Historia

Usos e Actividades Económicas por Zonas

Neste apartado descríbense por separado os usos e actividades das paisaxes da auga e os das paisaxes de montaña do Xistral debido á súa clara diferenciación. Poden consultarse graficamente en detalle no plano Usos do solo.

Na zona núcleo denominada paisaxes da auga as canles, lagoas e augas continentais constitúen o 2% da superficie; as brañas e áreas pantanosas un 0,2%. Aínda cunha representación tan escasa estas áreas, cun elevado valor de conservación, determinan as características das áreas adxacentes, da mesma forma que os usos que se dean nestas influirán nas primeiras. As augas continentais e brañas áchanse rodeadas de teselas dos seguintes usos do solo:

Caducifolias mixtas (15%) principalmente bosques de ribeira, de inundación e carballeiras, así como por unha mestura de especies caducifolias autóctonas con matogueira ou con piñeiros (11%).

Usos do solo na Zona Núcleo das paisaxes da auga

Nas chairas de inundación as condicións son propicias para o establecemento de prados e cultivos debido á escasa pendente e á maior profundidade dos solos. Por iso, próximos aos cursos principais de auga, os usos predominantes son as denominadas áreas agrícolas heteroxéneas (37%). Están constituídas por un mosaico de prados, pradarías, cultivos anuais e sebes arbóreas alternadas con masas de caducifolias e matogueiras.

As áreas agrícolas homoxéneas, formadas por pradarías ou viñedos, próximos ao límite sur, escasamente representan un 1% da superficie. Un 3% dela está formada por áreas de matogueira e pasto e, por último, o 7% da superficie está formada por repoboacións forestais nos que predomina o piñeiro, se ben ultimamente se empezan a introducir os eucaliptos nas beiras mesmas dos cursos de auga; tamén existen zonas puntuais de extracción de áridos (0,4%).

Estes últimos usos, aínda que non teñen valor de conservación por si mesmos, si teñen unha importancia estratéxica debido a estar en contacto coas área de maior valor. Por iso inclúense na zona núcleo coa idea de propoñer cambios paulatinos na futura xestión, cara a usos máis acordes co ámbito en que se encontran.

Entorno aos ríos a actividade principal é tamén a gandaría, preferentemente de vacún de leite, destacando a existencia dunha superficie importante de prados e pradarías en mosaico con especies caducifolias autóctonas e certa extensión de masas de caducifolias autóctonas.

Na outra zona núcleo denominada paisaxes de montaña do Xistral, o uso predominante é a matogueira e pasto (57%), como era de esperar, onde se encontran as turbeiras.

O seguinte uso en canto a superficie (23%) son as repoboacións forestais, maioritariamente de piñeiro seguidas en superficie polo eucalipto. Estas repoboacións, ao igual que nas paisaxes da auga, se achan próximas a zonas de gran valor, de aí procede a súa inclusión na zona núcleo. En moitos casos tamén presentan unha baixa densidade de plantación e un crecemento deficiente, favorecendo o desenvolvemento no seu estrato inferior de especies de interese.

Usos do solo na Zona Núcleo das paisaxes de montaña do Xistral

Usos paisaxes do XistralS (ha)%
Matogueira e pasto1190556,5
Repoboacións forestais480022,8
Zonas agrícolas homoxéneas18358,7
Zonas agrícolas homoxéneas18358,7
Caducifolias mixtas e repoboacións11595,5
Caducifolias mixtas8053,8
Matogueira e especies madeireiras5082,4
Zonas agrícolas homoxéneas530,3
Total21065100

A potenciación da actividade forestal desde os anos cincuenta, sumada ao cesamento da actividade agraria pola conxuntura socioeconómica e ao envellecemento da poboación, supuxo un incremento da superficie repoboada, destacando o avance nos últimos anos do eucalipto fronte ao piñeiro, sendo nesta área de Terras do Miño onde se concentra a maior parte de repoboacións desta especie.

As caducifolias mixtas representan un 4% e as teselas formadas por mesturas destas especies con repoboacións arbóreas de especies de crecemento rápido representan un 6%.

As áreas agrícolas heteroxéneas do Xistral forman a paisaxe cultural descrita como bocage (apartado 10.5.2.1 Paisaxes culturais), representan un 9% da superficie.

Nesta zona, a actividade agraria constitúe a principal ocupación da poboación. Esta gandaría principalmente de carácter extensivo (sobre matogueira e pastos) e orientación cárnica ou mixta, veuse desenvolvendo desde tempos ancestrais en Terras do Miño, especialmente nas áreas máis montañosas, contribuíndo á conservación e modelado da paisaxe.

