de limpeza solidaria de bosques, impartido por Sociedade Micolóxica Lucus. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 30 prazas.

Maio
20 de maio.- Paseo botánico pola reserva da biosfera terras do Miño: ruta do campus, impartido por Javier Pereira-Espinel. A actividade arrancará da cafetería As Pedreiras ás 11:00 horas. Hai un total de 30 prazas.

27 de maio.- Curso de iniciación á fauna e flora da reserva da biosfera terras do Miño, impartido por Gustavo Martínez Lamas. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Xuño
10 e 11 de xuño.- O sisón na reserva na reserva da biosfera Terras do Miño. Ave do ano 2017, impartido por Gustavo Martínez Lamas. O día 10, celebrarase no C.I. Terras do Miño e o 11, no C.I. Lagoa de Cospeito, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

ACTIVIDADES INFANTÍS
Abril
10 de abril.- “Obradoiro da natureza”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

11 de abril.- Obradoiro “Paseo estacional”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

12 de abril.- “Obradoiro de pasta”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Xuño
3 de xuño.- “O extraordinario inventario da natureza”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 70 prazas.

4 de xuño.- “Merenda con pan de millo”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 100 prazas

17 de xuño.- Obradoiro “Día mundial contra a seguía”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

26 de xuño.- Obradoiro “Descubrimos os poderes do sol”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

27 de xuño.- Obradoiro “Coñecemos a lúa”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

28 de xuño.- Obradoiro “investigamos e creamos estrelas”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

29 de xuño.- Obradoiro “Artistas do noso sistema solar” impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL
3 e 4 de xuño.- Día internacional do medio ambiente, coordinado por Ouvirmos. O día 3, terá lugar a proxección do documental e coloquio En todas as mans, nun horario de 11:30 a 13:30 horas, no C.I. Terras do Miño. Hai un total de 40 prazas. Pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, será o coloquio “Novas formas de consumo enerxético” ,no que tamén hai 40 prazas.

O día 4 hai programado un “Paseo guiado e observatorio de aves polo Río Rato”, que arranca do C.I. Terras do Miño, nun horario de 11:30 a 13:30 horas. Hai un total de 40 prazas.

2017-03-29


Comenta aquí

15.000 alumnos participarán nas actividades medioambientais do Goberno da Deputación nos colexios da provincia

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres nos xardíns do Pazo de San Marcos a 6ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que organiza a Deputación. No acto, participou tamén Llerena Perozo, autora dos manuais dos que disporán os centros de educación primaria da provincia co gallo dos días mundiais das árbores e da auga.

A través desta iniciativa, que xa chega á súa 6ª edición, o Goberno da Deputación achega entre os máis cativos a importancia do medio ambiente, máis concretamente das árbores e dos ciclos da auga.

Fernández Queipo destacou que “son un total de 15.000 alumnos, 5.000 de Educación Infantil e 10.000 de Educación Primaria, de 103 centros de toda a provincia os que participarán nos actos incluídos dentro desta programación. Con esta campaña tratamos de achegar ao profesorado e alumnado instrumentos didácticos sempre diferentes para valorar a importancia dos elementos da natureza nas nosas vidas e a relación co medio. Na presente edición o ameneiro é a árbore protagonista e a que centra ambas as dúas historias”.

Libros-manuais
O Goberno da Deputación editou os libros-manuais Eva, o trasno e o ameneiro e Salven os ameneiros!, de Llerena Perozo Porteiro. Ambas publicacións ilustradas son historias de ficción con fundamentos didácticos para impulsar o coñecemento da natureza e das especies máis próximas. Repartíronse preto de 6.200 libros de educación infantil e 8.148 libros de educación primaria.

Os libros son soportes imaxinativos, e mesmo lúdicos, que inclúen coñecementos dos ciclos da auga e da árbore e outras cuestións específicas relacionadas coas Reservas da Biosfera lucenses. Todos os alumnos e alumnas disporán do seu exemplar, prolongando, deste xeito, as posibilidades de reutilización e lectura no fogar. Para establecer as actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha Guía do profesorado contendo pautas para utilizar o libro manual.

- Eva, o trasno e o ameneiro é a proposta de manual para alumnos e alumnas de 3 a 7 anos, un álbum ilustrado no que a imaxe é tan importante como a palabra. A combinación das dúas narracións, literaria e gráfica, serven para cubrir as necesidades de compresión dos non lectores e dos primeiros lectores. A obra, que se desenvolve na Fonsagrada, quere facer chegar aos pequenos a idea de permanencia das árbores xeración tras xeración. A narración está concibida para ser lida ao alumnado, aínda non lector, dos tres cursos de infantil mentres eles identifican e relacionan a lectura coas imaxes. A obra tamén se adecúa aos dous primeiros cursos de Educación Primaria, integrados por un alumnado de primeiros lectores.

- Salven os ameneiros! é a proposta de manual para os dous ciclos finais de Educación Primaria, os cursos comprendidos nos tramos de idade de 8 a 11 anos. A protagonista da historia é unha Ecopanda, formada por cinco adolescentes e un robot que traballa pola conservación da Natureza e que está ameazada por unha personaxe que representa o mal e o desprezo polo medio ambiente. O obxectivo da narración é observar o fenómeno dos encoros, a utilización da auga para a xeración de enerxía eléctrica e servirá tamén para falar da intervención do ser humano no hábitat á hora da súa adaptación ás necesidades de cada momento histórico. A narración desenvólvese no territorio protexido da Reserva da Biosfera Terras do Miño co obxectivo de coidar e conservar os espazos protexidos.

Programación e actividades
A 6ª Semana Escolar da Árbore e da Auga terá lugar dende o 20 ata o 24 de marzo. O primeiro día os alumnos farán unha pegada de carteis nos centros escolares. Durante a semana lectiva lerán e analizarán o libro-manual e co apoio dos docentes, realizarán actividades para saber máis das augas e das árbores, especialmente dos ameneiros e das Reservas da Biosfera lucenses.

O vindeiro 24 de marzo, como conclusión do proxecto e as actividades, ás 12:00 horas e simultaneamente en toda a provincia de Lugo, plantaranse 123 ameneiros nos 103 centros inscritos na programación; inaugurarán os murais realizados sobre hábitos medioambientais nocivos para a conservación da natureza; leranse os traballos realizados e interpretarán o himno galego e cancións sobre a auga e as árbores.

No programa inclúense unha selección de diferentes actividades para que os docentes as poñan en práctica cos alumnos da aula; para facilitar a selección divídense as propostas e talleres en tres ciclos de idades: Infantil e 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. A realización destas experiencias é unha opción do profesorado que decidirá os obradoiros máis acaídos para o nivel da súa aula.

- Actividades dirixidas a alumnos de Infantil e 1º e 2º de Primaria: co libro Eva, o trasno e o ameneiro, os talleres que poderán realizar son os de pintura e manualidades con diversos materiais como plastilina ou cartolinas; diferentes actividades en relación coa lingua, o inglés ou as matemáticas; e a práctica de expresión corporal e a música, coa que se pretende conseguir unha plena interacción da literatura cos sentimentos e emocións, traballando a psicomotricidade e a comprensión oral.

Neste apartado inclúense actividades máis específicas para o alumnado xa lector, dirixidas a 1º e 2º de Primaria. As tarefas complementan as anteriores e inclúen traballos con auga e aceite; recompilación de refráns e ditos populares nos que as árbores sexan as protagonistas; taller de marionetas ou a elaboración dun sinxelo espectáculo de sombras chinesas, entre outros.

- Actividades dirixidas a alumnos de 3º e 4º de Primaria: co libro Salven os ameneiros!, os talleres que se dirixen a este grupo de alumnos son os de atención lectora, traballo de lingua e gramática a través da realización de pequenas redaccións, diálogos e localización de substantivos e adxectivos; coñecemento de topónimos da provincia; obradoiros relacionados coa natureza, a música e a plástica realizando un colaxe e creando cantigas sobre os ameneiros e os ríos e coñecerán a Reserva da Biosfera Terras do Miño, pois a historia Salven os ameneiros!, desenvólvese practicamente no espazo protexido desta reserva.

- Actividades dirixidas a alumnos de 5º e 6º de Primaria: O grupo de alumnos máis maiores tamén empregarán o libro Salven os ameneiros! e realizarán actividades moi variadas e enriquecedoras, entre as que destacan a creación dun cómic; o coñecemento máis en profundidade do ameneiro; traballos de investigación sobre as árbores e a auga; actividades plásticas, de debate e compresión lectora.

Obxectivos
Os obxectivos desta iniciativa están concibidos para concienciar aos máis cativos sobre o hábitat natural como ben presente e futuro, así como tamén, para divulgar entre o alumnado coñecementos dos ciclos da auga e da árbore, máis aló da materia de Ciencias Naturais fomentando o interese por unha realidade que nos circunda e que, por cotiá, non resulta apreciada en todas as súas dimensións.

Nesta ocasión a campaña introduce nas propostas un comunicado para remitir a pais e titores de cada alumno e alumna coa idea de implicalos na iniciativa que, busca crear un vínculo de educación co proxecto tamén no ámbito familiar, propiciando a participación e implicación, directa ou indirecta, dos maiores.

Centros inscritos
- CEIP Santa María do Concello da Fonsagrada
- CEIP de Bretoña do Concello da Pastoriza
- CEIP O Salvador do Concello da Pastoriza
- CEIP da Pobra de Brollón do Concello A Pobra do Brollón
- CEIP Plurilingüe da Pontenova do Concello da Pontenova
- CEIP Aquilino Iglesia Alvariño do Concello de Abadín
- CEIP do Castro de Ouro do Concello de Alfoz
- CEIP de Antas de Ulla do Concello Antas de Ulla
- CEIP das Nogais do Concello das Nogais
- CEIP Concepción López Rey do Concello de Baleira
- CPI Luís Díaz Moreno do Concello de Baralla
- CEIP de San Cosme do Concello de Barreiros
- CEIP San Miguel de Reinante Barreiros do Concello de Barreiros
- CEIP San Xoán do Concello de Becerreá
- CEIP Virxe do Corpiño do Concello de Begonte
- CEIP de Baamonde do Concello de Begonte
- CEIP Rosalía de Castro do Concello de Bóveda
- CEIP Plurilingüe Vista Alegre do Concello de Burela
- CEIP Virxe do Carme do Concello de Burela
- CEIP Xosé Luís Taboada do Concello de Carballedo
- CEIP Ramón Falcón do Concello de Castro de Rei
- CEIP Veleiro-Docampo do Concello de Castro de Rei
- CPI de Castroverde do Concello de Castroverde
- CPI de Cervantes do Concello de Cervantes
- CEIP de Cervo nº1 do Concello de Cervo
- CEIP de Cervo do Concello de Cervo
- CEIP Xoán de Requeixo do Concello de Chantada
- CEIP Eloísa Rivadulla do Concello de Chantada
- CPI Plurilingüe Virxe do Monte do Concello de Cospeito
- CEIP de Muimenta do Concello de Cospeito
- CPI Poeta Uxío Novoneira do Concello Folgoso do Courel
- CEIP de Foz nº 1 do Concello de Foz
- CEIP Fondo Nois do Concello de Foz
- CEIP O Cantel do Concello de Foz
- CPI Dr. López Suárez do Concello de Friol
- CEIP Santo Estevo de Parga do Concello de Guitiriz
- CEIP Plurilingüe Lagostelle do Concello de Guitiriz
- CEIP de Lousada do Concello de Guntín
- CPI Tino Grandío do Concello de Guntín
- CPI Ramón Piñeiro do Concello de Láncara
- CEIP Juan Rey do Concello de Lourenzá
- EEI Fingoi nº 2 do Concello de Lugo
- CEIP Anexa do Concello de Lugo
- CEIP Rosalía de Castro do Concello de Lugo
- CEIP A Ponte do Concello de Lugo
- CEIP Albeiros do Concello de Lugo
- CEE Santa María do Concello de Lugo
- CEIP de Casas do Concello de Lugo
- CEIP Illa Verde do Concello de Lugo
- CEIP Menéndez Pelayo do Concello de Lugo
- CEIP Paradai do Concello de Lugo
- CEIP Sagrado Corazón do Concello de Lugo
- CEIP das Mercedes do Concello de Lugo
- CEIP Manuel Mallo Mallo do Concello de Lugo
- CEIP As Gándaras do Concello de Lugo
- CEIP Benigno Quiroga Ballesteros do Concello de Lugo
- CEIP Poeta Avelino Díaz do Concello de Meira
- CEIP Álvaro Cunqueiro Mora do Concello de Mondoñedo
- CEIP de Monforte de Lemos do Concello de Monforte de Lemos
- CEIP A Gándara do Concello de Monforte de Lemos
- CEE Infanta Elena do Concello de Monforte de Lemos
- CEIP de Monterroso do Concello de Monterroso
- CEIP Antía Cal Vázquez do Concello de Muras
- CPI de Navia de Suarna do Concello de Navia de Suarna
- CEIP Plurilingüe do Corgo do Concello do Corgo
- CEIP Ricardo Gasset do Concello do Incio
- CEIP do Páramo do Concello do Páramo
- CEIP de Currelos do Concello do Saviñao
- CPI Dr. López Suárez do Concello do Saviñao
- CEIP Santa María do Valadouro do Concello do Valadouro
- CEIP do Vicedo do Concello do Vicedo
- CEIP Laverde Ruíz do Concello de Outeiro de Rei
- CEIP de Palas de Rei do Concello de Palas de Rei
- CEIP Monte Baliño do Concello de Pantón
- CEIP San Miguel do Concello de Paradela
- CPI Uxío Novoneira do Concello de Pedrafita do Cebreiro
- CEIP Rosalía de Castro do Concello de Pol
- CEIP Virxe da Luz do Concello de Portomarín
- CEIP de Quiroga do Concello de Quiroga
- CEIP Otero Pedrayo do Concello de Rábade
- CEIP Gregorio Sanz do Concello de Ribadeo
- CEIP de San Clodio do Concello de Ribas de Sil
- CEIP de Riotorto do Concello de Riotorto
- CEIP de Samos do Concello de Samos
- CEIP Frei Luís de Granada do Concello de Sarria
- EEI de Sarria do Concello de Sarria
- CEIP Antonio Fernández López do Concello de Sarria
- CEIP Virxe do Carme do Concello de Sober
- CPI San Tomé do Carballo do Concello de Taboada
- CEIP Celso Currás do Concello de Trabada
- CEIP Eduardo Cela Vila do Concello de Triacastela
- EEI de Vilalba do Concello de Vilalba
- CEIP Terra Chá do Concello de Vilalba
- CEIP Manuel Mato Vizoso do Concello de Vilalba
- CEIP Antonio Insua Bermúdez do Concello de Vilalba
- CEIP Monseivane do Concello de Vilalba
- EEI San Roque do Concello de Viveiro
- CEIP Plurilingüe de Covas do Concello de Viveiro
- CEP Luís Tobío do Concello de Viveiro
- CEIP Antonio Pedrosa Latas do Concello deViveiro
- CEIP Plurilingüe Santa Rita do Concello de Viveiro
- CEIP de Xermade do Concello de Xermade
- CEIP Pedro Caselles Rollán do Concello de Xove

2017-03-21


Comenta aquí

Máis de 20 expertos abordarán o eucalipto nunha xornada aberta ao publico na Deputación

- Hai 132 prazas dispoñibles para asistir a esta xornada que terá lugar o mércores 29. Os interesados poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.com
-Neste encontro participarán expertos da Universidade, técnicos da Xunta, ecoloxistas, Concellos implicados, representantes do sector da madeira e dos montes veciñais, que expoñerán os diferentes argumentos en torno ao cultivo do eucalipto

O Goberno da Deputación organiza a xornada informativa sobre “A situación do eucalipto na Reserva Biosfera Terras do Miño”, que terá lugar o 29 de marzo no Salón de Actos de San Marcos, coa participación de máis de vinte expertos de diferentes ámbitos. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.com, ata completar as 132 prazas dispoñibles.

A xornada está estruturada en tres mesas redondas, que se celebrarán en quenda de mañá e tarde, cos seguintes títulos: “A política forestal nun territorio en cambio”, “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto” e “Propostas de futuro para a xestión”. Os poñentes son expertos da Universidade, do sector madereiro, técnicos e colectivos ecoloxistas, que expoñerán os diferentes argumentos e datos que avalan os diferentes posicionamentos en torno ao cultivo do eucalipto.

O Executivo Provincial decidiu organizar esta xornada a proposta do órgano de participación da Reserva Biosfera Terras do Miño. Ademais, ante a preocupación xerada polo borrador de Decreto da Xunta que prohibe a plantación de eucalipto en 29 Concellos lucenses. Neste contexto, o Goberno da Deputación tamén organizou o pasado mes de febreiro un encontro informativo con 13 Alcaldes dos municipios afectados.

Programación
A xornada está organizada en tres mesas redondas, con múltiples intervencións, que darán paso a un debate final. A programación é a seguinte:

Mesa redonda “A política forestal nun territorio en cambio.”10:00–12:00h. Moderador: Pablo Ramil Rego, Director do IBADER – USC. Participantes:
· Olga Iglesias Fontal, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Rural
· Xoan Novoa Rodríguez, Comisario da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
· Mario Rouco Rey, Concelleiro e 2º Tenente Alcalde do Concello de Muras
·Manuel Francisco Marey Pérez, enxeñeiro de Montes e profesor doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC.
· Juan Castro Insua, enxeñeiro agrónomo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
· Roberto J. Hermida Lorenzo, Presidente Asociación Galega de Custodia do Territorio. Intervencións de 10 minutos e debate final de 30 minutos
DESCANSO. 12:00 – 12:30 h.

Mesa redonda “Implicacións ambientais e sociais do eucalipto”. 12:30–14:30 h. Moderador: Jesús Domínguez Conde, técnico do Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e profesor doutor da USC. Participantes:
· Antonio Rigueiro Rodríguez, Vicepresidente de Relacións Institucionais da Asociación Forestal de Galicia
· Adolfo Cordero Rivera, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo
· Roque Julio Rodríguez Soalleiro, Coordinador do Grupo de Traballo de elaboración das directrices do Plan Forestal de Galicia
· Jacobo Feijóo Lamas, Secretario Xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega– ASEFOGA
· Margarita López Blanco, Xefa Territorial de Lugo da Consellería Medio Ambiente e Ordenación Territorial
· Adela Figueroa Panisse (ADEGA).

Mesa redonda “Propostas de futuro para a xestión”. 16:30–18:30 h. Moderador: Alberto Rojo Alboreca, enxeñeiro de Montes e profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC. Participantes:
· José Manuel Yglesias Espiño, Presidente da Comunidade dos Montes Veciñais en Man Común de Carballo - Friol
· Daniel Villapol Valea, vogal da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo
· Ramón Reimunde Noreña, Presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Galicia, Promagal
· José Manuel Reguera Pereira, Presidente da Asociación dos Productores dos Montes de Castroverde e da Comunidade de Montes de Mirandela
· Representante do Departamento de Conservação da Natureza e Florestas do Norte do ICNF (Portugal)
· María Concepción Blanco Montecelos, representante da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza.
Conclusións finais. 18:30 – 19:30 h.

2017-03-21


Comenta aquí

30 mozos do IES Trapero Pardo de Castro de Rei fórmanse como emprendedores coa Deputación

- Con estes últimos mozos, xa son máis de 80 os alumnos que recibiron formación e asesoramento gratuíto sobre as oportunidades de negocio sostible susceptibles de ser implantadas na súa contorna
- Na sesión de hoxe e mañá, os mozo recibirán formación teórica gratuíta e a partires do xoves, visitarán empresas sostibles como Milhulloa, Parada das Bestas ou Arqueixal
- O Campus de Emprendemento enmárcase na aposta do Goberno da Deputación polo fomento da cultura emprendedora como saída laboral e así impulsar a creación de empresas e postos de traballo no rural da provincia
30 mozos do IES Trapero Pardo de Castro de Rei fórmanse como emprendedores coa Deputación

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, mantivo este martes en Castro Ribeiras de Lea un encontro cos novos 30 alumnos do I.E.S. Trapero Pardo, que participan no curso de Maduración de Ideas Empresariais, organizado polo organismo provincial a través do Campus de Emprendemento Sostible. Con estes, xa son máis de 80 os alumnos que recibiron formación e asesoramento gratuíto sobre as oportunidades de negocio sostible susceptibles de ser implantadas na súa contorna.

Trátase da última actividade formativa do IV Campus do Emprendemento, unha iniciativa do Goberno provincial para estimular a creación de empresas nos territorios das Reservas da Biosfera lucenses.

Estes 30 alumnos xa participaron no Campus de motivación e xeración de ideas, coa que coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, que se presentan nos Campus coma un exemplo de boas prácticas polo compromiso adquirido coa contorna e coas xeracións do futuro. De feito, xa visitaron entidades como a Aldea da fraga, centrándose na diversificación do negocio de turismo rural e artesanía; o Obradoiro de Idioa Cuesta, presentado como iniciativa de desenvolvemento sostible no rural, dende o enfoque da creatividade e a innovación empresarial; Volta ao sacho, empresa de cultivo ecolóxico de produto de horta e exemplo de emprendemento e Vida da aldea, afondando en aspectos como o aluguer de hortos, explotación gandeira ou celebración de eventos aproveitando as edificacións e a paisaxe.

Na sesión de hoxe, comezaron coa parte formativa do Campus de Maduración de Ideas Empresariais. Nel afondarase sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dun negocio. Unha vez finalizado o campus, haberá unha serie de titorías permiten prestar asesoramento personalizado ao alumnado que desexou continuar o traballo de maduración das súas ideas iniciado durante o campus. O xoves, logo de rematar as sesión teóricas do Campus, os mozos visitarán empresas como Milhulloa; Parada das Bestas, Arqueixal e A Cernada.

Novidades do IV Campus de Emprendemento
Esta é a primeira vez que o Campus de Emprendemento Sostible dirixiu as súas accións aos centros de ensino, coa participación de 3 institutos de Formación Profesional: o IES San Rosendo de Mondoñedo e o IES Trapero Pardo, ubicados na Reserva da Biosfera Terras do Miño; e a Escola de Alta Montaña de Becerreá, na Reserva dos Ancares Lucenses. En total, foron 70 alumnos os que recibiron formación e asesoramento sobre as oportunidades de negocio sostible susceptibles de ser implantadas na súa contorna.

Ademais, a cuarta edición do Campus de Empredemento Sostible tamén ofreceu un curso aberto ao público en xeral no Centro de Interpretación Terras do Miño, en Lugo. Neste caso, participaron 10 emprendedores que xa contaban cunha idea empresarial e precisaban asesoramento sobre diferentes aspectos do seu proxecto.

80 participantes en 6 cursos
Nesta cuarta edición, o Campus de Emprendemento desenvolveu 6 cursos de formación que contaron coa participación de 80 alumnos. A oferta formativa incluíu dous tipos de accións: un taller de motivación e xeración de ideas empresariais o outro de maduración de ideas. Ambos os dous combinaron as sesións teóricas con visitas a empresas da provincia, para coñecer casos de éxito.

O Campus do Emprendemento Sostible enmárcase na aposta do Goberno da Deputación pola cultura emprendedora como saída laboral, para impulsar a creación de empresas no rural e xerar postos de emprego que freen o despoboamento demográfico.

2017-03-21


Comenta aquí

Máis de 25 colectivos participan na Mesa de Turismo de Lugo organizada polo Goberno da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, mantiveron esta mañá en San Marcos un encontro cos máis de 40 participantes na Mesa de Turismo organizada polo Goberno da Deputación para debater sobre as oportunidades e ameazas do sector na provincia lucense.

Campos Conde agradeceu a participación que están rexistrando as diferentes mesas organizadas nos xeodestinos, “xa que estas reunións son interesantes para poñer enriba da mesa a problemática do sector”. E salientou o impulso do turismo como unha das grandes apostas do seu Goberno: “cando entrei aquí hai ano e medio considerei que un dos sectores que había que estimular e poñer en valor era o turístico. E entón, xurdiu a idea de elaborar un Plan Estratéxico de Turismo, no que actualmente estamos traballando”.

O Presidente salientou as grandes potencialidades da provincia: “en Lugo temos de todo, mar, natureza e montaña; o problema é que as pernoctacións son moi baixas e para cambiar isto todos temos que poñer o noso gran de area”, continuou. E emprazou a que “o sector privado e as administracións públicas camiñen na mesma dirección para converter Lugo nun referente turístico”.

O Presidente fixo estas declaracións durante a celebración da Mesa de Turismo de Lugo, a terceira xornada de traballo das 5 que están previstas, coa participación de 200 institucións e colectivos de toda a provincia. Ao encontro de San Marcos acudiron 40 representantes de 25 entidades, entre as que se atopaban Concellos, agrupacións de empresarios e hostaleiros, asociacións da industria agroalimentaria, museos e colectivos culturais e medio ambientais de diversa índole.
5 Mesas de Turismo con 200 entidades participantes
A través de enquisas e de diversas dinámicas de grupo, os participantes na Mesa de Turismo de Lugo identificaron os principais recursos turísticos da provincia, así como as debilidades que cómpre solucionar. Entre os recursos estrela, a gastronomía, a natureza e o patrimonio cultural foron algúns dos máis citados; e as deficiencias nas comunicacións, a falta de infraestruturas e o descoñecemento das potencialidades, os puntos débiles.

Logo da celebración desta mesa de traballo en Lugo, os seguintes encontros terán lugar; en Pedrafita do Cebreiro, o día 16, e Monforte de Lemos, o día 21. Ademais, xa se celebraron as mesas de traballo da Mariña e da Terra Chá. En total, están chamadas a participar 200 entidades, entre as que se inclúen os Concellos incluídos en cada un dos 4 xeodestinos lucenses.

Estas iniciativas de escoita activa forman parte da preparación do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación, un plan elaborado con metodoloxías participativas, que, ademais das 5 mesas de traballo, inclúe a realización de entrevistas en profundidade con expertos e de enquisas en liña a colectivos do sector turístico.

2017-03-17


Comenta aquí

Reunión dos xestores das 6 Reservas da Biosfera galegas no IBADER

O luns 6 de marzo celebrebouse no IBADER en Lugo unha reunión das 6 Reservas da Biosfera Galegas xunto co membro do Consello Científico responsable do seu seguimento, para realizar conxuntamente a avaliación de cada unha delas para o periodo 2015-2016, seguindo o Sistema de Indicadores aprobado polo Comité MaB español.

A continuación, presentouse xunto co CEIDA, o proxecto aprobado pola Fundación Biosdiversidade, Campaña de prevención e control das especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia.

2017-03-06


Comenta aquí

Máis de 350 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño

- Obradoiros de xaropes medicinais, fabricación artesanal de queixo fresco ou conferencias sobre cogomelos son só algunhas das actividades da nova programación
- López Izquierdo lembrou que “durante este ano participaron máis de 1500 persoas de todas as idades a través dunha programación lúdica e formativa totalmente gratuíta”
- O prazo de solicitude abrirá mañá ás 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal e no 982 227 812. Hai 16 obradoiros e conferencias dirixidas a persoas de todas as idades
Máis de 350 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns a programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2017. Como é habitual, o calendario inclúe actividades gratuítas pensadas para participantes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer ós lucenses.

López Izquierdo destacou que “a través destas actividades, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan pois, durante este ano, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades. Esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta”.

Esta nova programación conta con 16 actividades como obradoiros de xaropes medicinais e bebidas tonificantes, fabricación artesanal de queixo fresco ou conferencias sobre cogomelos entre outras. O prazo de solicitude abrirá mañá ás 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal e no 982 227 812. Todas as actividades terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Actividades de Nadal
Aínda quedan prazas dispoñibles para os obradoiros infantís que se celebrarán na última semana de decembro. Así, os días 26, 28 e 30 de decembro, terán lugar os Contos do medio ambiente, dirixidos a nenos e nenas, no salón de actos da Deputación, de 18:00 a 19:00 horas. E os días 27 e 29, á mesma hora, está programado o obradoiro Aprender a contar e aprender a escoitar, para toda a familia.

Balance
Un total de 1.575 persoas participaron entre xaneiro e novembro de 2016 nas actividades organizadas polo Centro de Interpretación Terras do Miño. Estes datos significan un aumento significativo da participación con respecto ao 2015, no que se ofertaron 1.475 prazas en actividades durante todo o ano. O Centro de Interpretación agarda rematar o ano coa cifra de 2.000 participantes, dadas as actividades infantís programadas para as vindeiras semanas que aínda están pendentes de celebración.

Programación
Actividades destinadas aos adultos
- O 14 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Curso de Poda impartido por Marcos Besada Álvarez. Nº de participantes: 20.

- O 21 e 22 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Herbas máxicas, fabricación de ungüentos impartido por Amparo Grandío Rodríguez. Nº de participantes: 20.

- O 26 de xaneiro de 19:30 a 21:30 horas, Os cogomelos como alimento impartida por Julián Alonso Díaz. Nº de participantes: 40.

- O 28 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de educación básica canina impartido por Virginia Torrecillas Hernández. Nº de participantes: 20.

- O 4 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Obradoiro de xaropes medicinais e bebidas tonificantes impartido por Milhulloa. Nº de participantes: 20.

- O 18 de febreiro de 10:00 a 14:00 horas, Compostaxe doméstica aplicada á horta impartido por Marcos Besada Álvarez. Nº de participantes: 20.

- O 11 de marzo de 10:00 a 13:00 e o 12 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Fabricación artesanal de queixo fresco impartido por Pedro Rosado Hoyo. Nº de participantes: 20 para cada día.

- O 25 de marzo de 10:00 a 18:00 horas, Uso tradicional das plantas medicinais en galicia: o exemplo do caurel impartido por María Moure Oteyza. Nº de participantes: 20.

Actividades para familias
- O 11 de febreiro de 10:00 a 13:30 horas, Mamíferos. revisión de caixas-refuxio impartido por Gustavo Martínez Lamas. Nº de participantes: 20.

- O 4 de marzo de 10:00 a 14:00 horas, Reconéctate coa natureza desde o corazón Noelia López López. Nº de participantes: 20.

Actividades infantís
- O 2 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro bolas de neve de nadal impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

- O 3 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro crea a túa propia árbore impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

- O 4 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro os reis magos aforradores impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

- O 5 de xaneiro de 11:00 a 14:00 horas, Obradoiro deseñamos e entregamos a carta aos reis magos impartido por Enigma. Nº de participantes: 20.

- O 27 de febreiro de 10:00 a 13:00 horas, Botánicos no paseo do río Rato impartido por Ana Viadé Borrego. Nº de participantes: 20.

- O 1 de marzo de 10:00 a 13:00 horas, Botánicos no paseo do río Rato impartido por Ana Viadé Borrego. Nº de participantes: 20.

2016-12-26


Comenta aquí

A Deputación celebrará xornadas técnicas para afondar na proliferación incontrolada do eucalipto en Terras do Miño

- No órgano de participación, posto en marcha pola Deputación, participaron un total de 27 representantes de colectivos e entidades sociais
- No encontro acordouse estudar esta problemática en relación ao crecemento desta especies e que pode ameazar o equilibrio ecolóxico dos montes lucense
- O órgano de participación decidiuse apoiar a reclamación dunha figura de protección legal para o Pedregal de Irimia, un ecosistema ameazado pola plantación de eucaliptos

O Titular Provincial, Darío Campos Conde, presidiu esta mañá en Lugo, acompañado da Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, os órganos de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Na reunión, acordouse a celebración dunhas xornadas técnicas para estudar o impacto ambiental e económico da proliferación de plantacións de eucalipto na Reserva da Biosfera, un fenómeno que está en aumento nos últimos anos e que ameaza con crebar o equilibrio ecolóxico dos montes lucenses.

López Izquierdo apostou por desenvolver nos Concellos da Biosfera Terras do Miño unha programación específica de accións que aborden e política forestal, a sensibilización sobre os efectos nocivos do eucalipto nos recursos hídricos e a proposta de alternativas económicas a este cultivo. Así, anunciouse a posta en marcha de actividades de formación para profesionalizar a plantación de soutos de castiñeiros e outras especies arbóreas, que permiten un aproveitamento económico máis sustentable e mesmo máis rendible ca o eucalipto.

Esta decisión foi tomada logo das intervencións de alcaldes, representantes de asociacións ecoloxistas e técnicos da Universidade de Santiago de Compostela, no que amosaron a súa preocupación pola progresiva substitución dos bosques autóctonos de Lugo por monocultivos de eucalipto. Neste senso, o Órgano de Participación de Terras do Miño aprobou reclamarlle á Xunta de Galicia a protección do ecosistema do Pedregal de Irimia, o enclave no que ten a súa orixe o río Miño e que se atopa en perigo de degradación.

Apoio á protección do Pedregal de Irimia
O órgano de participación de Reserva da Biosfera Terras do Miño vén de sumarse á campaña a prol da conservación do Pedregal de Irimia.

Situado na serra de Meira, o Pedregal de Irimia é un enclave hidrográfico de especial valor cultural, paisaxístico e xeomorfolóxico, que se atopa ameazado pola plantación de eucaliptais na súa contorna.

Outros asuntos
Ademais destas iniciativas, no encontro do órgano de participación tamén se presentou a programación de actividades que se desenvolverán no 2017 nos centros educativos dos concellos que compoñen a Biosfera Terras do Miño. Asemade, acordouse estudar a posibilidade de dedicar unha zona da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación, á nidificación do mazarico real, unha especie de ave en perigo de extinción.

Tamén afondaron nos proxectos presentados á convocatoria Life 2016, aínda pendente de resolución, e a memoria anual do 2016, na que destaca un aumento significativo das actividades organizadas polo Centro de Interpretación das Terras do Miño.

Participantes
O encontro do órgano de participación de Terras de Miño contou coa asistencia de representantes de 27 entidades institucionais e sociais da provincia. A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, destacou o alto grao de implicación social que rexistra este foro e que é resultado dos esforzos da Deputación por implicar ás comunidades locais na xestión do seu territorio, e cuxa maior demostración foi a creación do propio órgano participativo. Na reunión participaron as seguintes persoas:

- Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo
- Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente
- Catalina Iglesias Seivane, Técnico representante do Concello de A Pastoriza
- Xosé María López Rancaño, Alcalde de Abadín
- Jorge Val Díaz, Alcalde do Concello de Alfoz
- José Ulla Rocha, Alcalde do Concello de Begonte
- Xosé María Fernández Arias, Alcalde de Castroverde
- Laura Ageitos Miragalla, 1ª Tte. de Alcalde do Concello de Guitiriz
- María Elena Martínez Castro, Concelleira do Concello de Guntín
- Ángeles Rodríguez Rico, Concelleira do Concello de Mondoñedo
- Mario Rouco Rey, 2º Tte. de Alcalde do Concello de Muras
- José Antonio Ferreiro González, Alcalde do Concello de O Corgo
- Edmundo Maseda Maseda, Alcalde de O Valadouro
- Gloria Trigo Mayor, Arquitecto representante do Concello de Outeiro de Rei
- Sonia Cervantes Rivas, representante do Concello de Pol
- Clemente Iglesias González, Alcalde do Concello de Riotorto
- Amador Guerra Ramil, Concelleiro do Concello de Vilalba
- Roberto García Pernas, Alcalde do Concello de Xermade
- Adela Figueroa e Montserrat Lombardía, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Josefa Iglesias García, da Xunta local de Guitiriz da Asociación Española contra o cancro
- Martiño Cabana e Óscar Rivas, da Asociación Galega de Custodia do Territorio
- Manuel Muñíz Besteiro e Adolfo López Marín, da Asociación Cultural de Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Patricia Fouce Rodríguez, da Asociación Revolta Natural
- Julián Alonso Díaz, da Sociedade Micolóxica Lucus
- David Díaz Losada, da Asociación de Desenvolvemento comarcal da Terra Cha
- María Eugenia Gasalla Valle, Xefa do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia
- Fernando Planas Roca, Técnico da Deputación de Lugo
- Jesús Domínguez Conde, Técnico do Dpto. de Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da USC.

Reservas da Biosfera
As Reservas da Biosfera son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nas que se promove a investigación, a educación ambiental e a sensibilización cidadá. As Reservas, promovidas pola Unesco, conxugan a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento económico e social das comunidades locais. En Galicia existen seis reservas, das que dúas se atopan na provincia lucense, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Terras do Miño. Esta última agrupa 26 concellos.

2016-12-15


Comenta aquí

Un proxecto do Campus Terra da USC para restauración de lagoas en Cospeito, premio Juana de Vega de Intervención na Paisaxe

O proxecto ‘Restauración das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, Cospeito-Lugo’, promovido por investigadores do Campus Terra da USC, gañou a primeira edición do Premio Juana de Vega en Intervencións na Paisaxe, na categoría de intervencións en espazos exteriores.

O xurado encargado de fallar este galardón, dotado con 6.000 euros en metálico e que vén a substituír o tradición Premio Juana de Vega de Arquitectura, valorou especialmente a adecuación para preservar un espazo natural de gran valor ecolóxico que acubilla un gran número de especies de flora e fauna silvestre e pon en valor a paisaxe conformada por lagoas e brañas, recuperada tras as modificacións que xeraron as obras de colonización agraria e que hoxe constitúe un exemplo único dunha contorna natural.

O proxecto, presentado por Pablo Ramil Rego, Luis Rego Orellana e Javier Ferreiro da Costa, recupera ademais unha rede de camiños a través dunha vexetación excepcional e pon en valor elementos do patrimonio cultural, como os peches de chanto ou de sebe que foron reconstruídos seguindo o modelo tradicional da zona.

O xurado, composto por José Antonio Franco Taboada, Isabel Aguirre, Teresa Andressen, Enrique Sáez, Pedro Calaza e Juan Manuel Palerm, constatou a dificultade de clasificar e valorar axeitadamente traballos de características moi diversas. No acto de presentación estiveron presentes o presidente do xurado, José Antonio Franco Taboada; a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre; a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez. Tamén acudiron para apoiar o gañador e finalista a deputada provincial de Lugo Sonsoles López Izquierdo; o concelleiro de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte; o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo da USC, Javier Bueno, e o director da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Tomás Cuesta.

Actuacións da investigación

O Grupo de Investigación Territorio & Biodiversidade da USC, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e a Comisión Europea desenvolveu desde 1995 distintas actuacións de conservación e restauración ambiental relacionadas con ecosistemas húmidos da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

No ano 2012, a Comisión Europea concedeu o proxecto LIFE+ NAT/ES/707. Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos, cuxas accións se realizaron ata outubro de 2015. No territorio galego, as accións foron deseñadas e desenvolvidas por un equipo do Instituto de Biodiversdiade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), dirixido polo profesor Pablo Ramil Rego, sendo executadas as distintas medidas de restauración pola empresa pública TRAGSA. No transcurso do proxecto LIFE+Tremedal creáronse dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Miño 21 novos biotipos lagoeiros, 20 situados na lagoa de Cospeito e un na Insua de San Roque.

Os labores de restauración desenvolvidos nos medios lagoeiros da Reserva da Biosfera Terras do Miño na Terra Chá complementáronse con distintas medidas de recuperación e integración paisaxística. O labor máis importante foi realizada na área húmida de Cospeito ao ter que reverter as modificacións que sobre a estrutura da paisaxe xeraron as obras de colonización agraria. Para iso recuperáronse os sebes arbóreos naturais plantados, individuos de Salix atrocinerea obtidos por reprodución vexetativa de material xenético local. A medida que foron estabilizándose os sebes incorporáronse de forma natural novas especies, Fraxinus excelsior, Angelica sylvestris, Rosa canina, etc.

No caso da Insua de San Roque, ademais da recuperación dos sebes tradicionais, tamén se recuperaron os peches de grandes laxas de esquistos (chantos), que foran destruídos ou alterados a medida que o ancho dos novos tractores facíase incompatible co ancho que posuían os antigos camiños, os cales se recuperaron coa intervención realizada para dar cabida aos visitantes deste espazo.

2016-11-18


Comenta aquí

Descóbrese na Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, un novo fungo para a ciencia

Xerocomellus poederi é o nome deste descubrimento, que demostra a gran riqueza e biodiversidade fúnxica existente nos ecosistemas desta Reserva
Descóbrese na Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, un novo fungo para a ciencia

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, xestionada pola Deputación, foi o escenario dun novo achado para a ciencia, un fungo denominado Xerocomellus poederi, que foi publicado na revista internacional Persoonia de xullo de 2016.

O descubrimento deste novo fungo foi posible grazas aos estudos realizados por investigadores do Departamento de Biología Vegetal de la Universidad de Alcalá de Henares, tras as mostras recollidas no contexto do VII Encuentro Internacional de Micología del Arco Atlántico, celebrado en Lugo o pasado 2013, e organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus, coa colaboración do organismo provincial.

