Rutas Terras do Miño

De Sendeirismo

PASEO DE FONMIÑÁ

LocalidadePASTORIZA
TipoCIRCULAR
Quilómetros0,9 Km
PercorridoEsta ruta, que máis ben podemos considerar como un paseo polo curto e fácil percorrido, totalmente plano, ten a peculiaridade de se desenvolver en torno ao comunmente recoñecido como nacemento do Miño. O paseo, na contorna da pequena lagoa de cristalinas augas, é unha visita obrigada para todos os galegos por ser un fito singular da nosa xeografía. Hai que dicir, porén, para non faltar á realidade da discusión existente ao redor deste tema, que preto de aquí se encontra outro lugar que compite pola gloria de ser o nacemento do pai Miño, o Pedregal de Irimia, que tamén visitaremos noutra ruta das presentadas neste SIG.

PASEO DO RATO

LocalidadeLUGO
Tipo LINEAL
Quilómetros6 Km ida y vuelta
PercorridoO Paseo do Rato, máis que unha ruta de sendeirismo é, como o seu nome indica, un paseo periurbano na contorna inmediata da cidade de Lugo. Con todo, inclúese neste apartado porque poucos paseos destas características teñen unha diversidade floral e fáunica coma este. A avifauna ligada a auga nos cursos mellor conservados, como o merlo acuático, nidifica nesta contorna. Mais o paseo conta tamén con numerosos elementos etnográficos entre os que destaca o antigo muíño hoxe restaurado e no que se alberga o Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño. O paseo termina na confluencia do Río Rato co Río Miño, punto onde cada ano se rexistra un maior número de anátidos invernantes e onde se citou fai poucos anos a rareza avifáunica que supuxo a presenza durante todo o inverno de tres cisnes cantores procedentes do Norte de Europa.

RUTA AS RIBEIRAS ALTAS, MIÑO ARRIBA

LocalidadeLUGO
Tipo CIRCULAR
Quilómetros11,3 Km
Webwww.lugoturismo.com
PercorridoA maior parte da ruta transcorre por unha zona de ribeiras altas. Mais o río, remansado polos "caneiros", vai lento e profundo, cun volume de auga moi grande en todo momento. Este percorrido é moi apto para as prácticas deportivas; os piragüistas adéstranse por aquí. En Lugo a afección a estes deportes vén de moi antigo e de aquí saíron grandes deportistas de nivel olímpico.

RUTA CASTROVERDE

CaracterísticasPara facermos este percorrido é mellor comezar no lugar de Recesende; para chegarmos aquí, collemos a estrada da Fonsagrada e, antes de arribar a Castroverde collemos un desvío á esquerda que nos leva a Recesende, onde atopamos sobre un castro os restos de oito sarcófagos medievais. Á beira dos sarcófagos atopamos a igrexa de Recesende e o Palacio, continuando o camiño á área recreativa de Recesende. Volvendo pola estrada local e incorporándonos de novo á da Fonsagrada chegamos a Castroverde, onde poderemos facer unha parada na área recreativa A Veiga do Olmo, que debería ser o comezo e o fin da ruta. Continuariamos visitando os alpendres do campo da feira, a igrexa de Castroverde, a Casa do Concello e o Castelo de Castroverde construído sobre un castro que poida que sexa o que dá o nome á vila. Conservándose a torre da homenaxe con parte das ameas e algunhas fiestras. Continuando pola circunvalación, podemos ver o castiñeiro de Riazor, centenario que podería ser dos máis grandes do concello, e seguindo a estrada encontrarémonos tamén o hórreo e o muíño de Panecillo. Xa en Bolaño damos coa igrexa de Bolaño e un templo construído no século XIX, que se encontra un pouco illado da parroquia. A fachada e de cantería escuadrada con porta de lintel recto.Pódese apreciar na fachada un reloxo solar. Desde este punto podemos visitar a vila de San Martiño formado por catro casas en completo abandono. Seguindo polo interior da parroquia chegamos a un forno, desde o cal, seguindo a estrada ao pé da Croa ou Castro de Bolaño, imos dar á Cova da Valiña, onde se encontraron restos prehistóricos. Tomaremos un camiño de terra no que acharemos dous muíños abandonados. Seguindo por esta pista chegaremos até o camiño primitivo que nos levará até o punto de onde comezamos a ruta.

