{"id":12333,"date":"2014-03-27T00:00:00","date_gmt":"2014-03-27T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12333"},"modified":"2023-09-28T07:11:07","modified_gmt":"2023-09-28T07:11:07","slug":"vinte-e-seis-paneis-informaran-o-visitante-sobre-a-flora-lenosa-da-ruta-botanica-do-campus-de-lugo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/vinte-e-seis-paneis-informaran-o-visitante-sobre-a-flora-lenosa-da-ruta-botanica-do-campus-de-lugo\/","title":{"rendered":"Vinte e seis paneis informar\u00e1n \u00f3 visitante sobre a flora le\u00f1osa da Ruta Bot\u00e1nica do Campus de Lugo"},"content":{"rendered":"<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo; e a Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva, e o director da Escola Polit\u00e9cnica Superior do Campus de Lugo, Javier Bueno, presentaron a sinalizaci\u00f3n dunha senda de dous quil\u00f3metros que percorre o patrimonio vexetal do campus<\/p>\n<p>Vinte e seis paneis informar\u00e1n \u00f3 visitante sobre a flora le\u00f1osa da Ruta Bot\u00e1nica do Campus de Lugo<br \/>\nA Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, e a Vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela, Benita Silva, e o director da Escola Polit\u00e9cnica Superior do Campus de Lugo, Javier Bueno, presentaron nun acto celebrado este xoves na Escola Polit\u00e9cnica do Campus de Lugo, de vinte e seis paneis informativos que achegan \u00f3 visitante, dun xeito sinxelo, ampla informaci\u00f3n sobre as distintas especies de flora le\u00f1osa inclu\u00eddas na Ruta Bot\u00e1nica do Campus de Lugo. Este proxecto contou coa financiaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Lugo.<\/p>\n<p>O acto tam\u00e9n contou coa presenza do catedr\u00e1tico do Departamento de Produci\u00f3n Vexetal da USC e coordinador do estudo e gu\u00eda bot\u00e1nica do campus de Lugo promovido pola Vicerreitor\u00eda de Responsabilidade Social e Calidade a trav\u00e9s da Oficina de Desenvolvemento Sostible, Antonio Rigueiro, e a coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Mar\u00eda Teresa Barral.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun itinerario anular arredor da sede universitaria luguesa que permite apreciar os valores m\u00e1is representativos dos 230 tax\u00f3ns le\u00f1osos identificados e catalogados nas m\u00e1is de 30 hect\u00e1reas de superficie sobre as que se estende o Campus de Lugo a trav\u00e9s de paneis con informaci\u00f3n sobre as distintas especies vexetais en galego, espa\u00f1ol e ingl\u00e9s. Financiada pola Deputaci\u00f3n de Lugo cunha achega orzamentaria de 5.200 euros, esta actuaci\u00f3n constit\u00fae unha nova dotaci\u00f3n de mobiliario urbano que, ademais de achegar informaci\u00f3n sobre as distintas especies vexetais, tam\u00e9n indica a s\u00faa distribuci\u00f3n xeogr\u00e1fica e facilita as\u00ed o percorrido desta ruta bot\u00e1nica.<\/p>\n<p>A instalaci\u00f3n destes paneis informativos serve tam\u00e9n para completar o traballo de catalogaci\u00f3n e posta en valor do patrimonio natural do Campus de Lugo, unha actuaci\u00f3n promovida pola Oficina de Desenvolvemento Sostible e desenvolvida por diversos profesores e investigadores do Departamento de Produci\u00f3n Vexetal \u00f3 longo do curso 2010-2011 no marco do proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional.<\/p>\n<p>Este traballo inicial deu lugar \u00e1 publicaci\u00f3n da Gu\u00eda Bot\u00e1nica do Campus de Lugo, unha obra editada pola Deputaci\u00f3n de Lugo e a USC, e da que, segundo indicou Benita Silva, xa se est\u00e1 a preparar unha edici\u00f3n en galego que ser\u00e1 accesible en aberto desde o repositorio do Servizo de Publicaci\u00f3ns da USC. Do mesmo xeito, \u00f3 abeiro desta actuaci\u00f3n elaborouse un mapa interactivo da flora le\u00f1osa do campus lugu\u00e9s que est\u00e1 dispo\u00f1ible na web da USC.<\/p>\n<p>A Gu\u00eda Bot\u00e1nica do Campus de Lugo est\u00e1 estruturada en d\u00faas partes. Na primeira ofrece unha descrici\u00f3n detallada do percorrido, as\u00ed como unha cartograf\u00eda sint\u00e9tica que presenta os sectores nos que se divide este itinerario, ademais dos fitos bot\u00e1nicos m\u00e1is sobresa\u00edntes e outras referencias para a localizaci\u00f3n do cami\u00f1ante.<\/p>\n<p>Unha colecci\u00f3n de fichas ilustradas das 73 especies de flora le\u00f1osa catalogadas no estudo, e un anexo de 48 fichas nas que se describen un total de 48 estirpes (especies, h\u00edbridos e variedades) adicionais \u00e1s 73 especies antes citadas, completan esta obra que da a co\u00f1ecer o patrimonio bot\u00e1nico e ornamental das \u00e1reas verdes do Campus de Lugo.<\/p>\n<p>O acto de presentaci\u00f3n da sinalizaci\u00f3n da Ruta Bot\u00e1nica do Campus de Lugo serviu para inaugurar unha exposici\u00f3n coas especies vexetais m\u00e1is sobresa\u00edntes do patrimonio bot\u00e1nico do Campus lucense, unha mostra fotogr\u00e1fica que permanecer\u00e1 aberta \u00f3 p\u00fablico desde hoxe no Sal\u00f3n de Actos da Escola Polit\u00e9cnica Superior de Lugo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo; e a Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva, e o director da Escola Polit\u00e9cnica Superior do Campus de Lugo, Javier Bueno, presentaron a sinalizaci\u00f3n dunha senda de dous quil\u00f3metros que percorre o patrimonio vexetal do campus Vinte e seis paneis &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10639,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12333","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12333","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12333"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12333\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12334,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12333\/revisions\/12334"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10639"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12333"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12333"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12333"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}