Este descubrimento é unha mostra máis da grande riqueza e biodiversidade fúnxica existente nos ecosistemas da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e amosa a importancia de apoio ás actividades de estudio e coñecemento desta riqueza e a realización de eventos científicos desta calidade.

2016-10-31


Comenta aquí

A Deputación convoca concursos de receitas con produtos de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

- López Izquierdo presentou o proxecto Receitas da Biosfera, unhapioneira iniciativa da Deputación para promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos
- Inclúe dous concursos de receitas de tapas e menús con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais
- Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional, que recolle pratos con produtos de Reservas de España
- Poden presentarse as receitas dende hoxe e ata o 18 de novembro no Rexistro da Deputación ou nas oficinas que fixa a lei. Máis información en www.deputacionlugo.gal
A Deputación convoca concursos de receitas con produtos de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns no Mercado Municipal de Lugo o proxecto Receitas da Biosfera, unhapioneira iniciativa que pon en marcha o organismo provincial co obxectivo de promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos. Inclúe a celebración de dous concursos de receitas de tapas e menús, elaboradas con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, que sexan residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais. Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional. Os interesados poden presentar as súas receitas dende hoxe e ata o 18 de novembro.

Os concursos, un de Terras do Miño e outro dos Ancares Lucenses, contan con dúas categorías: tapa e menú. Neste último caso, deberanse achegarse 3 receitas: unha para o primeiro prato, outra para o segundo prato e a última para a sobremesa. Os interesados poderán presentarse a ambas as dúas categorías.

Na puntuación, valorarase positivamente que as receitas estean vencelladas co patrimonio cultural e natural dos Concellos da Reservas. Por exemplo, a festas populares, labores do campo, eventos culturais...

Premios
Os premios na categoría de “menú” serán de 500 euros para o primeiro; de 300 euros para o segundo; e de 150 euros para o terceira. Na de “tapa” de 200 euros para o primeiro, de 100 euros para o segundo e de 50 euros para o terceiro. As dúas mellores receitas formarán parte do libro “Receitas da Biosfera”, que publica o Organismo Autónomo Parques Nacionais, destacando pratos con produtos de todos estes espazos naturais recoñecidos pola UNESCO que existen en España. Ademais, o conxunto de galardoados recibirán un diploma para acreditar a súa receita.

Prazo e solicitudes
O prazo para presentar as receitas abre hoxe e remata o 18 de novembro. As receitas deberán entregarse no Rexistro Provincial ou en calquera dos rexistros e oficinas ás que fai referencia o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. No caso de presentar a candidatura nun rexistro diferente ao da Deputación, deberá remitir un correo, indicando este feito, aos seguintes e-mails, segundo ao concurso que se presente: ancareslucenses@deputacionlugo.org ou terrasdomino@deputacionlugo.org.

Participantes dos Ancares Lucenses e Terras do Miño
Poden participar todas as persoas, que non sexan profesionais do sector e que sexan residentes dalgún dos Concellos das Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño: Cervantes, Navia de Suarna, Becerreá, Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

Obxectivos
A Deputada de Medio Ambiente remarcou que os obxectivos destes concursos son a recompilación de receitas tradicionais deste territorio como parte do patrimonio cultural; a promoción da gastronomía local das Reservas da Biosfera; a visualización da gastronomía local vencellada á Reserva; a promoción dos produtos locais da Reserva a través da elaboración das receitas; e o fomento da relación entre a gastronomía, o turismo, a hostalería e o desenvolvemento dos pequenos produtores locais.

2016-10-31


Comenta aquí

A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

- O Presidente e a Deputada de Medio Ambiente presentaron o IV Campus de Emprendemento Sostible xunto a participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia
- Por 1ª vez, o Campus chega aos centros con ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural para fomentar o emprendemento como saída laboral. A través de 3 cursos, 60 alumnos coñecerán os elementos para xerar unha empresa e visitarán negocios xa consolidados de emprendedores lucenses
- O 4º curso do Campus é aberto ao público en xeral e está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio. Inclúe formación especializada, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais co obxectivo de consolidar os proxectos

A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentaron este luns a IV edición do Campus de Emprendemento Sostible. É o plan de fomento do emprego a través do que o organismo provincial ofrece a emprendedores formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresarias consolidadas con visitas ás mesmas co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os existentes, facéndoos máis competitivos e, polo tanto, incrementando os seus beneficios.

A Deputada de Medio Ambiente explicou que “celebramos 3 edicións desta programación con grandes éxitos”, pois das mesmas resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia. De feito, no acto estiveron participantes nas anteriores convocatorias, que contaron as súas experiencias e situación laboral tras o Campus.

López Izquierdo salientou que “coñecidas as vosas vivenzas, o Presidente non dubidou nin un só intre en poñer en marcha o IV Campus de Emprendemento Sostible, ao que tamén acordou introducir cambios para ir máis alá, para facer que esta administración sexa máis útil, en definitiva, para, como sempre dice o Presidente, que a Deputación de Lugo estea coas persoas”.

A Deputación coas persoas
Neste senso, Campos Conde engadiu que “sodes a esencia deste programa. Todas e cada unha das iniciativas que poñemos en marcha dende este Goberno da Deputación son para as persoas, para mellorar a súa calidade de vida. Escoitar as vosas experiencias tras participar no Campus de Emprendemento Sostible, e comprobar que foi de utilidade, é motivo suficiente para reeditar esta programación e para ir máis alá. Non podemos conformarnos. Queremos mellorar esta programación e facer que esta administración sexa máis útil, que a Deputación estea máis preto das persoas”.

4 obradoiros con novidades
“Baixo esta premisa”, explicou o Presidente, “acordamos incluír 4 cursos nesta nova edición do Campus de Emprendemento Sostible para uns 80 emprendedores”. Cada un deles está limitado a un máximo de 22 alumnos.

“Por primeira vez, decidimos levar esta programación aos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Trátanse do IES San Rosendo, en Mondoñedo; do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; e do Centro Alta Montaña, en Becerreá.

“Estaremos nestes centros de formación profesional dende esta mesma semana e durante o mes de novembro”. Hoxe a Deputación arranca o Campus no IES San Rosendo, a vindeira semana farao no centro chairego e a seguinte no da Montaña.

“Campus de Motivación e Xeración de Idea” para estudantes de FP
O Presidente explicou que “ofreceremos a un mínimo de 60 alumnos destes centros formación e asesoramento sobre os principais elementos a ter en conta á hora de abrir unha nova empresa, fomentando o emprendemento como saída laboral. Farémolo a través de 3 cursos do Campus que chamamos Motivación e Xeración de Ideas, que, ademais da formación teórica e práctica, inclúe visitas a establecementos postos en marcha por emprendedores no rural, aproveitando os recursos naturais da provincia”.

Coñecendo experiencias
Deste xeito, os participantes coñecerán os proxectos e experiencias de Aldea Artesán da Fraga, unha casa de turismo rural que naceu en Xermade; Obradoiro de Idoia Cuesta, recoñecida artesán de cestería e textil, que xa traballa a nivel internacional; Obradoiro Xaneco, dedicado á construción de instrumentos a músicos profesionais; Vida de Aldea, unha explotación gandeira, principalmente láctea, de Outeiro de Rei, que traballa nun proxecto de impulso ao medio rural e de implicación directa do consumidor cos produtos agrogandeiros para tentar eliminar intermediarios con motivo da baixa do prezo do leite; e Volta ao Sancho, o proxecto dun empresario de barnizados que, tras á crise, se reconverteu á agricultura ecolóxica.

Maduración da Idea Empresarial, aberto ao público
O 4º curso estará aberto ao público en xeral, con prazas para 20 persoas, e terá lugar no Centro de Interpretación de Terras do Miño, durante a semana do 21 de novembro. “Chamamos a este curso do Campus Maduración da Idea Empresarial, pois está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio”.

“Ofreceremos asesoramento sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental ou económica-financeira dos proxectos. Tamén se visitarán empresas consolidadas como Milhulloa, Granxa Maruxa, Parada das Bestas ou Arqueixal. Rematadas as clases teóricas e prácticas, haberá titorías individuais para un asesoramento máis personalizado co obxectivo de culminar as ideas empresariais”, apuntou o titular provincial.

O prazo de solicitude para o Campus de Maduración da Idea Empresarial estará aberto a partires de mañá. Máis información en www.deputacionlugo.gal.

13 establecementos xerados ou mellorados
Pensión Os Ancares, en Becerréa: negocio creado ao abeiro do Campus. Os xerentes decidiron, logo de recibir a formación gratuíta do organismo provincial, converter un inmoble propio nunha pensión. Dentro da oferta lúdica que complementa á estancia, sobresaen actividades relacionadas co medio natural. Entre elas, destacan xornadas de micoloxía, sendeirismo ou seminarios fotográficos.

Mel D´Abella: pequena produtora de mel que, grazas ao Campus, decidiu converter nun negocio completamente ecolóxico as colmeas que tiña para consumo propio. Deste xeito, aumentaron o número de colmeas de 10 ata 60. Cómpre subliñar que o ano pasado ampliaron o seu negocio á localidade do Cádavo. Esta emprendedora comercializa xa a súa mel en País Vasco.

Galimos: granxa artesanal de ovos ecolóxicos que recibiu asesoramento a través do Campus para resolver dúbidas de carácter administrativo e de comunicación online. Galimos ampliou o seu mercado grazas ao Campus e comercializa agora os ovos das 90 galiñas de Mos a particulares e tendas ecolóxicas da provincia.

M3 Auga: empresa creadas ao abeiro do Campus de Emprendemento. O seu percorrido no eido empresarial comezou hai 3 anos. O asesoramento gratuíto da Deputación permitiulle consolidarse e compartir experiencias con outros emprendedores.

Caserío Meiroi: un pazo reconvertido tamén en restaurante, no que a carta está marcada por produtos ecolóxicos que proveñen da súa horta e gandería propia, tras a súa participación no Campus.

Marmeladas Acea de Olga: establecemento xerado ao abeiro do Campus logo de que esta emprendedora decidise producir marmelo ecolóxico, que vende en establecementos e feiras da provincia.

Tualicate: empresa de produtos de ferretería. Grazas ao Campus ampliou o seu mercado, consolidando a venda telemática como unha das súas principais fontes de ingresos.

Casa Príncipe: explotación apícola de Cervantes. Recibiu asesoramento para transformar a súa produción en ecolóxica. Vende por toda a provincia e agarda ampliar o mercado.

Horta Sancoveiga: explotación de horta ecolóxica que se puxo en marcha grazas ao Campus de Emprendemento. A propietaria, unha administrativa sordomuda en paro, tiña unha idea de negocio pero que non era capaz de materializar. Grazas ao asesoramento da Deputación, agora Sancoveiga vende a diversos negocios da provincia.

Nenea: asociación que naceu grazas ao Campus de Emprendemento Sostible. É un bosque escola que ofrece un modelo educativo alternativo, baseado no contacto coa natureza, aproveitando os recursos de cercanía: explotacións gandeiras, hortas...

Esmorga eventos: empresa de eventos que xurdiu hai máis de ano e medio logo de recibir o asesoramento gratuíto da Deputación.

Explotación Adela: explotación de gando que está no proceso de reconverterse a ecolóxica e tamén traballar agora na produción hortícola tras o seu paso polo Campus.

PK3: Consultoría de Ingenieria Civil creada ao abeiro do Campus con máis de 3 anos de actividade.

2016-10-24


Comenta aquí

Máis de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño

- A Deputada de Medio Ambiente presentou este mércores a nova programación de Río Rato, Centro de Interpretación Terras do Miño
- Mañá abrirá o prazo de solicitude ás 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal e no 982 227 812. Hai 19 obradoiros e conferencias dirixidas a persoas de todas as idades

Máis de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais e gratuítas da Deputación en Terras do Miño
A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores a programación de actividades gratuítas e para persoas de todas as idades, que ofrece o organismo provincial no Centro Interpretación Terras do Miño. Poderán participar máis de 800 persoas en Río Rato, Centro de Interpretación Terras do Miño. O prazo de inscrición abrirase mañá ás 12:00 horas. As solicitude en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812.

Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, o ano pasado, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades”.

López afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación
Conferencias
- O 17 de novembro de 19:00 a 21:00 horas no C.I. Terras do Miño A problemática fitosanitaria de árbores froiteiras: Especial mención a maceiras e castiñeiros impartida por María Belén Díaz Hernández. Nº de participantes: 40.

- O 15 de decembro de 19:00 a 21:00 horas no C.I. Terras do Miño Os castiñeiros e os soutos impartida por Javier Pereira-Espinel Plata. Nº de participantes: 40.

Actividades destinadas aos adultos
- O 13 de outubro de 19:00 a 21:00 horas e 15 de outubro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Planificación do Horto-Outono Inverno. Nº de participantes: 20.

- O 18, 19, 20, 21 de outubro de 19:30-21:00 horas e o 22 de outubro 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo o Curso de Iniciación á Micoloxía. Nº de participantes: 80.

- O 25, 26, 27 e 28 de outubro de 19:30 a 21:0.0 horas e o 29 de outubro de 10:00 a 13:30 horas no Salón de actos da Deputación de Lugo o Curso: Micoloxía Nivel 2. Nº participantes: 80

- O 5 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Maridaxe queixos galegos e cervexas artesás. Nº de participantes: 20.

- O 12 de novembro de 10:00 a 13:00 horas e 13 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de Fabricación de queixo artesá. Nº de participantes: 20.

- O 3 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de elaboración de extractos de plantas medicinais. Nº de participantes: 20.

- O 10 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de elaboración de mascarillas vexetais faciais. Nº de participantes: 20.

Actividades para as familias
- O 19 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Curso de Iniciación a fauna e flora da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Modulo IV: Invertebrados e peixes. Nº de participantes: 20.

- O 26 de novembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro de alimentación consciente. Nº de participantes: 20.

- O 17 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño o Obradoiro Natureza no meu xardín. Nº de participantes: 20.

- O 26 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “A bichería canta”. Nº de participantes: 80.

- O 27 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo o Obradoiro para aprender a contar e aprender a escoitar. Nº de participantes: 80.

- O 28 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “Bichos nos cestos”. Nº de participantes: 80.

- O 29 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Obradoiro para aprender a contar e aprender a escoitar. Nº de participantes: 80.

- O 30 de decembro de 18:00 a 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación de Lugo Os contos do Medio Ambiente “Os contos da carricanta”. Nº de participantes: 80.

Actividades Infantís
- O 1 de outubro de 11:00 a 13:30 no C.I. Terras do Miño o O meu herbario da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Nº de participantes: 15.

- O 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 horas no C.I. Terras do Miño os Obradoiros infantís. Nº de participantes: 20.

2016-09-28


Comenta aquí

Encontro anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas

Durante os días 7, 8 e 9 de setembro tivo lugar nas instalacións do Centro Nacional de Educación Ambiental de Valsaín a reunión anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas. O Consello constitúese como un órgano técnico de asesoramiento ao Comité Español do MaB e está composto por un representante técnico de cada Reserva da Biosfera española.

O Alcalde do Real Sitio de San Ildefonso clausurou a Reunión do Consello indicando na súa intervención que é un honor para a Reserva de Biosfera do Real Sitio de San Ildefonso-O Espinar acoller unha reunión na que se dan cita os xestores dos 48 espazos que en España teñen este importante recoñecemento como Reservas da Biosfera.

Nos 3 días que durou o encontro, os Xestores das Reservas de Biosfera debateron ampliamente sobre a situación das Reservas no contexto económico actual e concluíron que aínda que é importante que exista colaboración público-privada para o financiamento de proxectos dentro das Reservas, deberíase primar a aquelas empresas denominadas de Economía Social. Neste sentido, desde o Consello solicitarase ao Comité MaB que o próximo Congreso de Reservas de Biosfera Españolas se celebre na Reserva de Biosfera de Ordesa-Viñamala, co importante obxectivo de materializar a adaptación das Reservas Españolas ao novo Plan de Acción para as Reservas da Biosfera xurdido do Congreso de Lima deste ano, coa posibilidade de que poida ser financiado en parte mediante a colaboración de empresas de economía social.

Así mesmo, decidiuse instar novamente á Administración Xeral do Estado para que dote de recursos económicos ás Reservas da Biosfera, do mesmo xeito que fai con outros espazos naturais protexidos, co obxecto de asegurar o funcionamento de cada Reserva, ademais da Rede Española.

Outro importante acordo adoptado por unanimidade foi solicitar ao Organismo Autónomo Parques Nacionales para que mellore a comunicación das Reservas de Biosfera, facéndoas máis visibles para os cidadáns e para transmitir mellor os programas e proxectos que nelas se realizan, para o que é preciso utilizar as oportunidades que nos proporcionan as redes sociais.

Na Reunión propuxéronse cursos de formación para xestores, expuxéronse as interesantes iniciativas que se levan a cabo en cada Reserva e informouse da situación na que se atopa o Rexistro da Marca "Reservas de la Biosfera Españolas" que recoñecerá e dará valor engadido a produtos e servizos que ofrecen estes espazos de recoñecido prestixio internacional.

Para rematar, levouse a cabo a elección de cargos dentro do Consello de Xestores, renovándose aos membros do mesmo e que contará novamente con Dª Joana Barber, Directora da Reserva de Biosfera do Montseny, como presidenta.

2016-09-09


Comenta aquí

A Capela de Santa María reúne 30 pezas de torneiros internacionais con CONtornos, a mostra do CENTRAD da Deputación

O Presidente, Darío Campos Conde, inaugurou “CONtornos”, a exposición detorneado de madeira, que o CENTRAD da Deputación leva a Capela de Santa María ata o 28 de agosto. A mostra reúne por primeira vez na provincia de Lugo 30 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos XV Encontros Internacionais de Torneiros do ano pasado en Xermade.

Campos Conde estivo acompañado polo Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández Méndez, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o comisario da mostra, Vicente Ledo Roca, entre outras autoridades.

O Presidente destacou que “é un pracer colaborar co Concello de Xermade e cos mestres torneiros na difusión e promoción dos oficios tradicionais. Esta é unha aposta compartida polo pulo da nosa propia tradición e cultura para xerar riqueza. Quero pór en valor o traballo dos nosos artesáns. Sodes un exemplo de compromiso coa nosa identidade, así como de superación. Demostrades que a tradición e a innovación non están enfrontadas, senón que poden conxugarse perfectamente, sendo un valor engadido que impulsa a nosa economía”.

CONtornos

CONtornos, organizada pola Deputación a través do CENTRAD, amosa por primeira vez na provincia de Lugo, tras estar en As Pontes e Ferrol, unha trintena de pezas de madeira elaboradas por recoñecidos profesionais durante os “Encontros Internacionais de Torneiros de Madeira de 2015”.

Os protagonistas de CONtornos son torneiros das 4 provincias galegas, así de distintos puntos de España, ademais de países como Francia, Portugal, Grecia, Holanda, Estados Unidos, Nova Zelanda ou Australia.

Trátanse de recoñecidos profesionais de xeito internacional. Tamén participados afeccionados ao torneado que, dende o anonimato, axudan a que este oficio se recupere do esquecemento, propoñendo camiños de expresión novidosos e creativos.

Os relatores internacionais (Manuel Castro, Rafael Saigí, Nikos Siragas e Jason Smith) foron os responsable de escoller as pezas feitas nos encontros internacionais de torneiros para formar parte de CONtornos.

Pódense atopar pezas de carballo, freixo ou falso plátano. Os resultados a partir das mesmas madeiras son sempre distintos e sorprendentes. A técnica do torneado consiste en labrar con diferentes ferramentas un anaco de madeira mentres está suxeito ao torno que o fai xirar.

Horarios

CONtornos permanecerá aberta ao público ata o 28 de agosto na Capela de Santa María. A entrada é libre e totalmente gratuíta. O horario é:
de luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.
sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.

Encontros Internacionais de Torneiros
Os Encontros Internacionais de Torneiros naceron en 2001 na Aldea Artesán de A Fraga, no Concello de Xermade, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaría, materias e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer ao maior número de persoas posibles. Este evento sempre se celebra no municipio xermadés na segunda quincena do mes de setembro. Unha das finalidades didácticas que persegue é divulgar os valores do oficio, algo que está a ter resultados satisfactorios, pois o público asistente cada vez ten mais argumentos para diferenciar artesanía e industria. Durante catro días, reúnense profesionais e afeccionados para compartir sabedoría e experiencia, ao tempo que se achega ao público en xeral o mundo da tornearía.

XVI Encontros de torneiros 2016

O próximo encontro celebrarase, polo tanto, os días 23, 24 e 25 de setembro. Todos os torneiros que queiran participar na cita terán que inscribirse en encontro@encontrodetorneiros.org. Máis información en 667532151.

2016-08-05


Comenta aquí

Entrevista a Sonsoles López Izquierdo, diputada delegada de medio ambiente de la Diputación de Lugo

Las Insuas do Miño y Ollos de Begonte son propiedad de la Diputación de Lugo, la cual firmó un acuerdo de custodia en diciembre de 2014 con la Asociación Galega de Custodia do Territorio para su gestión y difusión.

En el siguiente vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=zK13_u8qzdo) se ofrece una entrevista a Sonsoles López Izquierdo, Diputada delegada de Medio Ambiente de la Diputación de Lugo. Dicha entrevista ha sido realizada por la Asociación Galega de Custodia do Territorio y está enmarcada en "El Mirador del propietario" , una nueva sección de la web de la Plataforma de Custodia, destinada a ofrecer recursos, visibilidad y reconocimiento a los propietarios, públicos o privados, que tienen acuerdos de custodia del territorio.

“En el año 2000 aprovechando un proyecto Life se hizo una expropiación de todos estos terrenos con ánimo de conservarlos y a partir de ahí son propiedad de la Diputación. Cuando se declaró la zona Reserva de la Biosfera se realizaron programas de conservación y en estos se contemplaba la custodia del territorio como una herramienta muy importante para implicar a la sociedad civil en el mantenimiento y conservación. Es un ámbito bastante novedoso, sobre todo para la Administración. De hecho somos pioneros en Galicia”, comenta Sonsoles.

Las Insuas do Miño tienen una superficie total de 107 hectáreas y se sitúan entre dos brazos del río Miño, constituyendo el sistema de islas fluviales de mayor importancia y extensión del noroeste ibérico. Los Ollos de Begonte son un sistema lagunar de origen kárstico que presenta una buena representación de robledales autóctonos. Tiene una superficie total de cinco hectáreas que también sufren inundaciones periódicas aunque de menor intensidad que las de las Insuas do Miño.

“Es una relación apasionante por la intensidad que las personas de la entidad de custodia demuestran con la conservación, siempre proponen iniciativas y actividades. Es una relación en la que todos aprendemos, pero además aporta prestigio a la Diputación por estar contando con la sociedad civil de forma pionera para la conservación. Nos pone en muy buen lugar respecto a nuestra sensibilidad e interés por la conservación del patrimonio natural” continúa la entrevistada.

Tanto las Insuas do Miño como Ollos de Begonte están localizadas dentro de los límites de las diversas figuras de protección que componen la Red Gallega de Espacios Naturales Protegidos y la Red Natura 2000. Sonsoles no duda en afirmar que “le recomendaría la custodia del territorio a todas las administraciones que tengan bajo su responsabilidad cualquier territorio, aunque sea pequeño. Debemos contar con la custodia como una herramienta que está al orden del día porque facilita mucho la gestión”.

2016-08-03


Comenta aquí

A Fundación TIC colabora co Concello de Lugo e o diario El Progreso nun proxecto multimedia de promoción da Praza e o Mercado de Lugo

A Fundación TIC colaborou co Concello de Lugo e co grupo El Progreso na realización dun proxecto multimedia para a promoción da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros. O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a Presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron este martes, o documento audiovisual, nun acto que se celebrou na propia Praza ao que tamén asistiu o Patrón da TIC, Álvaro Santos, e outras autoridades.

Darío Campos destacou que “a Fundación TIC envorcouse neste proxecto multimedia innovador para a promoción da Praza e o Mercado de Lugo, co que cumprimos o obxectivo de colaborar en todas as iniciativas que axuden á dinamización da provincia e do seu tecido económico e social”.

Trátase dun paper monográfico, que inclúe imaxes e vídeos realizados pola Fundación TIC, así como textos e fotos dos que son autores xornalistas e reporteiros gráficos do xornal El Progreso. A publicación pódese consultar a través da web da TIC, www.fundaciontic.org, que tamén lle dará difusión nas redes sociais, e no xornal dixital do grupo El Progreso, Galiciaé www.galiciae.com. A peculiaridade do traballo é que dá a opción de acceder aos contidos pasando as follas, nas pantallas táctiles de ordenador, tableta, ou de calquera dispositivo móbil.

Un equipo de profesionais, bolseiros e alumnos da TIC encargouse de todas as xestións e do traballo de produción necesario para levar adiante o proxecto que se desenvolve para axudar a darlle promoción a estas instalacións recentemente modernizadas. A TIC tamén ocupouse da filmación e da realización de fotografías de cada un dos postos da praza e o mercado municipais. En total, editáronse 55 vídeos que serven de presentación dos distintos postos e nos que se inclúen explicacións, receitas e curiosidades narradas polos empresarios que rexentan os establecementos comerciais e de hostalería.

Promoción e colaboración co tecido social
A Fundación TIC apoia esta iniciativa de dinamización económica e social de Lugo dentro do labor que desenvolve para a promoción da provincia, que inclúe acordos de colaboración con concellos, asociacións sociais, culturais e deportivas, así como con outro tipo de entidades. A TIC xa ten colaborado noutras ocasións con grande éxito co grupo El Progreso na creación e difusión de iniciativas e recursos turísticos da provincia, como foi o caso do pape radicado aos “Sons da Ribeira Sacra”.

Este tipo de convenios de colaboración tamén contribúen a ofrecer unha formación máis completa ao alumnado Escola de Imaxe e Son de Lugo, que ten a oportunidade de realizar prácticas en situacións reais de traballo xunto cos profesionais da TIC.

2016-08-01


Comenta aquí

A Deputación organiza a feira agroecolóxica NaturaLugo, coincidindo co congreso internacional de SEAE

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este venres a feira agroecolóxica NaturaLugo, que organiza o organismo provincial os días 22, 23 e 24 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos, coincidindo co XII Congreso Internacional da SEAE que por primeira vez acolle a capital luguesa, reunindo a centos de expertos chegados de todo o mundo. Concello de Lugo e Asociación Provincial de Hostaleiros farán coincidir nas mesmas datas o concurso de tapas, no que haberá unha categoría especial: a ecotapa ecolóxica. O municipio habilitará ademais unha liña especial de autobuses para trasladar aos participantes dende o Pazo ao centro da cidade luguesa co obxectivo de dar a coñecer toda a riqueza da capital.

López Izquierdo subliñou que “aproveitando esta oportunidade económica, pois durante estes días recibiremos a centos de persoas en Lugo, decidimos celebrar esta feira para promocionar a riqueza agroecolóxica da nosa provincia e impulsar o traballo dos profesionais deste sector”. A Deputación achega 40.000 euros para a celebración de NaturaLugo e o Congreso Internacional de SEAE. “Concello de Lugo e Asociación Provincial de Hostaleiros tampouco deixan escapar esta oportunidade económica e súmanse á mesma, demostrando que xuntos somos máis fortes e podemos desenvolver grandes proxectos para dinamizar a economía lucense”, destacou.

Na presentación do evento, tamén participaron o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares; o Presidente da Asociación de Hostaleiros, Cheché Real; o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta García, e o Vicepresidente da Asociación Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), Xan Neira.

60 stands en NaturaLugo
NaturaLugo terá lugar na pranta baixa do Pazo de Feiras e Congresos mentres na primeira se celebrará o congreso de SEAE. Na feira ubicaranse 60 stands, cuxo prezo é de 15 euros por metro cadrado, sendo moito máis vantaxoso con respecto aos custos habituais destas citas. O prazo de solicitude está aberto en info@naturalugo.com.

Concurso de tapas
Coincidindo co XII Concurso de Tapas de Lugo –que se celebrará do 9 ao 25 de setembro–, a Asociación de Hostaleiros da cidade E para comer Lugo creará unha categoría especial para premiar a ecotapa ecolóxica. Así, todos os establecementos que se inscriban nesta competición gastronómica terán a oportunidade de crear unha tapa con produtos ecolóxicos e optar ao premio que se entregará en paralelo ao Congreso e a Feira, o que permitirá, ao mesmo tempo, dar a coñecer estas actividades a todos os veciños da cidade.

Liña de autobuses
Do 20 ao 24 de setembro, Lugo converterase na capital internacional da agricultura ecolóxica coa presenza de centos de persoas especializadas do sector. Xunto ao congreso, realizaranse numerosas actividades entre as que se inclúen charlas, obradoiros, degustacións e presentacións de produtos. Aproveitando a afluencia de participantes no Congreso e en NaturaLugo, e tendo en conta ademais celebración do concursos de tapas, o Concello de Lugo habilitará unha liña especial de autobuses que recorrerá toda a cidade de Lugo.



Programación do XII Congreso de SEAE
O XII Congreso de SEAE, que por primeira vez acollerá a provincia de Lugo, terá lugar os días 20, 21, 22 e 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos da capital luguesa. Lugo reunirá durante estes días a centos de expertos nacionais e internacionais, xuntando a un numeroso público e converténdose na capital española agroecolóxica por excelencia.

Martes, 20 de setembro
Celebraranse obradoiros, previos ao congreso, que versarán sobre os seguintes temas. O prezo de inscrición varía entre 30 e 80 euros.
1. Silvopastoralismo y recolección silvestre
2. Elaboración de produtos lácteos
3. Sistemas Participativos de Garantía
4. Bosques, acuicultura e agricultura de ribeira
5. Dinamización Agroecolóxica Local
6. Madeira estrutural e FSC
7. Rede Aprendizaxe “Verde”

XII Congreso SEAE
Mércores, 21 de setembro
09:00 horas.- Apertura mesa de inscrición
09:15 horas.- Sesión de traballo Agroecoloxía en Europa: Mito ou realidade
12:00 horas.- Inauguración oficial do Congreso
12:30 horas.- Conferencia Leguminosas e Agroecoloxía. M Sánchez (UNCP-CO)
13:15 horas.- Conferencia Agroecoloxía y produción de alimentos. S Bellon (INRA FR)
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura sesión de pósters
16:00 horas.- Conferencia Silvopastoralismo e Agroecoloxía. JL Glez Rebollar (EEZ-CSIC)
16:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (1,2,3)
18:15 horas.- Descanso
18:30 horas.- Mesa Redonda Políticas agroecolóxicas e agroforestais
20:30 horas.- Recepción no Concello de Lugo
21:30 horas.- Ruta de la Tapa

Xoves, 22 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Cambio climático e AE
09:45 horas.- Sesión de traballo Comunicacións paralelas (4,5,6)
11:45 horas.- Descanso
12:00 horas.- Sesión de traballo Comunicacións /paneis
12:00 horas.- Ponencia Canles curtos, economía circular e reciclaxe
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura Feira NaturaLugo
16:00 horas.- Conferencia Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía. R Binimelis (UVic)
16:45 horas.- Mesa Redonda Novo Regulamento: ¿máis sostibilidade?
18:00 horas.- Descanso
18:15 horas.- Ponencia Agroecoloxía e AE galega
18:45 horas.- Asemblea Xeral Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica
21:00 horas.- Cea de Gala SEAE e entrega da III Edición dos Premios Eco-eLabora

Venres, 23 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Calidade agroalimentaria ecolóxica. MD Raigón (UPV)
09:45 horas.- Sesión de Traballo Comunicaciones paralelas (7,8,9)
09:45 horas.- Ponencia Biodiversidade y sementes
11:45 horas.- Descanso
12:00 horas.- Innovación agroecolóxica en Agricultura Ecolóxica
12:00 horas.- Encontro con estudantes de Agroecoloxía
13:30 horas.- Conclusións finais
14:00 horas.- Comida
15h:30 horas.- Visitas a fincas

Inscricións
Os interesados en participar neste XII Congreso deberán cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal ou no seguinte enlace: http://www.agroecologia.net/inscripcion-congreso-lugo16/. Os inscritos recibirán un e-mail de confirmación, no que se indicará o número de conta no que facer o ingreso.

2016-07-29


Comenta aquí

Máis dun milleiro de persoas participaron nas actividades medioambientais da Deputación

Nesta primeira metade de ano, 985 persoas de todas as idades participaron de xeito gratuíto nas 42 actividades lúdicas e medioambientais que ofreceu a Deputación d a través do Centro de Interpretación Terras do Miño. A esta cifra hai que engadir os asistentes á programación posta en marcha polo organismo provincial para conmemorar o décimo aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses: un total de 140 persoas, que xa puideron gozar de sete obradoiros e conferencias celebradas nos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

Entre as actividades con maior afluencia ata o de agora no centro situado á beira do Río Rato atópanse as conferencias de Julián Alonso (Micoloxía. Cantharellus e outras Cantareláceas no contorno de Lugo) e Javier Pereira (Espazos protexidos da provincia de Lugo), os obradoiros A Lúa e a súa influencia nos cultivos, Preparación de tratamentos fitosanitarios ecolóxicos, e As plantas:usos medicinais e fitosanitarios, así como unha saída ao campo para a recollida simbólica de lixo que tivo lugar o pasado mes de abril.

Por outra banda, os eventos programados nos tres concellos que integran o espazo natural dos Ancares recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, espertaron un grande interese, destacando os obradoiros de elaboración de cervexa artesá, o de elaboración de produtos cosméticos con ceras e o de elaboración de bebidas vexetais, xunto coa xornada sobre enfermidades en árbores froiteiras (maceiras e castaños) celebrada en Cervantes.

Actividades mallega tradicional
O próximo día 9 de agosto a partir das 12.00 horas celebrarase unha mallega tradicional no campo anexo ao polideportivo municipal de San Román de Cervantes, coincidindo co V Encontro de Artesanía – Produtos típicos e Arte Tradicional.
Programación CI Terras do Miño
Actividades para adultos
1 de setembro: Os bichos do horto. Conferencia que arrancará ás 19:00 horas e na que poderán participar 40 persoas.
3 de setembro: Obradoiro de elaboración artesá de licores. A esta actividade, dirixida a un total de 20 persoas, transcorrerá entre as 10:00 e as 14:00 horas.
15 de setembro: As plantas medicinais e o seu uso tradicional en Galicia. Conferencia na que poderán participar ata 40 persoas e que arrancará as 19:00 horas.
17 de setembro: Obradoiro de elaboración de conservas artesás: perigos métodos de conservación, que se celebrará dende as 10:00 horas ata ás 14:00 horas.
24 de setembro: Obradoiro de cosmética natural, dende ás 10:00 horas ata ás 14:00 horas. Estas tres últimas actividades son só para adultos.

Actividades para familias
1 e 2 de setembro: Obradoiro de cociña agroecolóxica e solar, que terá lugar no Centro de Interpretación dende as 10:00 horas ata ás 13:00 horas.
10 de setembro: Curso de iniciación á fauna e flora da Reserva da Biosfera Terras do Miño: Anfibios e Réptiles. Esta actividade, dirixida a familias, celebrarase dende as 10:00 ata ás 14:00 horas.

Programación Ancares Lucenses
CONCELLO DE BECERREÁ
Actividade para nenos
6 de setembro: Clube de nenos coidadores do Planeta, que terá lugar no Centro de Servizos Sociais dende as 10:00 ata ás 14:00 horas, e conta cun máximo de 20 prazas.

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA
Actividade para adultos
8 de setembro: Obradoiro de iniciación ao enxerto en árbores froiteiras, que terá lugar na Escola da Barcia dende as 16.00 ás 20.00 horas, e conta cun máximo de 20 prazas.
17 de setembro: Roteiro polo Concello de Navia de Suarna, o autobús para realizar a andaina sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 9.00 horas da mañá. É preciso levar comida para a camiñata e un calzado axeitado para esta aventura.

O prazo de inscrición atópase aberto a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, no correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812.

2016-07-19


Comenta aquí

Máis dunha trintena de nenos participaron nas primeiras actividades da Deputación en AVIFAUNA

O parque zoolóxico Avifauna arrincou a finais de xuño o seu calendario de actividades medioambientais dirixidas a un cento de nenos e nenas da provincia, os cales poden participar de balde, grazas ao convenio entre a Deputación e Avifauna. A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, e o responsable do parque, José María Díaz Paz, mostraron a súa satisfacción tras a celebración dos primeiros dous obradoiros, nos que participaron máis dunha trintena de rapaces.

A Deputada sinalou que "o obxectivo é fomentar entre os máis pequenos o estudo da fauna da provincia dunha forma dinámica e divertida, a través de xogos e actividades. Así, os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer numerosas especies de aves e incluso puideron axudar a alimentalas". Pola súa parte, José María Díaz Paz indicou que "os nenos e nenas disfrutaron moito cos animais e quedaron encantados coas actividades realizadas. Ao remate destas ofrecémoslles unha merenda".

O primeiro obradoiro tivo lugar o pasado 25 de xuño, baixo o título de "Picos e patas. Adiviña quen vive aí". Durante o mesmo, introducíronse entre os máis cativos conceptos como o da adaptación dos animais ao medio e a importancia que teñen os picos e as patas das especies como figura indicadora da súa forma de vida. A segunda actividade "Para gustos... Cores" celebrouse o sábado 2 de xullo, e nesta explicouse aos nenos e nenas o porque do dimorfismo sexual que presentan moitas especias de aves, así como as diferenzas de cores entre machos e femias.

Inscripción para as novas actividades

O vindeiro sábado 16 de xullo, celebrarase a terceira xornada denominada "Están contentos en gaiolas?", na que se tratarán os conceptos de conservación á hora de situar as coleccións zoolóxicas, afondando no benestar animal e como se aplica en Avifauna. Xa o 23 de xullo terá lugar o terceiro obradoiro co título de "Gardiáns do bosque. Salvemos ao Urogallo", que terá un carácter teórico-práctico enfocado a coñecer o Urogallo, o seu hábitat, as súas costumes, así como as ameazas que produciron a redución do número de exemplares e que a converteron nunha especie ameazada e en perigo de extinción.

O derradeiro sábado do mes, poñeráse punto e final a esta programación coa última das actividades "Imos ao museo", que se desenvolverá no museo do parqe Avifauna e que funciona a modo de centro de interpretación de aves. Ali explicaranse aspectos como a paleontoloxía, taxonomía, morfoloxía ou o comportamento de aves. O prazo de inscripción de cara aos novos obradoiros continúa aberto no teléfono 982 242 053.

AVIFAUNA e a súa labor na natureza

AVIFAUNA alberga máis de 200 especies diferentes de aves repartidas nunha extensión de preto de 30.000 m2. O parque zoolóxico está deseño para a realización de visitas guiadas mediante un percorrido a través dun xadrín botánico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos cinco continentes, en 76 recintos en función da especie á que pertencen. No centro préstase unha atención especial á fauna autóctona e tamén a aquelas especies que, polo seu estado de conservación, se atopan en programas específicos de recuperación.

2016-07-06


Comenta aquí

Aberta a solicitude das actividades gratuítas para nenos da Deputación en AVIFAUNA

Aberta a solicitude das actividades medioambientais e gratuítas para nenos da Deputación de Lugo no parque zoolóxico Avifauna. Poderán participar máis dun cento de nenos e nenas. O número de prazas é limitado. Os interesados deberán anotarse no teléfono 982 242 053. O calendario é o seguinte:

25 de xuño
10:00-13:30 horas: Picos e patas. Adiviña quen vive aí.
A través deste obradoiro teórico-práctico, introduciranse entre os máis cativos conceptos como o da adaptación dos animais ao medio e a importancia que teñen os picos e as patas das especies como figura indicadora da súa forma de vida.

2 de xullo
10:00-13:30 horas: Para gustos...Cores.
Con esta iniciativa, explicarase aos nenos e nenas o porque do dimorfismo sexual que presentan moitas especias de aves, así como as diferenzas de cores entre machos e femias.

16 de xullo
10:00-13:30 horas: Están contentos en gaiolas?
Na xornada, trataranse os conceptos de conservación á hora de situar as coleccións zoolóxicas, afondando no benestar animal e como se aplica en AVIFAUNA.

23 de xullo
10:00-13:30 horas: Gardiáns do bosque. Salvemos ao Urogallo.
Obradoiro de carácter teórico-práctico enfocado a coñecer o Urogallo, o seu hábitat, as súas costumes... así como as ameazas que produciron a redución do número de exemplares, que a converteron nunha especie ameazada e en perigo de extinción.

30 de xullo
10:00-13:30 horas: Imos ao museo
Actividade no museo do parque AVIFAUNA, que funciona a modo de centro de interpretación de aves. Nela explicaranse aspectos como a paleontoloxía, taxonomía, morfoloxía ou comportamento de aves.

2016-06-22


Comenta aquí

Deputación, Concello de Lugo e veciños organizan esta fin de semana actividades saudables no Río Rato para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, e o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, presentaron este mércores o programa de actividades saudables que terán lugar esta fin de semana no Río Rato para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Sonsoles López destacou a importancia de organizar este tipo de actividades “que cumpren unha dobre función: ofrecer unha alternativa lúdica e pór en valor as zonas verdes da cidade”. Neste senso, a Deputada destacou a “grande riqueza natural da provincia lucense, onde contamos con 3 das 5 Reservas da Biosfera que hai en Galicia, un valor engadido que debemos aproveitar”.

Miguel Fernández subliñou que “Miguel Fernández subliñou que “nunha sociedade envellecida, tal e como acontece tanto no Concello de Lugo, onde mais do 20% da poboación é maior de 65 anos, como na provincia, este tipo de actividades axudan a impulsar, e moito, modelos e hábitos de vida non sedentarios”. Neste senso, o edil tamén manifestou a aposta do Concello polo envellecemento activo, capaz de contribuír a mellorar o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas, e máis aínda dos maiores. ”.

Jesús Vázquez agradeceu a colaboración do organismo provincial e do Concello de Lugo neste tipo de iniciativa, “encamiñadas a mellorar a saúde dos veciños da provincia, nun entorno natural e preto á cidade”.

Programación de Actividades
Sábado, 4 de xuño:
Ás 11:00 horas.- Encontro e roteiro de bicicletas: O Centro de Interpretación Terras do Miño será o punto de partida do roteiro de bicis, no que poderán participar persoas de todas as idades.

De volta, terá lugar unha charla sobre a promoción e uso bicicleta como medio de transporte sostible nas zonas urbanas.

A continuación haberá o contacontos infantil: “Contar o que se come”.

Os interesados en participar poden anotarse no teléfono 982 227 812.

Ás 12:00 horas.- Ruta cardiosaudable polo Río Rato: Arrancará fronte á Casa María e Casa Paco. A Federación Veciñal entregará aos participantes camisetas co lema “No tempo de lecer camiña con nós!.

A ruta ten unha extensión de entre 3.5 e 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante a xornada, que terá unha duración aproximada de 50 minutos, os participantes estarán acompañados por monitores e distribuiranse augas para combatela deshidratación. Tamén se contará coa presenza de membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante a xornada.

5 de xuño
Ás 10:00 horas.- Encontro de Cociña Solar: O Centro de Interpretación Terras do Miño celebrará un novo encontro sobre cociña solar, no que os participantes aprenderán como construír un forno solar e poderán degustar comida cociñada a través deste aparello.

Ás 12:00 horas.- Contacontos infantil

Ás 16:00 horas.- Charla: As posibilidades da cociña solar

Os interesados en participar nestas actividades poden anotarse no teléfono 982 227 812.

2016-06-02


Comenta aquí

Máis de 500 persoas de todas as idades poderán participar de balde nas novas actividades do C.I. Terras do Miño

- Conferencias sobre a Reserva da Biosfera, obradoiro de cervexa artesá, ou Obradoido de elaboración de bebeidas vexetais, son só algunhas das propostas que ofrece a Área de Medio Ambiente da Deputación
- Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”
- Os interesados en participar poderán inscribirse na web www.deputacionlugo.gal a partires de mañá martes, ás 12:00 horas, cando se activará o banner coa información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade
Máis de 500 persoas de todas as idades poderán participar de balde nas novas actividades do C.I. Terras do Miño

A Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a nova programación de actividades medioambientais do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, na que poderán participar, de xeito gratuíto, máis de 500 persoas de todas as idades.

Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, o éxito de convocatoria das actividades ofrecidas durante o primeiro trimestre foi tal que, en tan so uns días, as prazas quedaron practicamente esgotadas”.

López afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle aos veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación de actividades
O calendario das actividades programadas son:
Conferencias e obradoiros:
- O día 7 de abril terá lugar a conferencia Preparación do solo do Horto, para un número máximo de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño de 19:00 a 21:00 horas.
- O día 19 de maio haberá outra conferencia: As prantas: usos medicinais e fitosanitarios, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas.

Actividades para adultos:
- O día 9 de abril terá lugar: Multiplicación vexetativa de especies leñosas, dirixido a 40 persoas e que se celebrará en Terras do Miño nun horario de 11:00 a 14:00 horas.
- O día 14 e 16 de abril será o turno de Planificación dun Horto, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 14 e de 10:00 a 14:00 o día 16.
- O día 30 de abril e 5 de maio terá lugar Elaboración de Cervexa I, contando cun total de 20 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 30 e de 10:00 a 14:00 o día 5.
- O día 21 de maio haberá: Obradoido de elaboración de bebeidas vexetais, destinado a un total de 20 persoas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
- O día 28 de maio ofrecerase: Obradoido deshidratados, sales de cociña e vinagres, que conta con 20 prazas e que se celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
- O día 11 de xuño terá lugar: Elaboración de extractos naturais, dirixido a 20 persoas e que se realizará no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.

Para as familias:
- O día 2 de abril ofrecerase o obradoiro Aves na Reseva da Biosfera Terras do Miño, que contará cun máximo de 20 participantes e que se celebrará entre as 10:00 horas e as 13:30 horas.
- Os día 22 e 23 de abril será o turno de Micoloxía e Medio Ambiente, con 20 prazas e que se celebrará no Centro de Interpretación entre as 19:00 horas e 21:30 horas o 22 e entr as 10:00 e as 14:00 horas o día 23.
- O día 7 de maio celebrarase a Ruta botánica do campus de Lugo, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 11:00 e as 13:30 horas.
- Os días 4 e 5 de xuño será o turno de Festival da Biosfera 2016: Día Mundial do Medio Ambiente, que se compón dun total de 5 actividades, 3 para realizar o sábado día 4 e 2 para o día 5. O sabado, haberá ás 11:00 horas un roteiro en bicicleta no Paseo do Río Rato. Ás 12:00 horas, terá lugar a conferencia A bicicleta como medio de transporte sostible que será de 12:00 a 13:00 hora. Ao mesmo tempo, haberá na zona un contacontos infantil. Por outra banda, o domingo, de 10:00 a 17:00 terá lugar en Terras do Miño o III Encontro de Cociña Solar, dirixido a un total de 20 participantes. Ademais, nese mesmo horario, un contacontos para os máis picariños.
- O día 25 de xuño ofrecerase a I Ruta Sonora Terras do Miño, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 10:00 e as 14:00 horas.

Para os máis pequenos (entre 6 e 12 anos):
- O 4 e 5 de xuño terá lugar a actividade Contacontos Infantís, para 20 participantes no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O 27 de xuño comeza a actividade Xogos para descubrir a natureza, para un máximo de 20 participantes e que se celebrará en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas.
- O 28 de xuño terá lugar O Clube dos nenos coidadores do planeta, no C.I. Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
- O 29 de xuño será o turno de Vamos a investigar o entorno natural, en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
- O 30 de xuño terá lugar A caixa dos Xogos do Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén no Centro de Interpretación de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.

2016-03-28


Comenta aquí

España, a la cabeza en Reservas de la Biosfera, tras sumar la Transfronteriza del Tajo

La Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura (UNESCO) ha aprobado la declaración de la nueva Reserva de la Biosfera Transfronteriza del Tajo-Tejo (España-Portugal).

Así lo ha decidido el máximo órgano de Gobierno del Programa Hombre y Biosfera (MAB) de la UNESCO, que ha celebrado en Lima (Perú) la XXVIII sesión de su Consejo Internacional de Coordinación (CIC). La delegación española ha agradecido al CIC este nuevo reconocimiento y ha destacado la buena relación que existe con el país vecino, como muestra esta iniciativa: una nueva Reserva de la Biosfera que consolida y refuerza los lazos entre ambos países.

Con esta declaración, nuestro país cuenta ya con 48 espacios que ostentan este galardón de la UNESCO y que ya abarcan casi el 11% del territorio. Así, con estas 48 reservas de la biosfera España pasa a ser el primer país del mundo, en número de espacios declaradas, por delante de Estados Unidos, con 47.

La Reserva de la Biosfera Transfronteriza del Tajo-Tejo se sitúa en la zona fronteriza extremeña entre España y Portugal. La extensión total de la reserva es de 428.176 hectáreas, de las cuales 259.073 hectáreas se encuentran en territorio español.

El río Tajo actúa como eje principal de la nueva reserva, que alberga una población total de más de 62.700 habitantes, de los que 14.600 son españoles. La declaración de esta zona como reserva de la biosfera, contribuirá al desarrollo común y sostenible del territorio transfronterizo que la conforma, la preservación de sus valores naturales y culturales y el fomento de la cohesión territorial.

DESARROLLO SOSTENIBLE

El secretario de Estado de Medio Ambiente, Pablo Saavedra, ha puesto en valor el gran desarrollo del programa MAB en España que ha hecho posible que, en la actualidad, nuestro país se sitúe en el primer puesto, a escala mundial, en número de reservas de la biosfera declaradas.

Pablo Saavedra ha destacado que las Reservas de Biosfera son “espacios de aprendizaje para el desarrollo sostenible, lugares para probar enfoques interdisciplinares, así como para comprender y gestionar cambios e interacciones de los sistemas sociales y ecológicos”.

Ha valorado que la participación activa de España en el Consejo Internacional de Coordinación del Programa MaB supone la aportación de la experiencia de la política desarrollada en los últimos años por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente respecto a este Programa, a través del Organismo Autónomo Parques Nacionales.

La red española de reservas de la biosfera se inició en 1976 con la declaración de la de Grazalema y la de Odesa Viñamala. Con la declaración de la nueva reserva del Tajo-Tejo, la red alcanza la cifra de 48 sitios declarados, que cubren todos los ecosistemas y paisajes más característicos de España.

En la actualidad, existen ocho reservas insulares (siete en Canarias y Menorca en el Mediterráneo). Además España cuenta con ocho reservas que contienen zonas húmedas, fluviales o costeras y dos que albergan paisajes áridos. En zonas de montaña, se sitúan tres en alta montaña, doce en la montaña cantábrica y otras once en la media montaña mediterránea. La red se completa con las cuatro las reservas de la biosfera transfronterizas declaradas en España. Tres con Portugal: “Gerês-Xurês”, “Meseta Ibérica”, “Tajo-Tejo”, y la cuarta con Marruecos: “Intercontinental del Mediterráneo”.

ACTIVA PARTICIPACIÓN ESPAÑOLA

En esta sesión del CIC, recién concluida, también se ha procedido a la adopción del nuevo Plan de Acción de Lima para el Programa MAB y la Red Mundial de Reservas de la Biosfera 2016-2025, elaborado durante el IV Congreso Mundial de Reservas de la Biosfera, celebrado en Lima durante las jornadas previas al CIC. Además, el CIC ha revisado las acciones que se llevan a cabo en la aplicación de la Estrategia de Salida de las Reservas de la Biosfera que no consiguen adaptarse al cumplimiento de los requisitos exigidos.

La participación española en el congreso ha sido muy activa, interviniendo tanto en las sesiones del Congreso y CIC, como en varios eventos paralelos, destacando la XVII reunión de la Red de Comités Nacionales MaB y Reservas de la Biosfera de Iberoamérica y El Caribe (IberoMaB). La delegación española, encabezada por el embajador de España en Perú, Ernesto de Zulueta, la han integrado representantes del Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), del Consejo de Gestores de la Red Española de Reservas de la Biosfera, del Consejo Científico del Comité Español del Programa MaB y de gestores de reservas de la biosfera españolas.

Además, se ha apoyado por parte del OAPN la participación en el congreso de una importante representación de Comités Nacionales y Puntos Focales MaB de países iberoamericanos que además han participado en la citada XVII reunión de la Red de Comités Nacionales MaB y Reservas de la Biosfera de Iberoamérica y El Caribe (IberoMaB). Igualmente se ha apoyado la participación de diversos representantes de reservas de la biosfera iberoamericanas.

El OAPN coordina el desarrollo de las funciones del Programa MaB en España, así como al Comité Español del citado programa, impulsando y coordinando las actividades que constituyen la aportación española a este Programa Internacional en el campo de la conservación del patrimonio natural, del desarrollo sostenible, de la formación y, en particular, de la promoción del concepto Reserva de la Biosfera.

34 ESTADOS MIEMBROS COMPONEN EL CIC

El Consejo Internacional de Coordinación del MaB está compuesto por 34 Estados miembros, que son elegidos de manera rotatoria. En cada reunión ordinaria bianual de la Conferencia General, la mitad de los miembros del Consejo finalizan sus mandatos y son elegidos los nuevos miembros. Los salientes son reemplazados por miembros pertenecientes al mismo grupo regional.

Al comienzo de la actual sesión del Consejo Internacional de Coordinación, tuvo lugar la elección de los miembros de la Mesa del CIC, que se renuevan cada dos años. La Presidencia recayó en Didier Babin, presidente del Comité francés del Programa MAB, quien ha sustituido en el cargo a Sergio Guevara, del Comité MaB México, quien ha realizado una extraordinaria labor durante los últimos dos años. Los siguientes Estados miembros ostentarán las Vicepresidencias durante los dos próximos años: Argelia, Nigeria, Perú, la República de Corea y la Federación Rusa.

Por su parte, España continuará durante dos años más como miembro del CIC, en representación de la Región de Europa Occidental y Norte América.

2016-03-21


Comenta aquí

A Deputación presenta o III Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera da provincia

O tema central da terceira edición deste certame é a importancia de ríos, regatos e seimeiras en Terras do Miño e nos Ancares Lucenses
As persoas que desexen participar deben presentar os seus orixinais en formato dixital e en papel no Rexistro Xeral da entidade antes do 15 de marzo
As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros.
As bases completas poden consultarse en www.deputacionlugo.gal
A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este mércores o III Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses que, nesta ocasión, ten como tema central a importancia da auga- ríos, regatos e seimeiras- nestes espazos naturais que contan co distintivo da UNESCO.
Os interesados en participar deberán presentar as súas fotografías, que teñen que ser inéditas e non ter sido premiadas con anterioridade, antes do 15 de marzo no Rexistro Xeral da Deputación.
A Deputada subliñou que “organizamos, unha vez máis, este certame para promocionar e pór en valor a riqueza medioambiental que temos na provincia, a través da fotografía, un campo que esta hoxe en día en constante expansión. De feito, o éxito de convocatoria da edición anterior, na que se presentaron máis de 50 instantáneas, anímanos a continuar ponde en marcha iniciativas como esta”.
As fotografías, que poden ser en branco e negro ou en cor, deben realizarse en espazos comprendidos dentro das Reservas da Biosfera lucenses. Os participantes deberán entregar as imaxes recollidas nun CD e tamén copia en papel fotográfico, dentro dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico, título da obra e lugar onde se realizaron. Cada autor só pode presentar unha fotografía.
Os tres mellores traballos presentados recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente. O xurado estará composto por expertos de recoñecido prestixio que farán público o resultado ó longo do primeiro trimestre do vindeiro ano.
Con todas as fotografías a Deputación realizará unha exposición que amose toda a beleza e diversidade dos territorios Reserva da Biosfera. As bases completas poden consultarse na web www.deputacionlugo.gal.

2016-02-11


Comenta aquí

Últimas prazas para participar nas actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño

- O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas ao redor de preto de 300, ou o que é o mesmo, o 70% do total ofertado

- Entre as actividades destacan: Cultivando na casa, Viaxando ao interior do solo, O tesouro do Rato, Obradoiros de alimentación e consumo ou de cosmética natural

- No 2015, preto de 1.300 lucenses de todas as idades participaron nas actividades lúdico-medioambientais gratuítas que ofrece a Deputación

- O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas ao redor de preto de 300, ou o que é o mesmo, o 70% do total ofertado
- Entre as actividades destacan: Cultivando na casa; Viaxando ao interior do solo ou O tesouro do Rato ou Obradoiros de alimentación e consumo ou de cosmética natural
- No 2015, preto de 1.300 lucenses de todas as idades participaron nas actividades lúdico-medioambientais gratuítias que ofrece a Deputación

Últimas prazas para participar nas actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño, que ofrece a Área de Medio Ambiente da Deputación para o primeiro trimestre de 2016. O éxito de convocatoria foi tal que, en menos de 24 horas, xa están cubertas preto de 300 prazas das 430 previstas. As actividades terán lugar entre o 23 de xaneiro e o 23 de marzo. O prazo de inscrición xa está aberto. As solicitudes poden facerse chamando ao 982227812 e na web www.deputacionlugo.gal.

As actividades son as seguintes: Cultivando na casa; Viaxando ao interior do solo, O tesouro do Rato, Obradoiro Etnográfico ou manualidades medioambientais; todas elas pensadas para nenos de 6 a 12 anos. Para familias: Obradoiro Os mamíferos da Reserva da Biosfera; e outras moitas para adultos, como Obradoiro de alimentación e consumo, Cursos de poda, Obradoiro de cosmética natural, a Lúa e a súa influencia nos cultivos; obradoiro de plantas aromáticas na cociña ou curso de enxerto. Tamén haberá conferencias: Espazos protexidos na provincia de Lugo, a cargo de Javier Pereira Espinel.

Para obter máis información sobre datas, horarios e número de prazas dispoñibles para cada unha destas actividades, os interesados poden facelo na web www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982227812.

Balance 2015

Neste último ano, 1.309 persoas de todas as idades participaron de xeito gratuíto nas 51 actividades lúdicas e medioambientais que ofreceu a Deputación de Lugo a través do Centro de Interpretación Terras do Miño. Con este completo programa lúdico-científico de actividades formativas, a Deputación busca fomentar a participación social dos cidadáns como protagonistas na xestión ambiental sostible dos espazos naturais. Os obradoiros máis demandados polos veciños e veciños, foron O coidado do horto: pragas, enfermidades e preparación de tratamentos fitosanitarios ecolóxicos, onde se trataron temas como a identificación de pragas e enfermidades nas plantas cultivadas así como as distintas formas de loitar contra elas de xeito artesanal empregando plantas.

2016-01-22


Comenta aquí

A Deputación de Lugo propón novas actividades na Reserva da Biosfera Terras do Miño

- Terras do Miño acadou un 100 sobre 100 no indicador que mide a participación nos órganos de xestión. A nota global foi 75,84, por enriba da media acadada por todas as reservas de España que foi de 69,74 puntos

- O Campus de Emprendemento permitiu a creación de unhas 10 empresas no ámbito rural e a conseguinte fixación de poboación. A Deputada de Medioambiente e o Presidente da Deputación convidaron a unha “ruta dos alcaldes” para que estes coñezan as iniciativas empresariais e apoien e aproveiten os recursos que dispoñen os seus concellos.

O titular provincial, Darío Campos, presidiu este martes as reunións dos Órganos Reitor e de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño. No encontro definíronse os primeiros proxectos que se van a poñer en marcha o vindeiro ano. Entre eles atópase a
Elaboración dun Catálogo Aberto do Patrimonio Inmaterial das Reservas da Biosfera españolas, que permitirá poñer en valor gran número de recursos aínda pouco explotados, como festas, tradicións, expresións orais, coñecementos e usos relacionados coa natureza ou técnicas artesanais propias. Toda esta información será recollida nunhas fichas tipo.

A Deputada da Área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, anunciou a participación no proxecto “Recetas da Biosfera”, co que se pretende poñer en valor a gastronomía da rexión das terras do Miño, que abrangue 26 concellos lucenses. De entre as recetas recibidas de cada reserva seleccionaranse as mellores para a súa edición nun libro conxunto da Rede Española de Reservas da Biosfera.

Dende a Área de Medioambiente da Deputación estase a traballar tamén na posibilidade de participar nun proxecto INTERREG (no marco do programa de Cooperación Interreg V A España Portugal) para a promoción do cultivo ecolóxico de especies vexetais autóctonas de Galicia e do Norte de Portugal que poidan servir para empregar en gastronomía e balneoterapia. O proxecto, nomeado “ Emprendemento verde baseado no cultivo ecolóxico de especies susceptibles para usos cosméticos e/ou alimentarios” quere abrir unha nova oportunidade para o desenvolvemento rural da área.

Durante a xornada, profesores da Universidade de Santiago de Compostela presentaron o Proxecto Urbano de Adaptación ao Cambio Climático LIFE LUGO + BIODINÁMICO, unha iniciativa do Concello de Lugo apoiada economicamente pola Deputación cun compromiso financeiro de 526.220 €. O proxecto desenvólvese na zona das Gándaras e pretende o desenvolvemento biodinámico dun barrio mediante a recuperación de bosque, a implantación de zonas verdes, a edificación en madeira dun centro de divulgación, a promoción da agricultura vertical e a restauración paisaxística.

Segundo explicou a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, “este proxecto permitirá reactivar o sector da madeira para a construción e pretende ser un referente das oportunidades do urbanismo sostible, xa que xunta desenvolvemento económico e sostenibilidade medioambiental. A nosa idea é implicar nel a toda a provincia”, manifestou.

Xornadas

No mes de xaneiro celebrarase na Escola Habanera de Guitiriz unha xornada sobre a recuperación sostible das canteiras próximas á Lagoa do Barreiro para mellorar o aproveitamento existente e darlles un valor engadido de interese turístico e ambiental.

Tamén se celebrará unha xornada informativa sobre o Decreto de Venda directa de produtos agroalimentarios, co obxectivo de xerar ideas sobre como levalo a termo de xeito que beneficie a todo o mundo, ao consumidor e ao produtor.

Balance 2015 e resultados do emprendemento sostible na zona

Os alcaldes asistentes á reunión do Órgano de Participación valoraron positivamente a memoria anual de 2015, que foi aprobada máis tarde polo Órgano Reitor. A Reserva organizou 51 actividades gratuítas do centro de interpretación Terras do Miño, nas que participaron 1309 persoas, así como outras na Casa das Ínsuas. Tamén se deu conta da colaboración co Máster Oficial en Dirección de Actividades Educativas na Natureza 2015-2016, do ciclo de conferencias Luis Asorey en colaboraicón coa Real Academia das Ciencias e a Universidade de Santiago de Compostela ou da celebración do III Campus de Emprendemento Sostible na Reserva da Biosfera.

O Campus de Emprendemento é unha iniciativa que permitiu a creación dunhas dez empresas no ámbito rural e a conseguinte fixación de poboación. Entre elas atópanse enxeñerías, hortas ecolóxicas, empresas de bioconstrución, de artesanía, de apicultura e incluso empresas de servizos educativos. A Deputada de Medioambiente e o Presidente da Deputación convidaron aos alcaldes asistentes á reunión a unha “ruta dos alcaldes para que coñezan estas iniciativas empresariais e apoien e aproveiten os recursos que dispoñen os seus concellos”. A ruta levarase a cabo o 8 de febreiro.

26 alcaldes participaron no proxecto de sinalización

Dentro das actuacións das que se dará conta mañá atópase a presentación da sinalización da Reserva da Biosfera executada dentro do Convenio de Colaboración entre o Organismo Autónomo Parques Nacionales e a Deputación de Lugo para a realización dun Proxecto Piloto en materia de sinalización nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O convenio finalizou o 21 de decembro e tivo un importe inicial de 33.275 €, que se distribuíu en dúas etapas. A primeira consistiu na instalación de paneis informativos da reserva e do concello en cada municipio implicado, seguindo o que marca o Manual de Sinalización das Reservas do Ministerio. Nesta etapa participaron 26 alcaldes implicados e acordouse con eles tanto a situación dos paneis informativos, dándolles a elección do panel de dimensións 1x1 m ou 1x1,5m, como o seu contido.

A segunda etapa consistiu na Sinalización de localizacións históricas, etnográficas e paisaxísticas na reserva da biosfera Os Ancares Lucenses, onde despois da realización do primeiro proxecto, se detectou un déficit significativo de ditas sinalizacións.

A participación saca nota

Na xornada valorouse moi positivamente a avaliación recibida polo Consello de Xestores da Rede Española de Reservas da Biosfera, un organismo participado polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente que cualifica todas as reservas da Biosfera de España en función dunha serie de indicadores. A Reserva da Biosfera Terras do Miño obtivo unha cualificación global de 75,84 puntos sobre 100, fronte á media nacional que foi de 69,74 puntos. O indicador de ‘Participación na xestión’ é no que a reserva acadou unha mellor calificación, de 100 sobre 100; seguido polo de ‘Órgano de Xestión’, cun 90 sobre 100.

A cualificación máis baixa foi a relativa á zonificación, sen embargo as actuacións que habería que realizar para mellorala non son competencia da Reserva da Biosfera, porque a zona inclúe territorios dentro da Rede Natura 2000 e a súa planificación é competencia da Administración autonómica, así como a ordenación territorial do territorio da reserva.

2015-12-22


Comenta aquí

A Deputación e a confederación hidrográfica miño-sil investirán dous millóns de euros na posta en valor de espazos fluviais da provincia

Nunha xuntanza celebrada esta mañá no Organismo Provincial acordouse redactar un protocolo de colaboración para sacar adiante os proxectos que se decidirán cos concellos, nunha mostra clara de “colaboración e bo entendemento entre administracións”.

Cada unha das institucións asumirá o 50% do investimento e prevese que no último trimestre de 2015 estean redactados os proxectos de cada actuación que se sacará adiante ao abeiro deste acordo
Candia incidiu “no importante que é restablecer a colaboración entre administracións e traballar baixo os principios de cooperación, demostrando sempre que a Deputación é a casa de todos os concellos”

Lugo, 27 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto ao presidente daConfederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, acordaron esta mañáiniciar os trámites de redacción dun protocolo de colaboración entre os dousentes e que implicará un investimento de dous millóns de euros na posta envalor de espazos fluviais da provincia.

A presidenta daDeputación explicou que cada administración asumirá o 50% do total duninvestimento que se dirixirá a actuacións na área de referencia da ConfederaciónHidrográfica Miño-Sil, para a realización de obras tales como construcións depaseos fluviais, adecuación de sendas ou áreas recreativas, entre outras. “Pequenas actuacións demandadas polosconcellos e que repercutirán na mellor saúde dos nosos ríos e na mellora dacalidade de vida dos nosos veciños”, asegurou Candia.

A responsable dainstitución informou de que as actuacións decidiranse en coordinación cosconcellos “aos que escoitaremos xa que non nos podemos esquecer do principio de autonomía local e daparticipación que se ten que dar entre esta institución e os municipios”, poloque, engadiu, “aproveitaremos cadadecisión para demostrar que a Deputación é unha casa de todos os concellos daprovincia de Lugo”.

En canto aosprazos establecidos, Elena Candia dixo que hoxe se deu orde de iniciar aredacción do protocolo de colaboración entre a Deputación e a ConfederaciónHidrográfica do Miño-Sil, que posteriormente se materializará na firma dunconvenio, e prevese que no último trimestre de 2015 “estean redactados cada undos proxectos que se desenvolverán nos municipios con cargo a este protocolo.Os destinatarios últimos son os municipios e empezaremos xa a recibir propostas”.

A presidenta dainstitución provincial explicou que esta é unha nova mostra da clara colaboracióne do bo entendemento entre administracións, ao tempo que quixo agradecer “a boadisposición do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para “sacaradiante este proxecto, que lle trasladamos dende a institución”.

Candia engadiuque “a dinamización dos pequenos concellos pasa pola posta en valor do entorno edos recursos dos nosos ríos” e fixo fincapé na necesidade de promoveriniciativas dinamizadoras do turismo e de cumprir coas obrigas medioambientais.

2015-07-29


Comenta aquí

A Deputación Defende a promoción do talento artesanal e a potenciación destes oficios a través da colaboración coa festa artesanal de ferreira de pallares

O deputado de Cultura participou na presentación da décima primeira edición desta festa, que tivo lugar esta mañá nos xardíns da Deputación.

• A localidade celebra a festa o próximo nove de agosto, e no entorno da igrexa de Ferreira de Pallares congregaranse diversos talleres de artesáns, así como postos de venda de produtos tradicionais

Lugo, 23 de xullo de 2015.- A Deputación defende a promoción do talento artesanal e a potenciación destes oficios a través da colaboración coa Festa Artesanal de Ferreira de Pallares, cuxa décima primeira edición se celebrará o vindeiro nove de agosto.

A presentación da Festa Artesanal celebrouse esta mañá nos xardíns da Deputación, durante un acto no que participaron o deputado da área de Cultura, Francisco Balado, o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, e a tenente de alcalde do Concello de Guntín, María José Gómez Rodríguez.

Francisco Balado defendeu a importancia de poñer en valor a riqueza do patrimonio artesanal que atesoura a provincia, sendo de suma importancia a potenciación destes creadores que coa súa arte e o seu traballo difunden o nome da provincia polo mundo.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, explicou que esta festa ten por obxecto poñer en valor o conxunto monástico de Ferreira de Pallares; amosar o traballo dos artesáns e fomentar a solidariedade entre a poboación rural.

Programa de actos
A actividade entorno ao mosteiro comezará ás nove da mañá coa instalación dos postos de artesáns, e a apertura ao recinto feiral será ás 11:00 horas. Durante toda a xornada haberá exposicións e venda de produtos artesanais; así como diversos talleres de talla de madeira, de forxa, de apicultura e de cestería, entre outros. O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación tamén ofrecerá talleres de cestería e scrapbooking, dirixidos especialmente a nenos.

A programación inclúe ás 13:00 horas degustación gratuíta de filloas, e o pregón será a cargo do catedrático de Filosofía, Ramón López Vázquez, ás 13:15 horas; a continuación celebrarase a misa solemne (13:45 horas), e o xantar de confraternidade terá lugar ás 14:45 horas. Ao longo de toda a xornada, haberá actuacións musicais.

2015-07-23


Comenta aquí

A Deputación de Lugo pon en valor os produtos da horta e eloxia iniciativas dirixidas a súa potenciación

A presidenta de Deputación de Lugo, Elena Candia, asistiu esta mañá á presentación do programa do Mercado das Carmiñas e da Festa da Ensalada, que se celebrarán o sábado 25 de xullo en Mondoñedo

Elena Candia amosou o compromiso e colaboración da administración de Lugo co sector primario e anunciou unha forte aposta polo “campo e pola necesaria explotación destes recursos, como son os produtos que se exaltan neste mercado tradicional”.

Venres, 17 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, puxo en valor os produtos da horta e eloxiou as iniciativas dirixidas á súa potenciación. Fixo estas declaracións no marco da presentación do programa do Mercado das Carmiñas 2015, que inclúe a celebración da Festa da Ensalada, e que se celebrará o 25 de xullo en Mondoñedo.

A presidenta da institución lucense asegurou que a Deputación de Lugo manterá un forte compromiso de colaboración e de implicación co sector primario e, neste senso, anunciou que fará unha aposta polos “produtos do campo e pola necesaria potenciación destes recursos”. Nestes senso, a dirixente popular resaltou a importancia e a calidade da horta en Mondoñedo e, cuxos produtos, se exaltan neste mercado tradicional.

O Mercado das Carmiñas é unha iniciativa da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), e que naceu co obxectivo de recrear os mercados de antes, “que merecían a pena”, -explica Candia-, e aos que acudían os veciños de xeito continuado e masivo. “Mondoñedo recordando o seu pasado, pero facendo valer o seu presente que está vivo e máis vivo que nunca, recupera estes mercados tradicionais”.

Dende a organización desta iniciativa explican que o Mercado das Carmiñas débelle o seu nome á muller prototipo da aldea “cariñosa, entrañable e sempre voluntaria que baixaba coas súas irmáns ver os mercados de Mondoñedo”.

Programa
O Mercado das Carmiñas inaugurase o sábado 25 de xullo, ás 11:00 horas na Praza da Catedral; mentres que as 12:00 horas comeza na Praza do Concello a Festa da Ensalada, durante a que se celebrará unha degustación de ensaladas con produtos típicos da horta mindoniense nos locais de hostalería da localidade e na Praza do Concello. A maiores, terá lugar un concurso con premios para as tres mellores ensaladas.

Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú na Praza do Concello amenizada por Joe Carey, e ás 15:00 horas será o remate do Concurso de Ensaladas. Así, dende a organización explican que para poder desfrutar da degustación de ensaladas na Praza do Concello, no stand da ACIAM venderanse os pratos para dito evento.

Xa pola tarde, ás 19:00 horas, para os máis pequenos da casa, terá lugar a actuación de Mircromina Titeres na Praza da Catedral. Ás 21.00 horas, celebrase a clausura do Mercados das Carmiñas 2015, e ás 22:00 horas procederase a entrega de premios do Concurso de Ensaladas.

Por último, ás 22:30 horas, terá lugar a Gran Queimada Popular na Praza da Catedral (durante toda a xornada no stand da ACIAM tamén estarán á venda as tazas para a degustación da queimada).

No acto de presentación ademais de Elena Candia interviu o presidente da ACIAM de Mondoñedo, Ángel José Marful, e estiveron tamén presentes o seu vicepresidente e secretario.

2015-07-21


Comenta aquí

Un manto ‘verdiblanco’ prueba la salud del Miño, con 133 especies protegidas

Grandes mantos ‘verdiblancos’ cubren el Miño en Lugo desde hace unas semanas en una estampa que llama la atención por su belleza y porque pocas veces es tan espectacular, al menos en esta época. Debido al precedente de la alga invasora azolla, la imagen del río provocó alarma en más de un ciudadano, pero esta vez la preocupación está injustificada. Lejos de ser un problema, la planta que en este momento tapa grandes trozos de río es una prueba de que el cauce goza de buena salud. Muy buena si se compara con otras zonas y otros ríos. «O Miño dende Nadela para riba é, xunto co tramo internacional, xa case na desembocadura, o treito de río con máis biodiversidade de Galicia. O que ten agora é o que ten que ter nesta época, só que este ano vese máis porque choveu pouco e o río leva pouca agua», explica el botánico Pablo Ramil, director del Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader).
La planta en cuestión es la Ranunculus petaltus, conocida como botón de oro flotante o, en gallego, ouca. Tiene dos clases de hojas, las que se sumergen en el agua, con muchos hilos, y las que nadan sobre la superficie, de forma redondeada, y pequeñas flores blancas. Su presencia indica buena calidad de las aguas y a la vez es garantía de que el río siga teniendo vida. Hace de filtro y refugio de especies, muchas de ellas protegidas o en peligro de extinción. Bajo ella crecen alevines de truchas y pez espinoso, entre otras especies.

2015-07-06


Comenta aquí

Arranca o III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

- Con esta iniciativa o organismo provincial impulsa a creación de empresas medioambientalmente sostibles, aproveitando ao máximo os recursos naturais e patrimoniais da provincia de Lugo.

- Grazas ao Campus, co que os participantes reciben asesoramento gratuíto co que coñecen a viabilidade dos seus modelos de negocio, creáronse máis de 10 empresas novas.

- O prazo de inscrición para participar nas accións formativas gratuítas xa está aberto no telefono 982-227-812 ou na páxina web www.deputacionlugo.gal

Arranca o III Campus de Emprendemento Sostible co que a Deputación de Lugo crea emprego e combate o despoboamento do rural. A través desta iniciativa o organismo provincial impulsa a creación de empresas responsables co medio ambiente, aproveitando ao máximo os recursos e a riqueza natural da provincia de Lugo.

O Campus consiste en 6 accións formativas gratuítas encamiñadas a coñecer a viabilidade dos modelos de negocio dos lucenses. Estas accións distribúense en dous grupos; por unha banda, o campus de motivación e e xeración de ideas, na que os participantes reciben asesoramento técnico, administrativo... e por outro; o campus de maduración empresarial, dirixido a persoas que xa teñen o seu modelo de negocio máis avanzado.

Coas anteriores edicións, xa se crearon máis de 10 empresas na provincia, todas elas relacionadas coa agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, consultora de obra civil, horticultura ecolóxica, educación ambiental, explotación ecolóxica, turismo rural e produción artesanal, entre outras. Co Campus de Emprendemento Sostible, que serviu tamén de lugar de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación gratuíta a máis de 120 veciñas e veciños.

Datas e lugar de celebración

Campus de motivación e xeración de ideas:

1 ao 4 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

8 ao 11 de xuño no Centro de Interpretación Ancares – Cervantes, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

15 ao 18 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

Campus de maduración da idea empresarial

29 de setembro ao 1 de outubro no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

19 ao 22 de outubro no Centro de Interpretación Ancares – Cervantes nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

26 ao 29 de outubro no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 16:00 a 20:00 h

Como participar

O prazo de inscrición para participar no III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación está aberto no teléfono 982-227-812 ou na páxina web www.deputacionlugo.gal

2015-05-19


Comenta aquí

Preto de 500 prazas gratuítas para participar nas actividades do II Trimestre de Terras do Miño

- Cursos de rastreo, obradoiro de cervexa artesá, ou elaboración de conservas artesanais son soamente algunhas das propostas medioambientais organizadas ata o mes de xuño.

- As actividades, todas gratuítas e de carácter lúdico, están deseñadas en función das idades dos participantes, habendo propostas para nenos, mozos e familias.

- Os interesados poden inscribirse xa na web www.deputacionlugo.com, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade.

A Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a programación de actividades medioambientais do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, na que poderán participar, de xeito gratuíto, preto de 500 persoas de todas as idades.

Sonsoles López destacou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”. A Deputada lembrou que “ofrecemos esta nova programación debido ao interese que espertan este tipo de iniciativas pois, no 2014, participaron nelas máis de 1500 persoas de todas as idades”.

López afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

O Centro de Interpretación Terras do Miño da Deputación comezará o vindeiro domingo 12 de abril as actividades lúdicas e medioambientais deseñadas para o 2º trimestre deste ano, nas que poderán participar preto de 500 persoas de xeito totalmente gratuíto. A programación, que se desenvolverá entre os días 12 de abril e 28 de xuño, está dividida en cinco grupos: conferencias, actividades para familias, actividades para nenos e nenas, para adultos e, finalmente, roteiros.

Programación de actividades

O calendario das actividades programadas son:

Conferencias:

-O día 14 de maio terá lugar a conferencia sobre o Estudo etnomedicinal da Serra do Caurel: Sabedoría e tradición, impartida pola Dra. María Moure, para un número máximo de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño ás 19:30 horas.

-O día 18 e xuño haberá outra conferencia: Biomímesis: innovación inspirada na natureza, nas mans de Marta Rois, contando cun total de 40 prazas ás 19:30 horas. O lugar no que se celebrará é o Centro de Interpretación.

Para as familias:

-O 24 e 25 de abril está prevista a actividade Obradoiro de micoloxía medio ambiente, dirixida a un total de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño. O venres terá lugar a conferencia do Dr. Julián Alonso Díaz ás 19:30 horas e o sábado organizarase unha saída ó campo para unha recollida simbólica de lixo de 10:00 a 14:00 horas.

-O 23 e 24 de maio está programada a actividade Curso de rastreo, para un máximo de 20 participantes, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

-O 27 e 28 de xuño o Cento de Interpretación acollerá Actividades de relaxación e contacto coa natureza, destinadas a un total de 40 adultos e 16 nenos ou nenas entre as 11:00 e as 14:00 horas.
Para os máis pequenos:

-O 23 e 24 de xuño terá lugar a actividade Biosferas e biosferos, para 25 participantes de entre 8 e 12 anos no Centro de Interpretación Terras do Miño.

-O día 25 de xuño comeza a actividade “Divertirse e imaxinar coa natureza”, no C.I. Terras do Miño de 10:30 a 12:30 horas para un máximo de 15 participantes de 6 a 10 anos.

Para adultos:

-O día 18 de abril está programada a actividade “Curso de iniciación ao enxerto” no Centro de Interpretación para un total de 15 participantes de 10:00 14:00 horas.

-O 16 de maio terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño a actividade “Elaboración de conservas artesanais” para 20 persoas de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.

-Por último para o mes de maio, o día 30 dará comezo a “Elaboración de licores” no C.I. Terras do Miño. Esta actividade está dirixida a 20 persoas como máximo de 9:00 a 14:00 horas.

-Os días 6 e 13 de xuño terá lugar o “Obradoiro de cervexa artesá e defectos da cervexa” para un total de 30 participantes no Centro de Interpretación. O horario para o día 6 será de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00. O 13 de xuño será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Roteiros:

-O 12 de abril dará comezo o Roteiro polo Xistral, ás 9:00 horas para un máximo de 50 participantes.

- O día 10 de maio o Roteiro pola Ulloa, sairá ás 9:00 horas. Esta actividade acolle a 50 persoas en total.

-Finalmente, o 28 de xuño o “Roteiro polo Vicedo” dará comezo ás 9:00 horas para un total de 50 participantes.

2015-04-07


Comenta aquí

103 acivros para conmemorar os Días da Árbore e da Auga

- Máis de 10.000 nenas e nenos de centros educativos de toda a provincia celebraron a xornada para reivindicar a importancia de coidar a auga e os bosques.

- Sonsoles López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos”.