RUTA CORNO DA ÓRREA

LocalidadeMEIRA
TipoLINEAL E CIRCULAR
Quilómetros19,45 Km ida y vuelta
Webwww.concellodemeira.com
PercorridoA ruta comeza na Aula e a Natureza de Meira, sinalada por un panel con información pormenorizada do percorrido. Preto do inicio encontraremos o Pedregal de Irimia, unha das testemuñas da glaciación en Galicia. Esta ruta ademais de ser de sendeirismo, quere mostrar ao camiñante os distintos traballos silvícolas cometidos nos montes de Candedo, Louseiras e Corno da Órrea. Outra das características da ruta son as fontes como a de Cabanas, a do Francés e a de Rego da Gadella. Todo o percorrido ofrece unhas vistas moi interesantes da comarca.

RUTA DA AUGA

LocalidadeGUITIRIZ
TipoLINEAL
Quilómetros39,3 Km ida y vuelta
Webwww.concellodeguitiriz.com
PercorridoEsta ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo como a PR-G99, ten un percorrido sen desniveles que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende desde a ponte de Santo Alberto ATÉ a Carballeira de Pardiñas. Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Piteiro, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, como os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer como a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz. Mais, por enriba de todo, este carreiro une as tres fontes de augas medicinais máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no imponente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo, xunto á Carballeira de Pardiñas.

RUTA DA ESCRITA

LocalidadeCASTRO E REI
TipoLINEAL
Quilómetros12,4 Km ida y vuelta
Webwww.castroderei.com
PercorridoEsta ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo como a PR-G99, ten un percorrido sen desniveles que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende desde a ponte de Santo Alberto até a Carballeira de Pardiñas. Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Piteiro, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, como os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer como a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz. Mais, por enriba de todo, este carreiro une as tres fontes de augas medicinais máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no imponente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo ,xunto á Carballeira de Pardiñas.

RUTA DA LAGOA DE COSPEITO

LocalidadeCOSPEITO
TipoCIRCULAR
Quilómetros3,4 Km
Webwww.concellodecospeito.es
PercorridoComeza esta ruta xunto ao centro de interpretación da Lagoa de Cospeito. Neste centro contamos con distintos paneis explicativos dos valores ambientais da lagoa e da súa historia recente. Desecada nos anos sesenta do século XX para se recuperar parcialmente nos anos noventa, no tempo en que se producía o cambio de conciencia social sobre o medioambiente. A ruta bordea a lagoa e a súa área de influencia, permitíndonos descubrir os distintos hábitats que alberga. De especial interese é a avifauna migratoria, que podemos observar desde os distintos observatorios ornitolóxicos con que está dotada esta ruta. Mais, fóra da estación invernal, a lagoa non perde o seu atractivo tanto ornítico como botánico, e para alén diso, resulta fácil observar especies carismáticas de mamíferos como andoriñas que nadan axilmente nas súas augas.

RUTA DAS CHOUSAS

LocalidadeLUGO
TipoCIRCULAR
Quilómetros2,7 Km
Webmedioambiente.xunta.es
PercorridoA ruta é un excelente exemplo da interrelación entre a poboación humana e a súa contorna ao longo da historia. Neste aspecto, pódense observar muíños, fornos tradicionais, terras de cultivo e pasto, multitude de carballeiras, e até unha antiga canteira de granito, actualmente en fase de recuperación pola vexetación natural e que constitúe unha charca estacional.

