Preguntas Frecuentes

Está dispoñible a información noutros idiomas?

Na parte superior, pode encontrar os idiomas dispoñibles para este portal. Facendo click no idioma desexado, a web traducirase automaticamente.

Se non vexo ben os textos, podo modificalos de tamaño?

Na barra superior pode encontrar tres letras "A" con diferentes tamaños. Se fai click neles, os textos adecuaranse a un tamaño maior ou menor, segundo vostede desexe.

Como contacto coa Organización?

Na parte inferior dereita, pode encontrar o enlace de "Contacto", mediante o cal poderá poñerse en contacto connosco.

Se me perdo na web, existe algún esquema ou resumo para me guiar por ela?

Ao pé do portal, encontrará un enlace chamado "Mapa Web", que lle servirá de guía para se mover pola web.

Se estou navegando, como volto á páxina principal?

Facendo click co rato no botón superior dereito “Inicio” ou facendo click no logo superior esquerdo “Terras do Miño”

Como ver os documentos adxuntos?

Facendo click ábrense nunha pestana diferente no navegador.

Como sei que unha imaxe se pode ampliar?

Ao te colocares enriba dela aparece unha lupa cun signo “+” no seu interior.

Como amplío unha imaxe para vela aumentada?

Situándose enriba da imaxe e facendo click amplíase noutra pestana.

Como imprimo a información que me resulte útil?

Na parte inferior de cada sección acharás a imaxe dunha impresora; ao faceres click nela, prepararache o documento para o imprimir.

Atopei un arquivo que quería descargarme e agora non o localizo, onde podo buscalo?

Neste link: Publicaciónspode encontrar todos os arquivos adxuntos dispoñibles na web ordenados por categorías.

Como accedo ao mapa das rutas e ás situacións dos lugares nomeados no portal?

No último punto da barra de navegación: Mapa Terras do Miño, poderá achar todas as localizacións e rutas dispoñibles.

Se estou no mapa pero non sei como se utiliza, onde encontro a información?

Na parte esquerda do mapa verá un menú de navegación mediante o cal poderá encontrar o que busca. Marcando as casas correspondentes, a información desexada aparecerá reflectida no mapa.

Se preciso ver o mapa noutro modo, pódese cambiar?

Á dereita do mapa, debaixo do logotipo ten unha pestana que lle permitirá modificar o tipo de mapa entre, "satélite", "mapa" ou "híbrido".

Como amplío a imaxe para ver ben a localización dentro do mapa?

Pode ampliar o mapa de dúas formas, utilizando a roda do rato cara adiante (se quere ampliar) ou cara atrás (se quere reducir), ou ben utilizando os botóns "+" e "-" que se localizan na parte superior do mapa.

O mapa ten algunha axuda?

Na parte dereita, situado debaixo do logotipo poderá atopar un botón de axuda que lle explicará o funcionamento do mapa.

Para que serve a data azul que aparece ao final dos documentos?

A súa finalidade é levalo automaticamente á cabeceira da web se vostede fai click nela.

Como podo mirar as citas dispoñibles na axenda?

Ao facer click no día seleccionado abrirase unha pestana con toda a información dispoñible sobre esa cita.

Como podo ver os restaurantes dun Concello?

Se selecciona o nome dun Concello, dentro da sección Onde comer? abriranse automaticamente os restaurantes dispoñibles.