- A árbore escollida nesta ocasión foi o acivro, catalogada como especie protexida A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, estivo hoxe no CEIP de Meira para acompañar aos escolares do centro que hoxe participaron nos actos organizados pola Deputación para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga. Para iso, os rapaces meirenses plantaron, ao mesmo tempo que os doutros 102 centros educativos da provincia, o mesmo número de acivros, dos que a partires de agora se encargarán de coidar os máis de 10.000 nenas e nenos lucenses que hoxe os plantaron.

López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos e impulsamos que se establezan este tipo de iniciativas nas primeiras etapas escolares”. A Deputada puxo en valos a aposta de Deputación por organizar programas e proxectos que poñan en valor a riqueza natural e patrimonial da provincia, afondando no coidado e respecto ao medio”.

Deste xeito, ás 12:00 horas, máis de 10.000 nenos e nenas de práctica totalidade dos centros escolares da provincia plantaron, de xeito simultáneo, un acivro que posteriormente regaron todos xuntos por vez primeira.

Con esta programación, incluída dentro dos actos do Festival da Biosfera, o organismo provincial aposta pola concienciación medioambiental, baseada en valores de coidado e respecto ao medio natural, como unha das liñas de traballo do ente provincial.

2015-03-19


Comenta aquí

Máis de 10.000 nenas e nenos participarán na celebración dos Días Mundiais dos Bosques e da Auga

- Esta iniciativa inclúese nesta ocasión na programación do Festival da Biosfera, co que a Deputación ofrece ducias de actividades gratuítas para poñer en valor a importancia do medio natural.

- Un total de 103 colexios de toda a provincia plantarán un acivro de xeito simultáneo nas contornas dos centros. Destes, máis de 50 colexios participan por 4 ano consecutivo.

- A árbore escollida é o acivro, propia de zonas montañosas do centro e interior de Galicia e catalogada como especie protexida.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, participará este xoves nos actos organizados pola Deputación para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga, e nos que participarán máis de 103 centros educativos de toda a provincia plantando árbores. Esta actividade, que se celebra por cuarto ano consecutivo con enorme éxito, englóbanse nesta ocasión dentro da programación de actividades do Festival da Biosfera da Deputación.

Así, este xoves a partires ás 12:00 horas, máis de 10.000 nenos e nenas de práctica totalidade dos centros escolares da provincia plantarán, de xeito simultáneo, un acivro, que posteriormente regarán todos xuntos. Como complemento a esta actividade, tamén elaborarán contos sobre o ciclo da auga, os bosques, e a súa importancia para a riqueza medioambiental da provincia.

Nesta ocasión, a árbore escollida foi o acivro. Unha especie típica das zonas montañosas do centro e interior de Galicia que forma parte da listaxe de especies protexidas.

A través deste tipo de iniciativas, a Deputación fomenta a concienciación medioambiental en todas as idades, ensinando valores encamiñados a manter e preservar os recursos naturais e aprender a súa importancia para a riqueza da provincia.

Outras actividades do Festival da Biosfera

Xoves, 19 de marzo:

- Presentación do libro A aventura de vivir. O carballo de Carlos Silvar, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.

- Actividade infantil A barca dos contos, na Praza de Augas Férreas ás 12:00 horas.

Sábado, 21 de marzo:

- As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

- Obradoiro de poesía ambiental, ás 12:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.

- Presentación do libro a Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez, ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.

- Recital poético Cearte Lugo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.

Domingo, 22 de marzo:

- Visita guiada O ciclo da auga na cidade, con saída ás 11:30 horas desde a Praza de Ferrol.

Luns, 23 de marzo

- Os mares doces de Galicia, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.

Martes, 24 de marzo:

- Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, o no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.

Mércores, 25 de marzo:

- Proxecto Ríos, no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.

- Asolagados, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Xoves, 26 de marzo:

- Fundador de bosques, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Venres, 27 de marzo:

- Presentación de libro O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.

Sábado, 28 de marzo:

- Conversa Auga e desenvolvemento sostible, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

- A barca dos contos, na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.

Domingo, 29 de marzo:

- Os bosques de ribeira. O río Mera, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.

Exposicións: do 14 ao 29 de marzo

- Peixes, pescadores e pesqueiras, de 07:00 a 20.00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.

- O Miño, río e xentes 1900-1930, de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no escaparate da Farmacia da Cruz.

Máis información en www.deputacionlugo.gal ou www.festivaldabiosfera.org

2015-03-18


Comenta aquí

A Deputación organiza o primeiro Festival da Biosfera do 14 ao 29 de marzo na cidade de Lugo

- O organismo provincial organiza este evento, de carácter científico, social e artístico, para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga, así como o Día Mundial da Poesía.
- Sonsoles López Izquierdo destacou que “iniciativas como esta axudan a concienciar á cidadanía sobre a importancia de preservar e difundir os enormes recursos da biosfera”.
- Máis información sobre as actividades e inscricións na web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 609 242 112. O prazo xa está aberto.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do director de Ouvirmos, José Manuel Aldea Moscoso, presentou hoxe, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a programación de actividades que o organismo provincial realizará no primeiro Festival da Biodiversidade, que terá lugar en Lugo entre os días 14 e 29 de marzo. O evento ofrecerá unha serie de actividades gratuítas e para todos os públicos, entre as que haberá conferencias de expertos, visitas guiadas, actividades infantís, proxeccións audiovisuais e actividades sociais.

O prazo de inscrición está aberto, no número de teléfono 609 242 112 ou na páxina www.deputacionlugo.gal, onde está dispoñible toda a información sobre horarios, datas e lugares entre outros.

Dentro da programación do festival destacan os días 21 e 22 de marzo, cando se conmemorará o Día Mundial da Poesía coa celebración do recital poético CEARTE Lugo; o Día Internacional dos Bosques, cun obradoiro de poesía ambiental e o Día Mundial da Auga, no que se realizará unha visita ás dependencias municipais onde se xestiona este ben.

Programación:

O Festival da Biosfera está composto por un total de 24 actividades. Así, as conferencias programadas son as seguintes:

- Proxecto Ríos, que terá lugar o 25 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.
- Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrará o 24 de marzo no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.
- Soutos de Castiñeiros, o 17 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- Fundador de bosques, o 26 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Tamén haberá conversas temáticas:

- Reservas da Biosfera e desenvolvemento sostible, o sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
- As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, o 21 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques, ás 12:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.
- Auga e desenvolvemento sostible, o 28 de marzo, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.

Actividades infantís:

- A barca dos contos, haberá tres edicións, os días 14, 20 e 28 de marzo na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.
- Obradoiro de poesía ambiental, o 21 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Visitas guiadas:

- O ciclo da auga na cidade, os días 15 e 22 de marzo, con saída ás 11:30 horas dende a Praza de Ferrol.
- Os bosques de ribeira. O río Mera, o 29 de marzo, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.

Proxeccións audiovisuais:

- Os mares doces de Galicia, o 23 de marzo, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.
- Asolagados, o 25 de marzo, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

“Experiencias inspiradoras”:

- Ríos con vida. Pesca sen morte, o 16 de marzo ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos.
- Embarcacións tradicionais do Miño, o 18 de marzo na Galería Sargadelos, ás 19:30 horas.

Presentación de libros:

- A aventura de vivir. O carballo, de Carlos Silvar, o día 19 de marzo, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez,o 21 de marzo ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño
- O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, o 27 de marzo ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.

Exposicións:

- Peixes, pescadores e pesqueiras, do 14 ao 29 de marzo de 7:00 a 20:00 horas, no Mercado Municipal de Lugo
- O Miño, río e xentes 1900-1930, do 14 ao 29 de marzo, de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no escaparate da Farmacia da Cruz.

Poesía:

- Cearte Lugo, recital poético; o 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.

Actividades cos colexios

Os días 21 e 22 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Auga e o Día Internacional dos Bosques, 103 centros da provincia participarán nun obradoiro de contos e na plantación de árbores. Os alumnos de primaria elaborarán contos sobre árbores, e os de infantil sobre o ciclo da auga. O 19 de marzo, as nenas e nenos plantarán un acivro no patio dos centros, que regarán por primeira vez entre todos.

Inscricións

O prazo de inscrición para as actividade do Festival da Biosfera xa está aberto no telefono 609-242-112 e na páxina www.deputacionlugo.gal onde se atopa máis información sobre datas, horarios e lugar de celebración entre outros. É preciso inscribirse previamente na visita guiada O ciclo da auga na cidade; os Bosques da Ribeira. O río Mera, para o Recital Poético e para o Obradoiro de poesía ambiental, pois contan cun número limitado de prazas.

2015-03-11


Comenta aquí

A Deputación destina 80.000 euros a renovar o club fluvial de Begonte e dotar dunha pasarela peonil ao de Baamonde

- Gómez Besteiro anunciou os investimentos, que impulsarán as actividades de lecer destes dous centros asociativos de referencia do Concello, que suman máis de 600 socios, e servirán para atraer máis visitantes á zona.
- O organismo provincial leva investido 5 millóns de euros na dotación e mellora de servizos e infraestruturas do municipio chairego dende hai 8 anos.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este domingo que o organismo provincial achegará 80.000 euros para actuacións de mellora nos clubs fluviais de Begonte e Baamonde, dous centros de referencia da actividade asociativa e de lecer do Concello begontino, que reúnen a máis de 600 socios e atraen a ducias de persoas, sobre todo na tempada de verán. Estes complexos, ademais de áreas recreativas, ofrecen numerosas actividades, como tiro con arco, baixada en kaiak, paintball ou Fútbol 7.

Por unha banda, a Deputación destinará 39.900 euros ao Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) de Begonte para executar obras de mellora no edificio de usos múltiples do club fluvial. Gómez Besteiro coñeceu as instalacións nas que se acometerán os traballos, que consistirán na renovación do edificio que acolle a cafetería e os servizos de duchas e vestiarios. As actuacións estarán rematadas previsiblemente antes do mes de outubro. Trátase dunha axuda máis da Deputación na posta en valor deste espazo, que na tempada de verán, e cando a meteoroloxía é boa, recibe unha media diaria de 150 persoas.

A institución lucense financiou con outros 30.000 euros a execución dun plan integral de mellora no club fluvial de Begonte, a través do que se levaron a cabo melloras no parque infantil, no espazo deportivo e na zona de recreo.

Por outra banda, a Deputación concederá 39.000 euros ao Centro Recreativo, Cultural e Deportivo (CERCUD) de Baamonde para construír no club fluvial unha pasarela peonil sobre o río Parga, unhas instalacións que tamén visitou hoxe Gómez Besteiro. A estrutura facilitará o acceso a unha zona de lecer nunha carballeira. O proxecto xa conta cos permisos oportunos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O Presidente subliñou que esta nova colaboración económica de 80.000 euros servirá para impulsar as actividades de lecer destes dous centros de referencia do Concello e atraer máis visitantes á zona. Son obras “cunha profunda relevancia social, que melloran a calidade de vida dos veciños e contribúen a atraer máis xente ao noso rural para gozar de actividades de lecer, o que axuda a algo tan urxente hoxe na provincia como é facer máis vivas e acolledoras os nosos pobos para fixar poboación”, asegurou Besteiro.

Casa escola de Carballido

Gómez Besteiro tamén supervisou hoxe a primeira fase das obras de rehabilitación acometidas na Casa Escola de Carballido cunha achega de 5.000 euros da Deputación a través do Plan de Comunidades Veciñais, programa grazas ao que as agrupacións veciñais e asociacións de Begonte recibiron dende o ano 2007 preto de 220.000 euros para melloras de camiños e outras dotacións sociais, como escolas rurais, locais sociais, centros culturais e instalacións recreativas.

5 millóns de euros en Begonte

Todas estas actuacións forman parte dos investimentos por valor de preto de 5 millóns de euros que a Deputación leva realizado no Concello de Begonte nos últimos 8 anos, tanto a través do Plan de Comunidades Veciñais, como do Plan de Obras e Servizos, grazas ao que se instalou unha EDAR na parroquia de Bóveda, se ampliaron as redes de saneamento nos núcleos de Carral, Saavedra e Os Trollos, e se dotou de alumeado público aos de Saavedra, Mato e Devara. A Deputación mellorou o abastecemento de auga de Begonte, construíu os accesos ao polígono industrial, acondicionou o firme do cinto comarcal da N-VI á L-541 e reformou o centro cultural da localidade, ademais de ampliar as redes de saneamento de Quitimil, Illán e Saavedra. Entre outras actuacións, tamén dotou de acceso libre e gratuíto a Internet á praza do Concello, a través do plan Innova-TE.

2015-03-08


Comenta aquí

O Mazo de Santa Comba reabre as súas portas

- O conxunto etnográfico dedicado á auga conta con diversos paneis informativos con explicacións detalladas sobre o funcionamento dos enxeños que alberga.

- A Deputada salientou que “con estas últimas actuacións, reforzamos o papel do Mazo de como espazo lúdico-didáctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural”.

- O organismo provincial converteu ao centro etnográfico nun espazo autosuficiente instalando unha turbina que xera electricidade completamente “verde” coa forza da auga.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este sábado, acompañada de ducias de veciños da zona, o renovado Mazo de Santa Comba, o conxunto etnográfico do organismo provincial dedicado á forza motriz da auga. O Mazo, recuperado pola Deputación no ano 2002, conta agora con numerosos paneis informativos que dan conta das características e importancia dos enxeños que se expoñen no centro etnográfico.

Sonsoles López destacou que “con estas últimas actuacións, reforzamos o papel do Mazo como espazo lúdico-didáctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural”. A Deputada valorou que este centro de traballo foi, no seu tempo, “un punto clave para o desenvolvemento económico e social da zona e que marcou un antes e un despois nos traballos do rural”.

Durante a xornada, que incluíu unha visita guiada polas instalacións na que se descubriron os novos paneis informativos que visten o centro, os participantes coñeceron de primeira man o funcionamento do muíño, do mazo, da serra ou da moa de afiar, mecanismos accionados pola forza da auga e que significaron, no seu tempo, un pulo importante na economía local.

O ano pasado, a Deputación, no marco da súa aposta polas enerxías renovables para conservar o medio ambiente e reducir custes, instalou unha turbina hidráulica que aproveita a enerxía cinética e potencial da auga do río Chamoso, convertendo ao Mazo nunha instalación autosuficiente enerxeticamente.

Outro dos factores positivos desta mellora é que a enerxía producida é “verde”; pois non impide o aproveitamento da zona fluvial; regula o caudal de auga e non consume recursos, posto que toma auga nun punto e devólvea ao río integramente. Con esta medida, o centro etnográfico aforra ao redor de 20.000 euros ao ano na factura eléctrica.

Centro de referencia

O Mazo de Santa Comba atópase dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, territorio protexido que comprende unha superficie de 363.669 hectáreas de 26 municipios lucenses, ocupando un 39% do territorio, convertendo a Lugo na provincia con maior superficie declarada reserva pola UNESCO.

Este conxunto etnográfico está situado ás beiras do río Chamoso e confórmano varias edificacións construídas artesanalmente nas que a auga é empregada como forza motriz dos mecanismos como o muíño, o mazo, a serra e a moa de afiar. O Mazo de Santa Comba abastecía con apeiros de labranza aos labregos e coas mellores fouces de sega a Castela, destino tamén dos galegos na época de colleita.

2015-03-07


Comenta aquí

Intensa fin de semana “verde” da Deputación no Centro de Interpretación Terras do Miño, Mazo de Santa Comba e Casa das Insuas

- Conferencias sobre compostaxe caseira; actividades ao aire libre para nenos, visitas teatralizadas e roteiros son algunhas das actividades gratuítas que o organismo provincial celebra entre o 5 e o 8 de marzo nestes tres centros.
- Os interesados en participar poden atopar máis información e reservar as súas prazas en www.deputacionlugo.gal, ou nos teléfono 982 227 812; 630 948 293 e 600 034 907

A Deputación de Lugo ten organizada unha fin de semana “verde”, chea de numerosas actividades totalmente gratuítas para participantes de todas as idades. Os días 5, 6, 7 e o de marzo o Centro de Interpretación Terras do Miño, o Mazo de Santa Comba e a Casa das Insuas acollerán conferencias; visitas teatralizadas; obradoiros para nenos ou roteiros para familias, entre outras, co obxectivo de dar a coñecer aos lucenses a riqueza natural e patrimonial da provincia e concienciar acerca da importancia da súa conservación. Toda a información sobre estas actividades pode atoparse na web www.deputacionlugo.gal.

O Centro de Interpretación Terras do Miño (CITM) acollerá o día 5 de marzo, a partires das 19:30 horas, a conferencia Xestión de residuos orgánicos: a compostaxe, que ofrecerá o experto en agricultura ecolóxica Carlos Brea. A evolución e estadíos da compostaxe; os materiais máis axeitados; os factores que inflúen no proceso de compostaxe ou recomendacións de uso en especies hortícolas son algúns dos contidos que se abordarán na xornada.

O 7 de marzo , de 11:00 a 14:00 horas, neste mesmo Centro celebrarase un obradoiro gratuíto pensado para nenos de 6 a 12 anos, ¿Coñeces a teus veciños do río Rato?. Consta de varias partes, tanto teóricas como prácticas, coas que as nenas e os nenos aprenderán o significado de termos como especie, poboación, comunidade ou ecosistema; aprenderán sobre a fauna autóctona con xogos de fichas con animais e, para finalizar, realizarán un paseo orientado á busca de pegadas e rastros. Para máis información e inscricións, os interesados poden entrar na web citada ou ben contactar telefonicamente no número 982 227 812.
Mazo de Santa Comba
Por outra banda, o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba, dedicado á forza motriz da auga, acollerá diferentes eventos pensados para públicos de calquera idade, que arrincarán o sábado 7, ás 17:00 horas, cunha visita guiada que rematará cunha proxección audiovisual, totalmente gratuíta e de acceso libre ata completar aforo.

O domingo 8 de marzo, lucenses de calquera idade poderán coñecer polo miúdo o Mazo grazas a unha novidosa actividade: unha visita teatralizada, que dará comezo ás 17:30 horas. A participación está limitada a 15 persoas.

Os que o prefiran poderán realizar dous roteiros pola zona, Lendas do Mazo, que tamén están limitadas á participación de 15 persoas en cada quenda, e as cales comezarán ás 11:00 e as 12:30 horas. Ademais destas dúas actividades, a programación no Mazo continúa coas habituais visitas e rutas. O sábado 7 de marzo, as visitas guiadas darán comezo ás 16:00 e ás 17:30 horas, e as rutas interpretadas ás 16:30 e ás 18:00 horas. Estas actividades tamén se celebran o domingo 8, malia que neste caso as rutas comezarán ás 11:30 e ás 16:30 horas, e as visitas ás 10:30, ás 12:00 e ás 16:00 horas.

Os interesados en coñecer máis polo miúdo o conxunto do Mazo de Santa Comba, no que se poden observar en funcionamento diferentes enxeños movidos pola auga (a presa e as comportas para desviar a auga do río; unha pesqueira; un muíño con dúas parellas de pedras de moer de granito; un mazo para traballar o metal; unha serra para cortar grandes pezas de madeira, e unha moa de afiar), poderán informarse e reservar a súa praza no teléfono 600 034 907 ou en www.museomazodesantacomba.org

Casa das Insuas

O 8 de marzo, ás 10:00 horas, será a Casa das Insuas o escenario da actividade gratuíta para familias Inventario colectivo de Aves de Galicia, na que os participantes farán visitas á Lagoa de Cospeito e á de Caque, principais refuxios na Terra Chá das aves invernantes e coa que poderán aprender acerca da importancia das zonas húmidas para as aves migratorias. Recoméndase levar roupa de abrigo, calzado axeitado, aparellos ópticos e coche propio para o desprazamento. Os interesados en participar nesta actividade en concreto poden dirixirse ao enderezo custodiadoterritoriogmail.com ou o teléfono 630 948 293.

2015-03-05


Comenta aquí

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Coa exposición Mans de Ferro, que reuniu unhas 150 pezas de 31 ferreiros lucenses, a Deputación rendeulle homenaxe a un oficio “que pode ofrecer moitas alternativas de futuro”.

Unhas mil persoas interesáronse polo traballo dos ferreiros da provincia en “Mans de ferro”. Trátase da exposición de acceso gratuíto que durante un mes e medio e ata hoxe acolleu a Capela de Santa María. A mostra, centrada na figura dos ferreiros e nas súas distintas xeracións, reuniu unhas 150 pezas elaboadas por 31 artesáns da provincia, o maior de 93 anos e o máis mozo de 32, así como de 2 afiadores. A maiores, incluía un recoñecemento ás mulleres dos ferreiros, partícipes do seu traballo.

Entre o milleiro de persoas interesadas na ferraría que se achegaron á Capela para ver a exposición, destaca a visita da Asociación Contra o Cancro de Guitiriz, na que participaron unhas corenta persoas.

Coa mostra Mans de ferro, a Deputación rende homenaxe a un “oficio en certo declive, pero que aínda segue vivo, sendo capaz de ofrecer moitas alternativas de futuro, como a elaboración de elementos decorativos ou ornamentais”, tal e como subliñou a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez.

Entre as pezas que se poideron ver, atopábanse fouciños de hai preto de 60 anos, un dos instrumentos de labranza que os ferreiros lugueses vendían aos agricultores de Castela para segar o trigo, así como coitelos ou navallas de diferentes tamaños. As pezas expostas estaban acompañadas dunha fotografía do ferreiro creador, todas elas realizadas por José Salgado, un dos comisarios da mostra.

2015-03-01


Comenta aquí

Remata o Showcooking da Deputación cunha xornada de cociña tradicional en Guitiriz

- O Restaurante Os Mesones acolle este xoves a derradeira das clases maxistrais de cociña que a institución levou a 11 localidades diferentes, co obxectivo de potenciar a comercialización dos produtos autóctonos e favorecer o turismo gastronómico.
- Regina Polín participará na cita de hoxe, na que a chef Esther Martínez elaborará arroz caldoso con polo, polo con setas á prancha e galletas con queixo e marmelo.
- A institución luguesa puxo en marcha en xaneiro esta iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, para mostrar “o potencial turístico da cociña de proximidade”.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participará este xoves na duodécima xornada do Showcooking Cociña Autóctona, que organiza o organismo provincial. Esta será a derradeira destas citas coas que a Deputación busca potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa ao tempo que se favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico. A xornada terá lugar en Guitiriz, no Restaurante Os Mesones, un establecemento de recente apertura situado nun antigo edificio guitiricense coñecido como Casa Santiago, onde os participantes aprenderán as posibilidades culinarias dos produtos chantadinos na cociña tradicional.

A chef local Esther Martínez Prado, cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos de experiencia, será a encargada de clausurar o Showcooking Cociña Autóctona, que durante os meses de xaneiro e febreiro lles amosou aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente proveedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento xa que non é necesario un transporte excesivo.

Como en todas as ocasións, os produtos cos que traballará a chef son da provincia luguesa, nesta ocasión procedentes do Concello de Chantada. Os participantes nesta sesión empregarán carne de ave do Pazo de Sabadelle para cociñar, como primeiro prato, arroz caldoso con polo e, de segundo, polo con setas á prancha. Licores e Oruxos Augavella e Galletas da Veiga subministrarán os produtos necesarios para a sobremesa: galletas con queixo e marmelo acompañadas de augardente e licores. Ao finalizar a sesión, os participantes catarán o menú preparado.

Esta cita será a derradeira masterclass de cociña do Showcooking Cociña Autóctona que a Deputación levou a 11 localidades de toda a provincia, onde os participantes aprenderon, da man de prestixiosos profesionais, a cociñar variadas receitas tanto tradicionais como innovadoras. As citas tiveron lugar na Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro, Begonte, Outeiro de Rei, Foz, Ribadeo, Chantada, Lugo e esta tarde en Guitiriz. En todas elas se empregaron produtos autóctonos de todas as zonas da provincia, principalmente aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com, como por exemplo marisco e pescado da Mariña, carne de cachena do interior ou queixo da Montaña.

A Deputación puxo en marcha esta iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, para fomentar entre os profesionais do sector hostaleiro o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos propios de cada zona para impulsar o sector.

2015-02-26


Comenta aquí

Sonsoles López e unha trintena de alumnos da Facultade de Maxisterio plantan carballos para impulsar o Día da Árbore

-Esta actividade, que se complementa cunha charla a cargo do Catedrático de Ciencias da Educación, Uxio Otero, está dirixida a fomentar entre os futuros docentes a celebración do día da Árbore.
-López destacou que “con esta iniciativa impulsamos na comunidade educativa a importancia de facer actividades cos máis pequenos, que poñan en valor a riqueza natural e patrimonial que nos rodea”.
- A Deputación celebra todos os anos actividades cos colexios para conmemorar o Día da Árbore, que ten lugar en marzo, e nas que participaron o ano pasado máis de 10.000 alumnas e alumnos.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada de máis dunha trintena de alumnas e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Lugo, plantaron este mércores varios carballos nas inmediacións do Centro de Interpretación Terras do Miño, co fin de fomentar na comunidade educativa a importancia da celebración do Día da Árbore entre os máis pequenos, que se conmemora o 21 de marzo.

Sonsoles López valorou que “o coidado e respecto polo medio ambiente é un aspecto que debe estar incluído nos proxectos educativos dos colexios nas primeiras etapas escolares”. A Deputada valorou que “con esta iniciativa axudamos a que os futuros formadores entendan a importancia de celebrar datas como esta, que poñen en valor a riqueza natural e patrimonial que nos rodea, afondando no coidado e respecto do medio”.

Esta actividade, que se celebrou a media mañá, estivo precedida por unha conferencia a cargo do Catedrático en Ciencias da Educación, Uxio Otero Urtaza, que levou o nome de O día da árbore: unha vella e fermosa tradición escolar, na que se reforzou a idea da importancia de incluír actividades desta natureza na programación das nenas e nenos, co fin de conseguir crear unha sociedade realmente comprometida co medio ambiente.

A Deputación suma cada ano unha maior participación nas actividades programadas do Día da Árbore. Mostra disto é que no 2014 máis de 10.000 os alumnos de 97 colexios da provincia adheríronse á programación da Área de Medio Ambiente deseñada para este día.

2015-02-25


Comenta aquí

Pratos informais cun estilo gastronómico innovador na penúltima xornada do Showcooking da Deputación

- A Escola de Hostalería de Lugo acolle este martes a 11ª xornada, á que asistirá a Vicepresidenta Segunda e o Alcalde de Lugo, onde os participantes elaborarán de xeito tradicional pero cun toque moderno lasaña, pescada e semur de carne de raza cachena.
- A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, mostra “o potencial turístico da cociña de proximidade” a través de xornadas gratuítas de cociña.
- O organismo provincial pechará este xoves o ciclo de clases maxistrais de cociña no restaurante Os Mesones de Guitiriz.

O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación chega esta tarde a Lugo tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro, Begonte, Outeiro de Rei, Foz, Ribadeo e Chantada co obxectivo de potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa ao tempo que se favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Nesta ocasión, o local encargado de acoller esta clase maxistral de cociña será a Escola de Hostalería de Lugo, ubicada no IES Sanxiallao, lugar de formación dos futuros chefs e profesionais do mundo da hostalería da provincia luguesa. A partir das 17:00 horas, os chefs Jacobo Santeiro, Diego Martínez, Fran Fernández e Adrián Salgado, cociñeiros do restaurante O Mercado Street Food, amosaranlle aos participantes a combinar a elaboración de pratos informais cun estilo gastronómico innovador, empregando produtos autóctonos da provincia.

Nesta masterclass, a undécima do Showcooking, os participantes aprenderán a elaborar un primeiro prato de lasaña thai de carne de raza cachena, pementos e bechamel de cilantro e un segundo de pescada curada en sal asada en folla de banano con crema de gazpacho picantes katsuobushi e pan de gambas especiado. Para rematar, os chefs prepararán semur de vaca cachena cun toque mexicano. Como en todas as anteriores xornadas, ao rematar a clase os asistentes catarán o menú elaborado.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, participarán neste obradoiro que pretende mostrarlle aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos propios de cada zona para impulsar o sector. Este xoves a Deputación pecha este ciclo de clases maxistrais de cociña no Restaurante Os Mesones de Guitiriz, onde se empregarán, ao igual que o resto da xornadas, produtos autóctonos, principalmente, aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com

2015-02-24


Comenta aquí

A Deputación renova a súa aposta polo produto estrela de Abadín impulsando a X Exprogrelo

- A Vicepresidenta Segunda e o Alcalde presentaron hoxe na Praza de Abastos lucense unha nova edición da cita, na que se porán á venda máis de 2 toneladas de grelo, produto con Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
- O organismo provincial colabora un ano máis na celebración da feira cunha achega de 3.000 euros, “para fomentar a comercialización e o consumo dos produtos autóctonos de calidade” destacou Méndez.
- Preto de 20 produtores porán a venda, no recinto feiral de Gontán, este tradicional produto da Terra Chá, Comarca na que máis de 200 produtores comercializan 400.000 quilos ao ano e xeran máis de 250 postos de traballo na Comarca.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Abadín, Xosé María López Rancaño, presentaron este venres na Praza de Abastos luguesa a X Feira Expogrelo que se celebra mañá no recinto feiral de Gontán. O organismo provincial colabora un ano máis co Concello na celebración desta cita cunha achega de 3.000 euros, ao igual que fai con outro medio cento de actividades dirixidas a potenciar os principais sectores produtivos da provincia: agricultura, gandería, pesca, comercio, turismo ou artesanía a través do Plan Estratéxico de Subvencións.

No acto, no que tamén estivo presente a Tenente de Alcalde de Abadín, Begoña Gaute, a Vicepresidenta destacou que “Expogrelo é exemplo dunha cita que, máis aló do seu aspecto lúdico, supón un importante evento de promoción dos nosos produtos autóctonos de calidade, cuxa comercialización é capaz de xerar riqueza e postos de traballo na provincia. É indispensable apoiar a súa celebración”. De feito, na Terra Chá hai máis de 200 produtores que comercializan uns 400.000 quilos de grelo ao ano, xerando máis de 250 postos de traballo na Comarca.

“Nos últimos anos as vendas deste produto, que conta co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida –IXP-, aumentaron un 40% grazas a iniciativas como Expogrelo, oportunidade que non podemos deixar escapar para potenciar a calidade dos nosos produtos e á súa comercialización como vía para revitalizar o sector primario”, sentenciou Lara Méndez.

Pola súa banda, os representantes do Concello quixeron agradecer a colaboración prestada pola Deputación ao tempo que convidaban a coñecer Abadín e a probar o seu grelo mañá sábado, 21 de febreiro.

20 produtores e 2.000 quilos
No evento gastronómico desta fin de semana tomarán parte uns 20 produtores, poñendo á venda uns 2.000 quilos de grelo. As actividades darán comezo ás 9:00 horas coa numeración das cestas de grelos, tralo que se abrirá o recinto feiral. Ás 12:30 horas terá lugar unha degustación de grelos de Abadín e, finalmente, ás 14:00 horas, daranse a coñecer os gañadores dos premios ás mellores cestas. As actividades previstas completaranse con degustacións de pratos elaborados polos locales de restauración da localidade, así como diferentes actuacións musicais

2015-02-20


Comenta aquí

Novos sabores para a mesa tradicional na Cabaña de Marcelle, que acolle o 7º obradoiro do Showcooking da Deputación

- A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables asistirá este luns á xornada, na que o chef Bruno Lamas elaborará varias receitas de cociña in situ empregando alimentos da contorna.
- A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, mostra “o potencial turístico da cociña de proximidade” a través de xornadas gratuítas de cociña.
- O Showcooking Cociña Autóctona chegará este mércores ao Asador La Quinta de Foz.

O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación de Lugo continúa a súa andadura hoxe en Outeiro de Rei, tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro e Begonte cun dobre obxectivo: potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa, e favorecer o desenvolvemento do turismo gastronómico.

A sétima xornada do Showcooking terá lugar ás 18:00 horas na Cabaña de Marcelle, situada nas proximidades do río Miño, nun parque natural habitado por multitude de animais en liberdade. O local está construído con troncos de madeira, traídos especialmente dende Finlandia. O seu chef, Bruno Lamas, cunha ampla experiencia, elaborará varios pratos tradicionais con sabores innovadores in situ, empregando alimentos da contorna.

Durante esta clase maxistral, os asistentes aprenderán a preparar unha tosta de xamón asado ao forno sobre compota de tomate e gratinado con queixo de Arzúa-Ulloa, así como falda de vaca estufada ao Viño Mencía sobre pataca panadeira. Como sobremesa, Lamas optará pola elaboración dun crocante de caramelo, con crema de queixo do Bierzo e froitos do bosque temperados. Ao rematar, os participantes degustarán o menú preparado.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, participará neste obradoiro que pretende amosarlles aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, está dirixida, principalmente, a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a súa calidade e a exclusividade en cada zona para impulsar o sector.

O mércores en Foz

O vindeiro mércores, 18 de febreiro, a Deputación leva o Showcooking Cociña Autóctona ao Asador La Quinta de Foz, onde se empregarán, ao igual que o resto da xornadas, produtos autóctonos, principalmente, aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com Estas xornadas de cociña gratuítas continuarán durante todo o mes de febreiro.

2015-02-16


Comenta aquí

Os máis pequenos aprenden en Terras do Miño a facer disfraces con materiais de refugallo

- Con cartóns, papeis, lana, bolsas ou follas de mazaroca de millo, os nenos elaboraron coa axuda dos seus pais orixinais traxes de xoaniña, peixe, sirena, gato ou árbore .
- Esta actividade “ofrece unha alternativa aos residuos que xeramos no día a día, e fomenta a reciclaxe e o respecto polo medio ambiente”, destacou Sonsoles López.

O Centro de Interpretación Terras do Miño ensinou este sábado aos máis pequenos a facer disfraces con materiais de refugallo durante o obradoiro O Entroido no Bosque. Os nenos utilizaron cartóns de caixas de galletas, de cereais e de leite, papeis de periódico, lanas, bolsas de lixo ou follas de mazaroca de millo para elaborar coa axuda dos seus pais orixinais traxes. Uns elixiron disfrazarse de xoaniña, outros de peixe, sirena, gato, león ou árbore.

Esta actividade dirixida ás familias que reuniu en Terras do Miño a unha vintena de persoas entre nenos e pais, está enmarcada dentro das actividades do Centro de Interpretación, e busca “poñer en valor o entorno natural e fomentar a reciclaxe”, subiñou a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo.

“A través deste tipo de iniciativas ofrecemos unha alternativa de reciclaxe dos elementos que se xeran no día a día das familias”, destacou López Izquierdo, que lembrou “o forte compromiso da Deputación con este tipo de actividades, pois consideramos que a riqueza natural da provincia é un factor diferenciador que debemos aproveitar da mellora maneira posible, preservándoo para as vindeiras xeracións”.

A xornada arrancou cun pequeno roteiro polo monte, onde se observaron as características propias do medio e onde se recolleron elementos de refugallo. Durante o paseo, os participantes foron deseñando xa os seus traxes en función dos materiais atopados.

A través desta actividade, a Deputación continúa a impulsar o estudo, respecto e coidado do entorno, fomentando valores como o consumo responsable dos recursos naturais, así como a reciclaxe. O organismo provincial ofreceu só no 2014 máis de 1.000 prazas gratuítas para participar en actividades relacionadas co medio ambiente.

2015-02-14


Comenta aquí

Pratos tradicionais con sabor a carne de raza cachena no 6º obradoiro do Showcooking da Deputación, en Begonte

- A Taberna do Labrego acolle este mércores a xornada, á que asistirá a Deputada de Deseño e Artesanía, na que o chef José Ángel Corral elaborará varias receitas in situ de cociña tradicional empregando alimentos da contorna.
- A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do programa Lug02 Provincial, pretende mostralles aos asistentes, a través de xornadas gratuítas de cociña, “o potencial turístico da cociña de proximidade” .
- O Showcooking Cociña Autóctona xa se levou a cabo noutras localidades para fomentar entre os hostaleiros da provincia o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e exclusividade de cada zona para impulsar o sector.

A Deputación de Lugo leva este mércores a Begonte, concretamente á localidade de Pacios, un novo obradoiro do Showcooking Cociña Autóctona, o novo programa posto en marcha pola institución luguesa para potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa, ao tempo que favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Esta sexta xornada do Showcooking terá lugar na Taberna do Labrego, un restaurante rural de cociña tradicional e inquieta, especializado en Gin&Tonic e coctelería en xeral. O seu chef e propietario, José Ángel Corral, cunha experiencia de máis de 30 anos, finalista no Forum Café e gañador do Awards Universal de coctelería, elaborará varios pratos tradicionais in situ, empregando carne de raza cachena procedente da Granxa San Breixo, de recoñecido prestixio. Comezará elaborando un primeiro prato de solomillo de vaca cachena con reducción de Ribeira Sacra, un segundo con entrecot á grella con esferificación de viño e un terceiro de redondo de cachena guisado. Como sobremesa, Corral optará por unha xelatina de gin tonic.

Tanto a carne de cachena como os viños e licores empregados, da Granxa San Breixo e da Adega Moure, respectivamente, contan co distintivo de calidade do organismo provincial LugoSabe e venden na plataforma de comercio electrónico creada tamén pola institución luguesa, www.losproductosdelugo.com

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participará neste obradoiro que pretende amosarlle aos asitentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a súa calidade e a exclusividade en cada zona para impulsar o sector. A Deputación xa celebrou clases de cociña autóctona na Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes e O Valadouro e continuará levando todo este mes de febreiro os obradoiros a outros puntos da provincia, empregándose en todos eles alimentos da contorna.

2015-02-12


Comenta aquí

A Deputación apadriña ao Urogallo de AVIFAUNA

- O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentación e o coidado desta especie protexida, que leva máis de unha década en perigo de extinción.
- Sonsoles Izquierdo destacou que “colaborar con AVIFAUNA permítenos dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia do medio ambiente, impulsando o estudo da flora e da fauna”.
- AVIFAUNA e Deputación teñen asinado un convenio por valor de 20.000 euros que permite que miles nenas e nenos da provincia se acheguen ás súas instalacións de balde.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López, un dos socios fundadores do centro, Carlos Fernández Moreira, e o responsable do parque, José María Díaz Paz, deron conta este martes nas instalacións do parque zoolóxico Avifauna dos novos convenios asinados entre o organismo provincial e o centro de interpretación.

Por unha banda, a Deputación ven de apadriñar ao Urogallo, unha especie protexida e en perigo de extinción dende hai máis de unha década, a través dunha achega de 2.000 euros dirixidos aos coidados e alimentación deste ave, característica da zona norte do país. Por outra, presentouse un convenio por valor de 20.000 euros co que se financian visitas de centos de colexios para coñecer, de xeito totalmente gratuíto, a riqueza natural da provincia. Grazas a este convenio, no 2014, máis de 20.000 escolares da provincia achegáronse ao parque para coñecer de primeira man a importancia da flora e fauna, autóctona e foránea.

A Deputada destacou que “estes convenios entre Deputación e Avifauna ofrecen a posibilidade de difundir a riqueza da fauna da provincia entre os máis pequenos, promocionando deste xeito o respecto, coidado e estudo das aves da provincia”.”. López Izquierdo avanzou que a institución provincial apadriñará tamén o vindeiro ano esta ave autóctona “co fin de preservar a fauna da provincia”. Sonsoles López explicou que “o parque zoolóxico AVIFAUNA é un dos espazos naturais máis importantes de España; de feito, conta co distintivo de ter a maior colección de aves de España, o que o sitúa á cabeza das aulas da naturezaPola súa banda, Carlos Fernández agradeceulle ó organismo provincial a súa colaboración e afirmou que, sen estas achegas, a situación do Centro de Interpretación “sería moi complicada”.

AVIFAUNA e a súa labor na natureza

AVIFAUNA alberga máis de 200 especies diferentes de aves repartidas actualmente nunha extensión de preto de 30.000 m². O Parque Zoolóxico está deseñado para a realización de visitas guiadas mediante un percorrido a través dun xardín botánico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, en 76 recintos en función da especie ó que pertencen. No centro préstase unha atención especial á fauna autóctona e tamén a aquelas especies que, polo seu estado de conservación, se atopan en programas específicos de recuperación.

2015-02-11


Comenta aquí

Cociña tradicional cos mellores sabores da Terra Chá e da Mariña na quinta xornada do Showcooking da Deputación

- O Hotel Vila do Val acollerá este luns unha xornada, á que asistirá o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación e o Alcalde do Valadouro, e na que os participantes aprenderán a elaborar tosta, pito de curral recheo e freixós con mel
- A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do programa Lug02, pretende mostralles aos asistentes, a través de xornadas gratuítas de cociña, “o potencial turístico da cociña de proximidade”.