RUTA DAS INSUAS DO MIÑO

LocalidadeOUTEIRO DE REI
TipoCIRCULAR
Quilómetros 5,12 Km
Webwww.outeiroderei.org
Webwww.rabade.org
PercorridoComeza esta ruta xunto á antiga ponte da N-VIN sobre o río Miño preto da vila de Rábade. Percorre a singular paisaxe creada polo río nesta zona que ocupa terras dos concellos de Rábade e Outeiro de Rei. Creou aquí o Río Miño as coñecidas Illas do Miño: Illa de Abaixo, Illa de San Roque e Illa da Trabanca. Pero xunto coa espectacularidade da paisaxe natural, tampouco é menor a presenza de elementos etnográficos ligados á explotación destas fértiles terras e á forza das súas augas. Encoros e pontes sucédense nun percorrido onde o Río Miño conserva as súas mellores galas; tanto é así que todo o conxunto da súa cunca alta foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.

RUTA DE FURIS-PARAMO

CaracterísticasComezando a ruta pode verse a pousada, cruceiro e igrexa que data dos séculos XVI-XVII.Desde a igrexa sóbese en dirección ao castro de Pereira. Continuando desde o castro baixamos o camiño de Peral onde podemos visitar a Capela e Cruceiro de Santa Bárbaro-Peral. Pequena capela de forma rectangular, cuberta a tres augas con pequena cruz. Desde Pereira collemos a estrada de Fogontelle e, a poucos metros, seguimos o camiño do monte que nos leva preto de A Abelleira, onde temos para visitar a Capela de San Adrián, Fonte e Carballo da Abelleira, ao pé da vía romana XIX. A capela é unha pequena construción a dúas augas que conta cun campanario na fachada. A fonte está á beira dun carballo centenario. Desde A Abelleira subimos á Azureira, e desde aquí, logo dunha pronunciada curva, pasamos preto da Pena Grande. Á altura de Pena Grande, mirando ao suroeste, damos cunhas fermosas vistas cara a terras de Lugo, o Páramo e Sarria; cara ao norte-nordeste pódese ver as alturas dos Ancares e da Fonsagrada. Un camiño forestal lévanos á Augalevada, nome que, ao parecer, procede dunha disputa entre a parroquia de Furís e a de Guimarei, para o concello de Baralla, seria así "auga roubada". Desde Arrubial ao lugar de Eirexe, onde está situada a igrexa sobre un castro. A igrexa ten nave rectangular cuberta a dúas augas. Conta con dúas retablos e restos de pintura mural. Desde Eirexe báixase ao lugar do Molar, onde se atopa o centenario castaño de Gabriel. Continuando o camiño Porcín subimos a Páramo de Arriba e desde a parroquia de Páramo baixamos a Furís de Abaixo. Desde Furís de Abaixo pásase ao pé de varias casas, en dirección ao Castro de Furís e os muíños do Castelo. Ao principio de Furís está o monte da Casita, onde se localizaron restos históricos. Continuando o camiño cruzamos de novo coa Vía XIX e chegamos ao último tramo da ruta, xa de volta en Furís de Arriba.

RUTA DE LAS FERIAS

CaracterísticasA ruta está dentro do espazo natural Parga-Ladra-Támoga (LIC Parga-Ladra-Támoga) O espazo natural sitúase na cunca alta do Miño, onde os cursos fluviais se mesturan con diversos tipos de zonas húmidas, bosques e paisaxes agrícolas tradicionais, orixinando un espazo de gran valor ambiental e cultural. Entre a flora presente atopamos desde vexetación de ribeira, composta principalmente por ameneiros e salgueiros, carballos, bidueiros, acivros, freixos, até matogueiras onde sobresaen as ericáceas, pasando pola vexetación acuática como xunco, a cana e a espadana moi frecuentes no espazo natural pola abundancia de auga.Tamén conta con especies dun alto valor ecolóxico como o Cardiño da lagoa, luronium é a flor de San Xosé. Entre o amplo número de especies presentes no lugar, nomearemos o Rato do almiscre, a Lontra, o Ánade Cullerete, o Charneco, o Alavanco Real, o Liorteiro, Sisón, Anguía, Boga de río, lagarto verdinegro, cervo voador, armiño, etc.