En torno aos ríos a actividade principal é tamén a gandaría, preferentemente de vacún de leite, destacando a existencia dunha superficie importante de prados e pradarías en mosaico con especies caducifolias autóctonas e unha zona de certa extensión de masas de caducifolias autóctonas.

USOS E ACTIVIDADES NAS ZONAS TAMPÓN

O principal uso do solo na zona tampón é para as áreas agrícolas heteroxéneas, un 40% da superficie, formadas por prados, pradarías e cultivos anuais alternados con caducifolias mixtas, matogueiras e especies madeireiras (véxase plano Usos do solo). A actividade predominante é, polo tanto, a gandaría con explotacións mixtas de vacún de leite e carne, cunha tendencia a explotacións máis intensivas.

A especie máis plantada nas repoboacións forestais (16% da superficie das zonas tampón) é o piñeiro (15%) seguida moi de lonxe polo eucalipto.

As áreas con matogueira (6%) e as súas mesturas con pasto (13%), repoboacións forestais (7%) e especies caducifolias mixtas (2%) fan pensar no incremento das zonas agrícolas abandonadas.

As masas de frondosas supoñen un 7% en canto a superficie e as súas mesturas con especies madeireiras ocupan a mesma superficie.

Por último, hai certos usos que teñen unha baixa representación, xa que en conxunto non chegan ao 2%; son as áreas agrícolas homoxéneas (pradarías, prados ou viñedos), asentamentos de poboación, minas, canles e zonas húmidas continentais.

Usos do solo nas Zonas Tampón.

Usos do solo nas Zonas Tampón.S (ha)%
Zonas agrícolas heteroxéneas3202240,1
Repoboacións forestais1289616,1
Matogueiras e pasto1050913,2
Caducifolias e Repob. Forestais64908,1
Caducifolias mixtas54366,8
Matogueira e Repob. Forestais52876,6
Matogueira45735,7
Matogueira e caducifolias mixtas14811,9
Zonas agrícolas homoxéneas8391,0
Asentamentos de poboación1630,2
Minas1360,2
Augas continentais370,0
Zonas húmidas continentais30,0
Total79935100

USOS E ACTIVIDADES NAS ZONAS DE TRANSICIÓN

A zona de transición, na que se asenta o 90% da poboación e onde se produce a maior actividade económica, está ocupada maioritariamente, un 63%, polas zonas agrícolas heteroxéneas descritas anteriormente.

Zonas agrícolas heteroxéneasS (ha)%
Pradarías na súa maioría e cultivos8991257,8
Pradarías e caducifolias3070919,7
Pradarías y repoboacións149049,6
Pradarías e matogueira83485,4
Prados na súa maioría e cultivos90365,8
Cultivos anuais na súa maioría27251,8
Total155634100

Nelas as teselas predominantes son as que teñen pradarías na súa maioría con cultivos anuais (58%), seguidas das teselas con mesturas de pradarías e caducifolias (20%), segundo se aprecia na táboa adxunta.

Nestas áreas a actividade principal é de novo a gandeira, con explotacións de vacún de leite predominantes de carácter máis intensivo.

É importante destacar a debilidade do sector industrial, mesmo nesta zona de transición, que está principalmente representado por industrias lácteas e cárnicas, empresas do sector da construción e canteiras e explotacións de áridos. Con todo, é destacable a importancia do sector servizos respecto ás outras zonas, concentrado nos principais núcleos urbanos.

Usos do solo na Zona de Transición

Usos zona transiciónS (ha)%
Zonas agrícolas heteroxéneas15563462,7
Caducifolias e Repob. Forestais2835211,4
Repoboacións forestais211378,5
Matogueira e Repob. Forestais112184,5
Caducifolias mixtas88883,6
Matogueira81653,3
Matogueira e pasto45461,8
Matogueira e caducifolias mixtas43091,7
Zonas agrícolas homoxéneas37151,5
Asentamentos de poboación17731,7
Minas4731,2
Augas continentais200,0
Total248230100

O segundo uso da terra predominante nesta zona, un 12% da superficie, é para as mesturas de caducifolias mixtas con repoboacións de piñeiros e eucaliptos. As teselas formadas unicamente por repoboacións forestais supoñen un 9%, nas que continúa predominando o piñeiro fronte a outras especies. As masas puras de caducifolias perden terreo (4%) fronte ás repoboacións forestais, o que evidencia a predominancia das actividades produtivas fronte ás de conservación ou usos tradicionais do medio