O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación de Lugo continúa a súa andadura en Ferreira do Valadouro, tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos e Cervantes, para potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa, ao tempo que favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Esta quinta xornada do Showcooking terá lugar no Hotel Vila do Val, un hotel rústico que abriu as súas portas tras a restauración de tres casas decimonónicas, convertíndose nun aloxamento con encanto, situado en plena Serra do Xistral. A chef María Jesús, cunha ampla experiencia, elaborará varias receitas in situ de cociña tradicional, empregando para elo produtos autóctonos e sabores da Terra Chá e da Mariña.

Durante esta clase maxistral, os asistentes aprenderán a preparar pratos con alimentos producidos e comercializados por empresas da zona, que se caracterizan pola súa calidade. Neste caso, Embutidos Hermelino e Mel O Trobo subministrarán os produtos necesarios para a preparación dos pratos. Trátase de dúas empresas que contan coa marca de calidade da Deputación LugoSabe e que venden na plataforma de comercio electrónico creada tamén polo organismo provincial, www.losproductosdelugo.com O menú que cociñarán inclúe, de primeiro plato, tosta de Samaín, un segundo con pito de curral recheo; e freixós con mel do Valadouro de sobremesa. Ao rematar, os participantes degustarán os produtos elaborados.

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda, participaron neste obradoiro, que pretende amosarlle aos asitentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a súa calidade e a exclusividade en cada zona para impulsar o sector. O vindeiro mércores, 11 de febreiro, o Showcooking Cociña Autóctona desprazarase a Baamonde, á Taberna do Labrego, onde se empregarán, ao igual que o resto das xornadas, produtos autóctonos. Estas obradoiros de cociña gratuítos continuarán durante todo este mes de febreiro.

Lugo, 9 de febreiro de 2015

2015-02-09


Comenta aquí

Un seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecolóxica cita en Lugo investigadores de toda España

- O programa, organizado pola USC e a SEAE os días 6 e 7 de febreiro, co que colabora a Deputación, inclúe o venres unha sesión aberta ao público conmemorativa do Ano Mundial dos Solos.

Un seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecolóxica citará os días 6 e 7 de febreiro na capital luguesa investigadores de toda España, que, a través dos distintos relatorios e sesións de traballo programadas, afondarán, entre outras, en temáticas relacionadas coas a bases ecolóxicas e fundamentos agroómicos, fertilidade dos solos e plans de fertilización, conservación da biodiversidade, calidade dos alimentos, diversidade vexetal en agricultura ecolóxica, aproveitamento dos recursos locais e na relación dos animais coa fertilidade do solo.

As distintas sesións deseñadas no marco deste programa formativo e de divulgación, impulsado pola USC en colaboración coa Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), desenvolveranse na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, agás a sesión organizada co gallo da conmemoración do Ano Mundial dos Solos, un acto aberto ao público en xeral que celebrará este venres, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, onde a presidenta da SEAE, Dolores Raigón, e Julio César Javier Tello, ofrecerán o relatorio ‘Solos sans para unha vida sana’.

O seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecolóxica permitirá traer a Lugo, os máximos responsables da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, ademais doutros investigadores de relevancia contrastada, sinalou este mércores o profesor da USC e vicepresidente da SEAE, Xan Neira, na presentación do foro na sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader).

Neira aproveitou este acto para subliñar publicamente a colaboración reciba da Deputación Provincial de Lugo, ao tempo que fixo especial fincapé na implicación de máis de vinte produtores ecolóxicos, que permitirán ás persoas inscritas neste seminario degustar unha ampla gama de produtos ecolóxicos.

A deputada provincial de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, salientou asemade que a implicación da Deputación neste programa encádrase na decida aposta do ente provincial polo desenvolvemento sostible do medio rural. Daquela, precisou López Izquierdo, “a formación é unha vía máis para avanzar no progresivo desenvolvemento da economía rural e do desenvolvemento sostible”.

“A agricultura e, nomeadamente, a agricultura e as producións agroecolóxicas son tamén manifestacións importantes da cultura galega”, sinalou o deputado provincial delgado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, quen logo de remarcar esta ligazón, indicou os participantes nas distintas sesións deste seminario poderán tamén coñecer outras expresións da cultura galega a través dos espectáculos de música tradicional galega programados no refectorio do Museo Provincial de Lugo. Os compoñentes de Clave de Fado Iria Estévez e Gonzo Piña ofrecerán un recital o venres, a partir das 20.30 horas, mentres que o sábado 7 de febreiro, o mesmo escenario acubillará a actuación da formación Os Parentes, de Sober.

O consultor agroecolóxico da SEAE Carlos Brea Pallares puxo de manifesto que a organización deste tipo de accións formativas e divulgativas en Lugo está en sintonía co continuo incremento da agricultura ecolóxica en Galicia e en España, tanto en termos de superficie cultivada como de produción e demanda de produtos. A profesora da USC e directora do Ibader, Elvira López Mosquera, indicou que a celebración deste tipo de seminarios reforzan o liderado do campus de Lugo no eido da investigación e do desenvolvemento da agroecoloxía.

Destinatarios e inscrición

O seminario ‘O manexo sostible do solo e a fertilidade en agricultura ecolóxica’ está especialmente dirixido a técnicos e profesionais do sector, aínda que tamén está aberto á participación de estudantes e titulados/as universitarios e ao público en xeral. As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula, cuxo prezo xeral é de 50 euros, a través da web www.agroecoloxia.net.

Os organizadores deste curso tamén están a tramitar o recoñecemento académico para estudantes da USC dalgunha das actividades formativas que se desenvolverán no marco deste foro, tal é como é o caso do relatorio que ofrecerán o venres Dolores Raigón e Julio César Javier Tello na Casa do Saber de Lugo.

2015-02-04


Comenta aquí

Concello e Deputación van colaborar na dotación de alumeado o paseo do Rato

López Orozco e Lara Méndez explicaron o proxecto de iluminación dun treito de paseo de máis de sete kilómetros que financiará a Deputación con 1,4 millóns de euros.

O Alcalde anunciou que o proxecto difundirase na web para a presentación de suxestións e a Vicepresidenta da Deputación explicou que esta actuación é unha das peticións dos Orzamentos participativos da institución provincial.

O Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, anunciaron hoxe que Concello de Lugo e a Deputación provincial asinarán un convenio de colaboración para a execución do proxecto para dotar de alumeado o paseo do Rato.

O Alcalde lembrou que o río Rato é unha zona fluvial rehabilitada, pola que os cidadáns realizan deporte, pasean e gozan do medio ambiente que rodea a ciudad de Lugo, un paseo no que apenas hai edificacións o que o convirte nun lugar idóneo para exercer actividades de tempo libre. Sen embargo, nestes momentos non ten iluminación tanto no vial como no propio paseo, co cal a iluminación deste ámbito sería un beneficio para a cidade de Lugo e para os lucenses que queren gozar deste espazo público en horas nas cales a luz solar non o permite.

López Orozco explicou que o proxecto no que colaborarán o Concello e a Deputación para iluminar o paseo fluvial do Río Rato e da Estrada provincial que discorre ao seu carón é un proxecto de eficiencia enerxética que se pretende acometer entre a Avenida de Madrid (Casa María) e o Parque do Sagrado Corazón.

O Alcalde indicou que se actuará nun traxecto de máis de 7 quilómetros, no que se colocarán un total de 282 luminarias (143 luminarias e 3 proxectores no paseo, e 103 luminarias no vial), que, mimetizadas co entorno, permitirán mellorar a seguridade da estrada, complementando as medidas recentemente adoptadas pola Deputación.

Así, salientou o Alcalde, garantirase que todos os lucenses poidamos gozar do corazón da Reserva da Biosfera. Seguimos, pois, ampliando a utilización de espazos públicos como fixen progresivamente en todos os barrios da cidade.

A iluminación fluvial do río Rato e da estrada precisa dun orzamento de 1,4 millóns de euros, que será asumido, integramente, pola Deputación de Lugo, segundo anunciou o Alcalde que tamén informou de que o proxecto inclúe a iluminación dos accesos ao Centro de Interpretación Terras do Miño e ao Centro de Cestaría, ós que acoden miles de lucenses ao ano.

O Alcalde anunciou que, tan pronto aprobe o Convenio a Deputación, previsiblemente neste mesmo mes, o Concello exporao na páxina web municipal www.lugo.es para que o coñezan e poidan facer suxestións tanto colexios profesionais, colectivos veciñais ou cidadáns particulares. Todas as achegas serán estudadas polos técnicos da Deputación para incorporar as suxestións que se plantexen e solicitaranse as autorizacións dos diversos organismos competentes, como poden ser a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Xunta ou Begasa, para contratar logo o proxecto. Neste sentido, o Alcalde destacou que “agardamos a enteira colaboración das administracións para que os lucenses poidan gozar, canto antes, deste paseo fluvial iluminado”.

Pola súa parte, a Vicepresidenta Segunda da Deputación explicou que o proxecto de iluminación do paseo fluvial e da estrada LU-P-2925, xorde como consecuencia das peticións ao respecto realizadas polos veciños de Lugo na elaboración dos primeiros Presupostos Participativos dunha Deputación en España.

Lara Méndez tamén detallou que o proxecto, elaborado pola Axencia Provincial da Enerxía da Deputación de Lugo, consiste nunha instalación completamente respectuosa co medioambiente, ecoeficiente, que minimiza o impacto ambiental e que cumpre rigorosamente coas ordenanzas existentes.

Salientou, ademais, que o proxecto incorpora novidades como varios sistemas tecnolóxicos de última xeración, entre eles un software que permite regular a intensidade lumínica para aforrar custos e, ao mesmo tempo, garantir luminosidade en todo momento. Por exemplo, explicou, a intensidade da luz adaptarase ás franxas horarias e á luminosidade ambiental nese intre.

Méndez revelou que este proxecto incorporará un sistema de seguridade por GPS totalmente novidoso nas obras da Deputación, pois conta cun dispositivo de xeolocalización, que permitirá detectar onde se atopa o punto de luz no caso de ser substraído. O sistema antivandálico contempla, asimesmo, a substitución do cobre por aluminio para evitar roubos.

Tamén está preparado para inundacións, posto que toda a electrónica do sistema situarase a unha distancia do solo superior á habitual, tendo en conta que é unha zona inundable.

Rolda Leste

O Alcalde tamén lembrou que o paseo do Razo non é unha circunvalación senón un lugar para o paseo, aínda que moitos automovilistas o empregan para achegarse ó HULA porque a Xunta aínda ten pendente a construcción da Rolda Leste, o que supuxo que o paseo periurbano do río Rato multiplicase por sete o tráfico nos últimos anos, pasando dos 650 vehículos diarios aos máis de 4.500.

López Orozco reivindicou de novo a construcción da Rolda Leste, dende a estrada de Castelo ata a Tolda, e aproveitou para prantexarlle ó Partido Popular que inclúa esta demanda de Lugo no seu programa electoral xunto con outras reclamacións que ten a cidade e que a Xunta non dá atendido como poden ser a iluminación e desdoblamento da parte pendente da Rolda Norte, a dotación de servizos ó HULA, a construción dunha residencia para a terceira idade no Vello Hospital, a creación do Museo da Romanización ou a finalización do Plan Paradai.

“Creo que son obras moi importantes” dixo o Alcalde quen considerou necesario que “a Xunta por fin se decida a investir na nosa cidade” e tirou da ironía ó asegurar que “ó mellor por iso aquí non nos mandan ningún Conselleiro, porque en Lugo non fan investimentos”.

2015-02-03


Comenta aquí

A Deputación impulsa a creación de 10 empresas co Campus de Emprendemento Sostible

- 50 persoas recibiron o diploma que avala a participación neste programa dirixido a crear ou remodelar empresas no rural da provincia, fomentando así a creación de postos de traballo.
- Sonsoles López destacou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”.
-A través do Campus de Emprendemento, que serviu de centro de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación a máis de 120 veciñas e veciños.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, fixo entregou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos máis de 50 diplomas do I e II Campus de Emprendemento Sostible, programa da institución provincial co que se crea emprego no rural e se combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora dos lucenses como saída laboral. Neste curso participaron tamén persoas con dificultades de audición e linguaxe, que tiveron durante a celebración dos cursos, así como no propio acto, unha intérprete de lingua de signos.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables afirmou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”. López Izquierdo lembrou que a través deste tipo de iniciativas “xa se crearon 10 empresas, todas elas relacionadas coa agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, consultoría de obra civil, horticultura ecolóxica, educación ambiental, explotación ecolóxica, turismo rural e produción artesanal, pero sabemos que aínda se van crear máis”, informou.

A Vicepresidenta destacou que “estes programas axudan a crear emprego baseado nas practicas responsables co medio ambiente e axudan a crear oportunidades económicas a través dos recursos naturais da provincia”.

Emprendemento na provincia

O Campus de emprendemento sostible consistiu nunha serie de accións formativas gratuítas encamiñadas a coñecer a viabilidade dos modelos de negocio dos lucenses. Estas accións distribuíronse en dous grupos; por unha banda, o campus de motivación e e xeración de ideas, na que os participantes recibiron asesoramento e por outro; o campus de maduración empresarial, dirixido a persoas que xa tiñan o seu modelo de negocio máis avanzado.

2015-02-03


Comenta aquí

O manexo do solo e a fertilidade en agricultura ecolóxica, a análise nun seminario co que colabora a Deputación

- A institución provincial achega á Sociedad Española de Agricultura Ecolóxica 2.800 euros para financiar este novo curso, destinado a máis de 50 participantes.
- As xornadas, dirixidas a técnicos, profesionais, estudantes do sector e público en xeral, terán lugar na Escola Politécnica Superior, os días 6 e 7 de febreiro.
- Os interesados poden inscribirse ata o 4 de febreiro na páxina web www.agroecologia.net onde atoparán máis información sobre datas, horarios ou prezo de matrícula.

A Deputación de Lugo colabora coa Sociedad Española de Agricultura Ecolóxica para pór en marcha unha nova acción formativa sobre agroecoloxía, O manexo do solo e a fertilidade, que terá lugar os días 6 e 7 de febreiro na Escola Politécnica Superior de Lugo. A institución luguesa contribúe á celebración desta cita cunha achega económica de 2.800 euros, posto que se enmarca dentro da súa aposta pola agricultura ecolóxica como modelo de xestión do territorio, de conservación do rural lugués e de fixación de poboación, capaz de reinventarse e de contribuír á protección do patrimonio natural da provincia.

O seminario, con 50 prazas, e dirixido a técnicos, profesionais, estudantes do sector e público en xeral, ten como obxectivo afondar no coñecemento das bases ecolóxicas e fundamentos agronómicos, no coñecemento do solo, na conservación da biodiversidade e no manexo da vexetación adventicia; así como no aproveitamento de recursos locais e a relación dos animais coa fertilidade do solo.

O programa
Nestas xornadas formativas sobre o solo e a fertilidade ecolóxica, nas que tamén colabora o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, recoñecidos expertos como os mestres da USC Xan Neiras, Elvira López e Marta Illera, así como asesores en agricultura ecolóxica, como Carlos Brea ou investigadores como Ramón Meco, abordarán temas como a relación do solo coa fertilidade, a conservación da biodiversidade, a calidade dos alimentos e a súa relación coa fertilización ou o manexo da fertilidade en hortos, cultivos de secaño, en hortos ecolóxicos e en praderías, entre outros. Actuacións musicais e unha cea ecolóxica complementan o programa deste seminario centrado na práctica da fertilización.

Inscricións e prazo

Os interesados poden inscribirse ata o 4 de febreiro na páxina web www.agroecologia.net onde atoparán máis información sobre datas, horarios ou prezo de matrícula.

2015-01-21


Comenta aquí

Fallados os premios do concurso fotográfico de Bosques das Reservas

- A fotografía gañadora, que recibirá un premio de 800 euros, leva o nome de Entreaugas, e é a do lucense Óscar Abelleira Ferreirós.

- O segundo e terceiro premio son para Julia García Vizcaíno, coa obra Manto de Outono, e Luís Miguel López Ferreiro, con Mirando dende a ponte.

Fallados os premios do concurso fotográfico de medio ambiente Os Bosques nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, iniciativa organizada pola Deputación de Lugo dentro da súa liña de promoción e fomento da riqueza natural da provincia. O xurado reunido o pasado día 19 de decembro, decidiu que as fotografías premiadas son:

PRIMEIRO PREMIO, dotado con 800 euros: Entreaugas, de Óscar Abelleira Ferreirós
SEGUNDO PREMIO, dotado con 500 euros: Manto de Outono, de Julia García Vizcaíno
TERCEIRO PREMIO, dotado con 300 euros: Mirando dende a ponte, de Luís Miguel López Ferreiro
Na paxina web www.deputacionlugo.gal atópase o banner do concurso no que xa aparecen reflexados os gañadores. Durante as vindeiras semanas comunicaráselle aos tres premiados do concurso o día para a entrega oficial dos premios, que será a cargo da Deputada de Medio Ambiente e Enexías Renovables, Sonsoles López Izquierdo.

2014-12-23


Comenta aquí

A Deputación ofrece o obradoiro gratuíto para nenos Reciclando Agasallos

- Esta iniciativa, enmarcada dentro das actividades da área de medio ambiente, ten como obxectivo sensibilizar aos nenos e nenas da provincia sobre a importancia de preservar os recursos naturais.

- Reciclando Agasallos servirá para amosar como reempregar o lixo para facer agasallos así como promover unha reflexión sobre as actitudes consumistas fomentadas nestas datas.

- O prazo de inscrición xa está aberto na páxina www.deputacionlugo.gal na que atoparán un formulario para participar ou no telefono 600-034-907.

A Deputación de Lugo, dentro da súa liña de promoción do medio ambiente , ofrece a actividade gratuíta Reciclando agasallos, obradoiro infantil que servirá para amosar técnicas para reempregar o lixo e convertelo en agasallos.

Esta actividade gratuíta está dirixida a 300 nenas e nenos de entre 5 a 12 anos e celebrarase entre os días 22 de decembro e 7 xaneiro no Pazo de San Marcos. Ademais, para estes cursos, hai reservadas prazas para rapaces con necesidades especiais, que contarán cun monitor de apoio.

Durante os obradoiros os participantes poderán inscribirse nun concurso de contos que se publicarán nos perfís das redes sociais do organismo provincial. Os 10 contos máis votados serán valorados por un xurado e poderán optar a gañar unha estadía de fin de semana coa súa familia en Garabullos, con un completo programa de actividades dinamizado pola Asociación Revolta Natural.

A través desta actividade a Deputación aposta por establecer o medio ambiente como un dos factores diferenciadores da provincia ó tempo que crea conciencia sobre os hábitos de consumo e que inflúen de xeito directo ou indirecto, na conservación do patrimonio natural da provincia.

Datas, horarios e inscrición
Este novo obradoiro de Nadal celebrarase nas instalacións da Deputación de Lugo entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro, a excepción dos festivos. Pola semana a sesión transcorrerá de tarde, entre as 16:30 e as 19:30 horas, e os sábado 27 de decembro e 3 de xaneiro así como o domingo 4 de xaneiro, o horario será de mañá, entre as 10:30 e as 13:30 horas. Para inscribirse nesta actividade é preciso cubrir o formulario da páxina www.deputacionlugo.gal na que atoparán tamén información máis detallada de horarios e datas ou no teléfono 600-034-907.

2014-12-18


Comenta aquí

A Deputación de Lugo lanza os 17 primeiros proxectos grazas aos Orzamentos Participativos

- Gómez Besteiro, acompañado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e de medio cento de cidadáns, anunciou que o organismo provincial cumprirá co 90% das máis de 150 peticións concretas que fixeron os lucenses.

- Dedica 6 millóns para unha segunda edición do plan BEN EMPREGADO!, fará estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboación con especies autóctonas e reforzará a promoción dos produtos da provincia.

- Convocará en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vinícola e poñerá en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.

- “Hoxe é un gran día porque cristaliza unha vella aspiración pola que os veciños levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar”, subliñou Jesús Vázquez.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, o vicepresidente e o voceiro do colectivo, José Manuel Carballo e Fernando Rois, respectivamente, así como de medio cento de veciños e dos deputados de Economía, Pilar García Porto, e Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, presentou este mércores os primeiros 17 proxectos concretos que lanzará o organismo provincial froito das propostas que fixeron os veciños para os Orzamentos Participativos do 2015, os primeiros dunha Deputación en España.

Gómez Besteiro deu as grazas aos 55.000 lucenses que deron a súa opinión neste proceso e avanzou que todos e cada un deles recibirán nestes días a resposta a súa proposta de maneira personalizada e argumentada. O Presidente adiantou que o vindeiro ano a Deputación fará tamén orzamentos participativos.
Unha vez “estudadas todas as propostas e cando os técnicos avaliaron a súa viabilidade”, o Presidente avanzou que a Deputación “cumprirá co 90% das máis de 150 peticións concretas que nos fixeron os veciños”.

En emprego
No 2015 a Deputación dedica 6 millóns de euros para unha segunda edición do plan que vén de poñer en marcha. Será o BEN EMPREGADO! II.

En medio ambiente
No 2015 aumentan os investimentos un 43%, ata superar os 1,5 millóns de euros. A Deputación fará un estudo das alternativas a SOGAMA máis ecolóxicas e económicas; un estudo das vantaxes da biomasa forestal da provincia, unha alternativa económica que xera moitas expectativas entre os veciños; e un plan de repoboación con especies autóctonas. Continuará co cinto verde do Rato e impulsará novas áreas de lecer e rutas, como unha Ruta dos Muíños en Foz.

Coa Universidade
A Deputación asinará un convenio coa USC para ofrecer becas aos alumnos cos mellores expedientes do Campus lucense, tanto na Deputación, como noutros colectivos sen ánimo de lucro, e aproveitar así o seu talento. O investimento será duns 200.000 euros. O organismo duplica ademais os fondos para proxectos de investigación, ata superar os 300.000 euros.

No medio rural
Ademais de volver a convocar axudas para a recuperación de terras abandonadas, a Deputación sacará en xaneiro unha liña específica de subvencións para impulsar a pesca de baixura, a horticultura e a produción de viño. Reforzará a promoción dos produtos autóctonos para abrirlles novos mercados a nivel nacional e internacional, e organizará cursos de prevención de riscos laborais, sobre todo no rural.

En demografía
Estudará a creación con recursos propios dun banco de casas rurais deshabitadas para favorecer o asentamento de xente nova no campo.

En infraestruturas
Mellorará a estrada provincial A Fonsagrada-Navia; sinalizará a de Triacastela-Sarria; e arranxará o desnivel existente na LU-P-2704 ó seu paso por Láncara. Acometerá un embalsado e canalización de augas en Diomondi (O Saviñao); e avanzará nas expropiacións do acceso ao polígono de Cuíña, en Cervo.
No Plan de Infraestruturas Veciñais, dotado con 2,2 millóns de euros e que tamén sairá en xaneiro, incluirá subvencións para centros sociais e traídas de auga, actuacións moi solicitadas polos veciños.

Estas 17 actuacións súmanse ás 5 xa avanzadas nas estradas Momán-As Pontes e Friol-Parga ou na Fonsagrada coa construción dun campo de herba artificial. A Deputación xa acometeu melloras tamén na estrada de acceso ó Pazo de Tor e nun tramo da de Figueiras a Viloalle, en Mondoñedo.

Peticións á Xunta: Servizos para o HULA
En canto ás demandas veciñais que son competencia doutras administracións, suman máis de 50 e están dirixidas fundamentalmente á Xunta e ó Goberno central, segundo informou o Presidente. “Tal e como nos comprometemos, farémosllas chegar nestes días, pois, aínda que non teñen orzamentos participativos como a Deputación de Lugo, queremos que coñezan e teñan en conta as necesidades e demandas dos lucenses”, sinalou.

A principal petición dos veciños á Xunta é a dotación de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica no Hospital de Lugo, un servizos que o presidente comprometeu hai xa case catro anos e aínda seguen pendentes.

Os lucenses tamén demandan ao Goberno galego novas residencias para a terceira idade en Mondoñedo, Becerreá e en Lugo, comarca na que non se creou nin unha praza pública dende o ano 1977. Tamén lles preocupa moito a Lei de Montes; necesitan asesoramento e cren que non se adapta á realidade de Galicia. Piden a recuperación do vello Xeral, a promoción e mellora do Camiño de Santiago, o impulso da VAC Costa Norte e Sarria-Monforte, a Rolda Leste ou o Plan Paradai, máis medios para a prevención de incendios, mellora da internet no rural ou o impulso dunha planta de biomasa.


Outra das demandas máis repetidas, ata nunha vintena de ocasións, é a mellora e dotación de saneamentos. Aínda que se trata dunha competencia da Xunta e dos Concellos, a Deputación está disposta a colaborar economicamente con ambas administracións para dotar ao rural deste servizo básico.
A Deputación tamén tende a man á Xunta e aos Concellos para poñer en marcha unha entidade moi demandada: un ente provincial de turismo, no que estean presentes todas as administracións.

Peticións ao Goberno central: infraestruturas
Reclaman sobre todo a axilización de infraestruturas como a autovía Lugo-Ourense, a estación intermodal, o impulso das liñas de tren, ou a mellora da sinalización dos concellos na autovía do Cantábrico.

A Deputación fai realidade unha vella aspiración veciñal
Pola súa banda, o presidente da federación veciñal, Jesús Vázquez, asegurou que hoxe “é un gran día porque cristaliza unha vella aspiración do movemento veciñal pola que levabamos esperando 30 anos”. “Houbo tímidos intentos noutras administracións, pero nunca un orzamento participativo pleno como fixo a Deputación de Lugo”, sinalou Vázquez, quen felicitou a Gómez Besteiro polos orzamentos participativos, “unha iniciativa persoal do Presidente”.

Jesús Vázquez engadiu que, á vista dos froitos dos orzamentos participativos, “aqueles que dixeron que se vendía fume e que eran propaganda, deben rectificar, igual que os que din que a sociedade de Lugo non participa e que cando se lle dá a oportunidade de participar non o fai. Demostramos que non é así”. “Non queremos ser cidadáns que votan cada 4 anos, senón uns axentes activos que aportan e participan. O futuro pasa pola participación, e aquel político que non o vexa así, pagarao nas eleccións”, asegurou.
O presidente da federación veciñal instou neste senso a comezar antes coa elaboración dos orzamentos “para que as reunións non coincidan en pleno verán”.

2014-12-17


Comenta aquí

Deputación, Concello e USC lideran un ambicioso proxecto medioambiental para Lugo que aspira a obter financiamento europeo do programa Life

-Gómez Besteiro, López Orozco e Javier Bueno presentaron Lugo + Biodinámico, proxecto no que colaboran Deputación, Concello e Universidade.

-Lugo + Biodinámico inclúe novidosas accións para desenvolver un urbanismo máis sostible e para un mellor aproveitamento da nosa riqueza forestal.

-O proxecto, cun presuposto total de 3,7 millóns de euros, desenvolveríase en dúas zonas do Norte de Lugo.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Javier Bueno Lema, presentaron hoxe o proxecto Lugo + Biodinámico que opta a financiamento da Unión Europea a través do plan Life. No acto, celebrado esta mañá na Casa do Concello, tamén estiveron presentes os Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como o Xerente da empresa municipal Evislusa, Benigno Jauregui; o Profesor da Escola Politécnica e Director do Master de Construción de Madeira, Manuel Guaita, e o Catedrático da Politécnica Antonio Rigueira.

O Presidente salientou que esa colaboración entre administracións, que non é unha novidade en Lugo porque tamén se puxo en práctica con éxito no Plan Urban, é un dos aspectos positivos que terán en conta os avaliadores do proxecto. Asimesmo, Gómez Besteiro indicou que a colaboración económica que ofrece a Deputación para poñer en marcha este proxecto acada o 15% do orzamento previsto, que ascende a 3.704.815 euros.

O Alcalde explicou que, con esta iniciativa, o Concello pretende que Lugo lle faga fronte ós retos que plantexa o cambio climático e trátase de traballar no horizonte que se marcha a Unión Europea para acadar 0 emisións de CO2 no ano 2050. Para elo, o proxecto Lugo+Biodinámico aposta por um novo urbanismo, non só dende o punto de vista teórico senón sobre todo cunha perspectiva práctica, explicou o Alcalde

López Orozco agradeceu a importante colaboración que lle presntan a este proxecto do Concello tanto a Deputación provincial como a USC. No proxecto tamén se conta con aportacións da Universidade Politécnica de Madrid.

O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo tamén destacou que a unión e as sinerxias entre distintas institucións axudan á captación de recursos para un proxecto que persegue tanto a protección do medio ambiente como contribuir ó benestar dos cidadáns.

Javier Bueno explicou que neste proxecto contémplanse iniciativas punteiras como podem ser a utilización de madeira para a construción de estruturas ou a mellora das plantacións forestais.
Un proxecto, 28 accións
O proxecto Lugo+Biodinámico opta á convocatoria de axudas do Programa Life da Unión Europea e ten un presuposto total por importe de 3.704.815 euros, dos que serían de financiación europea 1.862.889 euros; o Concello de Lugo faría unha achega de 526.220 euros, igual cantidade que financiaría a Deputación, e a contribución da USC Campus de Lugo e da Universidade Politécnica de Madrid, consistente en traballo e coñecemento, ten unha avaliación económica de 789.486 euros.

O Alcalde recoñeceu a dificultade que entraña obter á primeira a aprobación da totalidade do proxecto pero explicou que foi acollido con moito interese polos técnicos do Ministerio polo que podería darse o caso de acadar financiamento para algunha das accións previstas. En todo caso, López Orozco anunciou que o Concello insistirá no caso de non obter os fondos do Plan Life, ós que optan 500 cidades de toda Europa, nesta primeira oportunidade.

O proxecto distribúese en 28 accións que teñen os obxectivos de promover o coñecemento da potencialidade económica que pode ter para a nosa cidade a transición cara unha economía verde, a planificación urbana nunha área concreta da cidade na que se promova a aplicación de técnicas de urbanismo sostible, e a construcción dunha infraestrutura en colaboración coa Universidade de Santiago e coa participación da Universidade Politécnica de Madrid, no límite dun bosque de ribeira que se plantexa potenciar para o seu uso e disfrute pola cidadanía. É un proceso completo de posta en práctica de medidas aplicables á nosa cidade, que serva de exemplo tamén a outras cidades e que inclúe, entre outras medidas a promoción do uso de enerxías renovables.

O proxecto desenvolveríase en dúas zonas do norte da nosa cidade. Por unha parte, as medidas de planificación urbana, coas que se poría en práctica un novo modelo de urbanismo, desenvolveríanse nun urbanizable cunha superficie de 20 hectáreas situado a ambas marxes de Duquesa de Lugo, o S-1R e o S-9R, nas proximidades das Termas, onde se faría un desenvolvemento urbanístico para un barrio ecolóxico. Para o resto das accións, consistentes na creación dunha zona verde no que se construiría un edificio de madeira, escolleuse unha parcela municipal de 18,6 hectáreas situada entre os polígonos das Gándaras e do Ceao.

Entre as accións que se propoñen figuran a elaboración dun catálogo de solucións de deseño urbano, o deseño dun Plan Estratéxico de Infraestruturas Ecolóxicas, a experimentación con cultivos enerxéticos no medio urbano, o desenvolvemento de agricultura urbana de solo e altura, a plantación dun souto de castaños con variedades autóctonas, o traballo de selvicultura de fondosoas autóctonas para a produción de madeira de calidade, o establecemento dun arboretum e o deseño e execución do proxecto piloto Impulso Verde.

Tamén están previstos traballos de adaptación de sistemas construtivos con materiais autóctonos de baixa enerxía incorporada e análise doutras tecnoloxías adaptables, para o que se prevé un novo edificio construído em madeira e outros materiais sostibles dende o punto de vista medioambiental, que estará monitorizado para comprobar así o funcionamento efectivo e real deses materiais.

A vixencia do proxecto é para catro anos. Comezaría a súa posta en práctica no terceiro trimestre de 2015 e remataría no tercerceiro trimestre de 2019.

2014-12-17


Comenta aquí

Gómez Besteiro avoga polo municipalismo e agroecoloxía como “un dos camiños de futuro da provincia”

- Así o afirmou o Presidente na sesión inaugural do I Simposio Ibérico de Agroecoloxía e Municipalismo e Desenvolvemento Rural que se está a celebrar na cidade de Lugo.
- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou esta mañá na inauguración do I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural, iniciativa que pretende servir como punto de encontro entre expertos da materia para promocionar os proxectos municipalistas e agroecolóxicos das diferentes rexións de España e Portugal.

Gómez Besteiro salientou que “a agricultura ecolóxica non o representa todo na provincia, pero debe representar unha parte moi importante. Dende que eu son Presidente un dos piares fundamentais desta institución é o relacionado co medio ambiente, tamén en clave económica, buscando sempre abrir as portas cara unha agricultura e gandería ecolóxica”.

O mandatario provincial afirmou que “cada vez hai máis forza do mundo da ecoloxía” e salientou que “se hai unha provincia que debe apostar pola agricultura e gandería ecolóxica, sobre todo dende unha perspectiva económica sostible, sen lugar a dúbidas esa é a de Lugo”. Do mesmo xeito, Gómez Besteiro informou que a Deputación “sempre” reservou unha partida importante para incentivar e por en valor esta actividade económica e lembrou os programas que ofrece o organismo provincial como o Fórmate en verde, programa de asesoramento co que se crearon 21 empresas medioambientalmente sostibles, ou a marca LugO2, que avala a calidade dos produtos da provincia. Finalmente, o Presidente sentenciou que “o que non se pode dubidar é que o compromiso desta institución coas prácticas ecolóxicas é un feito”.

O I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento rural, é unha iniciativa de transición xurdida debido ao crecente número de municipios e grupos de desenvolvemento rural que están deseñando proxectos relacionados coa agroecoloxía. O obxectivo principal é reunir nun mesmo lugar a todos os proxectos de vangarda xurdidos ao redor da agroecoloxía e sentar as bases para os novos programas de desenvolvemento que terán lugar en 2015.

Logo da celebración do simposio elaborarase un documento de recomendacións que será remitido ás federacións municipais e provinciais, partidos políticos e redes de desenvolvemento rural de España e Portugal para que se teña en conta á hora de planificar programas electorais, lexislaturas ou programas de desenvolvemento rural que se establecerán no ano 2015.

2014-12-12


Comenta aquí

A Deputación recuperará os frescos renacentistas dananos polas humidades e o atrio da igrexa de Labrada

- Regina Polín reuniuse cos veciños da parroquia guitiricense para darlles conta das actuacións que levará a cabo a institución provincial para conservar o patrimonio histórico artístico do templo.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, reuniuse cos veciños da parroquia de Labrada, no Concello de Guitiriz, para darlles conta das actuacións que desenvolverá a Deputación co fin de recuperar o conxunto histórico artístico da igrexa parroquial. O organismo provincial acometerá estes traballos, respondendo deste xeito á peticion dos habitantes desta localidade preocupados porque os frescos dos séxulos XV e XVI, de estilo renacentista, existentes no interior do templo están moi deteriorados a causa das humidades, e tras a deixadez para acometelos das administracións que teñen competencia nesta materia.

Durante a reunión, na que estiveron presentes representantes dos colectivos Plataforma ProLabrada, Asociación de Mulleres Rurais e da asociación de cazadores; así como veciños da parroquia; Polín subliñou o compromiso da Deputación para recuperar estas obras de gran valor histórico e patrimonial da provincia, ao tempo que sinalou a importancia destes murais, “que debemos conservar e pór en valor como reclamo para atraer turismo á zona e dinamizar así a economía local”.

A Deputación de Lugo xa ten elaborado un proxecto para solucionar estes problemas de humidades e filtracións de auga, provocados porque o interior do templo se atopa a un nivel máis baixo que o terreo que o rodea e a escaleira do campanario verte as augas pluviais cara o interior. Neste aspecto, o proxecto elaborado pola Deputación comprende dúas actuacións: por unha banda, realizarase unha drenaxe no lateral dereito da igrexa e, por outra, instalarase un canalón perimetral e unha baixante que recollerá as augas pluviais e as dirixirá cara esta drenaxe. Para realizar estes traballos, a institución luguesa asinará un convenio de colaboración coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol, ao igual que leva feito para acondicionar outros templos da provincia.

As actuacións que a Deputación ten previsto realizar non se limitan ao interior do templo, senón que tamén contemplan o acondicionamento da contorna da igrexa, en particular do aparcadoiro situado a carón da mesma mediante a aplicación de zahorra, posto que neste caso hai que atender con rigorosidade as indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio. Os veciños trasladáronlle á Deputada a proposta de reunirse con representantes da Dirección Xeral de Patrimonio para estudar a viabilidade doutras opcións.

Pinturas ocultas ata os anos 90
A igrexa de Labrada, un templo de estilo románico que conta cun retablo barroco do século XVIII, escondeu estas “xoias”, tal e como as cualifica a Deputada, ata os anos noventa, cando, ante o deterioro das paredes procedeuse á retirada da capa de cal que cubría a pedra orixinal descubrindo o conxunto de frescos, de gran valor, que esta agochaba.

2014-12-11


Comenta aquí

A Deputación impulsa o I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural

- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal.

- Sonsoles López Izquierdo salientou que “a agroecoloxía é clave para o desenvolvemento e a diversificación económica do rural, pois aposta pola xestión responsable en materia medioambiental e fomenta o autoemprego”.

- A iniciativa, que terá lugar os días 12 e 13 de decembro no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, ofrece 3 mesas de traballo e 5 obradoiros e para participar é preciso cubrir o formulario da páxina www.agroecología.net.

A Deputada de Medioambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do Vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Xan Neira, presentou este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural, iniciativa dirixida a fomentar entre os agricultoresa transición da agricultura tradicional cara novas prácticas que sexan responsables co medio natural.

Izquierdo afirmou que “a agroecoloxía é clave para o desenvolvemento e a diversificación económica do rural, pois aposta pola xestión responsable en materia medioambiental e fomenta o autoemprego”. A Deputada tamén destacou que “este tipo de iniciativas e pioneiras son imprescindibles para fomentar a creación de traballo na provincia e para concienciar e animar aos lucenses a emprender novos proxectos que melloren o desenvolvemento demográfico na provincia”.

O I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento rural, é unha iniciativa de transición xurdida debido ao crecente número de municipios e grupos de desenvolvemento rural que están deseñando proxectos relacionados coa agroecoloxía. O obxectivo principal é reunir nun mesmo lugar a todos os proxectos de vangarda xurdidos ao redor da agroecoloxía e sentar as bases para os novos programas de desenvolvemento que terán lugar en 2015.

Logo da celebración do simposio elaborarase un documento de recomendacións que será remitido ás federacións municipais e provinciais, partidos políticos e redes de desenvolvemento rural de España e Portugal para que se teña en conta á hora de planificar programas electorais, lexislaturas ou programas de desenvolvemento rural que se establecerán no ano 2015.

Desenvolvemento das xornadas
O simposio terá lugar no Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo os días 12 e 13 de decembro, en horario de 9:00 horas a 20:00 horas. As xornadas organizarase en tres mesas de traballo: a 1ª que tratará sobre a Formación e acompañamento a emprendedores agroecolóxicos; a 2ª sobre Comercialización, mercadillos, grupos de consumo e marcas territoriais ou iniciativas de protección de alimentos tradicionais e por último a 3ª sobre compostaxe, competencia municipal e reto agroecolóxico.

Durante estas xornadas haberá tamén obradoiros de prospectiva, nos que os participantes disporán de 5 temas a elixir como por exemplo a formación e acompañamento de emprendedores, o financiamento de emprendedores agroecolóxicos, o deseño de plans e programas agroecolóxicos para municipios e compostaxe e xestión de biorresiduos entre outros.

Os interesados en participar no I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural, poden atopar toda a información na páxina www.agroecologia.net/inscripciones-simposio-iberico14. A cota de inscrición é de 25 euros e formalizarase por rigorosa orde de solicitude. Existe tamén un número limitado de becas para cubrir parte dos gastos de asistencia dos autores que así o soliciten e cumpran os requisitos mínimos para beneficiarse delas.

2014-12-09


Comenta aquí

A Deputación impulsa o estudo da natureza e a custodia do territorio das Insuas do Miño e Ollos de Begonte

- A institución provincial e a Asociación Galega de Custodia do Territorio presentaron no Pazo de San Marcos as actividades lúdico medioambientais previstas para o 2015.

- Sonsoles López salientou que “impulsamos a conservación da flora e da fauna da provincia e promocionamos a investigación científica deste espazo de grande importancia natural”.

- Inventariado de aves, limpeza e análise do terreo, construción de casas niño e visitas guiadas son só algunha das actividades gratuítas nas que poderán participar os lucenses o vindeiro ano.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o Presidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Roberto Hermida Lorenzo, presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a nova programación de actividades organizadas para o vindeiro ano. Estas actividades lúdico formativas gratuítas están pensadas para concienciar aos lucenses acerca da importancia da conservación do medio como parte do patrimonio e factor de xeración de riqueza para a provincia. En particular, esta nova programación de actividades céntrase no impulso do estudo da natureza e a custodia do territorio comprendido nos espazos naturais das Insuas do Miño e Ollos de Begonte.

