{"id":12359,"date":"2014-08-06T00:00:00","date_gmt":"2014-08-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12359"},"modified":"2023-09-28T07:18:57","modified_gmt":"2023-09-28T07:18:57","slug":"lugoteando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/lugoteando\/","title":{"rendered":"LUGOTEANDO"},"content":{"rendered":"<p>O Lugoteando chega \u00e1 s\u00faa 5\u00aa edici\u00f3n ofrecendo 800 prazas gratu\u00edtas en ducias de actividades de ocio e deporte na natureza<\/p>\n<p>&#8211; Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal para participar nas xornadas que se celebrar\u00e1n nos meses de agosto e setembro nos Concellos do Valadouro; O Incio; A Pobra do Broll\u00f3n; Burela; Guitiriz; Vilalba; A Fonsagrada e Lugo<br \/>\n&#8211; 800 prazas gratu\u00edtas dispo\u00f1ibles para participar en actividades coma as bolas acu\u00e1ticas; o paddle surf ; as bananas acu\u00e1ticas; segways; skates a motor; simulador de surf, ou o longskate<br \/>\n&#8211; O prazo de inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberto en www.deputacionlugo.gal. No caso de quedar prazas libres, os interesados tam\u00e9n poder\u00e1n inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. M\u00e1is informaci\u00f3n na citada web ou no 982 260 147<br \/>\nA Vicepresidenta Segunda, Lara M\u00e9ndez, acompa\u00f1ada pola Deputada de Econom\u00eda, Recadaci\u00f3n e Facenda, Pilar Garc\u00eda Porto, presentaron hoxe nun acto que tivo lugar na \u00e1rea recreativa lucenses de Los Robles, unha nova edici\u00f3n do Lugoteando, a programaci\u00f3n medioambiental de actividades l\u00fadicas e deportivas para p\u00fablicos de todas as idades, que busca potenciar o medio natural como factor xerador de riqueza na provincia. Esta iniciativa gratu\u00edta posta en marcha pola Deputaci\u00f3n de Lugo hai cinco anos, cofinanciada \u00f3 80% por fondos europeos a trav\u00e9s do programa Lug02, arrinca este mesmo s\u00e1bado, 9 de agosto e durante os meses de agosto e setembro desenvolverase en diferentes puntos de 8 Concellos lucenses. O prazo de inscrici\u00f3n para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa est\u00e1 aberto en www.deputacionlugo.gal.<\/p>\n<p>M\u00e9ndez destacou que o \u00e9xito das edici\u00f3ns anteriores do Lugoteando, que lograron reunir a preto de 4.000 persoas procedentes de toda a provincia, as\u00ed como doutros puntos de Galicia, \u201cfan pensar que nesta ocasi\u00f3n non ser\u00e1 diferente, confirmando que o ocio medioambiental, o aproveitamento l\u00fadico dos nosos recursos fluviais e litorais, \u00e9 unha das maiores oportunidades econ\u00f3micas da provincia\u201d. M\u00e9ndez avogou pola validez de iniciativas deste tipo, que \u201csupo\u00f1en un decidido impulso por po\u00f1er en valor a nosa riqueza natural\u201d.<\/p>\n<p>Datas e inscrici\u00f3ns<\/p>\n<p>A 5\u00aa edici\u00f3n de Lugoteando arrinca coa xornada que se celebrar\u00e1 Concello do Valadouro, en xornadas de ma\u00f1\u00e1 e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As actividades preparadas son terrestres, e entre elas destacan os paseos en sewgay; un transporte lixeiro de d\u00faas rodas con motor el\u00e9ctrico; o longskate, unha variedade de skate ou un simulador de surf. O calendario de datas desta programaci\u00f3n \u00e9 o seguinte:<\/p>\n<p>9 de agosto: O Valadouro, no recinto feiral.<br \/>\n16 de agosto: O Incio, no embalse.<br \/>\n17 de agosto: A Pobra do Broll\u00f3n, na praia fluvial.<br \/>\n23 de agosto: Burela, na praia urbana.<br \/>\n29 de agosto: Guitiriz, na praia fluvial de Parga.<br \/>\n5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.<br \/>\n7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.<br \/>\n6 e 7 de setembro: Lugo, na \u00e1rea recreativa de Los Robles.<\/p>\n<p>Estas citas ofrecer\u00e1n a 800 persoas a posibilidade de facer surf, co\u00f1ecer os sea scooter (un pequeno motor con h\u00e9lices que permite mergullarse con facilidade); subirse \u00e1s bananas acu\u00e1ticas; dar paseos en canoa ou experimentar os patinetes acu\u00e1ticos a pedal.<\/p>\n<p>O prazo de inscrici\u00f3n para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa est\u00e1 aberto en www.deputacionlugo.gal, para o que s\u00f3 ser\u00e1 necesario cubrir un pequeno formulario. No caso de quedar praza libres, os interesados tam\u00e9n poder\u00e1n inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. M\u00e1is informaci\u00f3n na citada web ou no 982 260 147. Os menores de idade que desexen participar ter\u00e1n que presentar unha autorizaci\u00f3n asinada polos pais ou titores, que tam\u00e9n se pode descargar na web.<\/p>\n<p>A aposta polo medioambiente<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo volve apostar polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades econ\u00f3micas. Lugoteando \u00e9 unha das actividades que organiza durante todo o ano para potenciar o ocio medioambiental e o turismo desestacionalizado para xerar riqueza. Este tipo de actividades tam\u00e9n contrib\u00faen a impulsar negocios lucenses de diferente sectores \u2013hostaler\u00eda, gastronom\u00eda, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Lugoteando chega \u00e1 s\u00faa 5\u00aa edici\u00f3n ofrecendo 800 prazas gratu\u00edtas en ducias de actividades de ocio e deporte na natureza &#8211; Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal para participar nas xornadas que se celebrar\u00e1n nos meses de agosto e setembro nos Concellos do Valadouro; O Incio; A Pobra do Broll\u00f3n; Burela; Guitiriz; Vilalba; &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10668,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12359","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12359","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12359"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12359\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12360,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12359\/revisions\/12360"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10668"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12359"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12359"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12359"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}