{"id":12328,"date":"2014-03-10T00:00:00","date_gmt":"2014-03-10T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12328"},"modified":"2023-09-28T07:10:00","modified_gmt":"2023-09-28T07:10:00","slug":"musica-e-imaxes-para-divulgar-a-natureza-lucense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/musica-e-imaxes-para-divulgar-a-natureza-lucense\/","title":{"rendered":"M\u00fasica e imaxes para divulgar a natureza lucense"},"content":{"rendered":"<p>Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo e Ux\u00edo Otero presentaron os traballos realizados polos alumnos do M\u00e1ster en Direcci\u00f3n de Actividades Educativas na Natureza co que colabora a Deputaci\u00f3n<\/p>\n<p>Os alumnos elaboraron durante o curso gu\u00edas e documentos did\u00e1cticos que se repartir\u00e1n polos centros escolares da provincia que para divulgar a riqueza natural de Lugo<\/p>\n<p>O m\u00fasico Arturo Vaquero dar\u00e1 unha charla este xoves no sal\u00f3n de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravaci\u00f3n do CD \u201cSons da Reserva da Biosfera\u201d<\/p>\n<p>M\u00fasica e imaxes para divulgar a natureza lucense<br \/>\nA Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, acompa\u00f1ada do coordinador do M\u00e1ster en Direcci\u00f3n de Actividades Educativas da Natureza da USC, Ux\u00edo Otero, presentou os traballos realizados polos alumnos deste curso. Tr\u00e1tase dunha gu\u00eda sobre a historia da defensa do medioambiente no mundo, un CD con iniciativas did\u00e1cticas baseadas nos recursos naturais da provincia e o CD \u201cSons das Terras do Mi\u00f1o\u201d, que recolle o ambiente sonoro deste territorio Reserva da Biosfera.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Izquierdo destacou o valor did\u00e1ctico destes traballos e a implicaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n na divulgaci\u00f3n da riqueza natural da provincia entre as familias lucenses. A Deputada explicou que con estes traballos c\u00famprese un dobre obxectivo, \u201cpor unha banda os alumnos do m\u00e1ster realizan pr\u00e1cticas de gran importancia na s\u00faa formaci\u00f3n e pola outra o material resultante serve para divulgar entre escolares e outros colectivos o patrimonio natural lucense. L\u00f3pez Izquierdo explicou que distribuiranse copias deste material polos centros escolares da provincia, bibliotecas p\u00fablicas e centros culturais para que monitores de tempo libre, profesorado e persoas interesadas en xeral te\u00f1an acceso a esta informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O coordinador do M\u00e1ster, Ux\u00edo Otero, explicou que a colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n \u00e9 fundamental para a produci\u00f3n destes documentos docentes e destacou a importancia e proxecci\u00f3n de futuro dos estudos de Direcci\u00f3n de Actividades Educativas na Natureza, \u00fanicos en Espa\u00f1a, centrados no medioambiente e na educaci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u201cPegadas para a terra\u201d<\/p>\n<p>A gu\u00eda da exposici\u00f3n \u201cPegadas para a Terra\u201d foi realizada por unha alumna como traballo de fin de m\u00e1ster e recolle a informaci\u00f3n sobre esta mostra, que se pode visitar actualmente no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. Nela, anal\u00edzase a loita de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente. Os alumnos abordaron nesta pr\u00e1ctica a adaptaci\u00f3n da informaci\u00f3n que se exhibe na exposici\u00f3n para o seu uso nas aulas a trav\u00e9s da gu\u00eda.<\/p>\n<p>Traballos did\u00e1cticos<\/p>\n<p>Os traballos realizados polos alumnos do M\u00e1ster nas s\u00faas tres edici\u00f3ns recompil\u00e1ronse nun CD did\u00e1ctico con informaci\u00f3n de aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica entre escolares e outros colectivos para a organizaci\u00f3n de actividades \u00f3 aire libre e centradas na natureza. O documento cont\u00e9n informaci\u00f3n sobre rutas de sendeirismo, o cami\u00f1o primitivo \u00f3 seu paso por Lugo, os territorios reserva da biosfera e outros estudos sobre espazos de gran valor natural.<\/p>\n<p>\u201cSons das Terras do Mi\u00f1o\u201d<\/p>\n<p>O CD musical \u201cSons das Terras do Mi\u00f1o\u201d recupera os espazos sonoros da Reserva da Biosfera transform\u00e1ndoos en m\u00fasica electroac\u00fastica. Percorre as estaci\u00f3ns do ano e a provincia lucense na busca dos sons m\u00e1is representativos da natureza lucense. O seu realizador, o reco\u00f1ecido m\u00fasico lucense Arturo Vaquero, explicar\u00e1 o proceso de gravaci\u00f3n o vindeiro xoves, d\u00eda 13, \u00e1s 19:00 horas no Sal\u00f3n de Actos da Deputaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Impulso \u00f3 medio natural<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo aposta polo medio natural como opci\u00f3n de futuro para a provincia, desenvolvendo numerosas iniciativas que potencian a actividade econ\u00f3mica baseada nos recursos naturais propios. Entre as iniciativas impulsadas at\u00f3panse proxectos de formaci\u00f3n para o emprendemento empresarial, a potenciaci\u00f3n dos produtos aut\u00f3ctonos, e a divulgaci\u00f3n de valores medioambientais e cient\u00edficos, entre outros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo e Ux\u00edo Otero presentaron os traballos realizados polos alumnos do M\u00e1ster en Direcci\u00f3n de Actividades Educativas na Natureza co que colabora a Deputaci\u00f3n Os alumnos elaboraron durante o curso gu\u00edas e documentos did\u00e1cticos que se repartir\u00e1n polos centros escolares da provincia que para divulgar a riqueza natural de Lugo O m\u00fasico Arturo &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10635,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12328","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12328","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12328"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12328\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12330,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12328\/revisions\/12330"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10635"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12328"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12328"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12328"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}