RUTA DE MONTECUBEIRO

CaracterísticasIniciamos o percorrido en San Cibrao de Barreiro, onde podemos ver a igrexa parroquial xunto cunha casa conventual e unha reitoral, ademais dun cruceiro e un monolito da memoria histórica. Continuando atopamos a capela de Santa Petronia e diante o cruceiro, desde onde continuaremos o percorrido que nos leva a poboación de Sta. M ª Magdalena de Pena; alí encontraremos unha formación rochosa, un cruceiro, unha fonte e a igrexa parroquial. Pasando a poboación de Pena temos dúas opcións, unha pola ruta principal e outra alternativa, ambas as dúas lévannos á poboación de Carballedo onde se acha un dos palacios máis grandes da vila de Castroverde. Desde Carballedo tamén temos as dúas opcións, ruta principal ou alternativa, que nos levan até as lagoas preto do lugar de Monciro, coa diferenza de que a alternativa transcorre pola poboación de San Pedro de Seres e a ruta principal por unha pista forestal. Neste lugar emprázanse dúas lagoas, hoxe en día sen auga, chamadas “Lagoa grande” e “Lagoa pequena”. De proseguirmos, chegaremos até o lugar de Córneas, onde podemos ver o muíño de Córneas, un carballo centenario na casa do Ferreiro e a capela de Córneas. Seguindo o percorrido principal chegamos á poboación de Vilaxurxo por un camiño con fermosas vistas, xunto a un regato, onde atoparemos dous muíños. Pasada a poboación de Vilaxurxo chegamos a Sto. André de Barredo onde podemos ver unha pequena área recreativa, un cruceiro e a igrexa de Barredo. Continuando por unha pista de terra chegamos ao lugar de Pena branca onde podemos gozar dunhas fermosas vistas das terras de Castroverde e dos concellos de Páramo, Láncara, Rambla, Baralla, Valeira, Pol e Lugo.En Pena branca atópanse tamén formacións de rochas de gran tamaño. Seguindo pola pista, a baixada lévanos a Aldea de Naraos para chegarmos ao final desta ruta na poboación de Sto. André de Barredo.

RUTA DE PENIDO

CaracterísticasÉ unha ruta de dificultade media-alta, duns 9 km de lonxitude, que comeza en Ferreira do Valadouro, na intersección da rúa Rosalía de Castro coa Avenida da Veiga, e termina no coñecido como 'Prado das Chantas'. Ao paso pola parroquia de Santa Cruz atopamos, o Palacio de Gradaílle, único palacio que se conserva no Val. É de estilo barroco (S.XVII-XVIII), e está rodeado dun forte muro. Actualmente é propiedade privada e non se pode visitar. Un quilómetro despois está o segundo cruzamento. Máis arriba, hai un Via Crucis con cruces de pedra que terminan nun pequeno retablo pétreo e, ao final do mesmo, encóntrase a igrexa de Santo Tomei de Recaré, de fins do século XIX. O terceiro cruzamento está preto, á esquerda, e dous quilómetros despois, o penúltimo cruzamento, que leva ao APRISCO DE SANTO TOMé. Esta zona, ademais de contar cun área recreativa con merendeiros, é un perfecto miradoiro desde o que poder observar todo o val. A uns 25 metros á dereita do Aprisco localízase o Dolmen do Aprisco ou Arca do Padorno, que é a tumba megalítica mellor conservada do concello. Un quilómetro máis arriba sitúase o Prado das Chantas, que está a 657 m de altitude nun pequeno solo das ladeiras dos Penidos. O aliñamento de pedras que o circundan non forma un círculo perfecto e a súa estrutura consta de dous elementos: claves verticais e muro baixo de cachotes. Na parte Oeste presenta restos dunha estrutura cuadrangular pétera Este posible círculo lítico da época megalítica está considerado por varios autores como un crónlech e, de se confirmar dita cronoloxía, sería un caso único en Galicia, tanto pola magnitude e bo estado de conservación, como porque non existe ningún outro catalogado. Finalmente, esta ruta ofrece para os máis emprendedores a opción de ascender até os montes de Penido Novo e Penido Vello, de 800 e 771 metros de altitude respectivamente, desde os cales hai unhas vistas extraordinarias do todo o Val e, nun día claro, de boa parte do raso cantábrico até Ribadeo.

