{"id":13591,"date":"2025-05-13T07:34:36","date_gmt":"2025-05-13T07:34:36","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/vecinos-e-vecinas-de-lugo-conecen-o-mazo-de-santa-comba-co-conece-a-tua-provincia-da-deputacion\/"},"modified":"2025-05-13T07:34:36","modified_gmt":"2025-05-13T07:34:36","slug":"vecinos-e-vecinas-de-lugo-conecen-o-mazo-de-santa-comba-co-conece-a-tua-provincia-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/vecinos-e-vecinas-de-lugo-conecen-o-mazo-de-santa-comba-co-conece-a-tua-provincia-da-deputacion\/","title":{"rendered":"Veci\u00f1os e veci\u00f1as de Lugo co\u00f1ecen o Mazo de Santa Comba co Co\u00f1ece a t\u00faa provincia da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<div class=\"field field--name-field-mg-summary field--type-string-long field--label-hidden field__item\">Participan oito colectivos dos concellos de Mondo\u00f1edo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros que iniciar\u00e1n as rutas desde o Mazo de Santa Comba, o Pazo de San Marcos, a produtora de audiovisuais e a Granxa Gayoso Castro<\/div>\n<div class=\"field field--name-field-mg-paragraph field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field__items\">\n<div class=\"field__item\">\n<div class=\"paragraph paragraph--type--mg-parag-text-html paragraph--view-mode--default\">\n<div class=\"clearfix text-formatted field field--name-field-mg-body field--type-text-long field--label-hidden field__item\">\n<p class=\"text-align-justify\">Uns 184 veci\u00f1os e veci\u00f1as viaxar\u00e1n esta semana co Co\u00f1ece a t\u00faa provincia da Deputaci\u00f3n de Lugo. Os participantes pertencen a oito colectivos dos concellos de Mondo\u00f1edo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros, e uns percorrer\u00e1n a comarca mari\u00f1\u00e1, mentres que os outros descubrir\u00e1n os atractivos naturais e culturais da Terra Ch\u00e1 ou Lugo.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O Deputado de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Social, Pablo Rivera Cap\u00f3n, deu a benvida este martes no Sal\u00f3n de Actos do Pazo de San Marcos \u00e1 Asociaci\u00f3n Cultural e Deportiva Billarda R\u00edo Mi\u00f1o, de Castro de Rei, que iniciou o seu percorrido co\u00f1ecendo a historia e o funcionamento da Deputaci\u00f3n de Lugo para despois achegarse ata Quiroga. Neste municipio, os viaxeiros desfrutaron dunha visita a unha empresa produtora de vi\u00f1o e aceite e dun obradoiro de artesan\u00eda.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Nesta mesma xornada, o Deputado de Medio Ambiente, Carlos L\u00f3pez L\u00f3pez recibiu aos integrantes da Asociaci\u00f3n Cultural O Pasatempo, de Mondo\u00f1edo, que iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e continuaron ata a Monta\u00f1a lucense para co\u00f1ecer a aldea de Piornedo, visitar Navia de Suarna e unha f\u00e1brica de embutidos.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Ma\u00f1\u00e1 m\u00e9rcores ser\u00e1 a quenda dos integrantes da APA do Colexio P\u00fablico de Lagostelle, de Guitiriz, que partir\u00e1n da produtora de audiovisuais para logo descubrir alg\u00fans dos encantos da Mari\u00f1a Lucense como o Museo do Mel do Valadouro, o Castelo de Castrodouro, ou a Finca Galea en Alfoz. A Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os San Mamede de Oiras, de Alfoz, tam\u00e9n participar\u00e1 este m\u00e9rcores no Co\u00f1ece a t\u00faa provincia. Os integrantes deste colectivo partir\u00e1n do Pazo de San Marcos para logo visitar unha igrexa rom\u00e1nica e percorrer o Can\u00f3n do Sil en catamar\u00e1n.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">O xoves viaxar\u00e1 ata Quiroga a Asociaci\u00f3n de Mulleres Rurais Alfinete, de Lugo, e achegaranse ata \u00e1 Mari\u00f1a Lucense a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os San Xos\u00e9 de Vilaseca, de Riotorto. Os primeiros comezar\u00e1n no Pazo de San Marcos para despois visitar o Museo Xeol\u00f3xico de Quiroga; mentres que os segundos partir\u00e1n da Granxa Gayoso Castro e continuar\u00e1n ata a zona de Ourol onde realizar\u00e1n un percorrido polo cemiterio de Xerdiz e co\u00f1ecer\u00e1n a \u00e1rea recreativa da Veiga, en Muras, entre outros lugares.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">As visitas desta semana rematar\u00e1n o venres con d\u00faas entidades. Por unha banda, os integrantes da Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os San Pastor, de Barreiros, co\u00f1ecer\u00e1n o Pazo de San Marcos, a abad\u00eda de San Clodio ou o Xeomiradoiro de Campodola. Paralelamente, a Asociaci\u00f3n Provincial Lucense de Apicultura, de Lugo, iniciar\u00e1 o percorrido no Mazo de Santa Comba e posteriormente visitar\u00e1n o museo do mel e unha adega en Negueira de Mu\u00f1iz.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Neste programa tam\u00e9n se incl\u00fae de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar de orixe, a p\u00f3liza de seguros de viaxeiros, o men\u00fa de xantar e as entradas aos diferentes lugares da visita. Ademais, estas visitas real\u00edzanas profesionais que contan coa habilitaci\u00f3n de gu\u00eda oficial de turismo de Galicia, as\u00ed como persoal de atenci\u00f3n ao p\u00fablico nos diferentes museos, empresas ou obradoiros inclu\u00eddos nos itinerarios do programa.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Participan oito colectivos dos concellos de Mondo\u00f1edo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros que iniciar\u00e1n as rutas desde o Mazo de Santa Comba, o Pazo de San Marcos, a produtora de audiovisuais e a Granxa Gayoso Castro Uns 184 veci\u00f1os e veci\u00f1as viaxar\u00e1n esta semana co Co\u00f1ece a t\u00faa provincia da Deputaci\u00f3n &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13588,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[131],"tags":[],"class_list":["post-13591","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-deputacion-lugo-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13591","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13591"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13591\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13588"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13591"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13591"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13591"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}