{"id":11291,"date":"2013-03-21T00:00:00","date_gmt":"2013-03-21T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/unha-conferencia-sobre-educacion-ambiental-pecha-a-programacion-de-inverno-do-centro-de-interpretacion-terras-do-mino\/"},"modified":"2023-09-28T07:00:24","modified_gmt":"2023-09-28T07:00:24","slug":"unha-conferencia-sobre-educacion-ambiental-pecha-a-programacion-de-inverno-do-centro-de-interpretacion-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/unha-conferencia-sobre-educacion-ambiental-pecha-a-programacion-de-inverno-do-centro-de-interpretacion-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"Unha conferencia sobre educaci\u00f3n ambiental pecha a programaci\u00f3n de inverno do Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>O bi\u00f3logo e catedr\u00e1tico de Ciencias da USC Carlos Vales falar\u00e1 acerca da importancia da sensibilizaci\u00f3n e participaci\u00f3n da sociedade na conservaci\u00f3n de espazos naturais<\/p>\n<p>Os interesados en acudir a esta actividade gratu\u00edta \u00e1s 19: 00 horas a\u00ednda poden contactar con Medio Ambiente da Deputaci\u00f3n en und.medioambiente@deputacionlugo.org<\/p>\n<p>O Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o acoller\u00e1 esta tarde, a partir das 19:00 horas, A educaci\u00f3n ambiental como ferramenta para a conservaci\u00f3n dos espazos naturais, conferencia gratu\u00edta que pecha a programaci\u00f3n prevista no Centro o primeiro trimestre do 2013. O bi\u00f3logo Carlos Vales, Catedr\u00e1tico de Ciencias Naturais da Universidade de Santiago de Compostela e director do Centro de Extensi\u00f3n Universitaria e Divulgaci\u00f3n Ambiental de Galicia (CEIDA), ser\u00e1 o encargado de trasladar \u00f3s asistentes o destacado papel da sensibilizaci\u00f3n e participaci\u00f3n social na conservaci\u00f3n dos espazos naturais.<\/p>\n<p>A conservaci\u00f3n da natureza \u00e9 unha das m\u00e1ximas responsabilidades da sociedade actual, pola gran cantidade de bens e servizos que a natureza presta en forma de materias primas, alimentos, enerx\u00eda, as\u00ed como de co\u00f1ecemento e benestar en xeral. Sen embargo, estes beneficios non sempre son ilimitados, polo que \u00e9 fundamental facer un aproveitamento racional, especialmente daqueles h\u00e1bitats e especies valiosos ou ameazados, coma os existentes nos espazos naturais protexidos, coma as Reservas da Biosfera.<\/p>\n<p>A conservaci\u00f3n destes espazos require da implicaci\u00f3n de expertos con co\u00f1ecementos t\u00e9cnicos e cient\u00edficos que deben trasladar \u00e1 sociedade con campa\u00f1as de sensibilizaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n e con procesos de participaci\u00f3n directa, para que todos se sintan totalmente involucrados e comprometidos coa s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>M\u00e1is actividades<\/p>\n<p>Con esta conferencia remata a programaci\u00f3n do 1\u00ba trimestre do 2013, ano durante o que o Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o ofrecer\u00e1 unha programaci\u00f3n progresivamente m\u00e1is ampla. Nos vindeiros meses haber\u00e1 m\u00e1is acci\u00f3ns divulgativas, obradoiros e actividades para nenos e adultos, visitas guiadas, as\u00ed como actividades \u00f3 aire libre. En canto \u00f3 horario, \u00e9 intenci\u00f3n dos responsables do Centro de Interpretaci\u00f3n ampliar a apertura das instalaci\u00f3ns do Centro, ubicadas na contorna do r\u00edo Rato, \u00e1s tardes e fins de semana, co obxectivo de facilitar a participaci\u00f3n do maior n\u00famero de lucenses e visitantes posible.<\/p>\n<p>Os interesados en acudir a esta conferencia, as\u00ed como todos os que desexen informaci\u00f3n sobre esta ou outras actividades do Centro, poden contactar no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O bi\u00f3logo e catedr\u00e1tico de Ciencias da USC Carlos Vales falar\u00e1 acerca da importancia da sensibilizaci\u00f3n e participaci\u00f3n da sociedade na conservaci\u00f3n de espazos naturais Os interesados en acudir a esta actividade gratu\u00edta \u00e1s 19: 00 horas a\u00ednda poden contactar con Medio Ambiente da Deputaci\u00f3n en und.medioambiente@deputacionlugo.org O Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o acoller\u00e1 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[114],"tags":[],"class_list":["post-11291","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-c-i-terras-do-mino-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11291","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11291"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11291\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11292,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11291\/revisions\/11292"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11291"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11291"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11291"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}