RUTA DE RIOCALDO E OS OLLOS DE BEGONTE

LocalidadeBEGONTE
TipoLINEAL
Quilómetros2,9 Km
Webwww.concellodebegonte.es
PercorridoEsta camiñada é un paseo en torno á lagoa de Riocaldo. É esta unha lagoa artificial provocada pola extracción de áridos para a construción, e que tralo seu abandono foi renaturalizada pola vexetación e hoxe constitúe un brañal de gran importancia para a fauna, especialmente para as aves acuáticas. De feito, está incluído no LIC Parga-Ladra-Támaga que forma parte da Rede Natura 2000. Na lagoa hai un refuxio de corvos mariños grandes que pode chegar a albergar até 120 exemplares. A ruta percorre a totalidade do perímetro da lagoa, e nas proximidades encóntranse os peculiares ollos de Begonte, que na primavera ofrecen un espectáculo que nos fai pensar noutras terras coa súa cuberta de nenúfares.

RUTA DE SOUTOMERILLE

CaracterísticasA ruta de Soutomerille é de trazado circular e de dificultade baixa, con saída e chegada na rotonda de Paderne (intersección das estradas autonómicas LU-530 Lugo - A Fonsagrada e LU-106 ) Romeán - Bascuas . Ten unha lonxitude de 5.800 metros e un desnivel aproximado de 90 metros (564 metros na Croa de Soutomerille , 474 metros na Areeira da pallota). A ruta discorre na súa maior parte por camiños rurais sen asfaltar, cun pequeno tramo duns 800 metros na estrada de Gondar e uns 300 metros na estrada da Ferreira - Lea. O trazado percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural. No medio natural merece destacarse o bosque autóctono, con árbores singulares (carballos e castaños centenarios) e con alternancia puntual de prados. Ao longo da ruta existen varios bens patrimoniais de gran valor histórico-cultural, particularmente varios xacementos arqueolóxicos -o Castro da Pallota, o Castro Péon e a Croa de Soutomerille - ,unha igrexa do século XVII con restos prerrománicos, vellas casas grandes, un cemiterio moi singular feito todo en cantería. Así incluso, a ruta coincide co Camiño Primitivo no lugar de Soutomerille.

RUTA DO AZUMARA

LocalidadeCASTRO DE REI
TipoLINEAL
Quilómetros16 Km ida y vuelta
Webwww.castroderei.com
PercorridoEsta ruta atravesa zonas de monte como o Cordal para despois continuar pola ribeira do río Azúmara, á beira de vellos muíños, unha das mostras de arquitectura popular coa que poderemos dar nunha contorna onde aínda é posible admirar a vexetación autóctona galega. O camiño transcorre entre as antigas instalacións da Mina de Arsénico, hoxe abandonada. Para terminar, chegaremos ao Castro de Viladonga, un dos máis importantes de Galicia, con varias murallas e fosas, que albergan dous antecastros ou aterrazamentos e unha ampla acrópole.

