{"id":12304,"date":"2013-07-31T00:00:00","date_gmt":"2013-07-31T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12304"},"modified":"2023-09-28T07:04:00","modified_gmt":"2023-09-28T07:04:00","slug":"a-deputacion-impulsa-un-plan-de-accion-para-a-reserva-terras-do-mino-que-contara-cun-investimento-de-4-millons-de-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-impulsa-un-plan-de-accion-para-a-reserva-terras-do-mino-que-contara-cun-investimento-de-4-millons-de-euros\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n impulsa un Plan de Acci\u00f3n para a Reserva Terras do Mi\u00f1o que contar\u00e1 cun investimento de 4 mill\u00f3ns de euros"},"content":{"rendered":"<p>G\u00f3mez Besteiro presidiu a reuni\u00f3n do \u00f3rgano reitor da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o que decidiu por unanimidade aprobar o documento<\/p>\n<p>O Plan se desenvolver\u00e1 nos vindeiros 10 anos e contempla nove li\u00f1as de acci\u00f3n coa intenci\u00f3n de potenciar o espazo da reserva<\/p>\n<p>Na reuni\u00f3n tam\u00e9n se acordou a inclusi\u00f3n de 8 novas asociaci\u00f3ns no \u00f3rgano de participaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por unanimidade quedou aprobado esta ma\u00f1\u00e1 o Plan de Acci\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, que impulsa a Deputaci\u00f3n e que contar\u00e1 cun orzamento de 4 mill\u00f3ns de euros. Todos estiveron dacordo en darlle o visto b\u00f3 \u00f3 Plan que ten un prazo de 10 anos para cumprri os seus obxectivos.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, presidiu hoxe as reuni\u00f3ns dos \u00d3rganos de xesti\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o. Esta figura de protecci\u00f3n e fomento do territorio natural da provincia busca, mediante a participaci\u00f3n de t\u00f3dolos sectores implicados, iniciativas para a posta en valor do territorio. Na cita de hoxe, o \u00d3rgano de Participaci\u00f3n reuniu a m\u00e1is de 50 persoas entre alcaldes dos municipios da reserva, representantes de organizaci\u00f3ns e asociaci\u00f3ns da zona.<\/p>\n<p>O Plan de Acci\u00f3n \u00e9 un extenso traballo desenvolto por expertos do IBADER que prop\u00f3n un plan de acci\u00f3n a 10 anos e cun investimento de 4 mill\u00f3ns de euros. No informe em\u00edtese unha diagnose da situaci\u00f3n da Reserva Terras do Mi\u00f1o e se analizan as posibilidades de xesti\u00f3n, promoci\u00f3n e posta en valor deste territorio. Segundo a an\u00e1lise dos expertos na Reserva de Terras do Mi\u00f1o \u00e9 hai 11 h\u00e1bitats, 44 especies de flora e preto de 200 animais de interese para a s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O Plan de Acci\u00f3n establece 9 li\u00f1as estrat\u00e9xicas e 20 li\u00f1as de acci\u00f3n que guiar\u00e1n as iniciativas que desenvolva o \u00d3rgano Reitor nos vindeiros anos. As acci\u00f3ns ir\u00e1n encami\u00f1adas \u00e1 conservaci\u00f3n do patrimonio natural, a difusi\u00f3n dos valores naturais e culturais da zona, buscando en todo momento a compatibilidade do medio rural e o turismo coa biodiversidade propia da reserva. Promocionaranse os productos de calidade de manufactura local e a conservaci\u00f3n dos recursos patrimoniais contando sempre coa cooperaci\u00f3n das asociaci\u00f3ns para a s\u00faa sostenibilidade. Con este plan pret\u00e9ndese mellorar a calidade de vida dos veci\u00f1os, con novas oportunidades para dar a co\u00f1ecer o patrimonio natural e cultural da reserva, promovendo un turismo sostible e fomentar o emprego da reserva como \u00e1mbito de investigaci\u00f3n e fonte de apredizaxe.<\/p>\n<p>O plan foi aprobado por unanimidade e para posibilitar a participaci\u00f3n cidad\u00e1 antes ter\u00e1 que pasar polas fases de exposici\u00f3n p\u00fablica, coa s\u00faa publicaci\u00f3n no BOP en setembro deste ano, previa a s\u00faa aprobaci\u00f3n definitiva.<\/p>\n<p>Actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n en Terras do Mi\u00f1o<\/p>\n<p>Na reuni\u00f3n o Presidente da Deputaci\u00f3n fixo un balance das actividades desenvoltas durante o pasado ano nesta Reserva da Biosfera pola instituci\u00f3n provincial e que suman preto de 30 iniciativas diferenciadas. Tr\u00e1tase de actuaci\u00f3ns que se desenvolveron co gallo do 10 aniversario da declaraci\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o pola Unesco. As actuaci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n neste eido van dende a posta en marcha de plataformas de venta en internet, colocaci\u00f3n de sinalizaci\u00f3n, rutas do km0, celebraci\u00f3n de actividades de concienciaci\u00f3n medioambiental, a organizaci\u00f3n de concursos fotogr\u00e1ficos e exposici\u00f3ns, ou celebraci\u00f3ns de xornadas, entre outras.<\/p>\n<p>Para o 2013 o Presidente adiantou varias li\u00f1as de traballo nas que ademais do Plan de Acci\u00f3n se incl\u00faen a definici\u00f3n da nova zonificaci\u00f3n da Reserva en funci\u00f3n dos cambios que se produzan na Rede Natura 2000 e a creaci\u00f3n dun portal web did\u00e1ctico da Reserva da Biosfera.<\/p>\n<p>Novas asociaci\u00f3ns para o \u00d3rgano de Participaci\u00f3n<\/p>\n<p>Con anterioridade o \u00f3rgano reitor aprobou por unanimidade a inclusi\u00f3n neste \u00f3rgano da Asociaci\u00f3n Cultural Arrincadeira de Riotorto, a Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio, Asociaci\u00f3n Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde, Sociedade Micol\u00f3xica Lucus, Asociaci\u00f3n de Desenvolvemento Comarcal Terra Ch\u00e1, Asociaci\u00f3n Os Sete Castros, Asociaci\u00f3n de Montes e Vales e Asociaci\u00f3n de Desenvolvemento da Comarca da Mari\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>G\u00f3mez Besteiro presidiu a reuni\u00f3n do \u00f3rgano reitor da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o que decidiu por unanimidade aprobar o documento O Plan se desenvolver\u00e1 nos vindeiros 10 anos e contempla nove li\u00f1as de acci\u00f3n coa intenci\u00f3n de potenciar o espazo da reserva Na reuni\u00f3n tam\u00e9n se acordou a inclusi\u00f3n de 8 novas asociaci\u00f3ns &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10612,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12304","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12304","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12304"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12304\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12306,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12304\/revisions\/12306"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10612"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12304"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}