López Izquierdo salientou que a través destas actividades “impulsamos a conservación do noso patrimonio medioambiental ao tempo que promocionamos a investigación científica nos espazos naturais da provincia”. A Deputada destacou que a institución provincial ten un compromiso firme co mediambiente, non só pola súa trascendencia como parte “do noso patrimonio, senón tamén polo destacado papel que este pode execer como vía de futuro para xerar riqueza e fixar poboación na provincia”. Do mesmo xeito, Sonsoles López Izquierdo subliñou que durante o 2014 “máis de 1.000 persoas tomaron parte nas case 50 actividades medioambientais gratuítas, o que é boa mostra do interese que xeran este tipo de iniciativas entre os lucenses”.

Pola súa banda, o Presidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio agradeceu a colaboración do organismo provincial e valorou moi positivamente a “sensibilidade da institución coas actividades de promoción, estudo e conservación do entorno medioambiental de Lugo”, xa que axudan a difundir a riqueza da provincia e formar aos lucenses no respecto e coidado do medio ambiente.

Tres obxectivos
Con este tipo de iniciativas postas en marcha dende a Área de Medio Ambiente, a Deputación aposta pola conservación dos valores naturais da zona, neste caso concreto das especies da flora e fauna propias das Insuas do Miño e Ollos de Begonte, a través de actividades de limpeza. Ao tempo, promociona o uso público dos recursos naturais da provincia con actividades medioambientais como a observación de aves, a construción de caixas niño e visitas guiadas para dar a coñecer máis polo miúdo as características deste medio natural. Por último, estas actividades contribúen á promoción da investigación científica, grazas á implicación do mundo universitario, así como a investigadores profesionais.

As actividades da Área de Medio Ambiente que se celebrarán durante o vindeiro ano serán, como sempre, totalmente gratuítas. Os interesados en participar poderán atopar información completa sobre o contido de cada unha delas, datas e horarios na web www.deputacionlugo.gal , a medida que estas se vaian confirmando.

2014-12-01


Comenta aquí

Últimos días para presentar os proxectos do II Concurso de fotografía das Reservas

- As fotografías, que deberán se presentadas no Rexistro da Deputación antes do 30 de novembro, tratarán o tema dos Bosques das Reservas Da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

- Os participantes, que deberán ser maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, de 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.

Últimos días para a presentación dos proxectos para participar no II Concurso de Fotografía das Reservas, que nesta edición ten como tema central Os bosques da provincia nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. O prazo de presentación das fotografías está aberto ata o vindeiro 30 de novembro e pódese consultar na web www.deputacionlugo.gal toda a información e bases deste concurso. Os participantes nesta nova edición, que deberán ser maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, que ascende a 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.

Neste certame fotográfico só poderán optar ao premio as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade. Ademais, só se poderá presentar unha fotografía por autor/a e terase que entregar nun CD-ROM coa imaxe en formato TIFF en modo de cor RGB. O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No mesmo CD-ROM deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG en modo de cor RGB. Será necesario acompañar unha copia da fotografía en papel fotográfico en brillo cun tamaño de 24 x 30 cm. As fotografías deberanse presentar, antes do 30 de novembro de 2014, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, 8, C.P. 27001, Lugo, indicando no sobre “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OS BOSQUES DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES”.

A través desta iniciativa a institución impulsa o estudo da natureza e dá a coñecer toda a riqueza medioambiental da provincia para concienciar sobre a importancia de preservar o medio natural. Este concurso, que ten como eixo central as Reservas da Biosfera da provincia, está enmarcado dento das actividades de promoción dos recursos naturais co que se busca establecer a flora e fauna de Lugo como motor xerador de riqueza. Para máis información consultar a web www.deputacionlugo.gal

2014-11-25


Comenta aquí

A Deputación impulsa o estudo da natureza da provincia co II Concurso de fotografía das Reservas

- As fotografías, que deberán tratar a temática dos bosques, realizaranse nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

- O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o vindeiro 30 de novembro e poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas e non foran premiadas anteriormente.

- O concurso ofrece 3 premios dotados con 800 euros, 500 e 300 euros.

A Deputación de Lugo impulsa o estudo da natureza da provincia a través do II Concurso de Fotografía, que nesta edición ten como tema principal Os bosques da provincia nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá. A través desta iniciativa a institución impulsa o estudo da natureza e dá a coñecer toda a riqueza medioambiental da provincia para concienciar sobre a importancia de preservar o medio natural da provincia. Este concurso, que ten como eixo central as Reservas da Biosfera da provincia, está enmarcado dento das actividades de promoción dos recursos naturais co que se busca establecer a flora e fauna de Lugo como motor xerador de riqueza.

O prazo de presentación dos proxectos está aberto e pódese consultar na web www.deputacionlugo.gal toda a información e bases deste concurso. Os participantes nesta nova edición, maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, que ascende a 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.

Bases do Concurso

PRIMEIRA
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade.

SEGUNDA
As fotografías presentadas, realizaranse no territorio das Reserva da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, tendo como temática Os bosques.

TERCEIRA
Establécense 3 premios en metálico do seguinte xeito

1º premio: 800 Euros.
2º premio: 500 Euros.
3º premio: 300 Euros.

CUARTA
Poderase presentar unha fotografía por autor/a.
A obra para concurso será presentada sen montar, sen enmarcar e sen passe-partout, poderá ser realizada en branco e negro ou en cor. A fotografía terase que presentar do seguinte xeito:

Entregarase un CD-ROM coa imaxe en formato TIFF, modo de cor RGB. O arquivo terá un tamaño mínimo de 15 Mb. No mesmo CD-ROM deberá existir unha copia da fotografía cun tamaño aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG (.jpg) en modo de cor RGB.

Será necesario acompañar unha copia da fotografía en papel fotográfico en brillo cun tamaño de 24 x 30 cm.

A fotografía deberá levar no dorso o título ou lema, e acompañarase dun sobre pechado que inclúa o nome e apelidos do autor/a, data de nacemento, enderezo, teléfono, correo electrónico, título da obra e lugar onde se realizaron. O devandito sobre levará no exterior o título ou lema da fotografía presentada.

QUINTA
O prazo de admisión de orixinais rematará o vindeiro 30 de novembro de 2014. Non se admitirán traballos entregados fóra deste prazo.

As fotografías deberanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, 8, C.P. 27001, Lugo, indicando no sobre “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA OS BOSQUES DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES”.

SEXTA
O xurado estará formado polo Presidente da Deputación Provincial de Lugo, ou persoa en quen delegue, un experto en actividades da natureza, un fotógrafo de recoñecido prestixio, e un técnico do órgano xestor das Reservas da Biosfera.

O concurso non poderá declararse deserto e a decisión do xurado será dada a coñecer directamente ós premiados e farase pública no cuarto trimestre do 2014.

SÉTIMA
As fotografías presentadas a concurso deberán ser inéditas e realizadas polo participante. Este será o único titular dos dereitos de autor delas fronte a terceiras persoas. Ademais, os concursantes responsabilizaranse dos consentimentos e permisos necesarios para usar as imaxes obtidas.

Os autores das obras premiadas cederán a favor da Deputación Provincial de Lugo todos os dereitos patrimoniais destas, en especial os dereitos de exposición, publicación e calquera outros relacionados coa difusión, citando sempre o nome do autor. Estes dereitos estenderanse a un período total de trinta anos.

O pago destes dereitos entenderanse comprendido na dotación económica dos premios do certame.

Os autores poderán empregar os traballos premiados co consentimento da Deputación Provincial de Lugo.

A Deputación Provincial de Lugo poderá publicar ou expor os traballos premiados e non premiados que se consideren de calidade, tanto fisicamente como on-line.

En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.

OITAVA
A participación neste concurso supón a aceptación íntegra e expresa destas bases.

2014-11-10


Comenta aquí

Deputación e Academia Galega de Ciencias impulsan o proxecto de conservación da natureza Rede Natura 2000

- Sonsoles López Izquierdo e Antonio Rigueiro presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a 25º edición do ciclo de conferencia Dr. Luís Asorey García.

- As xornadas, compostas por un total de 7 conferencias, celebraranse entre os días 17 e 20 e 24 e 26 de novembro no edificio provincial.

- O prazo de inscrición está aberto e os interesados en participar deberán cubrir o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Membro da Real Academia de Ciencias, Antonio Rigueiro, presentaron este xoves no Salón de Actos da Deputación a 25º edición do ciclo de conferencias Dr. Luís Asorey García, que organiza a Academia coa colaboración económica de 4.000 euros do organismo provincial. Nesta ocasión, o tema central das 9 charlas e conferencias será a Rede Natura 2000, o proxecto de conservación da natureza de maior importancia a nivel mundial que persegue conservar as especies e hábitats europeos que chegaron ata a actualidade.

Sonsoles López Izquierdo salientou que o organismo provincial colabora con esta iniciativa que se leva celebrando dende 1985 porque “axuda a establecer a riqueza e variedade natural da provincia como un dos puntos xeradores de emprego e riqueza na provincia”. A Deputada tamén quixo destacar que “analizamos as posibilidades económicas dos recursos naturais, xestionándoos de xeito responsable e coidando a flora e a fauna da provincia”.

Pola súa banda, Antonio Rigueiro, agradeceu a colaboración da Deputación e o compromiso que ten o organismo provincial coa Real Academia de Ciencias na organización deste ciclo de conferencias, que “axudarán a favorecer o desenvolver de xeito sostible do patrimonio natural do país”

O prazo de inscrición está aberto. Os interesados en participar no ciclo de conferencias Luís Asorey que terá lugar no Salón de Actos da Deputación, deberán cubrir o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade e presentalo neste mesmo.

Programación gratuíta

O Ciclo Luís Asorey está dedicado á memoria deste prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante gran parte da súa vida en Lugo, pero tamén se converteu en académico, secretario e vicepresidente da Real Academia de Ciencias. As xornadas informativas, completamente gratuítas para os participantes, terán lugar entre o 17 e 20 e 24 e 26 de outubro no Salón de Actos da Deputación, todas en horario de tarde.

Dentro das conferencias programadas destacan, entre outras, Plan Director da Rede Natura en Galicia, a cargo da Directora Xeral de conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Verónica Tellado Barcia; Conservar implicando á poboación local: modelos e propostas desde Custodia do Territorio, a cargo do Vicepresidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio, Martiño Cabana Otero; A visión das organizacións ecolóxicas en relación á Rede Natura 2000, a cargo de Ex presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Adela Figueroa Panisse; Valoración do Estado de conservación da Rede Natura 2000 en Galicia, a cargo do Profesor Titular do Departamento de Botánica da USC, Pablo Ramil Rego; ou Os soutos e os bosques de ribeira: hábitats en perigo en Galicia, a cargo do Dr. Enxeñeiro en Montes, Catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC e Membro de Número da Real Academia Galega de Ciencias, Antonio Rigueiro Rodríguez.

2014-11-06


Comenta aquí

A Deputación reforza a sinalización dos Ancares Lucenses e Terras do Miño con 60.000 euros

- A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización nas Reservas da Biosfera logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de España que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais.

- O Goberno Central, que xestiona este organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo outorgou máis de 1 millón de euros.

- Presidencia da Deputación xa situou máis de 80 sinais en puntos de accesos e zonas naturais dos Ancares Lucenses e Terras do Miño, cumprindo cos requisitos do MaB A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización para Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dotado de 60.000 euros. Faino logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de
España que xestionan Reserva da Biosfera que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN). Foron 45 as administracións que optaron as axudas deste organismo do Ministerio de Medio Ambiente.

Son 50.000 euros os que achega o Ministerio, orzamento que o actual Goberno Central recortou nun 95%, pois o anterior Executivo Estatal concedeu un total de 1.175.000 euros na convocatoria previa a esta. A Deputación achega 10.000 euros de fondos propios.

O organismo provincial reforza con estes 60.000 euros a sinalización das Reservas da Biosfera, posto que xa situou máis de 80 sinais en vías de accesos e puntos naturais dos 29 Concellos que integran Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Fíxoo cos citados fondos concedidos polo anterior
Goberno Central.

Con estas actuacións, o organismo provincial cumpre cos requisitos do Programa Internacional sobre Persoa e Biosfera (MaB), cuxo obxectivo é dinamizar a económica da zona e mellorar a calidade de vida dos habitantes das Reservas, posto que a súa riqueza natural é un dos maiores motores produtivos. “Unha axeitada sinalización, que aporte información sobre o patrimonio natural e cultural, é un factor clave para por en valor as Reservas da Biosfera, e así darlle visibilidade a zona, fomentando o turismo”, sostén o MaB.

2014-09-25


Comenta aquí

Últimas prazas dispoñibles para o II Campus de Emprendemento Sostible

- Un novo seminario gratuíto de “Maduración da idea empresarial”, asesoramento especialmente dirixido a emprendedores que xa teñan unha idea de negocio nos territorios das Reservas da Biosfera lucenses, arrinca hoxe no Centro de Interpretación Terras do Miño.

- O seguinte e último destes obradoiros celébrase do 22 ó 25 de setembro no mesmo Centro. Inscricións e máis información sobre lugares, datas e horarios en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812

A Deputación de Lugo puxo en marcha hoxe outro dos seminarios gratuítos do II Campus de Emprendemento Sostible, co que emprendedores que desexan poñer en marcha os seus negocios nos territorios das Reservas da Biosfera da provincia reciben asesoramento profesional especializado. O obxectivo desta iniciativa é impulsar novos negocios, especialmente no rural, cos que xerar emprego e combater o despoboamento demográfico.

Así, 10 emprendedores comezaron hoxe unhas xornadas intensivas de formación nas que analizarán pormenorizadamente a viabilidade dos seus proxectos. O seminario consta de dúas fases: unha primeira máis teórica, que se desenvolverá entre hoxe e o vindeiro día 17 no Centro de Interpretación Terras do Miño, en horario de 16:00 a 20:00 horas; e outra máis práctica, a que se celebrará do xoves 18, e que consistirá en visitas a exitosos negocios xa establecidos.

O seminario rematará o xoves 18, co roteiro de visitas que os participantes realizarán por diferentes establecementos da provincia, nos que manterán encontros cos seus responsables para compartir experiencias entre emprededores, todos eles concienzados sobre o respecto ó medio ambiente.

Todos os lucenses que teñan unha idea de negocio, pero que necesiten axuda e asesoramento por parte de profesionais, teñen unha última oportunidade de participar nun seminario deste II Campus de Emprendemento Sostible, que se celebrará entre os días 22 e 25 de setembro o Centro de Interpretación Terras do Miño. O horario da formación será, neste caso, de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden obter máis información e inscribirse cubrindo o formulario de solicitude que atoparán en www.deputacionlugo.gal ou chamando ó teléfono 982 227 812.

2014-09-15


Comenta aquí

A Deputación fomenta a reciclaxe dos residuos plásticos coa iniciativa Móllate e Colle 3

- A actividade arrinca mañá coa conferencia impartida polo prestixioso oceanógrafo Tony Butt e continuará durante toda a fin de semana nos Concellos de Lugo e Rábade, onde voluntarios de todas as idades axudarán a limpar ríos e montes dun xeito lúdico.

- Móllate e Colle 3 é totalmente gratuíta e ten coma obxectivo concienciar sobre os negativos efectos para o medio natural dos residuos plásticos, ofrecendo pautas para reducir o seu uso.

- O prazo de inscrición xa está aberto en www.deputacionlugo.gal, no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812. Non hai límite de prazas A Deputación de Lugo busca fomentar a reciclaxe e o uso responsable dos materiais plásticos coa actividade Móllate e Colle 3, unha iniciativa lúdica coa que os participantes gozarán das zonas verdes da provincia ó tempo que limparán de plásticos as augas fluviais e a súa contorna nos Concellos de Lugo e Rábade. Deste xeito, a institución provincial busca concienciar do perigo que producen estes residuos no medio ambiente, ofrecéndolle ós lucenses pautas para reciclar e reutilizar este material.

A actividade está programada en tres xornadas. O mércores día 10, ás 20:00 horas, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá unha conferencia sobre os perigos do plástico, a cargo do experto Tony Butt, recoñecido doutor en oceanografía e autor de diversos artigos, revistas e publicacións científicas que viaxa por todo o mundo divulgando a necesidade de protexer a natureza, quen ofrecerá alternativas de consumo e reciclaxe. Posteriormente, o sábado 13 ás 11:00 horas, celebrarase no Caneiro da Tolda, en Lugo, unha gincana de limpeza por equipos en terra e auga e xa pola tarde, ás 18:00 horas, os participantes catalogarán os residuos recollidos facendo balance sobre todo o material recollido. Por outra banda, o domingo 14 celebrarase esta mesma actividade no Centro de Estudos e Conservación na Casa das Insuas, en Rábade, entre as 11:00 horas e as 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. En ambos lugares poranse a disposición dos participantes os equipamentos que sexan necesarios para acceder ós puntos de maior contaminación, como kayaks ou táboas de paddle-surf.

A través desta actividade, a Deputación busca fomentar entre os lucenses o coidado e respecto pola natureza, neste caso, contribuíndo a reducir notablemente a cantidade de plástico que se atopa nos montes e ríos. A orixinal idea está pensada coma un xogo e con ela tamén se pretende sexa unha actividade que os participantes incorporen á súa rutina.

Os interesados xa se poden inscribir na web www.deputacionlugo.gal, no correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812. Esta actividade non ten límite de prazas.

2014-09-09


Comenta aquí

A Deputación ofrece formación gratuíta a 60 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios

- Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e no 982-22-78-12 para os 3 novos obradoiros do II Campus de Emprendemento Sostible.

- Estándirixidos a persoas que teñan avanzada a súa idea de negocio para traballar a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos seus proxectos.

- Recibirán formación e farán visitas a empresas consolidadas. Rematado este proceso, terán titorías individuais nas que se lles prestará asesoramento personalizado para a posta en marcha dos seus negocios.

A Deputación ofrece formación gratuíta a 60 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios nos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Faino a través do II Campus de Emprendemento Sostible, o programa que aposta pola cultura emprendedora como saída laboral e que crea emprego no rural, combatendo o despoboamento demográfico. Froito da primeira edición, puxéronse en marcha en distintos Concellos da provincia as primeiras 7 empresas.

Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e no 982-22-78-12 para os 3 novos obradoiros gratuítos desta programación, con 20 prazas cada un. Baixo o nome “Campus de maduración da idea empresarial”, están dirixidos a persoas que teñan avanzada a súa idea de negocio. Inclúen formación e visitas a empresas consolidadas. Traballarase a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos seus proxectos. Finalizado este proceso, haberá titorías nas que se prestará asesoramento personalizado para continuar o traballo iniciado e poñer en marcha as ideas emprendedoras.

As datas, horarios e lugares de celebración destes 3 novos obradoiros son as seguintes:

 - Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 horas a 20:00 horas.
 - Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
 - Centro de Interpretación Terras do Miño: 22-25 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.

35 novos emprendedores

O organismo provincial xa celebrou outros 3 obradoiros gratuítos co II Campus de Emprendemento Sostible. Foron os denominados “Motivación e xeración de ideas”, dirixidos a persoas que queren emprender e non saben como facelo. Foron 35 os participantes nestas accións formativas, que tiveron lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño da capital luguesa e no Concello de Cervantes, e que incluíron visitas a empresas consolidadas. Estes 35 novos emprendedores están agora a recibir asesoramento personalizado para a posta en marcha dos seus negocios.

Primeiras 7 empresas

O Campus de Emprendemento Sostible é a programación da Deputación que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora. Deste plan resultaron, polo de agora, 7 novas empresas, que abriron as súas portas en distintos Concellos da provincia logo da celebración da súa primeira edición o ano pasado. Os seus sectores son os seguintes:

Agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagroturismo e produción artesanal. Hai en marcha dende unha granxa de abellas, unha cantina e ata unha zoqueira. No I Campus, houbo 4 obradoiros en Terras do Miño e nos Ancares, nos que participaron 48 persoas. Na súa maioría, foron mozos de entre 26 e 35 anos, con estudos universitarios.

2014-08-19


Comenta aquí

Esgotadas as prazas para a ruta Andaina nocturna: seres mitolóxicos, que organiza o Centro de Interpretación Terras do Miño

- 20 nenos e adultos percorrerán a zona do Rato nunha actividade que arrinca mañá ás 21:30 horas e que levará ós seus participantes a coñecer máis da relación entre mitoloxía galega e natureza.

- A axenda do Centro de Interpretación continúa en agosto e setembro con máis actividades pensadas para públicos de todas as idades. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812.

Un total de 20 adultos e nenos tomarán parte este martes, entre as 21:30 e as 23:30 horas, en Andaina nocturna: seres mitolóxicos, actividade organizada pola Deputación de Lugo a través do Centro de Interpretación Terras do Miño (CITM). Os participantes percorrerán a zona do río Rato seguindo unha ruta inspirada pola mitoloxía galega. Ó longo de dúas horas, o roteiro levará ós asistentes a descubrir o vencello entre as lendas e contos do imaxinario galego e os elementos da natureza.

Esta actividade enmárcase na programación do terceiro trimestre do CITM, que continúa neste mes e en setembro con novas actividades, como conferencias e obradoiros, especialmente pensados para os máis novos. As actividades son as seguintes:

Xornadas para nenos de entre 5 e 12 anos. Con 20 prazas cada unha. Horario de 11:00 a 14:00 horas:

- 6 de setembro, Pegadas de Animais, actividade que se celebrará entre as 11:00 e as 14:00 horas, cun límite de 20 prazas.
- 27 de setembro, Cociño no Medio Natural, tamén co mesmo horario e número máximo de participantes.

Xornadas para familias:

- 11 de setembro, Andaina nocturna: as lendas da lúa. Con outras 20 prazas. De 21:30 a 23:30 horas.
- 13 e 14 de setembro, Móllate e colle 3, actividade sen límite de prazas, que se celebrará no Caneiro da Tolda, nas Ínsuas de Rábade. O horario da actividade é de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas.
- 21 de setembro, Identificación de flora, de 11:00 as 14:00 horas, cun límite de 40 prazas.

Tamén haberá conferencias:

- O 10 setembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a conferencia Estudio De Contaminación Mariña, a cargo do Dr. Tony Butt. 40 prazas. A partires das 19:30 horas.
- O 18 de setembro, terá lugar a derradeira conferencia deste trimestre, denominada Fungos Termófilos, a cargo do Dr. Julián Alonso Díaz. Ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño, para un total de 40 persoas.

Os interesados poderán inscribirse e atopar máis información sobre estas actividades na web www.deputacionlugo.gal, ou ben poñéndose en contacto directamente coa Área de Medio Ambiente no 982 227 812

2014-08-11


Comenta aquí

LUGOTEANDO

O Lugoteando chega á súa 5ª edición ofrecendo 800 prazas gratuítas en ducias de actividades de ocio e deporte na natureza

- Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal para participar nas xornadas que se celebrarán nos meses de agosto e setembro nos Concellos do Valadouro; O Incio; A Pobra do Brollón; Burela; Guitiriz; Vilalba; A Fonsagrada e Lugo
- 800 prazas gratuítas dispoñibles para participar en actividades coma as bolas acuáticas; o paddle surf ; as bananas acuáticas; segways; skates a motor; simulador de surf, ou o longskate
- O prazo de inscrición xa está aberto en www.deputacionlugo.gal. No caso de quedar prazas libres, os interesados tamén poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. Máis información na citada web ou no 982 260 147
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada pola Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, presentaron hoxe nun acto que tivo lugar na área recreativa lucenses de Los Robles, unha nova edición do Lugoteando, a programación medioambiental de actividades lúdicas e deportivas para públicos de todas as idades, que busca potenciar o medio natural como factor xerador de riqueza na provincia. Esta iniciativa gratuíta posta en marcha pola Deputación de Lugo hai cinco anos, cofinanciada ó 80% por fondos europeos a través do programa Lug02, arrinca este mesmo sábado, 9 de agosto e durante os meses de agosto e setembro desenvolverase en diferentes puntos de 8 Concellos lucenses. O prazo de inscrición para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa está aberto en www.deputacionlugo.gal.

Méndez destacou que o éxito das edicións anteriores do Lugoteando, que lograron reunir a preto de 4.000 persoas procedentes de toda a provincia, así como doutros puntos de Galicia, “fan pensar que nesta ocasión non será diferente, confirmando que o ocio medioambiental, o aproveitamento lúdico dos nosos recursos fluviais e litorais, é unha das maiores oportunidades económicas da provincia”. Méndez avogou pola validez de iniciativas deste tipo, que “supoñen un decidido impulso por poñer en valor a nosa riqueza natural”.

Datas e inscricións

A 5ª edición de Lugoteando arrinca coa xornada que se celebrará Concello do Valadouro, en xornadas de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As actividades preparadas son terrestres, e entre elas destacan os paseos en sewgay; un transporte lixeiro de dúas rodas con motor eléctrico; o longskate, unha variedade de skate ou un simulador de surf. O calendario de datas desta programación é o seguinte:

9 de agosto: O Valadouro, no recinto feiral.
16 de agosto: O Incio, no embalse.
17 de agosto: A Pobra do Brollón, na praia fluvial.
23 de agosto: Burela, na praia urbana.
29 de agosto: Guitiriz, na praia fluvial de Parga.
5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.

Estas citas ofrecerán a 800 persoas a posibilidade de facer surf, coñecer os sea scooter (un pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade); subirse ás bananas acuáticas; dar paseos en canoa ou experimentar os patinetes acuáticos a pedal.

O prazo de inscrición para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa está aberto en www.deputacionlugo.gal, para o que só será necesario cubrir un pequeno formulario. No caso de quedar praza libres, os interesados tamén poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. Máis información na citada web ou no 982 260 147. Os menores de idade que desexen participar terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que tamén se pode descargar na web.

A aposta polo medioambiente

A Deputación de Lugo volve apostar polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano para potenciar o ocio medioambiental e o turismo desestacionalizado para xerar riqueza. Este tipo de actividades tamén contribúen a impulsar negocios lucenses de diferente sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

2014-08-06


Comenta aquí

O Centrad pon en marcha o I Verán Artesán da Terra Chá

Programación:

09/08/2014 y 10/08/2014 Curso de torneado de madeira na Aldea da Fraga, no Concello de Xermade. Pensado para as familias, nel poderán tomar parte tanto adultos coma nenos a partires de 8 anos.

16/08/2014: Curso de bordado ó aire no obradoiro de Carmen López, en Vilalba, e nel os participantes poderán aprender os fundamentos básicos desta técnica.

23/08/2014: Curso de olería: obradoiro de Pepa Lombao en Bonxe, en Outeiro de Rei. Os alumnos aprenderán a realizar e decorar pezas con diferentes técnicas.

30/08/2014: Curso de cestería creativa con elementos naturais: no obradoiro da artesá Cuesta en Outeiro de Rei.

06/09/2014: Curso de construción de instrumentos musicais: no obradoiro do artesán Xoan Manuel Tubio, Xaneco, en Outeiro de Rei.

2014-08-05


Comenta aquí

A Deputación colabora un ano máis no encontro de Irmandade entre Lugo e a Bretaña Francesa

- A institución provincial presta un ano máis o seu apoio financeiro a este encontro que celebra este ano, entre os días 12 e 19 de agosto, á súa 16ª edición

- Os lucenses darán a coñecer as Reservas da Biosfera de Lugo ó tempo que porán de manifesto a riqueza cultural e produtiva da provincia ó longo das actividades previstas

- A iniciativa ten como obxectivo manter as relacións entre ambos pobos e promover as Reservas da Biosfera de Lugo

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou este martes nos xardíns da Deputación o 16º encontro de Irmandade entre Sarria e a localidade bretoa de Guerlédan, á que un ano máis a institución provincial presta o seu apoio económico. O acto de presentación, que tamén contou coa participación da Presidenta da Irmandade, Elvira Vila, e o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco José Pérez González, serviu para dar a coñecer a programación do encontro, que se celebrará entre os días 12 e 19 de agosto, e que ten entre os seus obxectivos darlle visibilidade á provincia e ás Reservas da Biosfera de Terras do Miño e dos Ancares Lucenses.
Nesta liña, López Izquierdo salientou que “as boas relacións entre lucenses e bretóns son unha ocasión excepcional para dar a coñecer a riqueza natural, gastronómica e cultura da nosa provincia e promocionar os produtos da nosa terra”. A Deputada destacou que “a promoción internacional das nosas Reservas da Biosfera axuda a darlle visibilidade, non só a estes espazos naturais, senón a toda a provincia”. Pola súa banda, a Presidenta da Asociación da Irmandade Sarria-Guerlédan, Elvira Vila, e o Concelleiro de Cultura, Francisco José Pérez, quixeron agradecer a colaboración da Deputación e destacaron que “todos arrimamos o ombro e traballamos en conxunto, deixando ás ideoloxías de lado, para consolidar ano a ano un evento desta importancia”.

A orixe deste irmandade entre os Concellos da Comarca de Sarria e Guérledan, producida por Luis Milla; xornalista natural de Paradela que se decatou das similitudes de ambas as rexións e decidiu comezar con estes intercambioss; ten coma obxectivo fundamental o intercambio cultural, que se establece grazas ás viaxes de bretóns a Sarria nos anos impares e de lucenses á Bretaña nos pares. Durante a estancia dos lucenses na Bretaña, visitarase unha das Resevas da Biosfera da rexión, e na que os lucenses observarán as similitudes e diferencias en relación cos Ancares Lucenses.

Medio ambiente e cultura europea

Nesta ocasión, o medio ambiente e a cultura serán algúns dos eixes vertebradores da visita a terras bretoas. Entre as actividades previstas inclúense visitas a enclaves naturais destacados da rexión e a fábricas de produtos autóctonos. A música e a cultura popular tamén teñen cabida no programa de visitas dos sarriáns grazas ás charlas e mesas redondas que estarán a cargo de profesores e catedráticos de universidades francesas nas que se abordarán temas como os sistemas sanitarios e educativos franceses e españois. O día 17 de agosto terá lugar un dos actos destacados da visita, a sinatura da Carta de Irmandade en presenza das autoridades e dos presidentes de ambos Comités, coa que se revalidará esta relación entre ambas vilas e no que todo Guerledán está convidado a participar.

2014-08-05


Comenta aquí

A Deputación revalida a declaración de Reserva da Biosfera para Terras do Miño

- A UNESCO premia o feito de que a Deputación abrise á participación de Concellos e da cidadanía a toma de decisión sobre a xestión de Terras do Miño, pois “isto axuda a garantir o funcionamento activo da Reserva da Biosfera”

- A Vicepresidenta Segunda explica que o organismo provincial cumpriu con todos os requisitos fixados pola UNESCO para revalidar esta distinción: contar cunha zonificación axeitada, crear Órganos de Xestión e impulsar un plan de acción.

- Lugo é a única provincia de España na que máis do 55% do seu territorio está declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, un valor engadido que a Deputación aproveita para xerar riqueza e emprego, e combater a sangría demográfica.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, avanzou este luns, durante a reunión dos Órganos Reitor e de Participación de Terras do Miño, que a Deputación acadou a renovación da declaración de Reserva da Biosfera para dito espazo natural. Méndez destacou que “a UNESCO vén de ratificar o compromiso deste Goberno Provincial co desenvolvemento sostible e a conservación de Terras do Miño. É un día importante para a provincia, posto que a renovación deste distintivo contribúe á xeración de riqueza e emprego en Lugo”.

A Vicepresidente explicou que o organismo provincial cumpriu con todos os requisitos que determina a UNESCO para renovar a declaración de Reserva da Biosfera. Estes son:

Contar cun proxecto de zonificación. Terras do Miño tiña definido este territorio con data 2012, cando a UNESCO declarou este espazo como Reserva da Biosfera. Pola contra, a ampliación da Rede Natura requiriu a súa actualización. Xa no 2012, a Deputación contou coa colaboración de expertos da Universidade de Santiago de Compostela para catalogar os espazos que integran Terras do Miño. Determináronse 3 zonas: zona núcleo, a integrada por espazos protexidos; a zona tampón, que protexe á zona núcleo; e zona de transición, a de realización de actividades para o desenvolvemento socioeconómico deste espazo.
Creación dos Órganos de Xestión. A Deputación de Lugo converteuse, no 2011, nunha das primeiras administracións en Galicia que constituíu os Órganos de Xestión das Reservas da Biosfera, abríndoos, por primeira vez, á participación dos Concellos e da cidadanía para que formen parte na toma de decisións sobre as accións de conservación e desenvolvemento. Deste xeito, forman parte do Órgano de Participación representantes municipais dos 26 Concellos que integran Terras do Miño e dos tres grupos políticos provinciais (PSOE, BNG e PP), así como das seguintes 13 organizacións agrarias, de monte en man común, ecoloxistas, de turismo rural, de defensa do patrimonio..., que se amosaron moi receptivos á hora de tomar parte na xestión da Reserva: Asociación Revolta Natural de Cospeito; Tecor de Caza Riotorto; Asociación Medioambiental de Riotorto; Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN); Asociación Terras de Lugo; Agrupación de Asociacións de Veciños de Lugo (AGRUPALUGO); Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Sindicato Labrego Galego (SLG); as Comunidades de Montes en Man Común de Amorín e Carqueixas (Pol), de Santo Estevo de Parga (Guitiriz) e de San Xulián de Roca (Guitiriz); xunta local da Asociación Española contra o Cancro de Guitiriz, e Asociación Cultural e Medioambiental dos Veciños de San Xulián de Becín, tamén no Concello guitiricense. Por outra banda, o Consello Reitor está composto por representantes dos 3 grupos políticos provinciais na Deputación, do Ministerio de Medio Ambiente e da Xunta de Galicia.
Impulsar un plan de acción. No 2012, a Deputación aprobou por unanimidade nos Órganos de Xestión un plan de acción para Terras do Miño por valor de 4 millóns de euros a desenvolver en 10 anos. Este documento marca as liñas estratéxicas de conservación e desenvolvemento deste espazo natural protexido. Contempla liñas de actuación para a conservación do patrimonio, dotación de servizos e creación de emprego nos 26 Concellos da zona.

Conclusións UNESCO

No Consello Internacional de Coordinación do Programa Mab da UNESCO, celebrado en Suecia entre os días 10 e 13 de xuño, aprobáronse os informes de avaliación decenal correspondentes a 8 Reservas da Biosfera de España, entre elas, a de Terras do Miño. A conclusión do Consello foi que “a Reserva da Biosfera ten varias categorías de áreas protexidas, como a Rede Natura 2000, e outras figuras rexionais, que garanten a protección das zonas núcleo. Dende 2011, a súa estrutura de xestión e o plan de acción desenvolvéronse en consulta coas comunidades locais; isto axuda a garantir o funcionamento activo da Reserva da Biosfera”. O Consello tamén tivo en conta a peculiaridade do sistema de zonificación, que é complementario coa cordilleira Cantábrica. O Consello concluíu que esta Reserva da Biosfera reúne os criterios do Marco Estatutario da Rede Mundial de Reservas de la Biosfera.

Reserva da Biosfera da provincia

Lugo é a única provincia de España na que máis do 55% do seu territorio está declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, un valor engadido que a Deputación aproveita dadas as oportunidades económicas e de creación de emprego que ofrece, pero tamén polo amplo abano de posibilidades que abre para atallar un dos grandes problemas que afronta a provincia: o despoboamento demográfico. A provincia lucense concentra a maioría das Reservas da Biosfera en Galicia, ó contar con 3 dos 5 espazos naturais que a UNESCO declarou na Comunidade Autónoma: Terras do Miño, Os Ancares e Tío Eo-Oscos-Terras de Burón. A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira que a UNESCO declarou en Galicia, no ano 2002, e é a máis grande da comunidade autónoma e a segunda de toda a Península Ibérica. A Reserva ocupa 363.668 hectáreas, o que supón o 39% do territorio da provincia. Neste espazo natural están incluídos 26 Concellos da Cunca Alta do Miño, pertencentes á súa vez a 7 comarcas lucenses: Ourol; O Valadouro; Muras; Alfoz; Mondoñedo; Abadín; Xermade; Vilalba; A Pastoriza; Riotorto; Guitiriz; Cospeito; Meira; Begonte; Rábade; Castro de Rei; Outeiro de Rei; Pol; Lugo; Friol; Castroverde; Guntín; O Corgo; Baralla, O Páramo e Láncara.

2014-07-28


Comenta aquí

Os veciños dos 67 Concellos poden participar xa e ata setembro na elaboración dos orzamentos da Deputación dende Internet

- A Deputación manterá operativo o portal www.orzamentosparticipativos.org ata o 10 de setembro, incrementando o prazo para que os lucenses maiores de 16 anos opinen sobre as prioridades do presuposto da institución para 2015.

- Poden opinar dende xa e ata dita data, todos os cidadáns, independentemente da celebración das xuntanzas participativas nos 9 partidos xudiciais.

A Deputación convida ós lucenses maiores de 16 anos a participar na elaboración dos presupostos para 2015 a través de www.orzamentosparticipativos.org. Este portal, en funcionamento dende finais de xuño, estará operativo ata o 10 de setembro.

Increméntase, deste xeito, o prazo para que os veciños opinen sobre cales deben ser, baixo o seu criterio, as prioridades do orzamento da institución dende Internet. Poden facelo, dende xa e ata entón, os cidadáns dos 67 Concellos, independemente da celebración das xuntanzas participativas nos 9 partidos xudiciais.

É dicir, aínda que xa tiveron lugar as xuntanzas participativas da Fonsagrada, Viveiro e Chantada, os veciños dos municipios que integran estes partidos xudiciais poden seguir opinando neste portal web. Tamén o poden facer dende xa os cidadáns dos Concellos que
forman parte dos partidos xudiciais de Vilalba, onde hoxe ten lugar a xuntanza participativa, así como dos de Sarria, Monforte, Becerreá, Mondoñedo e Lugo, onde, ó longo deste mes, se celebrarán ditos encontros.

Polo tanto, ata setembro, os veciños opinarán sobre as súas prioridades a través de 3 canles de participación: xuntanzas participativas nos partidos xudiciais (sendo a última o 31 de xullo, manténdose o calendario), redes sociais e portal www.orzamentosparticipativos.org. En base ó manifestado polos cidadáns, unha comisión técnica da Deputación será a encargada de
realizar un informe sobre a súa viabilidade, deseñar os plans de actuación, determinar a dispoñibilidade orzamentaria ou estudar as colaboracións con outras administracións.

Posteriormente, comunicarase a todos os participantes as conclusións finais cos plans de
actuación por áreas. Todo isto, para que o 1 de xaneiro, tal e como sempre fai o Goberno Provincial, entre en vigor o orzamento de 2015, o primeiro participativo dunha Deputación en España.

2014-07-15


Comenta aquí

35 lucenses fórmanse gratis no Campus da Deputación para iniciar a súa actividade empresarial

- Son os participantes nos 3 obradoiros de “Motivación e xeración de ideas”, cuxa última edición arrancou este luns en Terras do Miño, coa participación doutros 12 lucenses.

- A Deputación ofrece a custe cero novas 60 prazas para os seminarios sobre “Maduración da idea empresarial”, dirixidos a persoas que xa teñan avanzada a súa idea de negocio.

Inscricións en www.deputacionlugo.org e no 982-22-78-12

A Deputación puxo en marcha este luns no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado na capital luguesa, o derradeiro obradoiro gratuíto de “Motivación e xeración de ideas” do II Campus de Emprendemento Sostible. 12 lucenses participan nesta iniciativa, que inclúe
formación sobre os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial ou os elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa; visitas a empresas consolidadas e titorías individuais para a posta en marcha dos novos negocios. Outras 23 persoas recibiron
a mesma formación noutros dous obradoiros, facendo que sexan un total de 35 lucenses os que se forman gratis no Campus da Deputación para iniciar a súa actividade empresarial.
En Terras do Miño, foron dous os seminarios de “Motivación e xeración de ideas” os que se celebraron, xunto ó de hoxe. En Cervantes, tivo lugar outro. Os seus 35 participantes continúan recibindo asesoramento gratuíto para abrir os seus novos negocios nos 29 Concellos que integran as Reserva da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

A Deputación ofrece agora formación gratuíta a outras 60 persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio. Para elo, mantén aberto o prazo de solicitude de 3 obradoiros, con 20 prazas cada un, sobre “Maduración da idea empresarial”, que inclúen formación, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais.

Para anotarse só é preciso acceder a www.deputacionlugo.org ou chamar ó 982-22-78-12.