RUTA FRAGA DE ROMEOR

CaracterísticasEsta ruta toma como punto de partida a área recreativa do pobo de Rioxoán. Nos seus primeiros tramos observaremos terreos de cultivo. A continuación internarémonos en montes xestionados pola administración, onde observaremos sobre todo piñeirais, frondosos nas zonas de cavorcos e nas zonas repoboadas de piñeiro. Ao final deste tramo poderemos descansar ao pé do río Batán. O seguinte tramo transcorre polo monte de Orán, onde observaremos piñeiros, eucaliptos, etc. Na parte final do tramo poderemos deternos no miradoiro de Alto da Panda e gozar das impresionantes vistas dos concellos de Baleira e Ribeira de Piquín. A ruta continúa por unha devasa cara ao Alto da Cima de Valiña, percorrendo os montes de Susá, á nosa dereita, e a Serra de Paradela á nosa esquerda. Continuando a ruta chegaremos a dous novos miradoiros nos monte de Milleirós e Panda: no primeiro poderemos apreciar o esplendor da Breñal de Murúa e no segundo a frondosidade da Fraga da Morronda (Incluída na Rede Natura 2000) cunha mestura de carballos, faias e castiñeiros. Regresaremos ao momento inicial entre piñeirais adultos e de repoboación polos montes de Susá e Valonga até chegarmos á estrada LU-750 e á zona peonil que nos conducirá a área recreativa na que iniciamos a ruta.

RUTA MIÑO ABERTO, RÍO ABAIXO

LocalidadeLUGO
TipoLINEAL
Quilómetros3,2 Km ida y vuelta
Webwww.lugoturismo.com
PercorridoEsta ruta é un paseo delicioso, inmediato á cidade, e constitúe un dos privilexios únicos de Lugo, xa que a cidade conta cunhas contornas fluviais esplendorosas.

RUTA MIÑO-EO

CaracterísticasA ruta do Miño-Eo ten o seu quilómetro cero no Canchal de Irimia.Comeza subindo o Canchal até chegar ao alto da Serra "O Parapeto". Desde este punto as vistas son moi boas posto que é o punto máis alto e podemos observar a gran diferenza existente entre as dúas ladeiras da Serra.Continúa a senda polo alto da serra ao lado do parque eólico e deixando á nosa esquerda a Pena Gaiada, unha roca moi singular e representativa da vila. Seguimos e observamos a flora e a fauna desta contorna, atopando con facilidade animais salvaxes. A continuación, comeza a nosa baixada pola ladeira da Serra, pasando pola aldea de Espido e seguindo na dirección cara ao Río Eo, límite natural entre o Concello de Meira e o de Ribeira de Piquín. Nesta mesma dirección chegaremos á ansiada Mexadoira, salto de auga de aproximadamente 15 metros de altura que se sitúa no chamado Rego de Murias. Deixamos atrás Mexadoira e continuamos camiño da Treita onde encontraremos o salmoneiro Río Eo. Para iso cruzaremos outra aldea, neste caso A Corota, e a dous quilómetros dela chegaremos á Treita, situada xusto á beira do Río Eo. Chegamos pois ao ansiado Río Eo. Río troiteiro e de abundancia de salmóns. Saímos da Treita e camiñamos paralelos ao Río Eo. A pouca distancia chegamos á aldea de O Piñeiro. A medio camiño deste ascenso, nos Quintos, podemos observar unha marabillosa paisaxe do Concello da Ribeira de Piquín, cunha variedade amplísima en canto á flora: carballos, castiñeiros, bidueiros, nogueiras, cerdeiras, piñeiros, salgueiros, pardos, acivros, e un longo etcétera que nos permitirá gozar das distintas tonalidades da cor verde que prevalece. A un quilómetro de distancia desde Os Quintos temos xa O Estreito, punto final desta ruta, posto que é aquí onde termina o carreiro e comeza a estrada asfaltada que nos levará polo Alto da Serra e O Pedregal de volta a Meira.

RUTA O RÍO DOS MUIÑOS

LocalidadeLUGO
TipoLINEAL
Quilómetros4 Km ida y vuelta
PercorridoChamamos a esta ruta O río dos muíños, non porque os outros ríos non os teñan, senón porque até fai moi pouco os muíños do Meira foron moi importantes para a cidade de Lugo, á que abastecían de fariña. No traxecto que imos percorrer atoparemos tres excelentes exemplos cos seus "caneiros" e "pesqueiras"; aínda que hoxe non moen, os seus sistemas hidráulicos están ben conservados.

