Lecer e Deportes

Turismo Termal

GALICIA - Auga para os Sentidos

O aumento que o turismo termal experimentou en Galicia colocou a súa oferta nun indiscutible primeiro posto dentro da Península. Proba disto é a guía que ten nas súas mans, que nesta segunda edición incorpora unha nova vintena de establecementos nacidos nos últimos tres anos.

Non obstante, máis que a cantidade de balnearios, talasos ou hoteis con spa, resulta aínda máis salientable a súa variedade, que permite que cada cliente encontre, sen saír de Galicia, u que máis se axuste ás súas necesidades, gustos ou orzamento: desde un modesto balneario tradicional nn que mellorarse dalgunha afección até un establecemento á última no que optar por un tratamento de relax, estética ou saúde, ou mesmo combinar todas estas facetas ao tempo que se goza da natureza, dos deportes ao aire libre e, claro está, da gastronomía local.

Certo é que a Galicia, unha terra calada de lendas, de literatura e até de cancións populares dedicadas ás súas augas, a tradición termal vénlle de lonxe. Xa os romanos, que sabían ben o que se facían, souberon utilizar os seus moitos mananciais para mellorar a saúde, aínda que tamén para se divertir, relaxarse e debater nas súas termas sobre o divino e o humano. E, sen ir tan atrás non tempo, tamén a xeografía galega está repleta daquelas pozas de sandar nas que os nosos tataravós achaban alivio.

Durante a época dourada do termalismo - de mediados do s. XIX a comezos do s. XX- os balnearios galegos con máis tradición convertéronse en grandes centros sociais que congregaban as altas esferas da sociedade. Trala guerra, e coa moda de tomar o sol na praia, foron poucos os que se libraron da decadencia ou do peche, aínda que hoxe, impulsados pola cultura do culto ao corpo e por un ritmo de vida que obriga a frear e recuperar o equilibrio físico e mental, os balnearios viven un segundo renacer.

Moitos recuperaron a súa gloria de outrora incorporando instalacións de vangarda. Así, atraeron un público máis novo, que, ademais dous seus tradicionais fins terapéuticos, andan na procura duns días de acougo e coidados, alimentando a idea de que non é preciso estar doente para ir a un balneario. Outros, de nova planta, abriron as súas portas ligados a hoteis de até catro e cinco estrelas e, á calor da demanda, fóronselles sumando os centros de talasoterapia e os spas.

Os balnearios, cuxos tratamentos se basean nas propiedades preventivas e sandadoras das súas augas mineromedicinais e que deben contar cun médico que as administre nos tempos axeitados, pódense decantar pola vertente máis lúdica ou a máis terapéutica do termalismo, aínda que cada vez é máis frecuente que combinen ambas, igual que ocorre coa talasoterapia, que basea os seus tratamentos nas propiedades do mar e do que o rodea. Pola súa banda, os spas, onde a auga que se emprega non conta con propiedades especiais, oriéntanse a brindarlles unhas horas de relax e diversión aos seus clientes nas súas piscinas dinámicas ou nas súas bañeiras de burbullas, aínda que algúns dos máis completos propoñen tal cantidade de servizos que resultan tamén unha opción idónea para aqueles que teñen como única enfermidade a necesidade de desconectar e coidarse uns días, que non é pouco nos tempos que corren.

HOTEIS - BALNEARIO

A categoría destes hoteis, que contan nas súas dependencias cun balneario en toda regra, oscila entre unha e cinco estrelas, polo que as súas características, a súa clientela e o seu ambiente son do máis dispar. Polo xeral, os que teñen menos estrelas están máis orientados ao aspecto terapéutico máis tradicional dos balnearios; os máis luxosos, pola contra, adoitan mesturalo co aspecto máis recente e lúdico destes establecementos, polo que aos seus programas de estética, benestar e relax se suman habitualmente os destinados a previr ou tratar infinidade de afeccións, que variarán en función das indicacións do tipo de augas mineromedicinais con que conte cada un deles. Tanto uns coma outros teñen as súas instalacións abertas a hóspedes do hotel e a clientes non aloxados nel. Ademais, todos eles, á marxe da súa categoría, deben realizar os seus tratamentos baixo a supervisión dun médico, que marca a duración necesaria e o tipo de técnicas que se deben aplicar para lograr un fin terapéutico eficaz.

Hotel: HESPERIA BALNEARIO DE GUITIRIZ H****
Localización: Estrada do Balneario s/n. - 27300 Guitiriz, Lugo
Teléfono: 982 022 200
Fax: 982 022 210
Correo electrónico: reservas@hesperia-balneariodeguitiriz.com
Páxina web: www.hoteles-hesperia.es

Balneario de Guitiriz


Hotel: BALNEARIO E TERMAS DE LUGO, SL
Localización: Barrio da Ponte, s/n. - 27004 Lugo/td>
Teléfono: 982 22 12 28
Fax: 982 22 16 59.
Correo electrónico: balneario@balneariodelugo.com
Páxina web: www.balneariodelugo.com

Balneario de Lugo


HOTELES - SPA

O seu nome vén das siglas en latín de Saúde pola auga. Sen as propiedades das augas mineromedicinais, estes centros están orientados máis ben a un gozo baseado no aspecto lúdico e nos programas de beleza, benestar e relax a través de técnicas que tamén se empregan na talasoterapia ou a balneoterapia, como as bañeiras de hidromasaxe, chorros, duchas circulares, masaxes, piscinas dinámicas ou jacuzzis.

Hotel: GRAN HOTEL DE LUGO H****
Localización: Avda. Ramón Ferreiro, 21 - 27002 Lugo
Teléfono: 982 22 41 52
Fax: 982 24 16 60
Correo electrónico: ghlugo@ghhoteles.es
Páxina web: www.gh-hoteles.com

Gran Hotel de Lugo


Hotel: HUSA SPA VILLALBA H****
Localización: Charca do Alligal, s/n. Santaballa - 27830 Vilalba, Lugo
Teléfono: 982 515 000
Fax: 982240195
Correo electrónico: hotelspavillalba@husa.es
Páxina web: www.husa.es

Husa Spa Villalba