Productos da Terra

Produtos autóctonos desta terra, sono moitos e de variadas características; distinguimos tanto produtos da terra que forman parte da rica gastronomía da provincia, como produtos tradicionais artesanais: ourivaría, cestaría, etc., que son herdanza cultural dos nosos maiores.

Sobre produtos autóctonos gastronómicos:

“Lugo, polo especial da súa xeografía, da súa historia e dos costumes das súas xentes, desenvolveu unha serie de produtos e servizos propios e de gran renome, baseados na cultura e os froitos da terra. Contamos con calidade, variedade, singularidade e marca nos nosos produtos e servizos. Alimentación, artesanía, moda, lecer, etc., a riqueza de Lugo é incalculable.”

www.losproductosdelugo.com

I.G.P. - Produtos con Indicación Xeográfica Protexida e D.O.P. -Produtos con Denominación de Orixe Protexida son xa unha realidade en Terras do Miño.

www.gastronomiadegalicia.com
www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/alimentacion/presentacion

Sobre produtos autóctonos artesanais:

En 1995 a Deputación Provincial de Lugo, en apoio ao sector da artesanía tradicional, crea o Centro de Artesanía e Deseño, coa finalidade de apoiar e estimular as medidas necesarias para conservar, protexer e promover devandito sector artesanal.

Ao longo destes anos perseguiuse este obxectivo, a través do traballo desenvolvido nos distintos talleres permanentes de produción propia que na actualidade forman parte da estrutura deste Centro, sendo os que a continuación se mencionan:

  • Taller do moble artesá
  • Do traxe tradicional
  • Da conservación de documentos e a encadernación de librosli>
  • De tapicería
  • De cestaría
  • Taller e arquivo de documentación musica

www.centrad.org