Ocio y Deportes

Piragüismo

Clubs de Piragüismo: CLUB FLUVIAL DE LUGO
Enderezo: Rúa Fermín Rivera s/n
Localidade: Lugo
Teléfono: 982 221 167
E-mail: fluvial@clubfluviallugo.com
Web: www.clubfluvial.org
Características: O piragüismo é un deporte que ofrece numerosas posibilidades, podendo os que o practican elixir ríos tranquilos cos que gozar do lecer e a tranquilidade ou ben, se o prefiren, entreterse con percorridos máis difíciles onde o risco e a adrenalina estarán á orde do día. A principal característica do piragüismo é que se pode realizar en dous tipos de embarcacións: as canoas e os kayaks. Os palistas, de xeonllos ou sentados, levan un remo que non se apoia na embarcación e co que se axudan coa finalidade de avanzar cara adiante. Co paso dos anos pasou a se converter nun deporte que cada vez conta cun maior número de adeptos. E razóns non lle faltan, pois presenta numerosas vantaxes: a. Permíteche estar nunha boa forma física. b. É un modo de entrar en contacto coa natureza sen a alterar nin a danar. c. É un deporte que permite navegar en calquera tipo de auga sen máis limitacións que un mesmo. De feito, son moitos os que compiten nas diferentes modalidades existentes na actualidade. Porén, tamén é posible practicar este deporte sen competir con ninguén, converténdose neste caso nun reto persoal ou nunha forma de facer turismo acuático descubrindo novos e sorprendentes paisaxes.
Cursos: Durante os meses de verán. Consultar
Clubs de Piragüismo: ESCOLA LUCENSE DE PIRAGÜISMO
Enderezo: As Saamasas s/n 27004 Lugo
Localidade: Lugo
Teléfono: 982 201 895
E-mail: escoladepiraguismo@deputacionlugo.org
Imágenes: