{"id":12366,"date":"2014-09-09T00:00:00","date_gmt":"2014-09-09T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12366"},"modified":"2023-09-28T07:20:59","modified_gmt":"2023-09-28T07:20:59","slug":"a-deputacion-fomenta-a-reciclaxe-dos-residuos-plasticos-coa-iniciativa-mollate-e-colle-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-fomenta-a-reciclaxe-dos-residuos-plasticos-coa-iniciativa-mollate-e-colle-3\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n fomenta a reciclaxe dos residuos pl\u00e1sticos coa iniciativa M\u00f3llate e Colle 3"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; A actividade arrinca ma\u00f1\u00e1 coa conferencia impartida polo prestixioso ocean\u00f3grafo Tony Butt e continuar\u00e1 durante toda a fin de semana nos Concellos de Lugo e R\u00e1bade, onde voluntarios de todas as idades axudar\u00e1n a limpar r\u00edos e montes dun xeito l\u00fadico.<\/p>\n<p>&#8211; M\u00f3llate e Colle 3 \u00e9 totalmente gratu\u00edta e ten coma obxectivo concienciar sobre os negativos efectos para o medio natural dos residuos pl\u00e1sticos, ofrecendo pautas para reducir o seu uso.<\/p>\n<p>&#8211; O prazo de inscrici\u00f3n xa est\u00e1 aberto en www.deputacionlugo.gal, no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no tel\u00e9fono 982 227 812. Non hai l\u00edmite de prazas A Deputaci\u00f3n de Lugo busca fomentar a reciclaxe e o uso responsable dos materiais pl\u00e1sticos coa actividade M\u00f3llate e Colle 3, unha iniciativa l\u00fadica coa que os participantes gozar\u00e1n das zonas verdes da provincia \u00f3 tempo que limpar\u00e1n de pl\u00e1sticos as augas fluviais e a s\u00faa contorna nos Concellos de Lugo e R\u00e1bade. Deste xeito, a instituci\u00f3n provincial busca concienciar do perigo que producen estes residuos no medio ambiente, ofrec\u00e9ndolle \u00f3s lucenses pautas para reciclar e reutilizar este material.<\/p>\n<p>A actividade est\u00e1 programada en tres xornadas. O m\u00e9rcores d\u00eda 10, \u00e1s 20:00 horas, o Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o acoller\u00e1 unha conferencia sobre os perigos do pl\u00e1stico, a cargo do experto Tony Butt, reco\u00f1ecido doutor en oceanograf\u00eda e autor de diversos artigos, revistas e publicaci\u00f3ns cient\u00edficas que viaxa por todo o mundo divulgando a necesidade de protexer a natureza, quen ofrecer\u00e1 alternativas de consumo e reciclaxe. Posteriormente, o s\u00e1bado 13 \u00e1s 11:00 horas, celebrarase no Caneiro da Tolda, en Lugo, unha gincana de limpeza por equipos en terra e auga e xa pola tarde, \u00e1s 18:00 horas, os participantes catalogar\u00e1n os residuos recollidos facendo balance sobre todo o material recollido. Por outra banda, o domingo 14 celebrarase esta mesma actividade no Centro de Estudos e Conservaci\u00f3n na Casa das Insuas, en R\u00e1bade, entre as 11:00 horas e as 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 horas. En ambos lugares poranse a disposici\u00f3n dos participantes os equipamentos que sexan necesarios para acceder \u00f3s puntos de maior contaminaci\u00f3n, como kayaks ou t\u00e1boas de paddle-surf.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s desta actividade, a Deputaci\u00f3n busca fomentar entre os lucenses o coidado e respecto pola natureza, neste caso, contribu\u00edndo a reducir notablemente a cantidade de pl\u00e1stico que se atopa nos montes e r\u00edos. A orixinal idea est\u00e1 pensada coma un xogo e con ela tam\u00e9n se pretende sexa unha actividade que os participantes incorporen \u00e1 s\u00faa rutina.<\/p>\n<p>Os interesados xa se poden inscribir na web www.deputacionlugo.gal, no correo electr\u00f3nico und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no tel\u00e9fono 982 227 812. Esta actividade non ten l\u00edmite de prazas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A actividade arrinca ma\u00f1\u00e1 coa conferencia impartida polo prestixioso ocean\u00f3grafo Tony Butt e continuar\u00e1 durante toda a fin de semana nos Concellos de Lugo e R\u00e1bade, onde voluntarios de todas as idades axudar\u00e1n a limpar r\u00edos e montes dun xeito l\u00fadico. &#8211; M\u00f3llate e Colle 3 \u00e9 totalmente gratu\u00edta e ten coma obxectivo concienciar &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10694,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12366","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12366"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12368,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366\/revisions\/12368"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10694"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12366"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12366"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12366"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}