Programa MaB UNESCO

Rede Mundial de Reservas da Biosfera (RMRB)

O concepto de Reserva de Biosfera foi desenvolvido inicialmente en 1974. En 1995, no segundo encontro mundial de Reservas de Biosfera foi precisado e reforzado, quedando os resultados recollidos na Estratexia de Sevilla e o Marco Estatutario da Rede Mundial de Reservas de Biosfera. Os devanditos documentos foron aprobados pola Conferencia Xeral da UNESCO no mesmo ano e aínda hoxe permanecen vixentes.

As Reservas de Biosfera son territorios cuxo obxectivo é conciliar a conservación da natureza e o desenvolvemento económico. Establécense sobre zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nas cales a integración da poboación humana e as súas actividades son esenciais.

As Reservas da Biosfera deben contribuír a preservar e manter valores naturais e culturais grazas a unha xestión sostible, apoiada en bases científicas correctas e na creatividade cultural.

As Reservas de Biosfera son propostas polos gobernos nacionais aos órganos pertinentes do MaB e deben satisfacer algúns criterios e cumprir un mínimo de condicións para que poidan ser admitidas na Rede. Actualmente, no ano 2016, a Rede Mundial de Reservas de Biosfera (RMRB) comprende un total de 669 repartidas por 120 países.

A coordinación entre as Reservas de Biosfera que integran a Rede realízase mediante redes rexionais ou subrexionais. Entre elas podemos citar, ArabMaB (países Árabe), AfriMaB (países de África), EABRN (Rede Asiática das Reservas de Biosfera do leste), EuroMaB (Europa, Canadá e Estados Unidos), e a Rede IberoMaB (coordina os Comités Nacionais MaB e as Reservas de Biosfera de Iberoamérica). A REDBIOS intégrana as Reservas da Biosfera de Canarias (España), Cabo Verde, Mauritania, Madeira e Azores (Portugal), Marrocos e Senegal.

O Plan de Acción de Madrid que foi aprobado durante o III Congreso Mundial de Reservas de Biosfera marca a estratexia do Programa MaB para o período comprendido entre 2008 e 2013. Consiste nunha serie de obxectivos e accións que subliñan a necesidade de utilizar as reservas de biosfera como lugares de demostración que ofrecen respostas eficaces aos novos retos, como a perda dos coñecementos tradicionais e a diversidade cultural, a demografía, a perda de terras cultivables, o cambio climático, a biodiversidade e desenvolvemento sostible, en particular; lugares que sexan capaces de mitigar, de adaptarse ao cambio climático, de promover un maior uso das enerxías renovables no futuro sostible das zonas rurais e urbanas e de mellorar e aproveitar os servizos dos ecosistemas e os produtos no desenvolvemento sostible para o benestar humano.

O Plan de Acción de Lima para o Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da UNESCO e a súa Red Mundial de Reservas de Biosfera (2016-2025) contén un conxunto de accións exhaustivas, aínda que concisas, cuxo fin é o de garantir a implementación efectiva da Estratexia do MAB 2015-2025 adoptada polo CIC-MAB na súa 27.a sesión (UNESCO, París, 8-12 de xuño de 2015) e respaldada pola Conferencia Xeral da UNESCO na súa 38.a sesión (UNESCO, París, 3-18 de novembro de 2015).

Tanto a Estratexia do MAB 2015-2025 como o Plan de Acción de Lima 2016-2025 fundaméntanse na continuidade da Estratexia de Sevilla e no Marco Estatutario da Red Mundial de Reservas de Biosfera (RMRB) e se basean nas conclusións da avaliación da implementación do Plan de Acción de Madrid para as Reservas de Biosfera (2008-2013).

A concesión do Premio Príncipe de Asturias á Concordia, á Rede Mundial de Reservas de Biosfera en 2001, representou un fito importante como recoñecemento a tan encomiable tarefa.

Este concepto de colaboración está presente desde a xénese do Programa MaB. As Reservas da Biosfera deben xurdir pola propia iniciativa dos sectores sociais implicados sen imposición, o que supón que os habitantes, os agricultores, os gandeiros ou os artesáns dunha Reserva da Biosfera deben estar de acordo co proxecto e implicarse no seu desenvolvemento.

Mapa e listaxe mundial de Reservas Biosfera 2010

Listaxe actualizada de Reservas Biosfera 2013

Mapa RMRB 2016-2017

Estratexia de Sevilla

Marco Estatutario de Reservas da Biosfera

Sevilla + 5 (Pamplona)

Plan de Acción de Lima

Plan de Acción Madrid