Rutas Terras do Miño

Do Camiño de Santiago

CAMIÑO DO NORTE COSTA

Características:O camiño do Norte é quizais a ruta máis histórica, a primeira que toman os peregrinos de todo
o cristianismo europeo da época para alcanzar Santiago de Compostela. A orixe da peregrinación pola ruta da costa cantábrica remóntase aos momentos inmediatamente posteriores ao descubrimento da tumba do apóstolo, no s. IX. Até os monarcas hispanos potenciaren nos s. XI-XII o Camiño Francés, o do norte foi un dos máis importantes. O camiño do Norte xerou unha corrente internacional cara aos santuarios de Oviedo e Santiago de Compostela e entre estes peregrinos chegados por esta ruta destaca a figura de San Francisco de Asís, que peregrinou en 1214.
ALBERGUE DE GONTÁN
Enderezo:Gontán
Capacidade:26 prazas
Web:www.xacobeo.es
Características:Lavadoiro , Lavadora , Calefacción , Frigorífico , Auga quente , Duchas , Inodoros , Armarios , Caixa de primeiros auxilios , Máquina de auga e refrescos , Máquina de café , Tendal , Cociña , Salón de reunións , Comedor , Terraza , Teléfono público , Lugar pechado para bicicletas , Corte para os cabalos.
Teléfono:626 72 80 88
ALBERGUE DE VILALBA
Enderezo:Polígono industrial de Villalba. Zona Cruz Roja
Capacidade:48 prazas
Web:www.xacobeo.es
Características:Lavadoiro , Calefacción , Auga quente , Duchas , Inodoros , Caixa de primeiros auxilios , Tendal , Cociña , Salón de reunións , Comedor , Lugar pechado para bicicletas , Corte para cabalos.
Teléfono:659 49 49 69
ALBERGUE DE MIRAZ
Enderezo:Miraz s/n
Capacidade:14 prazas
Web:www.xacobeo.es
Características:Lavadoiro , Lavadora , Calefacción , Frigorífico , Auga quente , Duchas , Inodoros , Tendal , Cociña , Salón de reunións , Comedor , Terraza , Lugar pechado para bicicletas , Corte para cabalos.
Teléfono:982 19 49 33

CAMIÑO DO NORTE INTERIOR

Características:Esta ruta era seguida por galegos do norte, viaxeiros que chegaban ao porto de Ribadeo, e por
aquelas persoas que preferían vadear a ría do Eo. Cruzaban o río pola desaparecida ponte de San Tirso de Abres, e seguían por Saldoiriña, Hervelle, Veiga da Pada e Minas de Boulloso até Vilaodrid, a actual Pontenova, onde se poden ver os antigos fornos de tratamento do mineral que se extraía das minas, conxunto industrial único en Galicia. Neste tramo o camiño está abandonado na súa maioría, mais pódese empregar como alternativa o trazado do ferrocarril mineiro. Desde Vilaodrid o camiño está perdido en diferentes puntos, e noutros coincide coa estrada. Pasa por Salmean e Vilaxe e continúa por Xudán, cuxas casas forman unha rúa e un conxunto pintoresco. Prosegue cara a Beche e a Casa do Mariñeiro até Regocorto. Máis adiante, camiño e estrada superpóñense até Santa Comba de Orrea. Desde aquí sóbese a Leiras, Paredes e Pena por pistas forestais que levan a Meira. Este tramo forma parte dun corredoiro norte-sur chamado " Vía Regia", consolidándose como camiño real utilizado polo comercio do sal e do ferro. O mosteiro cisterciense de Santa María de Meira foi fundado a mediados do século XII. A espléndida igrexa ten planta de cruz latina cun gran desenvolvemento nas súas naves e cinco capelas na cabeceira. A nave central e o cruceiro cóbrense con bóveda de canón apuntado. A altura da maior permite a súa iluminación directa a través de fiestras sobre as laterais e arcos formeiros. Os seus capiteis, serviron de modelo a edificios lucenses levantados sobre 1200. Destacan as ferraxes da súa porta principal. A construción do templo efectuouse aproximadamente no 1185 e terminouse a comezos do século XIII. Nada queda dos edificios monásticos medievais, substituídos por outros, que foron derribados a partir da segunda metade do século XIX. Algúns fragmentos pódense ver en diferentes casas da zona. A partir de Meira, o camiño da peregrinación desapareceu pola concentración parcelaria e a destrución da antiga rede viaria, se ben aínda se conservan referencias e fragmentos que permiten reconstruír o seu paso polas poboacións. Á altura da ponte da Chanca este camiño enlazaba co da Fonsagrada, entrándose por el en Lugo. É posible que entre Viladonga e Lugo se aproveitase algún fragmento de vía romana. Viladonga, co seu romanizado castro, é fito importante para o camiñante interesado pola historia e a romanización da Gallaecia. Ne pódense observar parte do seu urbanismo hipodámico, das súas casas e os obxectos achados nas escavacións arqueolóxicas. Ao longo deste itinerario abundan as fontes que tan útiles resultan ao peregrino.

CAMINO PRIMITIVO

Características:Trátase do primeiro itinerario xacobeo. O Camiño Primitivo a Compostela foi o empregado polos
primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Esta ruta foi seguida posiblemente polo rei Afonso II o Casto desde a capital do reino ástur, en Oviedo, até a tumba de Santiago, no primeiro terzo do s. IX. Este monarca foi decisivo para confirmar como pertencentes ao apóstolo Santiago os restos aparecidos en Compostela, para alén de auspiciar a fundación da primeira igrexa da nacente urbe e colaborar na organización do primitivo culto apostólico. Foi posiblemente un itinerario seguro e frecuentado até que, xa en pleno s. X, consolídase o actual Camiño Francés desde León, a nova capital do Reino. Así e todo, a ruta continuou a ser unha relevante alternativa, especialmente polo valor espiritual que determinados peregrinos lle outorgaron á colección de reliquias da catedral de San Salvador de Oviedo e á basílica de Lugo, coa súa exposición permanente do Santísimo Sacramento.

ALBERGUE DE LUGO
Enderezo:Rúa Nóreas, 1
Capacidade:44 prazas
Web:www.xacobeo.es
Características:Lavadoiro , Calefacción , Auga quente , Duchas , Inodoros , Caixa de primeiros auxilios , Tendal , Cociña , Salón de reunións , Comedor , Terraza.
Teléfono:618 425 578
ALBERGUE DE SAN ROMAO DE RETORTA
Enderezo:San Romao de Retorta
Capacidade:12 prazas
Web:www.xacobeo.es
Características:Lavadoiro , Calefacción , Auga quente , Duchas , Inodoros , Armarios, Caixa de primeiros auxilios , Máquina de auga e refrescos , Máquina de café , Tendal , Cociña.
Teléfono:628 17 34 56