{"id":12349,"date":"2014-07-28T00:00:00","date_gmt":"2014-07-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12349"},"modified":"2023-09-28T07:15:54","modified_gmt":"2023-09-28T07:15:54","slug":"a-deputacion-revalida-a-declaracion-de-reserva-da-biosfera-para-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-revalida-a-declaracion-de-reserva-da-biosfera-para-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n revalida a declaraci\u00f3n de Reserva da Biosfera para Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; A UNESCO premia o feito de que a Deputaci\u00f3n abrise \u00e1 participaci\u00f3n de Concellos e da cidadan\u00eda a toma de decisi\u00f3n sobre a xesti\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o, pois \u201cisto axuda a garantir o funcionamento activo da Reserva da Biosfera\u201d<\/p>\n<p>&#8211; A Vicepresidenta Segunda explica que o organismo provincial cumpriu con todos os requisitos fixados pola UNESCO para revalidar esta distinci\u00f3n: contar cunha zonificaci\u00f3n axeitada, crear \u00d3rganos de Xesti\u00f3n e impulsar un plan de acci\u00f3n.<\/p>\n<p>&#8211; Lugo \u00e9 a \u00fanica provincia de Espa\u00f1a na que m\u00e1is do 55% do seu territorio est\u00e1 declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, un valor engadido que a Deputaci\u00f3n aproveita para xerar riqueza e emprego, e combater a sangr\u00eda demogr\u00e1fica.<\/p>\n<p>A Vicepresidenta Segunda, Lara M\u00e9ndez L\u00f3pez, avanzou este luns, durante a reuni\u00f3n dos \u00d3rganos Reitor e de Participaci\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o, que a Deputaci\u00f3n acadou a renovaci\u00f3n da declaraci\u00f3n de Reserva da Biosfera para dito espazo natural. M\u00e9ndez destacou que \u201ca UNESCO v\u00e9n de ratificar o compromiso deste Goberno Provincial co desenvolvemento sostible e a conservaci\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o. \u00c9 un d\u00eda importante para a provincia, posto que a renovaci\u00f3n deste distintivo contrib\u00fae \u00e1 xeraci\u00f3n de riqueza e emprego en Lugo\u201d.<\/p>\n<p>A Vicepresidente explicou que o organismo provincial cumpriu con todos os requisitos que determina a UNESCO para renovar a declaraci\u00f3n de Reserva da Biosfera. Estes son:<\/p>\n<p>Contar cun proxecto de zonificaci\u00f3n. Terras do Mi\u00f1o ti\u00f1a definido este territorio con data 2012, cando a UNESCO declarou este espazo como Reserva da Biosfera. Pola contra, a ampliaci\u00f3n da Rede Natura requiriu a s\u00faa actualizaci\u00f3n. Xa no 2012, a Deputaci\u00f3n contou coa colaboraci\u00f3n de expertos da Universidade de Santiago de Compostela para catalogar os espazos que integran Terras do Mi\u00f1o. Determin\u00e1ronse 3 zonas: zona n\u00facleo, a integrada por espazos protexidos; a zona tamp\u00f3n, que protexe \u00e1 zona n\u00facleo; e zona de transici\u00f3n, a de realizaci\u00f3n de actividades para o desenvolvemento socioecon\u00f3mico deste espazo.<br \/>\nCreaci\u00f3n dos \u00d3rganos de Xesti\u00f3n. A Deputaci\u00f3n de Lugo converteuse, no 2011, nunha das primeiras administraci\u00f3ns en Galicia que constitu\u00edu os \u00d3rganos de Xesti\u00f3n das Reservas da Biosfera, abr\u00edndoos, por primeira vez, \u00e1 participaci\u00f3n dos Concellos e da cidadan\u00eda para que formen parte na toma de decisi\u00f3ns sobre as acci\u00f3ns de conservaci\u00f3n e desenvolvemento. Deste xeito, forman parte do \u00d3rgano de Participaci\u00f3n representantes municipais dos 26 Concellos que integran Terras do Mi\u00f1o e dos tres grupos pol\u00edticos provinciais (PSOE, BNG e PP), as\u00ed como das seguintes 13 organizaci\u00f3ns agrarias, de monte en man com\u00fan, ecoloxistas, de turismo rural, de defensa do patrimonio&#8230;, que se amosaron moi receptivos \u00e1 hora de tomar parte na xesti\u00f3n da Reserva: Asociaci\u00f3n Revolta Natural de Cospeito; Tecor de Caza Riotorto; Asociaci\u00f3n Medioambiental de Riotorto; Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN); Asociaci\u00f3n Terras de Lugo; Agrupaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os de Lugo (AGRUPALUGO); Asociaci\u00f3n para a Defensa Ecol\u00f3xica de Galiza (ADEGA); Sindicato Labrego Galego (SLG); as Comunidades de Montes en Man Com\u00fan de Amor\u00edn e Carqueixas (Pol), de Santo Estevo de Parga (Guitiriz) e de San Xuli\u00e1n de Roca (Guitiriz); xunta local da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola contra o Cancro de Guitiriz, e Asociaci\u00f3n Cultural e Medioambiental dos Veci\u00f1os de San Xuli\u00e1n de Bec\u00edn, tam\u00e9n no Concello guitiricense. Por outra banda, o Consello Reitor est\u00e1 composto por representantes dos 3 grupos pol\u00edticos provinciais na Deputaci\u00f3n, do Ministerio de Medio Ambiente e da Xunta de Galicia.