RUTA VAL DO RIO TORDEA

CaracterísticasA ruta do val do río Tórdea é de trazado circular e de dificultade baixa, con saída e chegada no Camiño Ancho. Ten unha lonxitude de 17.200 metros e un desnivel aproximado de 125 metros. A ruta discorre no seu maior parte por camiños rurais sen asfaltar, aínda que tamén emprega algúns tramos asfaltados. O trazado percorre lugares de moito interese ambiental e histórico-cultural. Ao longo da ruta existen numerosos e variados bens patrimoniais: Xacementos arqueolóxicos: castros de Espasande , Uriz, A Pumarega , O Vilar e Croa de San Xulián de Pereiramá , así como un grupo de sarcófagos medievais en Goi; Igrexas: as máis antigas de estilo románico, son as de Espasande , Tórdea, Uriz, Cellán de Convento e A Pumarega . De menor antigüidade son as de Cellán de Calvos e San Xulián de Pereiramá ; Construcións etnográficas : muíños en Goi e entre Tórdea e Uriz . Restos dun mazo en Goi; un cruceiro en San Xulián de Pereiramá , así como varias fontes tradicionais : fonte de Bícaa e Pacio en Espasande, fonte da Torre en Tórdea e fonte do Ouro en Cellán de Convento; Pazos e casa grandes en Goi, Cellan de Convento e A Pumarega . Pola parroquia de Tórdea pasa tamén a Vía Romana XIX, aínda que esta ruta non coincide con ela en ningún dos seus tramos. No aspecto natural e ambiental merece destacar o bosque autóctono, con árbores singulares; carballos e castaños centenarios en Goi, Tórdea, Cellán de Convento , así como entre O Vilar e Cellán de Calvos, con presenza igual de prados e leiras . O percorrido tamén atravesa varios afluentes do rio Tórdea e pasa por lugares con interesantes formacións de rocas, no Forno da Vella, entre Espasande e a parroquia de Santa María do Monte. Penalada entre A Pumarega , Cellán de Convento e O Vilar, todas elas rodeadas de lendas e mitos populares.

SENDERO AGUAS DE FONMIÑA

CaracterísticasEste carreiro (PR-gr 153), que forma parte da rede de carreiros de Terra Chá, transcorre practicamente paralelo os 12 primeiros quilómetros do río Miño, partindo do ámbito da Lagoa de Fonmiñá até chegar á praia fluvial do núcleo de Baltar, na Pastoriza. Non se trata dunha ruta circular, polo que o percorrido de volta é similar ao de ida (en total 25 Km). O traxecto - de baixa dificultade - permite coñecer as características paisaxes e brañais da Terra Chá, a riqueza ecolóxica de ámbito natural das cristalinas augas do río Miño desde o seu nacemento e en puntos de interese como a Igrexa de San Salvador de Crecente, Castro de Sa, o "ponche vella" de Miñota e a área recreativa de Baltar. O percorrido, que ten unha duración estimada de 4 horas, parte do ámbito da Lagoa de Fonmiñá, cruza a pequena pista que leva á aldea de Fonmiñá e deixa a man esquerda un gran muíño de fariña que funciona como museo. O carreiro, ben sinalizado, transcorre pola marxe dereita do río Miño, baixo a sombra de altos bidueiros, ameneiros e salgueiros e entre amplos prados nos que é frecuente ver pastando vacas e cabalos. Ao longo do seu percorrido polas verdes terras de Pastoriza, as augas de pequenos regatos como o Rego de Piñeiro ou o Rego de Xixín van agrandando o Miño, formando unha parroquia de Baltar - punto final da ruta- unha área recreativa habilitada como praia fluvial, merendeiro e pequeno embarcadoiro.