{"id":13615,"date":"2025-04-25T07:42:04","date_gmt":"2025-04-25T07:42:04","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/o-presidente-e-o-alcalde-supervisan-no-rio-rato-os-danos-provocados-pola-borrasca-olivier\/"},"modified":"2025-04-25T07:42:04","modified_gmt":"2025-04-25T07:42:04","slug":"o-presidente-e-o-alcalde-supervisan-no-rio-rato-os-danos-provocados-pola-borrasca-olivier","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/o-presidente-e-o-alcalde-supervisan-no-rio-rato-os-danos-provocados-pola-borrasca-olivier\/","title":{"rendered":"O Presidente e o Alcalde supervisan no R\u00edo Rato os danos provocados pola borrasca Olivier"},"content":{"rendered":"<div class=\"field field--name-field-mg-summary field--type-string-long field--label-hidden field__item\">Jos\u00e9 Tom\u00e9 sinalou que os t\u00e9cnicos provincias e a empresa Tragsa aval\u00edan na zona os desperfectos ocasionados polas intensas chuvias do pasado venres, \u201cestamos a traballar para reparar coa m\u00e1xima celeridade as consecuencias desta tormenta, que nos colleu a todos por sorpresa\u201d<\/p>\n<p>&#8211; A Deputaci\u00f3n activou de inmediato unha folla de ruta solicitando unha intervenci\u00f3n de emerxencia \u00e1 Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica, \u201cos danos son significativos, especialmente nas pasarelas peon\u00eds e no firme do cami\u00f1o. Desde o primeiro momento, mobilizamos os recursos precisos para garantir a seguridade e agardamos contar coa valoraci\u00f3n t\u00e9cnica dos custes a vindeira semana\u201d, explicou o mandatario provincial<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"field field--name-field-mg-paragraph field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field__items\">\n<div class=\"field__item\">\n<div class=\"paragraph paragraph--type--mg-parag-text-html paragraph--view-mode--default\">\n<div class=\"clearfix text-formatted field field--name-field-mg-body field--type-text-long field--label-hidden field__item\">\n<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, supervisaron este martes sobre o terreo os danos provocados pola borrasca Olivier no R\u00edo Rato, que afectou de maneira importante este espazo natural moi empregado polos veci\u00f1os e veci\u00f1as. explicou que os t\u00e9cnicos da Deputaci\u00f3n, en colaboraci\u00f3n coa empresa p\u00fablica Tragsa, est\u00e1n a realizar unha avaliaci\u00f3n exhaustiva dos desperfectos causados polas intensas chuvias rexistradas o pasado venres, \u201cestamos a traballar para reparar coa m\u00e1xima celeridade as consecuencias desta tormenta, que nos colleu a todos por sorpresa\u201d, asegurou.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nA Deputaci\u00f3n puxo en marcha de inmediato unha folla de ruta para facer fronte a esta situaci\u00f3n, que incl\u00fae a solicitude dunha actuaci\u00f3n de emerxencia \u00e1 Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica e a elaboraci\u00f3n dunha memoria t\u00e9cnica co obxectivo de cuantificar os custes das actuaci\u00f3ns que ser\u00e1n necesarias. \u201cOs danos son significativos, hai catro pasarelas peon\u00eds que haber\u00e1 que reparar por completo e no firme do paseo que teremos que acondicionar \u00edntegramente, e levaranse a cabo tarefas de limpeza nos marxes do r\u00edo\u201d, explicou Tom\u00e9.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\n\u201cDesde o primeiro momento mobilizamos todos os recursos necesarios para garantir a seguridade na zona. Agardamos dispo\u00f1er da valoraci\u00f3n t\u00e9cnica na vindeira semana para poder actuar con rapidez\u201d, concretou.<br \/>\nPola s\u00faa banda, o Alcalde de Lugo puxo en valor a resposta conxunta entre Deputaci\u00f3n e Concello, e lembrou que os efectos do cambio clim\u00e1tico son cada vez m\u00e1is evidentes. \u201cEstes fen\u00f3menos meteorol\u00f3xicos son cada vez m\u00e1is frecuentes. Por iso, estamos a analizar os puntos cr\u00edticos afectados polos asolagamentos, co obxectivo de aplicar medidas efectivas como o impulso dun PERTE da auga, que nos permitir\u00e1 dixitalizar a rede municipal e acceder a datos en tempo real. Isto facilitar\u00e1 unha resposta m\u00e1is \u00e1xil e eficaz ante futuras emerxencias\u201d, subli\u00f1ou o rexedor.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nComo medida preventiva e para garantir a seguridade das persoas usuarias, a Deputaci\u00f3n desviou provisionalmente o tr\u00e1nsito polo carril bici, recomendando \u00e1 cidadan\u00eda seguir a sinalizaci\u00f3n habilitada e evitar o paso polas zonas danadas ata novo aviso.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jos\u00e9 Tom\u00e9 sinalou que os t\u00e9cnicos provincias e a empresa Tragsa aval\u00edan na zona os desperfectos ocasionados polas intensas chuvias do pasado venres, \u201cestamos a traballar para reparar coa m\u00e1xima celeridade as consecuencias desta tormenta, que nos colleu a todos por sorpresa\u201d &#8211; A Deputaci\u00f3n activou de inmediato unha folla de ruta solicitando unha intervenci\u00f3n &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":13612,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[131],"tags":[],"class_list":["post-13615","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-deputacion-lugo-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13615","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13615"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13615\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13612"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13615"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13615"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13615"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}