<br \/>\nImpulsar un plan de acci\u00f3n. No 2012, a Deputaci\u00f3n aprobou por unanimidade nos \u00d3rganos de Xesti\u00f3n un plan de acci\u00f3n para Terras do Mi\u00f1o por valor de 4 mill\u00f3ns de euros a desenvolver en 10 anos. Este documento marca as li\u00f1as estrat\u00e9xicas de conservaci\u00f3n e desenvolvemento deste espazo natural protexido. Contempla li\u00f1as de actuaci\u00f3n para a conservaci\u00f3n do patrimonio, dotaci\u00f3n de servizos e creaci\u00f3n de emprego nos 26 Concellos da zona.<\/p>\n<p>Conclusi\u00f3ns UNESCO<\/p>\n<p>No Consello Internacional de Coordinaci\u00f3n do Programa Mab da UNESCO, celebrado en Suecia entre os d\u00edas 10 e 13 de xu\u00f1o, aprob\u00e1ronse os informes de avaliaci\u00f3n decenal correspondentes a 8 Reservas da Biosfera de Espa\u00f1a, entre elas, a de Terras do Mi\u00f1o. A conclusi\u00f3n do Consello foi que \u201ca Reserva da Biosfera ten varias categor\u00edas de \u00e1reas protexidas, como a Rede Natura 2000, e outras figuras rexionais, que garanten a protecci\u00f3n das zonas n\u00facleo. Dende 2011, a s\u00faa estrutura de xesti\u00f3n e o plan de acci\u00f3n desenvolv\u00e9ronse en consulta coas comunidades locais; isto axuda a garantir o funcionamento activo da Reserva da Biosfera\u201d. O Consello tam\u00e9n tivo en conta a peculiaridade do sistema de zonificaci\u00f3n, que \u00e9 complementario coa cordilleira Cant\u00e1brica. O Consello conclu\u00edu que esta Reserva da Biosfera re\u00fane os criterios do Marco Estatutario da Rede Mundial de Reservas de la Biosfera.<\/p>\n<p>Reserva da Biosfera da provincia<\/p>\n<p>Lugo \u00e9 a \u00fanica provincia de Espa\u00f1a na que m\u00e1is do 55% do seu territorio est\u00e1 declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, un valor engadido que a Deputaci\u00f3n aproveita dadas as oportunidades econ\u00f3micas e de creaci\u00f3n de emprego que ofrece, pero tam\u00e9n polo amplo abano de posibilidades que abre para atallar un dos grandes problemas que afronta a provincia: o despoboamento demogr\u00e1fico. A provincia lucense concentra a maior\u00eda das Reservas da Biosfera en Galicia, \u00f3 contar con 3 dos 5 espazos naturais que a UNESCO declarou na Comunidade Aut\u00f3noma: Terras do Mi\u00f1o, Os Ancares e T\u00edo Eo-Oscos-Terras de Bur\u00f3n. A Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o foi a primeira que a UNESCO declarou en Galicia, no ano 2002, e \u00e9 a m\u00e1is grande da comunidade aut\u00f3noma e a segunda de toda a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. A Reserva ocupa 363.668 hect\u00e1reas, o que sup\u00f3n o 39% do territorio da provincia. Neste espazo natural est\u00e1n inclu\u00eddos 26 Concellos da Cunca Alta do Mi\u00f1o, pertencentes \u00e1 s\u00faa vez a 7 comarcas lucenses: Ourol; O Valadouro; Muras; Alfoz; Mondo\u00f1edo; Abad\u00edn; Xermade; Vilalba; A Pastoriza; Riotorto; Guitiriz; Cospeito; Meira; Begonte; R\u00e1bade; Castro de Rei; Outeiro de Rei; Pol; Lugo; Friol; Castroverde; Gunt\u00edn; O Corgo; Baralla, O P\u00e1ramo e L\u00e1ncara.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A UNESCO premia o feito de que a Deputaci\u00f3n abrise \u00e1 participaci\u00f3n de Concellos e da cidadan\u00eda a toma de decisi\u00f3n sobre a xesti\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o, pois \u201cisto axuda a garantir o funcionamento activo da Reserva da Biosfera\u201d &#8211; A Vicepresidenta Segunda explica que o organismo provincial cumpriu con todos os requisitos &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10672,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12349","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12349","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12349"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12349\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12350,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12349\/revisions\/12350"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12349"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12349"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12349"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}