As datas, horarios e lugares de celebración destes novos seminarios son as seguintes:
 - Centro de Interpretación Terras do Miño: 1-4 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
 - Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
 - Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.

Creación de emprego no rural

O Campus de Emprendemento Sostible é a programación da Deputación que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora. Este plan resultaron, polo de agora, 7 novas empresas que abriron as súas portas na provincia logo da celebración da súa primeira edición o ano pasado. Estas entidades son dos seguintes sectores: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagruturismo e produción artesanal.

2014-07-14


Comenta aquí

Arrancan as actividades gratuítas de Terras do Miño para o verán, coa participación dunha ducia de nenos

- Unha ducia de cativos participaron este mércores en Paseo polo río Rato, a primeira das xornadas gratuítas da nova programación do Centro de Interpretación de Terras do Miño

- Aberto o prazo de solicitude doutra ducia de actividades para persoas de todas as idades, cun total de 300 prazas gratis, en www.deputacionlugo.org e no 982-22-78-12

Arrancan as actividades
A Deputación puxo en marcha este mércores as actividades gratuítas do Centro de Interpretación Terras do Miño para este verán. Esta programación, financiada na súa totalidade polo organismo provincial, ofrece a cidadáns de todas as idades unha alternativa lúdica diferente, que educa no respecto polo medio ambiente e pon de manifesto a riqueza natural da provincia.

Unha ducia nenos e nenas participaron hoxe na primeira destas xornadas: Paseo polo río Rato. A actividade comezou ás 9:00 horas, coa proxección de tres videos de caracter educativo para que os máis picariños comprendan a verdadeira riqueza medioambiental de Lugo e aprendan a ser respectuosos con ela. As proxeccións xiraron en torno ós ríos, montes e ás reservas medioambientais. Logo, houbo varios xogos, que se celebraron no Centro de Interpretación, no que os máis pequenos continuaron aprendendo cal é a importancia do medioambiente. Ó remate, deu comezou o paseo polo río Rato, onde os monitores foron indicando ós nenos cales son as pautas que se deben seguir e cales non.

Actividades para 300 persoas
Continúa aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982-22-78-12 doutras ducia de actividades gratuítas, con prazas para 300 persoas. Máis información na web. Todas se celebrarán no Centro de Interpretación de Terras do Miño, capital luguesa, agás unha que terá lugar nas Insuas de Rábade. O calendario é o seguinte:

Xornadas para nenos de entre 5 e 12 anos. Con 20 prazas cada unha. Horario de 11:00 a 14:00 horas:
- 12 de xullo, O Noso refuxio
- 6 de setembro, Pegadas De Animais.
- 27 de setembro, Cociña no Medio Natural.

Xornadas para mozos e mozas:
- O 11 de xullo é o día do medo. O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a actividade nocturna Noite do Terror, que se estenderá entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.

Xornadas para familias ó completo:
- 15 xuño, Andaina nocturna: Alumando a Noite, na que poderán participar 20 persoas como máximo e que se celebrará entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.
- 19 e 20 de xullo, Taller de Relaxación na Natureza. Dirixido a 40 persoas. Dende as 11:00 horas e ata as 14:00 horas.
- 12 de agosto, Andaina nocturna: seres mitolóxicos. Con 20 prazas. Terá lugar dende as 21:30 horas e ata as 23:30 horas.
- 11 de setembro, Andaina nocturna: as lendas da lúa. Con outras 20 prazas. De 21:30 horas ás 23:30 horas.
- 21 de setembro, Identificación de flora, dende as 11:00 horas e ata as 14:00 horas. 20 prazas.
- 13 e 14 de setembro, MÓLLATE E COLLE3, actividade sen limite de prazas, celebrará no Caneiro da Tolda, nas Ínsuas de Rábade. O horario da actividade comeza ás 11:00 horas e ata as 14:00 horas, e entre as 16:00 horas e as 19:00 horas.

Tamén haberá conferencias:

- O 12 setembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a conferencia Estudio De Contaminación Mariña, a cargo do Dr. Tony Butt. 40 prazas. A partires das 19:30 horas.

- O 18 de setembro, terá lugar a ultima conferencia deste trimestre, denominada Fungos Termófilos, a cargo do Dr. Julián Alonso Díaz. Ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño, para un total de 40 persoas.

2014-07-09


Comenta aquí

Arrancan as actividades de verán do Centro de Interpretación Terras do Miño

- Paseos polo río Rato, talleres de relaxación ou andainas nocturnas son soamente algunhas das propostas lúdicas e medioambientais organizadas hasta setembro
- As actividades, todas gratuítas e con capacidade para 300 persoas, están deseñadas en función das idades dos participantes, habendo propostas para nenos, mozos e familias

- Os interesados poden inscribirse xa na web www.deputacionlugo.com, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade

Arrancan as actividades de verán do Centro de Interpretación Terras do Miño
O Centro de Interpretación Terras do Miño da Deputación arrancará o vindeiro mércores as actividades lúdicas e medioamientais deseñadas para o 3º trimestre deste ano, coincidente coa tempada de verán, nas que poderán participar 300 persoas de xeito totalmente gratuíto. A programación, que se desenvolverá entre os días 9 de xullo e 27 de setembro, está dividida 3 grupos, en función da temática: actividades para nenos; mozos e mozas, e familias.

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, informou, durante a celebración do último curso deste trimestre, das actividades que van comezar a vindeira semana no Centro de Interpretación Terras do Miño. López Izquierdo salientou que estas actividades “gozan dunha grande acollida por parte dos lucenses”. “De feito, só durante o trimestre pasado máis de 230 persoas aproveitaron estas propostas e, se facemos balance das do ano 2013, foron máis de 1.700 as luguesas e lugueses que participaron nestas xornadas”. A Deputada afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle ós cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “aparte de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación para o mes de xullo
O calendario das actividades programadas para o mes de xullo é o seguinte:
Para os máis pequenos:
- O día 9 de xullo terá lugar a actividade “Paseo polo río Rato”, unha actividade dirixida a un máximo de 20 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas.
- O día 12 de xullo comezará a actividade “O Noso refuxio”, dirixida a rapaces de entre 5 e 12 anos e que conta cun total de 20 prazas. O lugar no que se celebrará a actividade é o Centro de Interpretación.
- O 6 de setembro está prevista a actividade “ Pegadas De Animais”, dirixida a un total de 20 rapaces de entre 5 e 12 anos e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas.
- O día 27 comeza “Cociño No Medio Natural” dirixida a un total de 20 rapaces de entre 5 e 12 anos e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 11:00 horas e as 14:00 horas

Para mozos e mozas:
- O día 11 de xullo é o día do medo. O centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a actividade nocturna “Noite do Terror” que se estenderá entre as 21:30 horas e as 23:30 no propio centro de interpretación.

Para familias ó completo:
- O día 15 xuño esta programada a actividade “ Andaina nocturna: Alumando a Noite” na que poderán participar 20 persoas como máximo e que se celebrará entre as 21:30 horas e as 23:30 horas.
- Por último para o mes de xullo, os días 19 e 20 deste mes dará comezo o “Taller de Relaxación na Natureza”. Esta iniciativa este dirixida a 40 persoas como máximo e celebrárase entre as 11:00 horas e as 14:00 horas destes dous días.
- O 12 de agosto “Andaina nocturna: seres mitolóxicos” que terá Lugar no C.I. Terras do Miño entre as 21:30 horas a 23:30 horas e na que poderán participar ata 20 participantes.
- O 11 de setembro comeza a actividade “Andaina nocturna: as lendas da lúa” Lugar no C.I. Terras do Miño entre as 21:30 horas a 23:30 horas e na que poderán participar ata 20 participantes.
- O 21 de setembro “Identificación de Flora” que transcorrerá entre as 11:00 horas e as 14:00 horas. O lugar no que ata 20 participantes poderán participar é o C.I. Terras do Miño.
- O 13 e 14 de setembro “Móllate E Colle3”, actividade sen limite de prazs e que celebrará no Caneiro da Tolda. O horario da actividade comeza as 11:00 hora ata as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 19:00 horas. Esta actividade pretende buscar a implicación voluntaria dos cidadáns de tódalas idades para participar nunha campaña de recollida de lixo que terá unha duración de dúas xornadas. As actividades de recollida de lixo poderán facerse por terra e no propio río, para o cal o equipo de monitores porá á disposición dos voluntarios os equipamentos necesarios (kayak e táboas de paddle surf) así como os equipamentos de seguridade para que a actividade se realice en óptimas condicións.

Tamén haberá dúas conferencias:
O día 12 setembro de 2014 o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá a conferencia “Estudio De Contaminación Mariña” a cargo Do Dr. Tony Butt”. A hora do encontro está programada para as 19:30 horas para un total de 40 persoas.
O día 18 terá lugar a ultima conferencia deste trimestre denominada “Fungos Termófilos” a cargo do Dr.Julián Alonso Díaz. As 19:30 horas no centro de interpretación Terras do Miño, para un total de 40 persoas.

Os interesados poden anotarse xa na web da Deputación www.deputacionlugo.org, na que figura ademais toda a información necesaria desta proposta na páxina web

2014-07-03


Comenta aquí

Fallados os premios do concurso fotográfico de A viaxe polar

- Sonsoles López Izquierdo entregou os galardóns do concurso organizado polo I Congreso Nacional de Documentalistas e Fotógrafos de Natureza celebrado en Lugo o pasado outubro
- As fotos gañadoras dos lucenses Óscar Abelleira e Patricia Yáñez e a pontevedresa Guadalupe Pérez, xunto co resto de traballos presentados forman parte da mostra Naturalmente Lugo, que permanecerá aberta ata o 7 de setembro no Centro de Interpretación Terras do Miño

Fallados os premios do concurso fotográfico de A viaxe polar
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, fixo entrega de galardóns ós premiados no concurso de fotografía que formou parte da programación do I Congreso de Documentalistas e Fotografía de Natureza A viaxe polar, organizado por Deputación e Concello de Lugo. Tanto o Congreso como o concurso fotográfico paralelo, tiveron unha excelente acollida entre o público malia ser a primeira edición, xa que contou coa participación de máis de 200 asistentes.

López Izquierdo destacou que “o que amosa que o patrimonio natural desempeña un papel dinamizador dende o punto de vista cultural e económico, o que quedou patente co éxito acadado con este congreso e todas as actividades paralelas que se organizan”

Este certame fotográfico tiña como obxectivo que os participantes no Congreso plasmaran o patrimonio natural da cidade de Lugo e da súa contorna, percorrendo durante dous días zonas verdes como os paseos dos ríos Miño e Rato, ou A Fervenza, espazos que forman parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Os mellores traballos foron os dos lucenses Óscar Abelleira e Patricia Yáñez e a pontevedresa Guadalupe González, merecedores do 1º, 2º e 3º premio, respectivamente.

As tres fotografías premiadas formarán parte xunto co resto de traballos da exposición Naturalmente Lugo, que permanecerá aberta ó público no Centro de Interpretación Terras do Miño.

A colección de 90 traballos que conforman esta mostra poderán ser visitados, dende hoxe e ata o vindeiro 7 de setembro nas instalacións do Centro, de xeito gratuíto, nos seus horarios habituais: de 9:30 a 14:30 horas de luns a venres, e de 16:00 a 19:00 horas os venres. Os sábados, o horario será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Os domingos, de 11:00 a 14:00 horas.

2014-06-26


Comenta aquí

Arrinca a formación gratuíta do II Campus de Emprendemento sostible no Centro de Interpretación Terras do Miño

- O CITM acolle o primeiro dos seis seminarios programados no II Campus de emprendemento sostible, que leva por nome Campus de motivación e xeración de ideas
-As seguintes edicións deste seminario celebraranse entre os días 7 e 10 de xullo en Cervantes e novamente no Centro de Interpretación entre os días 14 e 17 de xullo
- Os interesados en participar nestes obradoiros poderanse inscribir na web da Deputación, www.deputacionlugo.org, ou ben chamando ó 982 227 812

Arrinca a formación gratuíta do II Campus de Emprendemento sostible no Centro de Interpretación Terras do Miño
A Deputación vén de poñer en marcha o II Campus de Emprendemento Sostible, co seminario Campus de motivación e xeración de ideas, que arrincou hoxe no Centro de Interpretación Terras do Miño e que continuará ata o vindeiro día 26 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 horas. O organismo provincial organiza estas accións formativas de xeito gratuíto para todas aquelas persoas que estean interesadas en emprender e poñer en marcha novos negocios nos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares lucenses, con especial atención ó rural destes municipios.

O seminario Campus de motivación e xeración de ideas está dirixido a aquelas persoas que estean a valorar a posibilidade de emprender. Nesta primeira fase, os participantes coñecerán a viabilidade dos seus proxectos e recibirán asesoramento técnico, económico, comercial ou medio ambiental para a súa posta en marcha. Explicaranse os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa, así como os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como identificar as oportunidades de negocio.

Estas accións formativas gratuítas son unha mostra da aposta da Deputación pola cultura emprendedora e a creación de postos de traballo para combater o despoboamento demográfico.

Últimas prazas
O II Campus de Emprendemento Sostible desenvolverase tanto en Lugo como en Cervantes. Os interesados no curso que se celebrará no Concello de Cervantes, para os emprendedores da zona dos Ancares, entre o 7 e o 10 de xullo, en horario de 16:00 a 20:00 horas, ou os que desexen participar no que se levará a cabo no Centro de Interpretación Terras do Miño, entre os días 14 e 17 de xullo, de 16:00 a 20:00 horas, aínda poden facer a súa solicitude de inscrición a través da web da Deputación, www.deputacionlugo.com, ou chamando ó 982 227 812.

2014-06-23


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño presenta as novas actividades gratuítas que se ofertan para o 2º trimestre

O Centro de Interpretación Terras do Miño anuncia o calendario de actividades para os próximos 3 meses, tras a boa acollida do 1º trimestre, con 235 participantes

Estas actividades, destinadas a toda a familia, constan de 4 conferencias e diversas actividades para todos os públicos, adultos ou só para nenos

A participación é gratuíta, sendo preciso inscribirse na web www.deputacionlugo.org, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade

O Centro de Interpretación Terras do Miño presenta as novas actividades gratuítas que se ofertan para o 2º trimestre
O Centro de Interpretación Terras do Miño vén de facer público o calendario de actividades programadas para os vindeiros meses que, como é habitual, é gratuíto e pensado para participantes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer ós lucenses.

Esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o ano pasado, e máis de 230 nos tres primeiros meses do 2014.

O calendario das actividades programadas é o seguinte:

Conferencias:
-O día 10 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia “A viaxe polar: Ártico e Antártida”, destinada a 40 persoas de todas as idades.
-O 25 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Micoloxía e Medio Ambiente”, tamén para todos os públicos e con 40 prazas dispoñibles
-O 15 de maio, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase unha conferencia sobre a “Fauna representativa no Rato”, pensada para todos os públicos.
-O 12 de xuño, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Caracterización do voo forestal no Parque do río Rato”, á que poderán asistir 40 persoas de todas as idades.

Actividades para adultos:
-Os días 10, 11, 24 e 25 de maio, entre as 11:00 e 14:00 e 16:00 e as19:00 horas os sábados, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase un curso de fotografía.
-O 31 de maio e o 7 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas e 16:30 e 18:30 horas, nas instalacións do Centro celebrarase un obradoiro de “Elaboración de conservas artesanais”, no que poderán participar 20 persoas.

Actividades para toda a familia:
- O 26 de abril, entre as 10:00 e as 14:00 horas, haberá unha charla sobre “Micoloxía e medio ambiente” no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O día 21 de xuño, de 10:00 a 19:00 horas, terá lugar o o II Encontro de cociña solar, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Actividades infantís:
- O día 24 de xuño, entre as 11:30 e as 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, levarase a cabo o obradoiro “Pequeno chef ecolóxico”.
- O 26 de xuño, entre as 11:30 e 13:30 horas, outro obradoiro “As moitas vidas do papel”, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O 1 de xullo, entre as 11:30 e 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase a activdade “O rei da floresta, contos, música e máis”.
- O 3 de xullo, entre as 11:30 e as 13:30 horas levarase a cabo a actividade “Constrúe o teu pobo”, no Centro de Interpretación Terras do Miño.

Para obter máis información e inscribirse nas actividades, os interesados poden facelo na web www.deputacionlugo.org ou poñéndose en contacto coa Área de Medio Ambiente no 982 -227-812.

2014-04-07


Comenta aquí

Vinte e seis paneis informarán ó visitante sobre a flora leñosa da Ruta Botánica do Campus de Lugo

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo; e a Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva, e o director da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, Javier Bueno, presentaron a sinalización dunha senda de dous quilómetros que percorre o patrimonio vexetal do campus

Vinte e seis paneis informarán ó visitante sobre a flora leñosa da Ruta Botánica do Campus de Lugo
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e a Vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela, Benita Silva, e o director da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, Javier Bueno, presentaron nun acto celebrado este xoves na Escola Politécnica do Campus de Lugo, de vinte e seis paneis informativos que achegan ó visitante, dun xeito sinxelo, ampla información sobre as distintas especies de flora leñosa incluídas na Ruta Botánica do Campus de Lugo. Este proxecto contou coa financiación da Deputación de Lugo.

O acto tamén contou coa presenza do catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC e coordinador do estudo e guía botánica do campus de Lugo promovido pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade a través da Oficina de Desenvolvemento Sostible, Antonio Rigueiro, e a coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, María Teresa Barral.

Trátase dun itinerario anular arredor da sede universitaria luguesa que permite apreciar os valores máis representativos dos 230 taxóns leñosos identificados e catalogados nas máis de 30 hectáreas de superficie sobre as que se estende o Campus de Lugo a través de paneis con información sobre as distintas especies vexetais en galego, español e inglés. Financiada pola Deputación de Lugo cunha achega orzamentaria de 5.200 euros, esta actuación constitúe unha nova dotación de mobiliario urbano que, ademais de achegar información sobre as distintas especies vexetais, tamén indica a súa distribución xeográfica e facilita así o percorrido desta ruta botánica.

A instalación destes paneis informativos serve tamén para completar o traballo de catalogación e posta en valor do patrimonio natural do Campus de Lugo, unha actuación promovida pola Oficina de Desenvolvemento Sostible e desenvolvida por diversos profesores e investigadores do Departamento de Produción Vexetal ó longo do curso 2010-2011 no marco do proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional.

Este traballo inicial deu lugar á publicación da Guía Botánica do Campus de Lugo, unha obra editada pola Deputación de Lugo e a USC, e da que, segundo indicou Benita Silva, xa se está a preparar unha edición en galego que será accesible en aberto desde o repositorio do Servizo de Publicacións da USC. Do mesmo xeito, ó abeiro desta actuación elaborouse un mapa interactivo da flora leñosa do campus lugués que está dispoñible na web da USC.

A Guía Botánica do Campus de Lugo está estruturada en dúas partes. Na primeira ofrece unha descrición detallada do percorrido, así como unha cartografía sintética que presenta os sectores nos que se divide este itinerario, ademais dos fitos botánicos máis sobresaíntes e outras referencias para a localización do camiñante.

Unha colección de fichas ilustradas das 73 especies de flora leñosa catalogadas no estudo, e un anexo de 48 fichas nas que se describen un total de 48 estirpes (especies, híbridos e variedades) adicionais ás 73 especies antes citadas, completan esta obra que da a coñecer o patrimonio botánico e ornamental das áreas verdes do Campus de Lugo.

O acto de presentación da sinalización da Ruta Botánica do Campus de Lugo serviu para inaugurar unha exposición coas especies vexetais máis sobresaíntes do patrimonio botánico do Campus lucense, unha mostra fotográfica que permanecerá aberta ó público desde hoxe no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.

2014-03-27


Comenta aquí

Máis de 10.000 alumnos de 97 centros da provincia conmemoran os Días da Árbore e da Auga coas actividades da Deputación

López Izquierdo e Regina Polín participaron cos rapaces do CEIP Santo Estevo de Parga, en Guitiriz, nas actividades promovidas polo organismo provincial con motivo desta efeméride

Centros escolares de todos os Concellos da provincia recibiron o conto “O Tesouro das Terras do Miño”, unha guía docente para o profesorado e unha árbore para plantar hoxe no centro

A Deputación fomenta con estas actividades para escolares hábitos de respecto e coidado dos recursos básicos do territorio natural lucense como son as árbores e a auga

FOTO Máis de 10.000 alumnos de 97 centros da provincia conmemoran os Días da Árbore e da Auga coas actividades da Deputación
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participaron no CEIP Santo Estevo de Parga, en Guitiriz, nas actividades escolares organizadas pola Deputación para conmemorar os Días da Árbore e da Auga, que culminaron este venres coa plantación simultánea de exemplares de loureiro nos centros escolares participantes.

A iniciativa desenvolta pola Deputación suma cada ano unha maior participación, sendo nesta ocasión 97 os colexios e 10.000 os alumnos implicados. O organismo provincial facilitou ós centros escolares diverso material didáctico co que os rapaces traballaron ó longo desta semana. Concretamente, recibiron o conto “O Tesouro das Terras do Miño”, unha guía docente para o profesorado e unha árbore para plantar hoxe no centro.

López Izquierdo animou ós alumnos do CEIP de Parga a protexer o medio ambiente e a facerse responsables da plantación e coidados da súa árbore. A Deputada salientou que con estas actividades, o organismo provincial divulga entre a sociedade a importancia de dous dos maiores recursos naturais da provincia: as árbores e a auga.

As actividades promovidas pola Deputación con motivo desta efeméride remataron cunha plantación simultánea en toda a provincia dos loureiros facilitados polo organismo provincial ós colexios participantes. López Izquierdo e Regina Polín plantaron cos alumnos do CEIP Santo Estevo de Parga o seu exemplar, que os nenos bautizaron e regaron por primeira vez.

2014-03-21


Comenta aquí

Música e imaxes para divulgar a natureza lucense

Sonsoles López Izquierdo e Uxío Otero presentaron os traballos realizados polos alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza co que colabora a Deputación

Os alumnos elaboraron durante o curso guías e documentos didácticos que se repartirán polos centros escolares da provincia que para divulgar a riqueza natural de Lugo

O músico Arturo Vaquero dará unha charla este xoves no salón de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravación do CD “Sons da Reserva da Biosfera”

Música e imaxes para divulgar a natureza lucense
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do coordinador do Máster en Dirección de Actividades Educativas da Natureza da USC, Uxío Otero, presentou os traballos realizados polos alumnos deste curso. Trátase dunha guía sobre a historia da defensa do medioambiente no mundo, un CD con iniciativas didácticas baseadas nos recursos naturais da provincia e o CD “Sons das Terras do Miño”, que recolle o ambiente sonoro deste territorio Reserva da Biosfera.

López Izquierdo destacou o valor didáctico destes traballos e a implicación da Deputación na divulgación da riqueza natural da provincia entre as familias lucenses. A Deputada explicou que con estes traballos cúmprese un dobre obxectivo, “por unha banda os alumnos do máster realizan prácticas de gran importancia na súa formación e pola outra o material resultante serve para divulgar entre escolares e outros colectivos o patrimonio natural lucense. López Izquierdo explicou que distribuiranse copias deste material polos centros escolares da provincia, bibliotecas públicas e centros culturais para que monitores de tempo libre, profesorado e persoas interesadas en xeral teñan acceso a esta información.

O coordinador do Máster, Uxío Otero, explicou que a colaboración da Deputación é fundamental para a produción destes documentos docentes e destacou a importancia e proxección de futuro dos estudos de Dirección de Actividades Educativas na Natureza, únicos en España, centrados no medioambiente e na educación.

“Pegadas para a terra”

A guía da exposición “Pegadas para a Terra” foi realizada por unha alumna como traballo de fin de máster e recolle a información sobre esta mostra, que se pode visitar actualmente no Centro de Interpretación Terras do Miño. Nela, analízase a loita de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente. Os alumnos abordaron nesta práctica a adaptación da información que se exhibe na exposición para o seu uso nas aulas a través da guía.

Traballos didácticos

Os traballos realizados polos alumnos do Máster nas súas tres edicións recompiláronse nun CD didáctico con información de aplicación práctica entre escolares e outros colectivos para a organización de actividades ó aire libre e centradas na natureza. O documento contén información sobre rutas de sendeirismo, o camiño primitivo ó seu paso por Lugo, os territorios reserva da biosfera e outros estudos sobre espazos de gran valor natural.

“Sons das Terras do Miño”

O CD musical “Sons das Terras do Miño” recupera os espazos sonoros da Reserva da Biosfera transformándoos en música electroacústica. Percorre as estacións do ano e a provincia lucense na busca dos sons máis representativos da natureza lucense. O seu realizador, o recoñecido músico lucense Arturo Vaquero, explicará o proceso de gravación o vindeiro xoves, día 13, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación.

Impulso ó medio natural

A Deputación de Lugo aposta polo medio natural como opción de futuro para a provincia, desenvolvendo numerosas iniciativas que potencian a actividade económica baseada nos recursos naturais propios. Entre as iniciativas impulsadas atópanse proxectos de formación para o emprendemento empresarial, a potenciación dos produtos autóctonos, e a divulgación de valores medioambientais e científicos, entre outros.

2014-03-10


Comenta aquí

Expertos holandeses e galegos exporán este venres no Centro de Interpretación medidas para conservar a paisaxe lucense

Son un grupo de alumnos e docentes da Universidade de Wageningen que analizan estes días a influencia dos sistemas alimentarios locais na Reserva da Biosfera Terras do Miño

O sábado celebrarase un curso dirixido a adultos que queiran iniciarse na agricultura ecolóxica e aprender labores invernais de mantemento da horta con formación teórica e práctica

As dúas citas son gratuítas e forman parte da programación do Centro de Interpretación para o primeiro trimestre do ano. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle este venres ás 19:00 horas a charla gratuíta “Conservación dos valores naturais e paisaxísticos na Reserva da Biosfera Terras do Miño mediante a promoción dos sistemas alimentarios locais”. Trátase dunha actividade aberta ó público na que un grupo de docentes e estudantes da universidade holandesa de Wageningen, que participan estes días nun intercambio para analizar os valores naturais e a preservación da paisaxe, exporán as conclusións da súa visita á provincia.

Por outra banda, este sábado 8 de marzo, o Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá o obradoiro “As hortas no inverno: mantemento e preparación de cultivos”. Trátase dun curso introdutorio sobre agricultura ecolóxica e labores invernais que comprende formación teórica e práctica. É completamente gratuíta, desenvolverase entre as 11:00 e as 14:00 horas e conta con 40 prazas.

As dúas actividades enmárcase na programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do ano que inclúe propostas para todas as idades coas que divulgar o patrimonio natural da provincia. Todas as actividades son gratuítas e pódense consultar na web www.deputacionlugo.org.

2014-03-06


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño amosa ás familias lucenses trucos para recoñecer animais e plantas da Reserva da Biosfera

25 persoas participarán este sábado, entre as 11:00 e as 14:00 horas, nunha ruta polo Paseo do Río Rato con indicacións teóricas e prácticas para divulgar a flora e a fauna lucense

A actividade, que é completamente gratuíta, inclúe xogos interactivos e traballos manuais para desfrutar aprendendo en familia sobre a biodiversidade da provincia

Esta cita forma parte da programación do Centro de Interpretación para o primeiro trimestre do ano. Máis información sobre outras actividades e inscricións en www.deputacionlugo.org

25 persoas participarán mañá nunha ruta organizada polo Centro de Interpretación para dar a coñecer entre as familias lucenses a flora e a fauna da Reserva da Biosfera Terras do Miño. A actividade, para a que era preciso anotarse previamente, realizarase entre as 11:00 e as 14:00 horas na contorna do Paseo do Río Rato e é completamente gratuíta.

Trátase dunha actividade para achegar, dun xeito lúdico e adaptado a todos os públicos, a riqueza natural da provincia. Concretamente, os participantes realizarán un percorrido a pé polas inmediacións do Centro de Interpretación Terras do Miño, recibindo as indicacións dos monitores para recoñecer a flora e a fauna propias desta zona. Ó longo da xornada tamén se realizarán xogos interactivos como adiviñar de que animal se trata a través do seu son ou realizar traballos manuais para reproducir as especies con papel, pintura e barro.

Esta actividade enmárcase na programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do ano que inclúe propostas para todas as idades coas que divulgar o patrimonio natural da provincia. Todas as actividades son gratuítas e pódense consultar na web www.deputacionlugo.org.

2014-02-21


Comenta aquí

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables participa nos actos do Día Mundial dos Humidais

Sonsoles López Izquierdo participou nunha xornada de divulgación entre os escolares do CEIP Santa María do Valadouro

A Deputada de medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves nos actos do Día Mundial dos Humidais. O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da Universidade de Santiago de Compostela organizou unha xornada de sensibilización e información con escolares de ensino primario do Ceip Santa María do Valadouro.

A actividade, na que tamén participaron o vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación da USC, Pablo Ramil e o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, encádrase nas tarefas de divulgación do proxecto europeo Life+Tremedal ‘Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos’.

Esta xornada de celebración do Día Mundial dos Humidais serviu para que os relatores participantes presentaran, a través de medios audiovisuais, aos escolares do Ceip do Valadouro, os diferentes tipos de humidais que poden atopar na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ademais de informar sobre a importancia destes recursos naturais e dos valores que achegan aos cidadáns na súa vida cotiá. Esta efeméride celébrase dende 1997 o 2 de febreiro, por tratarse da data na que se adoptou a Convención Internacional dos Humidais, asinada en 1971 na cidade iraní de Ramsar.

Ao remate das intervencións, técnicos do Ibader responsables do proxecto Life+Tremedal fixeron tamén unha presentación sobre os valores e a importancia de conservar os humidais na comarca, ao tempo que repartiron material de sensibilización entre os escolares.

2014-02-13


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle mañá unha conferencia gratuíta sobre os usos medicinais dos fungos

Julián Alonso será o encargado de de falar sobre as propiedades dos fungos, os seus usos ancestrais nas culturas asiáticas e europeas e a súa utilización no tratamento de enfermidades

Esta cita forma parte da programación do Centro de Interpretación para o primeiro trimestre do ano, con charlas e rutas para dar a coñecer a natureza lucense a toda a familia

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá mañá, xoves 30, ás 19:30 horas, unha conferencia titulada “Fungos medicinais: Usos ancestrais e novas perspectivas”, que impartirá o experto en micoloxía e Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso.

Alonso falará das propiedades e utilización dos fungos con fins medicinais ó longo da historia. A conferencia abordará a evolución dende os usos ancestrais dalgunhas especies polas antigas culturas europeas e asiáticas, ata as máis modernas e actuais perspectivas e liñas de investigación no campo da micoterapia. O experto describirá as principais especies, os seus principios activos e as propiedades terapéuticas destas.

Esta cita forma parte da programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do ano, na que se inclúen charlas, rutas e xornadas didácticas dirixidas a toda a familia para coñecer a diversidade medioambiental da provincia. Todas as actividades son gratuítas e só é preciso inscribirse na web www.deputacionlugo.org.

Julián Alonso é licenciado en Veterinaria e Doutor en Ciencias Biolóxicas. É un experto conferenciante, con participación en máis de 100 cursos, xornadas e encontros en toda Galicia, Andalucía e Portugal, maioritariamente sobre temáticas micolóxicas. É coautor de 2 libros e numerosos artigos publicados en revistas nacionais e internacionais, que o converten nun dos maiores expertos en micoloxía en Galicia.

2014-01-29


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño realizou no 2013 máis de 50 actividades nas que participaron 1.200 persoas

Sonsoles López Izquierdo fai un balance moi positivo das actividades que aumentaron o número de asistentes do ano pasado e que se desenvolveron en varios Concellos da provincia

Celebráronse actividades formativas, rutas de sendeirismo e intervencións medioambientais nas que participaron 568 adultos, 237 nenos e outras 417 persoas acudiron en familia

A programación para o ano 2014 comeza o 10 de xaneiro cunha charla sobre a flora e fauna na Reserva da Biosfera. Aberto o prazo de inscrición en www.deputacionlugo.org
FOTO O Centro de Interpretación Terras do Miño realizou no 2013 máis de 50 actividades nas que participaron 1.200 persoas

O Centro de Interpretación Terras do Miño realizou durante o ano 2013 un total de 54 actividades para todos os públicos nas que participaron máis de 1.200 persoas. A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, fai un balance moi positivo da participación nas actividades que se desenvolveron tanto na capital da provincia como noutros Concellos.

Deste xeito, o Centro de Interpretación programou durante este ano 17 conferencias, 3 accións formativas, 20 obradoiros, 8 rutas, 1 encontro, unha gymkana medioambiental e 4 actuacións no entorno. As actividades estiveron organizadas en 22 ocasións para acudir en familia; dirixidas ó público infantil houbo outras 14 citas, e para adultos houbo 18 actividades. En total participaron nestas actividades máis de 1.200 persoas. Delas, 568 eran adultos, 237 nenos e 417 persoas acudiron en familia. A Área de Medio Ambiente levou a programación do Centro de Interpretación polos Concellos da provincia desenvolvendo actividades en Viveiro, Ribadeo, Monforte de Lemos, Ribas de Sil ou Sarria, entre outros.

A programación do Centro de Interpretación Terras do Miño continúa o 10 de xaneiro na Casa das Ínsuas en Rábade, coa celebración da charla "Conservación e xestión da flora e fauna na Reserva da Biosfera Terras do Miño" e o 11 de xaneiro terá lugar a xornada sobre "Produción láctea e conservación da natureza na Reserva da Biosfera Terras do Miño". Cada unha destas citas conta con 50 prazas e para asistir só é necesario inscribirse na web www.deputacionlugo.org

2014-01-08


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño organiza un obradoiro de Achegamento á micoloxía para toda a familia

A xornada gratuíta amosará ós asistentes a ampla variedade de cogomelos propios da zona e ofrecerá formación teórica e práctica, xa que están programadas saídas o campo

O obradoiro celebrarase en horario de 11:00 a 14:00 horas e continuará o día 30 de novembro no mesmo horario cunha nova cita para ampliar coñecementos micolóxicos

A iniciativa forma parte da programación do Centro de Interpretación para o último trimestre do ano, que inclúe obradoiros e actividades para que toda a familia participe

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá este sábado, entre as 11:00 e as 14:00 horas, o obradoiro Achegamento á Micoloxía I. Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer, de forma amena e divertida a toda a familia, a riqueza do mundo dos cogomelos. A cita comprende tanto formación teórica como práctica, xa que os asistentes percorrerán as inmediacións do Río Rato na busca de diversos exemplares de setas. Deste xeito, aprenderán a recoñecer tanto os cogomelos comestibles como aqueles tóxicos que representan un perigo para a saúde.

O día 30 de novembro, celebrarase un novo obradoiro Achegamento á micoloxía II, no mesmo horario e tamén dirixido a toda a familia, para ampliar coñecementos sobre este tema. Para obter máis información ou consultar outras actividades do Centro de Interpretación Terras do Miño, poden visitar a páxina web www.deputaciondelugo.org ou chamar ó teléfono 982 227 812.

A programación do Centro de Interpretación para o último trimestre do ano inclúe obradoiros e actividades para toda a familia. A próxima cita será o vindeiro 21 de novembro coa conferencia sobre curiosidades micolóxicas que ofrecerá o doutor en Ciencias Biolóxicas e Presidente da Asociación Micolóxica Lucus, Julián Alonso.

2013-11-15


Comenta aquí

A educación ambiental e a infancia, a análise nunha nova conferencia no Centro de Interpretación Terras do Miño

O catedrático Uxío Otero analizará o papel da natureza na educación dos nenos e analizará a problemática do pouco contacto que estes manteñen co medio na actualidade

Os interesados poden participar de xeito gratuíto inscribíndose na web www.deputacionlugo.org, simplemente cubrindo un pequeno formulario de inscrición

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá este xoves, ás 19:00 horas, a conferencia Os valores educativos da natureza, na que Uxío Otero Urtaza, catedrático de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, abordará a importancia do contacto coa natureza para a formación en valores coma a conservación do medio natural, así coma nas perspectivas estéticas dos máis novos.

A conferencia xirará en torno a eixes coma o nacemento deste movemento educativo no século XVIII ou a pedagoxía dos valores educativos que proporciona a natureza, atendendo ós diferentes estudios internacionais levados a cabo nos últimos 30 anos. Otero Urtaza, quen coordina o máster, único en España, de Dirección de Actividades Educativas na Natureza que se imparte na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, rematará analizando a problemática do pouco contacto que manteñen na actualidade os nenos coa natureza e o mundo rural, especialmente os nacidos nos núcleos urbanos.

Esta actividade está pensada para todos os públicos e o aforo estará limitado unicamente pola capacidade das instalacións do propio Centro. Os interesados poden inscribirse de xeito gratuíto cubrindo un pequeno formulario que atoparán á súa disposición na web www.deputacionlugo.org. Para máis información, poden contactar mediante correo electrónico ó enderezo und.medioambiente@deputacionlugo.org, ou ben chamando ó teléfono 982 227 812.

Actividades para toda a familia

As actividades do Centro de Interpretación para o 3º trimestre do ano, pensadas para públicos de todas as idades, continuarán en vindeiras datas. Precisamente para os días 14 e 15 deste mes está prevista a celebración dunha Gymkana Medioambiental na contorna do Rato, obradoiros de Cociña saudable para nenos, ou novas conferencias, coma a que se celebrará o día 26 de setembro e na que varios poñentes falarán acerca dos Valores e potencialidades da Reserva da Biosfera de Os Ancares Lucenses. Do mesmo xeito, continúa aberta a exposición Pegadas para a terra, que analiza o papel de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medio ambiente e os dereitos humanos, se ben esta cambiará a súa ubicación actual, na zona do paseo do río Rato polo interior do Centro de Interpretación, para permitir continúar coas visitas evitando a climatoloxía adversa.

2013-09-11


Comenta aquí

A Deputación revaloriza o Centro de Interpretación Terras do Miño acadando máis de 700 visitas no que vai de ano

Unha programación chea de actividades adoita esgotar as prazas dispoñibles atraendo a público de variadas idades e gustos ás instalacións e a contorna do río Rato

A ruta nocturna A natureza e o mito, que se celebra coincidindo coa lúa chea do 21 de agosto, ensinará ós asistentes a relación entre a natureza e a mitoloxía galega

Os interesados en participar nesta actividade gratuíta que comezará ás 22:00 horas no Centro de Interpretación poden inscribirse en www.deputacionlugo.org

A Deputación de Lugo aposta por poñer en valor da riqueza natural da provincia, en especial a dos territorios incluídos nas Reservas da Biosfera, a través de diferentes iniciativas organizadas nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño.
Este Centro, situado na contorna do río Rato ó seu paso pola capital da provincia, leva acadada a participación de máis de 700 persoas de todas as idades e gustos, grazas a unha variada programación coa que a Deputación está a facer do Centro de Interpretación un punto de referencia na divulgación e formación medioambiental.

Os cursos, de marcado carácter práctico, sobre hortos ecolóxicos ou o cultivo de plantas medicinais; exposicións; monólogos de humor, ou conferencias a cargo de reputados expertos son algunhas destas actividades gratuítas que, xunto coa ampliación do horario de apertura do Centro, teñen contribuído a que cada vez máis lucenses e foráneos saiban do patrimonio natural lucense e aprendan condutas respectuosas co medioambiente, imprescindibles para a posta en valor da riqueza medioambiental da provincia.

A natureza e o mito
A natureza e o mito é a actividade prevista para esta semana. O día 21 de agosto, a partires das 22:00 horas, e coincidindo nunha noite de lúa chea, celébrase esta iniciativa, que levará ós participantes a facer diferentes percorridos nocturnos pola contorna do río Rato, nos que guías expertos na materia amosarán as relacións entre os elementos da natureza da zona e as crenzas vencelladas á mitoloxía popular galega. Isto será posible grazas a diferentes xogos e actividades lúdicas, o relato de vellos contos e lendas, etc., baixo a luz do luar.

Os interesados en participar nesta actividade gratuíta, pensada para adultos, poden inscribirse na web www.deputacionlugo.org, cubrindo un pequeno formulario. Nesta mesa web poderán atopar máis información sobre esta e outras actividades programadas.

2013-08-20


Comenta aquí

Exposición pública do Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Aprobado inicialmente polo Órgano Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño, en sesión celebrada o 31 de xullo de 2013, o de Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño, exponse ao público desde o día seguinte da publicación deste anuncio no BOP ata o 30 de setembro de 2013.

Neste prazo, os interesados poderán examinar o documento na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org e na Secretaría desta Entidade Provincial, e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, de conformidade co sinalado no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

As observacións deberán ser remitidas á Reserva da Biosfera Terras do Miño, Deputación de Lugo, na praza de San Marcos nº 8, 27001 Lugo, debendo achegar a información suficiente referente ao remitente para que, solventado o trámite, se lle informe do resultado definitivo do proceso no que participou, e dos motivos e consideracións nos que se basea a decisión adoptada; segundo se recollen os dereitos relativos á participación pública na Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública y de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.

