{"id":11309,"date":"2013-04-25T00:00:00","date_gmt":"2013-04-25T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/a-importancia-da-reserva-de-terras-do-mino-na-conservacion-de-especies-en-perigo-a-analise-no-centro-de-interpretacion\/"},"modified":"2023-09-28T07:00:29","modified_gmt":"2023-09-28T07:00:29","slug":"a-importancia-da-reserva-de-terras-do-mino-na-conservacion-de-especies-en-perigo-a-analise-no-centro-de-interpretacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-importancia-da-reserva-de-terras-do-mino-na-conservacion-de-especies-en-perigo-a-analise-no-centro-de-interpretacion\/","title":{"rendered":"A importancia da Reserva de Terras do Mi\u00f1o na conservaci\u00f3n de especies en perigo, a an\u00e1lise no Centro de Interpretaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O zo\u00f3logo Jes\u00fas Dom\u00ednguez Conde falou acerca da poboaci\u00f3n de aves en perigo de extinci\u00f3n coma o zarapito real que na Pen\u00ednsula s\u00f3 habitan no territorio protexido lucense<\/p>\n<p>O vindeiro s\u00e1bado cel\u00e9brase un obradoiro no que os participantes aprender\u00e1n os coidados b\u00e1sicos dun horto durante a \u00e9poca primaveral aplicando criterios ecol\u00f3xicos<\/p>\n<p>As actividades continuar\u00e1n no mes de maio con m\u00e1is conferencias, exposici\u00f3ns e obradoiros para adultos e nenos. Informaci\u00f3n e inscrici\u00f3ns en www.deputacionlugo.org<\/p>\n<p>O Centro de Interpretaci\u00f3n foi escenario esta tarde dunha nova actividade das moitas programadas para o segundo trimestre do ano, coas que os seus responsables buscan implicar \u00f3s lucenses na conservaci\u00f3n do seu medio natural. O zo\u00f3logo Jes\u00fas Dom\u00ednguez Conde falou acerca de Importancia da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o para a conservaci\u00f3n da poboaci\u00f3n ib\u00e9rica de Zarapito Real (Numenius arquata). O zarapito real \u00e9 unha ave que se localiza exclusivamente en zonas da Terra Ch\u00e1 e que est\u00e1 inclu\u00edda dentro da lista de especies en perigo de extinci\u00f3n.<\/p>\n<p>A s\u00faa zona de reproduci\u00f3n actual \u00e9 a do interior da Reserva de Terras do Mi\u00f1o, polo que a importancia deste territorio para a conservaci\u00f3n dunha especie \u00fanica en Espa\u00f1a \u00e9 indubidable. Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, Dom\u00ednguez Conde repasou a evoluci\u00f3n da poboaci\u00f3n que ten feito nido na Pen\u00ednsula durante a \u00faltima d\u00e9cada, ademais de expo\u00f1er a s\u00faa situaci\u00f3n actual e analizar as principais ameazas e problemas que poden condicionar a s\u00faa viabilidade futura desta ave.<\/p>\n<p>Jes\u00fas Dom\u00ednguez Conde \u00e9 profesor titular de Zoolox\u00eda na Universidade de Santiago de Compostela. A s\u00faa investigaci\u00f3n est\u00e1 centrada nas aves acu\u00e1ticas presentes nos humidais galegos e en \u00e1reas protexidas. Autor de numerosas publicaci\u00f3ns e artigos en revistas cient\u00edficas, actualmente Dom\u00ednguez Conde forma parte do Consello Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e do Observatorio Galego de Biodiversidade.<\/p>\n<p>M\u00e1is actividades a fin de semana<\/p>\n<p>As actividades contin\u00faan este fin de semana coa celebraci\u00f3n, o s\u00e1bado, do obradoiro para adultos Coidados das hortas na primavera: a agricultura tradicional modernizada con criterios ecol\u00f3xicos. O obradoiro desenvolverase en horario de ma\u00f1\u00e1, de 11:00 a 14:00 horas, tras o que se realizar\u00e1 unha visita de car\u00e1cter pr\u00e1ctico \u00f3s hortos urbanos situados na contorna do r\u00edo Rato.<\/p>\n<p>Os 40 participantes poder\u00e1n aprender cales son as tarefas necesarias nesta \u00e9poca do ano para manter a sa\u00fade dos cultivos e sacar o m\u00e1ximo proveito dos mesmos, mediante o emprego de t\u00e9cnicas propias da agricultura ecol\u00f3xica.<\/p>\n<p>Programaci\u00f3n de maio<\/p>\n<p>O vindeiro mes continuar\u00e1n as actividades postas en marcha no Centro de Interpretaci\u00f3n. Haber\u00e1 conferencias, todas elas a cargo de reputados expertos de prestixio.<br \/>\nAs\u00ed, o 9 de maio celebrarase Os bosques na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, ofrecida polo Enxe\u00f1eiro de Montes Antonio Rigueiro Rodr\u00edguez, membro da Real Academia Galega de Ciencias.<\/p>\n<p>Igualmente, celebraranse actividades \u00f3 aire libre, tanto para adultos coma para nenos. Os maiores ter\u00e1n, os d\u00edas 11 e 12 de maio, un Curso de micolox\u00eda, organizado en colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Micol\u00f3xica Lucus; e outro de Bot\u00e1nica dom\u00e9stica: prantas medicinais e prantas das nosas hortas e campos, o d\u00eda 25. Para os nenos est\u00e1n programados A mi\u00f1a amiga a auga, os d\u00edas 2 e 3 de maio.<\/p>\n<p>Outras interesantes actividades son as exposici\u00f3ns. O 30 de maio chegar\u00e1 \u00f3 Centro situado na contorna do r\u00edo Rato Proxecto Land Art, organizada en colaboraci\u00f3n coa Escola de Arte e Superior de Dese\u00f1o \u201cRam\u00f3n Falc\u00f3n\u201d, que amosar\u00e1 as posibilidades que ofrece a natureza como material de creaci\u00f3n art\u00edstica, e non s\u00f3 de inspiraci\u00f3n. Os interesados en acudir a calquera destas actividades poden informarse e solicitar a s\u00faa inscrici\u00f3n a trav\u00e9s da p\u00e1xina web www.deputacionlugo.org<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O zo\u00f3logo Jes\u00fas Dom\u00ednguez Conde falou acerca da poboaci\u00f3n de aves en perigo de extinci\u00f3n coma o zarapito real que na Pen\u00ednsula s\u00f3 habitan no territorio protexido lucense O vindeiro s\u00e1bado cel\u00e9brase un obradoiro no que os participantes aprender\u00e1n os coidados b\u00e1sicos dun horto durante a \u00e9poca primaveral aplicando criterios ecol\u00f3xicos As actividades continuar\u00e1n no &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10581,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[114],"tags":[],"class_list":["post-11309","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-c-i-terras-do-mino-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11309","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11309"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11309\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11310,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11309\/revisions\/11310"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10581"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11309"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11309"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11309"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}