Reservas da Biosfera Terras do Miño

Órganos de Xestión

O Regulamento do Órgano de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño aprobouse inicialmente polo Pleno da Deputación de Lugo en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xaneiro de 2012. Posteriormente, este Regulamento inicial estivo exposto ao público desde o 1 de febreiro de 2012 durante un prazo de 30 días, non presentándose ningunha alegación, debido ao cal se aprobou definitivamente coa súa publicación o Boletín Oficial da Provincia o día 4 de abril de 2011 (BOP nº 76).

O Órgano de Xestión da Reserva, que ten por obxecto a realización de accións para a planificación e xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño, está composto polos seguintes órganos:

  • Un Órgano Reitor
  • Un Órgano de Participación
  • Un Director-Xerente (facultativo e non designado até o momento).

Órgano Reitor

O Órgano Reitor é o órgano de goberno e xestión da Reserva, desde o cal se asumen as funcións de deliberación, decisión e execución.

Segundo se establece no artigo 9 do regulamento, está integrado por:

a) Presidente: Presidente da Deputación de Lugo.

b) Vicepresidente: Deputado delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente da Deputación de Lugo.

c) Secretario: Secretario Deputación de Lugo.

d) Vocais:

1. Un representante de cada un dos grupos constituídos no seo da Corporación da Deputación Provincial de Lugo.

2. Un representante da Administración Xeral do Estado: Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ou persoa na que delegue.

3. Un representante da Xunta de Galicia.

4. Dous técnicos de recoñecido prestixio e de adecuados coñecementos técnicos, do ámbito universitario: Jesús Domínguez Conde e Fernando Planas Roca

ORGANO RECTOR

Órgano de Participación

O Órgano de Participación da Reserva ten como obxectivo servir de apoio, asesoramento e consulta ao Órgano Reitor mediante o estudo e debate dos instrumentos e actuacións relativas á Reserva, en particular das que se aborden no marco do seu Plan de Acción da Reserva, así como participar activamente na xeración de novas iniciativas.

No artigo 25 do Regulamento establécese a composición do Órgano de Participación, conformado por representantes tanto das administracións públicas, como de asociacións, organizacións, institucións e colectivos que desenvolvan actividades nos aspectos vinculados ao cumprimento dos obxectivos da Reserva, ou que sexan representativos de intereses sociais, económicos ou ambientais cuxos fins sexan acordes cos principios inspiradores do Programa MaB da Unesco.

Na reunión constitutiva do Órgano de Participación do 27 de outubro de 2011 acordouse por unanimidade abrir unha convocatoria pública (BOP nº 248 de 29/10/2011) para que no prazo de 15 días naturais estas asociacións presentasen a súa candidatura a devandito Órgano de Participación.

Posteriormente, o Órgano reitor decidiu deixar aberta permanentemente esta convocatoria para que calquera asociación se puidese integrar no Órgano nun futuro.

Na actualidade, o Órgano de Participación está composto por:

a) Presidente: Presidente da Deputación de Lugo.

b) Entre os vocais haberá un representante de cada un dos grupos constituídos no seo da Corporación, e os representantes de cada un dos 26 Concellos que teñan todo ou parte do seu termo municipal na Reserva da Biosfera: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.

c) Representantes das seguintes asociacións e entidades:

  • Asociación Revolta Natural
  • Tecor de Caza Riotorto
  • Asociación Medioambiental de Riotorto
  • Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  • Asociación Terras de Lugo (GDR-4)
  • Agrupación de Asociacións de Veciños de Lugo (Agrupalugo)
  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega)
  • Sindicato Labrego Galego
  • Comunidade de Montes en Man Común de Amorín e Carqueixas
  • Comunidade de Montes en Man Común de Santo Estevo de Parga
  • Comunidade de Montes en Man Común de San Xulián de Roca
  • Asociación Española contra o Cancro (Xunta local de Guitiriz)
  • Asociación Cultural e Medioambiental dos Veciños de San Xulián de Becín
  • Asociación Galega de Custodia do Territorio
  • Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
  • Sociedade Micolóxica Lucus
  • Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá (GDR-2)
  • Asociación Os Sete Castros (GDR-6)
  • Asociación Montes e Vales (GDR-3)
  • Asociación de Desenvolvemento da Comarca da Mariña (GDR-1)
  • Asociación Cultural Arrincadeira de Riotorto
ORGANO PARTICIPACION