Características Biolóxicas

Tipos de Hábitats

Atendendo aos hábitats da Directiva DC92/43/CEE, cómpre destacarmos a importancia da Reserva de Biosfera Terras do Miño na conservación de brañais continentais, xa que no seu interior podemos encontrar representados até 22 tipos de hábitat incluídos nos anexos da citada Directiva e que son representativos dalgún tipo de brañal (lagoas, charcas, veigas ou turbeiras).

Dentro do grupo de hábitats de auga doce, na Reserva de Biosfera Terras do Miño están presentes até 8 tipos diferentes, podendo observar dentro do seu ámbito territorial todos os tipos de hábitat de auga doce citados na comunidade autónoma galega. Dentro dos hábitats de auga doce podemos establecer dous subgrupos en función da mobilidade das augas, diferenciando así entre 6 tipos de hábitat propios de auga doce estancada de outros 2 característicos de tramos fluviais con auga corrente.

Aínda que unha parte significativa das lagoas e charcas permanentes do Alto Miño quedaron illadas de forma natural polo incremento da actividade agrícola, outras constitúen un complexo mosaico no que cohabitan medios lacunares permanentes de carácter oligotrófico, mesotrófico e eutrófico, orixinados pola desigual composición dos sedimentos e das achegas hídricas, xunto con herbais e matogueiras higrófilas e higroturfófilos. Estas áreas que manteñen unha maior riqueza de medios acuáticos (Chairas de inundación de Begonte, Lagoa de Cospeito, Bardancos, Toiral e Fabás) inclúen a maior diversidade de especies, entre as que cabería salientar as poboacións de Eryngium viviparum e Luronium natans (Anexo II), así como de diversos taxons incluídos nos catálogos de especies ameazadas (Isoetes fluitans, Pilularia globulifera).

A maioría dos medios lacunares distróficos (3160) corresponden a pequenas charcas temporais existentes dentro de turbeiras ou matogueiras higroturfófilas, distribuídas polas serras periféricas. Como medios lacunares permanentes, soamente se inclúe dentro da categoría de lagos distróficos o denominado Pozo do Ollo, lago orixinado nunha profunda fractura tectónica que se acha incluído no seo dunha extensa chaira de inundación cuberta por bosques húmidos. As achegas de materia orgánica que recibe da area de inundación determinan o carácter distrófico para as augas e os sedimentos existentes na súa zona nerítica.

O resto dos medios lacunares permanentes existentes no Alto Miño, corresponden a medios de augas mesotróficas e oligotróficas caracterizado polo predominio de comunidades de Litorella uniflora (3110) ou do Isoeto-Nanojuncetea (3130). Estes medios lacunares distribúense entre a unidade periférica e a unidade central. Na unidade central a existencia de antigos sistemas kársticos fosilizados polos sedimentos terciarios, ou no seu caso a presenza nestes sedimentos de materiais carbonatos, determina a existencia de medios lacunares permanentes de augas e comunidades mesotróficas (3140), nas que predominan as comunidades de CHARACEAE, xunto con medios eutróficos (3150) con comunidades acuáticas pertencentes ao Magnopotamion.

Os diversos tramos fluviais existentes no Alto Miño representan unha lonxitude de máis de 2.400 Km, constituíndo un intricado corredor biolóxico que actúa de barreira e nexo de unión entre os diversos brañais do territorio. A maior diversidade e riqueza biolóxica da rede fluvial do Alto Miño establécese contorna á unidade central, onde as canles mostran un alto grao de heteroxeneidade, con grandes meandros divagantes, brazos mortos, illas terríxenas, zonas de rápidos ou pola contra de medios leníticos, etc. Complexidade á que habería que unir ou feito de que moitos destes tramos intégranse con outro tipo de lameiros, xeralmente chairas de inundación, medios lacunares permanentes, etc.

Outros hábitats de brañal e de particular importancia dentro da Reserva de Biosfera Terras do Miño constitúenos os Queirogais húmidos atlánticos de Ericas Ciliaris e Erica tetralix (4020*). Este tipo de hábitats concentra a maior parte da súa superficie nas serras setentrionais e constitúe o hábitat prioritario máis extenso da Reserva de Biosfera. Xunto a este tipo de queirogal, as características xeolóxicas e climáticas do territorio propician a existencia de diversos tipos de medios turfofilos e higroturfofilos, que maioritariamente corresponden ao grupo de Turbeiras Altas Activas (7110*) e Turbeiras de cobertor activas (7130*). Cunha distribución moito máis reducida, centrada na area de Begonte, podemos encontrar boas representacións de formacións de Cladium mariscus (7210*), cuxa presenza neste territorio foi indicada xa polo Reverendo Pai Xesuita Baltasar Merino a inicios do século XX (Merino, 1901).