Esta participación pública está aberta ao público e ás persoas interesadas, conforme ao establecido nos artigos 2.1, 2.2, 16.1 e 23 da Lei 27/2006.

Lugo, cinco de agosto de dous mil trece. O PRESIDENTE, José Ramón Gómez Besteiro. O SECRETARIO, P.S. O SECRETARIO-INTERVENTOR, Manuel Castiñeira Castiñeira.

2013-08-01


Comenta aquí

A Deputación impulsa un Plan de Acción para a Reserva Terras do Miño que contará cun investimento de 4 millóns de euros

Gómez Besteiro presidiu a reunión do órgano reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño que decidiu por unanimidade aprobar o documento

O Plan se desenvolverá nos vindeiros 10 anos e contempla nove liñas de acción coa intención de potenciar o espazo da reserva

Na reunión tamén se acordou a inclusión de 8 novas asociacións no órgano de participación.

Por unanimidade quedou aprobado esta mañá o Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que impulsa a Deputación e que contará cun orzamento de 4 millóns de euros. Todos estiveron dacordo en darlle o visto bó ó Plan que ten un prazo de 10 anos para cumprri os seus obxectivos.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu hoxe as reunións dos Órganos de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Esta figura de protección e fomento do territorio natural da provincia busca, mediante a participación de tódolos sectores implicados, iniciativas para a posta en valor do territorio. Na cita de hoxe, o Órgano de Participación reuniu a máis de 50 persoas entre alcaldes dos municipios da reserva, representantes de organizacións e asociacións da zona.

O Plan de Acción é un extenso traballo desenvolto por expertos do IBADER que propón un plan de acción a 10 anos e cun investimento de 4 millóns de euros. No informe emítese unha diagnose da situación da Reserva Terras do Miño e se analizan as posibilidades de xestión, promoción e posta en valor deste territorio. Segundo a análise dos expertos na Reserva de Terras do Miño é hai 11 hábitats, 44 especies de flora e preto de 200 animais de interese para a súa conservación.

O Plan de Acción establece 9 liñas estratéxicas e 20 liñas de acción que guiarán as iniciativas que desenvolva o Órgano Reitor nos vindeiros anos. As accións irán encamiñadas á conservación do patrimonio natural, a difusión dos valores naturais e culturais da zona, buscando en todo momento a compatibilidade do medio rural e o turismo coa biodiversidade propia da reserva. Promocionaranse os productos de calidade de manufactura local e a conservación dos recursos patrimoniais contando sempre coa cooperación das asociacións para a súa sostenibilidade. Con este plan preténdese mellorar a calidade de vida dos veciños, con novas oportunidades para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da reserva, promovendo un turismo sostible e fomentar o emprego da reserva como ámbito de investigación e fonte de apredizaxe.

O plan foi aprobado por unanimidade e para posibilitar a participación cidadá antes terá que pasar polas fases de exposición pública, coa súa publicación no BOP en setembro deste ano, previa a súa aprobación definitiva.

Actuacións da Deputación en Terras do Miño

Na reunión o Presidente da Deputación fixo un balance das actividades desenvoltas durante o pasado ano nesta Reserva da Biosfera pola institución provincial e que suman preto de 30 iniciativas diferenciadas. Trátase de actuacións que se desenvolveron co gallo do 10 aniversario da declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño pola Unesco. As actuacións da Deputación neste eido van dende a posta en marcha de plataformas de venta en internet, colocación de sinalización, rutas do km0, celebración de actividades de concienciación medioambiental, a organización de concursos fotográficos e exposicións, ou celebracións de xornadas, entre outras.

Para o 2013 o Presidente adiantou varias liñas de traballo nas que ademais do Plan de Acción se inclúen a definición da nova zonificación da Reserva en función dos cambios que se produzan na Rede Natura 2000 e a creación dun portal web didáctico da Reserva da Biosfera.

Novas asociacións para o Órgano de Participación

Con anterioridade o órgano reitor aprobou por unanimidade a inclusión neste órgano da Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde, Sociedade Micolóxica Lucus, Asociación de Desenvolvemento Comarcal Terra Chá, Asociación Os Sete Castros, Asociación de Montes e Vales e Asociación de Desenvolvemento da Comarca da Mariña.

2013-07-31


Comenta aquí

Novas actividades medioambientais gratis no Centro de Interpretación de Terras do Miño da Deputación

Logo do éxito da xornada noctura do luns con 20 persoas cubrindo as prazas dispoñibles, a institución ofrece a custe cero máis actividades para persoas de todas as idades

Derradeiras 8 prazas para Os Espías Verdes, iniciativa coa que nenos de ata 11 anos descubrirán a riqueza natural no Río Rato con actividades didácticas, contos ou xogos

Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.org. Máis información no correo und.medioambiente@deputaciónlugo.org e no 982-22-78-12

A Deputación de Lugo ofrece, ó longo deste mes e dende o Centro de Interpretación de Terras do Miño, novas actividades gratuítas para persoas de todas as idades logo do éxito de participación acadado nas xornadas esta programación celebradas ata o de agora. Mostra delo, 20 cativos e adultos cubriron as prazas dispoñibles para Noites De Lúa Chea: Natureza e Mito. Foi unha xornada noctura, que se desenvolveu este luns ás 22:00 horas ó longo do Paseo do Río Rato, que consistiu nun roteiro polo diferentes espazos naturais da zona, con paradas en puntos culturais e mitolóxicos de referencia.

Deste xeito, maña e o mércores, 23 e 24 de xullo, a Deputación ten preparada a actividade denominada Os Espías Verdes. Está dirixida ós máis cativos, concretamente, a nenos de entre 3 e 6 anos, aínda que tamén poderán participar rapaces de ata os 11 anos se o desexan. A finalidade deste proxecto, é a de espertar o interese dos máis cativos polo descubrimento dos espazos naturais, dándolle importancia a todos os elementos presentes no traxecto: auga, fungos, árbores, animais...Para elo, haberá actividades didácticas e lúdicas como contos ou xogos. Quedan dispoñibles as derradeiras 8 prazas.

Os interesados poden apuntarse entrado en www.deputacionlugo.org, picando no botón de enlace no espazo lateral dereito chamado “Actividades Medioambientais do Centro de Interpretación Terras do Miño”, onde se atopa o formulario que é preciso cubrir. Para máis información, pódese enviar un correo a und.medioambiente@deputaciónlugo.org, ou ben chamar ó teléfono 982227812.

Máis actividades do mes

Tamén continúa aberto o prazo de solicitude para as actividades que restan neste mes. Deste xeito, o luns 29 terá lugar Xoguetes Naturais, actividade pensada para cativos de entre 6 e 12 anos, que consistirá na construción de xoguetes tradicionais con materiais naturais. O martes 30 e o mércores 31, desenvolverase O Río Rato ós ollos dun científico, unha xornada na que os cidadáns poderán observar e coñecer o medio dun xeito diferente ó acostumado, empregando métodos científicos simplificados para coñecer a realidade natural, así como a interrelación dos seres vivos.

2013-07-22


Comenta aquí

Preto de 140 rapaces coñecen esta semana o corazón de Terras do Miño coas actividades de lecer medioambiental do Km0 Infantil

Os nenos, dos Concellos de Lugo, Pol e Guitiriz, pasarán unha xornada repleta de actividades lúdico educativas na Granxa Garabullos de Cospeito: rutas, xogos, obradoiros e danzas

A participación nos campamentos é gratuíta. Para anotarse tan só hai que entrar na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org

Preto de 140 rapaces dos Concellos de Lugo, Pol e Guitiriz coñecerán esta semana o corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño coas actividades de lecer medioambiental do programa Km0 Infantil, unha iniciativa totalmente gratuíta que a Deputación impulsa por primeira vez este verán co obxectivo de poñer en valor o medio rural lucense e converter ós nenos en pequenos embaixadores da provincia.

Os rapaces que participan esta semana no Km0 Infantil, de idades entre os 6 e os 12 anos, pasarán unha divertida xornada na Granxa Garabullos de Cospeito en pleno contacto coa natureza. Farán unha ruta guiada polos arredores da granxa, A Fraga das sensacións; xogarán interactuando cos animais e a terra; farán un obradoiro de reciclaxe utilizando material de refugallo para crear novos utensilios de uso práctico; ademais de gozar doutros xogos e danzas. Os grupos son os seguintes: dous de 39 e 38 nenos do municipio de Lugo hoxe e mañá, respectivamente; 30 de Lugo e Guitiriz o mércores; e 30 de Pol o xoves.

Os campamentos contan con 400 prazas libres. Os interesados poden anotarse na páxina web do organismo provincial, www.deputacionlugo.org onde atoparán toda a información sobre este programa dirixido ós máis pequenos, que financia nun 80% a Unión Europea a través do plan Lug02. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de xullo. Na web tamén encontrarán o escrito de autorización paterna, que, ben poden enviar vía on line, xunto ó formulario de inscrición, ou ben entregalo en persoa antes do inicio das actividades. Presentar esta autorización é obrigatorio.

Os nenos poden escoller entre dúas alternativas, ambas en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño:

- A Granxa Garabullos, situada en Cospeito, onde as actividades terán lugar ata o 15 de xullo, de luns a xoves. Trátase dun centro de lecer educativo que ten como obxectivo dar a coñecer o medio ambiente e as súas potencialidades, e favorecer o compromiso coa conservación do rural.

- O parque Avifauna de Outeiro de Rei, no que haberá actividades entre os días 16 e 19 de xullo. Avifauna é un centro de interpretación que conta con 500 aves de máis de 200 especies diferentes, representativas dos 5 continentes. As características deste parque zoolóxico fano único na comunidade galega, e un dos poucos de España.

Transporte gratuíto

Os participantes contan con servizo de autobús gratuíto desde Lugo para desprazarse ó lugar dos campamentos –Cospeito ou Outeiro de Rei-. En todo caso, se se xunta un grupo de entre 20 e 45 rapaces da mesma zona da provincia, fretarase un autobús para recollelos, tamén gratuitamente, nalgún punto desa zona no que lles veña ben a todos.

Para obter máis información, os interesados poden chamar ós números de teléfono 982-26-00-75/79, ou enviar un correo electrónico a km0infantil@deputacionlugo.org

2013-07-01


Comenta aquí

A exposición Pegadas para a Terra abre a programación do Centro de Interpretación Terras do Miño do 3º trimestre

López Izquierdo avanzou as actividades previstas para os meses de verán durante unha visita á mostra que reflexiona sobre o medioambiente e os dereitos humanos

A programación que inclúe novidades coma un curso de “cociña solar”ou gymkanas medioambientais, arrinca o 2 de xullo cunha ruta para nenos polo Rato

Todas as actividades son gratuítas e abertas a públicos de todas as idades. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe a programación que a institución provincial ten organizadas para os meses de xullo, agosto e setembro nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño no Rato, durante a visita que realizou á exposición Pegadas para a Terra, que abre hoxe as súas portas precisamente neste Centro.

Acompañada pola artista Asunción Bermúdez, responsable desta mostra que analiza o papel de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente e os dereitos humanos, López Izquierdo destacou que nesta nova tempada de actividades potenciaranse aquelas que se realicen ó aire libre, “porque un dos valores deste Centro é o de estar situado nun entorno natural privilexiado, a un paso do centro da cidade”

A Deputada subliñou que “as actividades programadas nos meses anteriores acadaron unha estupenda acollida, sumando máis de 700 participantes”. Algunhas das actividades postas en marcha, coma o curso de “Botánica doméstica: plantas medicinais e plantas das nosas hortas e campos”, superaron as previsións máis optimistasm de xeito que “a resposta por parte dos veciños amosa que estamos no bo camiño e anímanos a seguir traballando na nosa aposta por converter ó Centro de Interpretación nun espazo de referencia en formación e educación ambiental, así coma de divulgación científica”

Máis actividades no exterior

Novamente, dentro das actividades programadas haberá conferencias, obradoiros e cursos, dirixidos a públicos de todas as idades, con especial relevancia daquelas que celebren no exterior. Unha das actividades máis novidosas será o curso que amosará as posibilidades de cociñar alimentos coa luz do sol, “Cociña solar”, para obter receitas saudables e sen custe enerxético.

En canto ás actividades dirixidas a nenos, son as seguintes:

- 2 e 3 de xullo: rutas polo Rato, para nenos de 6 a 12 anos
- 6 e 7 de xullo: obradoiro “A miña amiga Terra”, tamén para nenos de 6 a 12 anos
- 9 e 10 de xullo: obradoiro “Os moradores do vento, as aves do nos entorno”, para nenos de 10 a 18 anos
- 23 e 24 de xullo: obradoiro “Os espías verdes”, para nenos de 3 a 6 anos
- 27 de xullo: obradoiro “Xoguetes naturais”, tamén para nenos de 6 a 12 anos
- 28 de setembro: obradoiro de “Cociña saudable”, para nenos de 6 a 12 anos

Os nenos tamén poderán participar nas actividades pensadas para gozar en familia:

- 16 e 17 de xullo: obradoiro “Un rato de natureza”
- 20 e 21 de xullo: obradoiros de relaxación
- 30 e 31 de xullo: obradoiro O río Rato ós ollos dun científico
- 29 de agosto: Encontro de Cociña Solar
- 14 e 15 de setembro: Gymkana medioambiental

Os maiores terán a súa propia programación:

- 22 de xullo e 21 de agosto: a natureza e o mito
- 7 e 8 de setembro: Herbas máxicas
- 21 de setembro: Ruta etnográfica
- 22 de setembro: Ruta etnográfica

No mes de setembro chegarán as conferencias de divulgación científica, os días 12 de setembro, na que o catedrático da Escola Universitaria de Formación do Profesorado, Uxío Otero, disertará sobre “Os valores educativos da natureza” e 26 de setembro, cando diversos poñentes falarán acerca dos “Valores e potencialidades da Reserva da Biosfera de Os Ancares lucenses”

Os interesados participar, poden inscribirse a través na páxina web www.deputacionlugo.org. O Centro de Interpretación, escenario destas actividades, amplía o seu horario operativo.

Pegadas para a Terra

Asunción Bermúdez é a responsable da mostra que, dende hoxe e durante os meses de verán, poderá admirarse nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño. Pegadas para a Terra rende unha homenaxe a persoeiros históricos e movementos sociais que teñen destacado pola súa defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos. Percorrendo as instalacións, os asistentes poderán aprender máis acerca de asociacións coma Greenpeace ou o Movemento Chipko –que trata de concienciar á sociedade sobre a importancia das especies arbóreas mediante os “abrazos”-, ou xentes coma Mahatma Gandhi, Chico Mendez ou Wangari Muta Maathai, a primeira muller africana en recibir o Nobel da Paz.

A visita é gratuíta e poderá realizarse no horario habitual do Centro: de luns a xoves, abrirá as súas portas de 9:30 a 14:30 horas; os venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. As fins de semana o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados e de 11:00 a 14:00 horas os domingos.

2013-06-27


Comenta aquí

Preto de 700 persoas participaron dende primeiros de ano nas actividades organizadas no Centro de Interpretación Terras do Miño

O investigador do IBADER e membro do equipo redactor do Plan Director da Rede Natura 2000, Javier Ferreiro, falará este xoves ás 19:00 horas sobre Xestión dos espazos naturais protexidos

Actividades coma conferencias, obradoiros ou exposicións, todas elas gratuítas, continuarán nos vindeiros meses. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org

Preto de 700 persoas levan participado no que vai de ano na programación gratuíta posta en marcha no Centro de Interpretación pola Deputación de Lugo, co obxectivo de facer del un punto de referencia na divulgación e a formación medioambiental, en especial no referido á Reserva da Biosfera Terras do Miño. Actividades de todo tipo e para todos os gustos, tales coma exposicións, obradoiros ou monólogos de humor, dirixidos a públicos de todas as idades conseguiron atraer o interese de lucenses e foráneos, ó igual que o fixeron as numerosas conferencias ofrecidas, todas elas a cargo de reputados expertos.

Tal e como destacou durante a presentación desta programación a Deputada da Área de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, “tanto a tipoloxía das actividades, coma a ampliación do horario operativo do Centro, responde á nosa intención de achegar este Centro de Interpretación ó maior número de persoas posible, para facer del Centro de referencia en formación e coñecemento do noso patrimonio natural, así coma ó fomento de conductas respectuosas co medio, imprescindibles para a posta en valor da riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Xestión de espazos naturais protexidos

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá este xoves unha nova conferencia, ás 19:00 horas, a cargo do experto Javier Ferreiro da Costa, quen falará acerca de Xestión dos Espazos Naturais Protexidos. Este é un tema de actualidade debido á preocupación dos cidadáns e dos poderes públicos pola conservación da natureza, especialmente naquelas sociedades altamente industrializadas. O esgotamento dos recursos naturais a causa da explotación económica, a miúdo descontrolada, provoca en ocasións a desaparición de especies e hábitats, facendo da conservación e xestión dos espazos protexidos un dos retos máis desafiantes para a comunidade científica e para a sociedad en xeral.

Sobre este tema disertará Javier Ferreiro, enxeñeiro de montes e investigador do IBADER, especializado precisamente en conservación e xestión e espazos naturais ou valoración ambiental de espazos protexidos. Autor de numerosas publicacións científicas no campo da súa especialidade, é parte do equipo redactor de estudos técnicos de avaliación ambiental e seguemento de espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera galegas, ademais de ter formado parte do equipo redactor do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Continúan as actividades gratuítas

As actividades do Centro de Interpretación continúan durante os vindeiros meses. Haberá máis conferencias, actividades para nenos ou iniciativas orixinais para todos os públicos, coma o proxecto Land Art, exposición organizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón”, que amosará as posibilidades que ofrece a natureza como material de creación artística, e non só como inspiración.

Os interesados en acudir a calquera destas actividades teñen máis información dispoñible na páxina web www.deputacionlugo.org. A inscrición é totalmente gratuíta.

2013-06-12


Comenta aquí

A importancia da Reserva de Terras do Miño na conservación de especies en perigo, a análise no Centro de Interpretación

O zoólogo Jesús Domínguez Conde falou acerca da poboación de aves en perigo de extinción coma o zarapito real que na Península só habitan no territorio protexido lucense

O vindeiro sábado celébrase un obradoiro no que os participantes aprenderán os coidados básicos dun horto durante a época primaveral aplicando criterios ecolóxicos

As actividades continuarán no mes de maio con máis conferencias, exposicións e obradoiros para adultos e nenos. Información e inscricións en www.deputacionlugo.org

O Centro de Interpretación foi escenario esta tarde dunha nova actividade das moitas programadas para o segundo trimestre do ano, coas que os seus responsables buscan implicar ós lucenses na conservación do seu medio natural. O zoólogo Jesús Domínguez Conde falou acerca de Importancia da Reserva da Biosfera Terras do Miño para a conservación da poboación ibérica de Zarapito Real (Numenius arquata). O zarapito real é unha ave que se localiza exclusivamente en zonas da Terra Chá e que está incluída dentro da lista de especies en perigo de extinción.

A súa zona de reprodución actual é a do interior da Reserva de Terras do Miño, polo que a importancia deste territorio para a conservación dunha especie única en España é indubidable. Durante a súa intervención, Domínguez Conde repasou a evolución da poboación que ten feito nido na Península durante a última década, ademais de expoñer a súa situación actual e analizar as principais ameazas e problemas que poden condicionar a súa viabilidade futura desta ave.

Jesús Domínguez Conde é profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación está centrada nas aves acuáticas presentes nos humidais galegos e en áreas protexidas. Autor de numerosas publicacións e artigos en revistas científicas, actualmente Domínguez Conde forma parte do Consello Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e do Observatorio Galego de Biodiversidade.

Máis actividades a fin de semana

As actividades continúan este fin de semana coa celebración, o sábado, do obradoiro para adultos Coidados das hortas na primavera: a agricultura tradicional modernizada con criterios ecolóxicos. O obradoiro desenvolverase en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, tras o que se realizará unha visita de carácter práctico ós hortos urbanos situados na contorna do río Rato.

Os 40 participantes poderán aprender cales son as tarefas necesarias nesta época do ano para manter a saúde dos cultivos e sacar o máximo proveito dos mesmos, mediante o emprego de técnicas propias da agricultura ecolóxica.

Programación de maio

O vindeiro mes continuarán as actividades postas en marcha no Centro de Interpretación. Haberá conferencias, todas elas a cargo de reputados expertos de prestixio.
Así, o 9 de maio celebrarase Os bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ofrecida polo Enxeñeiro de Montes Antonio Rigueiro Rodríguez, membro da Real Academia Galega de Ciencias.

Igualmente, celebraranse actividades ó aire libre, tanto para adultos coma para nenos. Os maiores terán, os días 11 e 12 de maio, un Curso de micoloxía, organizado en colaboración coa Asociación Micolóxica Lucus; e outro de Botánica doméstica: prantas medicinais e prantas das nosas hortas e campos, o día 25. Para os nenos están programados A miña amiga a auga, os días 2 e 3 de maio.

Outras interesantes actividades son as exposicións. O 30 de maio chegará ó Centro situado na contorna do río Rato Proxecto Land Art, organizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón”, que amosará as posibilidades que ofrece a natureza como material de creación artística, e non só de inspiración. Os interesados en acudir a calquera destas actividades poden informarse e solicitar a súa inscrición a través da páxina web www.deputacionlugo.org

2013-04-25


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolleu unha conferencia sobre os humedais da Reserva de Terras do Miño

Os asistentes á charla impartida polo biólogo Manuel Antonio Rodríguez Guitián aprenderon acerca do destacado papel que xogaron lagoas e mananciais para acadar a declaración de Terras do Miño como territorio reservado por parte da Unesco

A seguinte conferencia, o vindeiro 25 de abril, estará a cargo do zoólogo Jesús Domínguez Conde e abordará a importancia desta Reserva para a conservación da población de determinadas especies de aves no territorio da Península Ibérica

Os interesados en inscribirse en calquera das actividades gratuítas que se celebrarán no Centro de Interpretación ata o mes de xuño poden facelo a través de www.deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, asistiu este xoves á conferencia celebrada no Centro de Interpretación Terras do Miño, Lagoas e mananciais na Reserva da Biosfera Terras do Miño: introdución á súa tipoloxía e valores ambientais, coa que a Deputación dá comezo ás actividades programadas para o segundo trimestre do ano neste Centro e coas que a institución provincial quere fomentar a formación medioambiental e implicar ós lucenses na conservación do seu medio natural.

O experto realizou unha introdución ós medios lacustres da provincia e, en particular, ós incluídos dentro dos territorios da Reserva. Aportando exemplos das diferentes tipoloxías existentes dende o punto de vista hidrolóxico, Guitián mencionou os principais valores ambientais que aportan estes humidais ó medio natural lucense. Falou, por exemplo, acerca dos “Ollos de Begonte”, lagoas de gran importancia dende o punto de vista medioambiental e etnográfico.

Durante a súa intervención, Guitián destacou o papel que a pedra e o auga xogaron para a declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera por parte da Unesco, xa que ambos son elementos básicos para a conformación deste territorio. Este é un tema do pode falar amplamente Manuel Rodríguez Guitián, xa que foi un dos expertos encargados de redactar algúns dos proxectos presentados pola Comunidade galega á Unesco.

As aves, o día 25 de abril

A seguinte actividade programada é outra interesante conferencia, neste caso centrada no mundo animal. O zoólogo Jesús Domínguez Conde ofrecerá Importancia da Reserva da Biosfera Terras do Miño para la conservación de la población ibérica de Zarapito Real (Numenius arquata). O zarapito real é unha ave que se localiza exclusivamente en zonas da Terra Chá e que está incluída dentro da lista de especies en peligro de extinción. A súa zona de reprodución actual é a do interior da Reserva de Terras do Miño, polo que a importancia deste territorio para a conservación dunha especie única en España é indubidable.

Jesús Domínguez Conde é profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación está centrada nas aves acuáticas presentes nos humidais galegos e en áreas protexidas. Autor de numerosas publicacións e artigos en revistas científicas, actualmente Domínguez Conde forma parte do Consello Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e do Observatorio Galego de Biodiversidade.

Como anotarse

Os interesados en acudir a calquera destas actividades poden facelo a aravés da páxina web www.deputacionlugo.org

2013-04-11


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño ofrece actividades formativas e lúdicas para lucenses de todas as idades

A Deputada de Medio Ambiente presentou a oferta de actividades gratuítas do Centro, que inclúe conferencias, exposicións e obradoiros pensados para nenos e adultos e que continuarán nos meses de verán con máis actividades ó aire libre

Esta programación comezará o día 11 de abril, ás 19:00 horas, cunha conferencia do biólogo Manuel Antonio Rodríguez Guitián sobre os humidais de Terras do Miño. Información e inscricións en www.deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe a programación que a institución provincial organizou para os meses de abril, maio e xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño, ubicado na contorna do río Rato. Tal e como destacou a Deputada, “tanto a tipoloxía das actividades, coma a ampliación do horario operativo do Centro, responde á nosa intención de achegar este Centro de Interpretación ó maior número de persoas posible, para facer del Centro de referencia en formación e coñecemento do noso patrimonio natural, así coma ó fomento de conductas respectuosas co medio, imprescindibles para a posta en valor da riqueza medioambiental da nosa provincia”

Dentro desta programación gratuíta haberá actividades de todo tipo e para todos os gustos, tales coma conferencias, exposicións e obradoiros, dirixidas a públicos de todas as idades. En canto as conferencias, todas elas estarán a cargo de reputados expertos de prestixio, celebrarasne as seguintes:

11 de abril: a conferencia Lagoas e mananciais na Reserva da Biosfera Terras do Miño: introdución á súa tipoloxía e valores ambientais, a cargo de Manuel Antonio Rodríguez Guitián

25 de abril: conferencia do zoólogo e investigador, técnico do Consello reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño, Jesús Domínguez Conde, Importancia da Reserva da Biosfera Terras do Miño, para a conservación da poboación ibérica do Zarapito real (numenius arquata)

9 de maio: Os bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, ofrecida polo Enxeñeiro de Montes Antonio Rigueiro Rodríguez, membro da Real Academia Galega de Ciencias

13 de xuño: Xestión de espazos naturais, impartida polo biólogo e Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago Pablo Ramil Rego

28 de xuño: Caracterización do vóo forestal no parque do río Rato, a cargo do Enxeñeiro Técnico Forestal Luis Fernández Reija.

Tamén están previstos obradoiros para adultos e nenos. En particular, estes son os dirixidos a adultos:

27 de abril: Coidados da hortas en primavera con criterios ecolóxicos

11 e 12 de maio: Curso de micoloxía, organizado en colaboración coa Asociación Micolóxica Lucus. Este curso inclúe unha saída de campo e exposición.

25 de maio: Botánica doméstica: prantas medicinais e prantas das nosas hortas e campos.

Tamén os máis novos contarán con actividades organizadas tendo en conta as súas idades e capacidades, de xeito que cada un deles poida obter o máximo rendemento e gozar dun tempo de ocio diferente:

2 e 3 de maio: A miña amiga a auga. Neste obradoiro os nenos aprenderán, con divertidas actividades, a importancia do ciclo do auga, así coma a racionalizar o uso da mesma e como afecta a contaminación ambiental á calidade do auga.

1 e 2 de xuño: Ruta etnográfica polo río Rato. Os rapaces aprenderán sobre diferentes aspectos medioambientais, culturais e etnográficos desta zona.

8 de xuño e 29 de xuño: Descubrimento da natureza. Neste obradoiro haberá xogos e traballos manuais.

22 e 23 de xuño: Aprendendo a reciclar. Os nenos participantes farán traballos con materiais de refugallo e xogos.

Outra das actividades programadas é a singular exposición Proxecto Land Art, organizada en colaboración coa Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” e que se celebrará o vindeiro 30 de maio. Estas son só algunhas das posibilidades coas que os lucenses contarán para coñecer máis do medio natural da provincia en xeral, e das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares.

Lagos e lagoas das Reservas

Esta programación dará comezo o vindeiro día 11 de abril, cunha conferencia sobre os humidais das Reservas. Lagoas e mananciais na Reserva da Biosfera Terras do Miño: introdución á súa tipoloxía e valores ambientais estará a cargo de Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Tamén presente no acto que tivo lugar esta mañá, este biólogo, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, foi precisamente un dos expertos que formaron parte do equipo redactor das diversas candidaturas das Reservas da Biosfera propostas dende Galicia, entre a que se atopaba precisamente a de Terras do Miño.

Autor de máis de 150 traballos de investigación e divulgación centrados, entre outros temas, na caracterización e valoración de hábitats naturais e espazos protexidos, ofrecerá unha introdución a este tipo de medios, describindo e aportando exemplos das tipoloxías existentes dende o punto de vista hidrolóxico. Rodríguez Guitián centrará a súa atención nos coñecidos “Ollos de Begonte”, sistemas de excepcional interese biolóxico para a propia Reserva de Terras do Miño, así coma para o medio natural da zona cántabro-atlántica.

Os interesados en acudir a esta ou a calquera outra actividade, poden inscribirse a través de www.deputacionlugo.org. Estas actividades gratuítas celebraranse no Centro de Interpretación, que ademais amplía o seu horario operativo. Deste xeito, de luns a xoves, abrirá as súas portas de 9:30 a 14:30 horas; os venres, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas. As fins de semana o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados e de 11:00 a 14:00 horas os domingos.

2013-04-09


Comenta aquí

Unha conferencia sobre educación ambiental pecha a programación de inverno do Centro de Interpretación Terras do Miño

O biólogo e catedrático de Ciencias da USC Carlos Vales falará acerca da importancia da sensibilización e participación da sociedade na conservación de espazos naturais

Os interesados en acudir a esta actividade gratuíta ás 19: 00 horas aínda poden contactar con Medio Ambiente da Deputación en und.medioambiente@deputacionlugo.org

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá esta tarde, a partir das 19:00 horas, A educación ambiental como ferramenta para a conservación dos espazos naturais, conferencia gratuíta que pecha a programación prevista no Centro o primeiro trimestre do 2013. O biólogo Carlos Vales, Catedrático de Ciencias Naturais da Universidade de Santiago de Compostela e director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), será o encargado de trasladar ós asistentes o destacado papel da sensibilización e participación social na conservación dos espazos naturais.

A conservación da natureza é unha das máximas responsabilidades da sociedade actual, pola gran cantidade de bens e servizos que a natureza presta en forma de materias primas, alimentos, enerxía, así como de coñecemento e benestar en xeral. Sen embargo, estes beneficios non sempre son ilimitados, polo que é fundamental facer un aproveitamento racional, especialmente daqueles hábitats e especies valiosos ou ameazados, coma os existentes nos espazos naturais protexidos, coma as Reservas da Biosfera.

A conservación destes espazos require da implicación de expertos con coñecementos técnicos e científicos que deben trasladar á sociedade con campañas de sensibilización e comunicación e con procesos de participación directa, para que todos se sintan totalmente involucrados e comprometidos coa súa conservación.

Máis actividades

Con esta conferencia remata a programación do 1º trimestre do 2013, ano durante o que o Centro de Interpretación Terras do Miño ofrecerá unha programación progresivamente máis ampla. Nos vindeiros meses haberá máis accións divulgativas, obradoiros e actividades para nenos e adultos, visitas guiadas, así como actividades ó aire libre. En canto ó horario, é intención dos responsables do Centro de Interpretación ampliar a apertura das instalacións do Centro, ubicadas na contorna do río Rato, ás tardes e fins de semana, co obxectivo de facilitar a participación do maior número de lucenses e visitantes posible.

Os interesados en acudir a esta conferencia, así como todos os que desexen información sobre esta ou outras actividades do Centro, poden contactar no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org

2013-03-21


Comenta aquí

As Universidades de Santiago e Van Hall Larenstein de Holanda presentan en Terras do Miño un estudo sobre sistemas alimentarios

Darán conta dos resultados dunha investigación conxunta sobre sistemas alimentarios locais e agricultura urbana nunha conferencia que se celebrará este venres, ás 19:00 horas

A vindeira xornada no Centro, dedicada á biodiversidade de anfibios e reptís na provincia, terá lugar o día 28 de febreiro. Información e contacto en 982 227 812 e und.medioambiente@deputacionlugo.org

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá este venres, día 15, unha conferencia na que se exporán os resultados dun estudo levado a cabo conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu “Máster Terra”, e a Universidade Van Hall Larenstein, de Holanda. Trátase dos resultados dun estudo sobre “Sistemas Alimentarios Locales e Agricultura Urbana”, levado a cabo polos alumnos participantes no Máster, e co que amosarán as vantaxes que os sistemas alimentarios locais e a agricultura urbana poden ofrecer á cidade de Lugo.

As preocupacións orixinadas pola incerteza ante o sistema de produción industrializado, globalizado e altamente dependente do petróleo, orientan correntes coma a dos sistemas alimentarios locais, que tentan resolver os problemas de seguridade alimentaria mediante o fomento da produción, procesado e comercialización local de alimentos, empregando recursos de alimentos nas cidades e nas súas inmediacións. Isto motiva un cambio no plantexamento de moitas áreas urbanas, dadas as oportunidades que a agricultura urbana ofrece como incentivo á economía local ou á mellora da calidade medioambiental.

Nesta conferencia abordaranse aspectos teóricos destes sistemas alimentarios locais e poranse en marcha dinámicas destinadas a facer reflexionar ó público asistente para propoñer novos escenarios e iniciativas para a cidade.

Hortos urbanos da Deputación

A Deputación de Lugo foi unha administración pioneira en Galicia –e unha das primeiras de España, tras Barcelona e Madrid-, coa posta en marcha do novidoso proxecto de hortos urbanos, que facilitou ós lucenses dispor de hortos ecolóxicos nas zonas verdes de Lugo, como as contornas do río Rato e a Ponte de Paradai, co obxectivo de potenciar estas zonas e impulsar os produtos autóctonos.

A institución provincial cede os terreos nos que os veciños cultivan ata 50 produtos, coma pementos, leitugas, tomates, allos, cebolas, chícharos, coles, patacas ou acelgas. Ademais, a Deputación concede axudas para a compra de sementes e presta asesoramento, organizando cursos de formación en colaboración coa Universidade, ou mellorando as instalacións.

2013-02-13


Comenta aquí

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolleu unha conferencia sobre a presenza da avispa asiática en Galicia

Os asistentes á charla impartida polo investigador do Grupo de Control Parasitario Pablo Piñeiro coñeceron as claves para identificar esta especie invasora prexudicial para as abellas produtoras de mel e os cultivos frutícolas

A seguinte conferencia, o 15 de febreiro, ofrecerá os resultados dos traballos sobre sistemas alimentarios locais da USC e a Universidade holandesa Van Hall Larenstein

Os intersados en inscribirse poden facelo chamando ó número de teléfono 982-22-78-12, ou enviando un correo á dirección und.medioambiente@deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, asistiu este xoves á conferencia celebrada no Centro de Interpretación Terras do Miño, Avespa Asiática (Vespa vetulina) en Galicia. Identificación, control e medidas preventivas nos nosos colmeares, a primeira da programación posta en marcha pola Deputación para dar un impulso ó labor de formación medioambiental.

Dita charla correu a cargo do veterinario investigador do Grupo de Control Parasitario e Secretario da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) Pablo Piñeiro, que ofreceu ós asistentes as claves para identificar a este insecto, cuxa presenza en Galicia confirmouse no verán de 2012 e que supón un importante perigo para as colmeas de abellas melíferas da provincia, así como para os cultivos de froitas, xa que son un agresivo depredador. Entre os datos ofrecidos por Piñeiro destaca o feito de que esta especie de avispa non só inxecta o seu veleno, senón que tamén o lanza. Tendo en conta que os danos son especialmente graves para os apicultores da provincia de Lugo, na que xera un volume de negocio na provincia de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo. Esta facturación representa case o 35% do total en Galicia, comunidade que vende 2 millóns de quilos de mel, acadando 12 millóns de euros anuais.

A 1ª das actividades programadas

A programación no Centro de Interpretación Terras do Miño continúa o vindeiro día 15 de febreiro, cando se celebrará a xornada Sistemas alimentarios locales. Exposición dos resultados do taller Internacional sobor dos sistemas alimentarios locais, organizada en colaboración coa Universidade de Santiago e a Universidade Van Hall Larenstein, de Holanda. O día 28 será a quenda de Os anfibios e reptiles na provincia de Lugo. Biodiversidade e conservación.

Xa no mes de marzo celebraranse dúas conferencias, os días 7 e 21: Biomímese. Innovación inspirada na natureza e A Educación ambiental como ferramenta para a conservación do medio natural, respectivamente. Ademais deste ciclo de conferencias, a programación completaranse con obradoiros para nenos e adultos, visitas guiadas e outras actividades ó aire libre, en canto a meteoroloxía sexa menos severa. Ademais, o Centro ampliará o seu horario habitual ás tardes e mesmo ás fins de semana.

Como anotarse

Os interesados en acudir a calquera destas actividades só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente da Deputación, ben chamando ó teléfono 982-22-78-12, ou ben a través do enderezo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org A inscrición é totalmente gratuíta.

2013-01-24


Comenta aquí

A Deputación impulsa o labor divulgativo do Centro de Interpretación Terras do Miño cunha intensa axenda de actividades

Sonsoles López Izquierdo presentou hoxe as conferencias do 1º trimestre do ano, que se inauguran coa que ofrecerá Pablo Piñeiro Fraga sobre a Avespa Asiática, especie invasora que pode reducir a produción de mel e mesmo acabar coa vida das colmeas

Esta é a primeira das actividades programadas para o 1º trimestre e que forman parte da programación de charlas, visitas guiadas e obradoiros que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño nos vindeiros meses

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo presentou hoxe a programación de conferencias que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño no primeiro trimestre deste ano, a primeira das cales será a do vindeiro día 24 ás 19:30 horas, Avespa Asiática (Vespa vetulina) en Galicia. Identificación, control e medidas preventivas nos nosos colmeares, e coas que a Deputación pretende dar un impulso ó labor de formación medioambiental, que é un dos obxectivos fundamentais que persegue o Centro.

Esta conferencia, que impartirá o veterinario investigador do Grupo de Control Parasitario e Secretario da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) Pablo Piñeiro, presente neste acto de presentación que tivo lugar no propio Centro, versará acerca desta especie invasora, presente en Galicia dende o ano 2012 e procedente do continente asiático. Os efectos desta especie sobre as colemas de abellas melíferas da provincia son especialmente negativos, posto que soen atacar as colmeas, provocando un claro descenso na produción de mel e mesmo a súa morte. Os danos poden ser especialmente graves na provincia de Lugo, na que xera un volume de negocio na provincia de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo. Esta facturación representa case o 35% do total en Galicia, Comunidade que vende 2 millóns de quilos de mel, acadando 12 millóns de euros anuais. Esta especie causa, así mesmo, importantes danos nas colleitas de frutais.

O mel, o propóleo ou a xalea teñen destinos cada vez máis diversos, por exemplo, na gastronomía ou na cosmética. Deste xeito, a apicultura pode supoñer un factor de impulso económico e de creación de postos de traballo no rural, sen esquecer que resulta unha actividade que contribúe á conservación do medio, atendendo á labor de polinización das abellas. Así pois, “resulta de especial interese ofrecer formación ós apicultores profesionais e afeccionados, así coma a posibles emprendedores”, tal e como destacou López Izquierdo.

A 1ª das actividades programadas

Esta conferencia é a primeira das moitas actividades programadas no Centro de Interpretación ó longo do ano. Precisamente durante o acto de hoxe, López Izquierdo aproveitou para lembrar o resto de charlas que se celebrarán no Centro de Interpretación Terras do Miño no primeiro trimestre do ano.

Así, no mes de febreiro será a quenda de Sistemas alimentarios locales. Exposición dos resultados do taller Internacional sobor dos sistemas alimentarios locais, organizada en colaboración coa Universidade de Santiago e a Universidade Van Hall Larenstein, de Holanda, que se celebrará o día 15, e Os anfibios e reptiles na provincia de Lugo. Biodiversidade e conservación, o día 28 do mesmo mes.

Xa no mes de marzo celebraranse dúas conferencias, os días 7 e 21: Biomímese. Innovación inspirada na natureza e A Educación ambiental como ferramenta para a conservación do medio natural, respectivamente. Ademais deste ciclo de conferencias, a programación completaranse con obradoiros para nenos e adultos, visitas guiadas e outras actividades ó aire libre, en canto a climatoloxía sexa menos severa. Ademais, o Centro ampliará o seu horario habitual ás tardes e mesmo ás fins de semana.

Os interesados en acudir a calquera destas actividades só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente no teléfono 982 22-78-12 ou a través do enderezo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org. A inscrición é totalmente gratuíta.

2013-01-22


Comenta aquí