As formacións herbosas de carácter natural ou seminatural presentan en Terras do Miño unha importante distribución territorial, estando conformadas por 2 tipos de Hábitat Prioritario (6220* e 6230*) e 3 tipos de Hábitats de Interese Comunitario. Aquí inclúense diversos tipos de medios higrofilos, desenvolvidos sobre substratos inorgánicos, con vexetación emerxente durante a maior parte do ano (6410 e 6420). Nestes medios o nivel de auga no solo sofre importantes variacións ao longo do ano, permanecendo non obstante nos meses de verán nos horizontes sub-superficiais de modo que pode ser aproveitado pola maior parte da vexetación higrófila e en concreto polos elementos anuais. Entre estas comunidades encóntranse outras de menor entidade superficial dominadas por Nardus stricta (6230*) ou por megaforbios (6430).

Ou conxunto de hábitats rochosos e covas ten, como unidade cartográfica, unha escasa representación no ámbito do Alto Miño, concentrándose o maior numero e superficie deste tipo de hábitats nos relevos montañosos periféricos. Porén, débese destacar a presenza dun hábitat herbáceo vinculado aos afloramentos rochosos de carácter prioritario: as zonas subestépicas de gramineas e especies anuais do Thero-Brachypodietea (6220*).

A superficie forestal da Reserva de Biosfera aparece dominada por queirogais secos (4030) e por diversos tipos de bosques mesófilos planocaducifolios (carballeiras galaico-portugueses, 9230) e os particularmente diversos bosques húmidos (bosques aluviais 91E0*, tubeiras boscosas 91D0* e grandes bosques na ribeira de grandes ríos 91F0).

En total identificáronse 32 hábitats de interese comunitario (Anexo I DC92/43/CEE) dentro do territorio da Reserva de Biosfera Terras do Miño, dous cales 9 considéranse prioritarios:

Hábitats de interese cominitario
Cód.
Denominación
Hábitats de auga doce
3110
Augas oligotróficas (Littorelletalia uniflorae)
3120 Augas oligotróficas (Isoetes spp.)
3130 Augas oligotróficas ou mesotróficas
3140
Augas oligomesotróficas calcáreas (Chara spp.)
3150 Logos eutróficos naturales (Magnopotamion o Hydrocharition)
3160
Lagos e estanques distróficos naturais
3260
Ríos de pisos de chaira a montano
3270
Ríos de beiras lamacentas (Chenopodion rubi p.p., Bidention p.p)
Hábitats de Queirogais e matogueiras de zona temperada
4020*
Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix
4030 Queirogais secos europeos
Hábitats de Formación herbosas naturais e seminaturais
6220* Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea
6230* Formacións herbosas con Nardus
6410 Prados con Molinias
6430 Megaforbios eutrofos higrófilos das orlas de chaira
6510 Prados pobres de sega de baixa altitude
Hábitats de Tubeiras altas, baixas e áreas pantanosas
7110* Tubeiras altas activas
7120 Tubeiras altas degradadas
7130* Tubeiras de Cobertor
7140 'Mires' de transición
7150 Depresións sobre substratos turbosos de Rhynchosporion
7210* Turbeiras calcáreas de Cladium mariscus e do Caricion davallianae
7230 Turbeiras baixas alcalinas
Hábitats rochosos de covas
8130 Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
8220 Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofitica
8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira
8310 Covas non explotadas polo turismo
Hábitats de Bosque
9180* Bosques de ladeiras, desprendementos o barrancos do Tilio-Aceiron
91D0* Tubeiras boscosas
91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa y Fraxinus excelsior
91F0 Bosques mistos nas ribeiras dos grandes ríos
9230 Carballeiras galaico-portugueses con Quercus sobur e Quercus pyrenaca
9380 Bosques de llex aquifolium

Fuente: IBADER

Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural

GI-TB Territorio - Biodiversidade