{"id":12378,"date":"2014-11-10T00:00:00","date_gmt":"2014-11-10T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12378"},"modified":"2023-09-28T07:23:34","modified_gmt":"2023-09-28T07:23:34","slug":"a-deputacion-impulsa-o-estudo-da-natureza-da-provincia-co-ii-concurso-de-fotografia-das-reservas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-impulsa-o-estudo-da-natureza-da-provincia-co-ii-concurso-de-fotografia-das-reservas\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n impulsa o estudo da natureza da provincia co II Concurso de fotograf\u00eda das Reservas"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; As fotograf\u00edas, que deber\u00e1n tratar a tem\u00e1tica dos bosques, realizaranse nas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerre\u00e1.<\/p>\n<p>&#8211; O prazo de presentaci\u00f3n dos traballos est\u00e1 aberto ata o vindeiro 30 de novembro e poder\u00e1n optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas e non foran premiadas anteriormente.<\/p>\n<p>&#8211; O concurso ofrece 3 premios dotados con 800 euros, 500 e 300 euros.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo impulsa o estudo da natureza da provincia a trav\u00e9s do II Concurso de Fotograf\u00eda, que nesta edici\u00f3n ten como tema principal Os bosques da provincia nas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerre\u00e1. A trav\u00e9s desta iniciativa a instituci\u00f3n impulsa o estudo da natureza e d\u00e1 a co\u00f1ecer toda a riqueza medioambiental da provincia para concienciar sobre a importancia de preservar o medio natural da provincia. Este concurso, que ten como eixo central as Reservas da Biosfera da provincia, est\u00e1 enmarcado dento das actividades de promoci\u00f3n dos recursos naturais co que se busca establecer a flora e fauna de Lugo como motor xerador de riqueza.<\/p>\n<p>O prazo de presentaci\u00f3n dos proxectos est\u00e1 aberto e p\u00f3dese consultar na web www.deputacionlugo.gal toda a informaci\u00f3n e bases deste concurso. Os participantes nesta nova edici\u00f3n, maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poder\u00e1n optar a 3 premios; o primeiro, que ascende a 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.<\/p>\n<p>Bases do Concurso<\/p>\n<p>PRIMEIRA<br \/>\nPoder\u00e1n optar ao premio todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade.<\/p>\n<p>SEGUNDA<br \/>\nAs fotograf\u00edas presentadas, realizaranse no territorio das Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerre\u00e1, tendo como tem\u00e1tica Os bosques.<\/p>\n<p>TERCEIRA<br \/>\nEstabl\u00e9cense 3 premios en met\u00e1lico do seguinte xeito<\/p>\n<p>1\u00ba premio: 800 Euros.<br \/>\n2\u00ba premio: 500 Euros.<br \/>\n3\u00ba premio: 300 Euros.<\/p>\n<p>CUARTA<br \/>\nPoderase presentar unha fotograf\u00eda por autor\/a.<br \/>\nA obra para concurso ser\u00e1 presentada sen montar, sen enmarcar e sen passe-partout, poder\u00e1 ser realizada en branco e negro ou en cor. A fotograf\u00eda terase que presentar do seguinte xeito:<\/p>\n<p>Entregarase un CD-ROM coa imaxe en formato TIFF, modo de cor RGB. O arquivo ter\u00e1 un tama\u00f1o m\u00ednimo de 15 Mb. No mesmo CD-ROM deber\u00e1 existir unha copia da fotograf\u00eda cun tama\u00f1o aproximado de 1,2 Mb comprimidas co formato JPEG (.jpg) en modo de cor RGB.<\/p>\n<p>Ser\u00e1 necesario acompa\u00f1ar unha copia da fotograf\u00eda en papel fotogr\u00e1fico en brillo cun tama\u00f1o de 24 x 30 cm.<\/p>\n<p>A fotograf\u00eda deber\u00e1 levar no dorso o t\u00edtulo ou lema, e acompa\u00f1arase dun sobre pechado que incl\u00faa o nome e apelidos do autor\/a, data de nacemento, enderezo, tel\u00e9fono, correo electr\u00f3nico, t\u00edtulo da obra e lugar onde se realizaron. O devandito sobre levar\u00e1 no exterior o t\u00edtulo ou lema da fotograf\u00eda presentada.<\/p>\n<p>QUINTA<br \/>\nO prazo de admisi\u00f3n de orixinais rematar\u00e1 o vindeiro 30 de novembro de 2014. Non se admitir\u00e1n traballos entregados f\u00f3ra deste prazo.<\/p>\n<p>As fotograf\u00edas deberanse presentar no Rexistro Xeral da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, R\u00faa San Marcos, 8, C.P. 27001, Lugo, indicando no sobre \u201cCONCURSO DE FOTOGRAF\u00cdA OS BOSQUES DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MI\u00d1O E OS ANCARES LUCENSES\u201d.<\/p>\n<p>SEXTA<br \/>\nO xurado estar\u00e1 formado polo Presidente da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, ou persoa en quen delegue, un experto en actividades da natureza, un fot\u00f3grafo de reco\u00f1ecido prestixio, e un t\u00e9cnico do \u00f3rgano xestor das Reservas da Biosfera.<\/p>\n<p>O concurso non poder\u00e1 declararse deserto e a decisi\u00f3n do xurado ser\u00e1 dada a co\u00f1ecer directamente \u00f3s premiados e farase p\u00fablica no cuarto trimestre do 2014.<\/p>\n<p>S\u00c9TIMA<br \/>\nAs fotograf\u00edas presentadas a concurso deber\u00e1n ser in\u00e9ditas e realizadas polo participante. Este ser\u00e1 o \u00fanico titular dos dereitos de autor delas fronte a terceiras persoas. Ademais, os concursantes responsabilizaranse dos consentimentos e permisos necesarios para usar as imaxes obtidas.<\/p>\n<p>Os autores das obras premiadas ceder\u00e1n a favor da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo todos os dereitos patrimoniais destas, en especial os dereitos de exposici\u00f3n, publicaci\u00f3n e calquera outros relacionados coa difusi\u00f3n, citando sempre o nome do autor. Estes dereitos estenderanse a un per\u00edodo total de trinta anos.<\/p>\n<p>O pago destes dereitos entenderanse comprendido na dotaci\u00f3n econ\u00f3mica dos premios do certame.<\/p>\n<p>Os autores poder\u00e1n empregar os traballos premiados co consentimento da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo poder\u00e1 publicar ou expor os traballos premiados e non premiados que se consideren de calidade, tanto fisicamente como on-line.<\/p>\n<p>En ning\u00fan caso se devolver\u00e1n as fotograf\u00edas aos participantes no concurso.<\/p>\n<p>OITAVA<br \/>\nA participaci\u00f3n neste concurso sup\u00f3n a aceptaci\u00f3n \u00edntegra e expresa destas bases.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; As fotograf\u00edas, que deber\u00e1n tratar a tem\u00e1tica dos bosques, realizaranse nas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerre\u00e1. &#8211; O prazo de presentaci\u00f3n dos traballos est\u00e1 aberto ata o vindeiro 30 de novembro e poder\u00e1n optar ao premio todas as persoas maiores de idade que &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12378","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12378"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12378\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12380,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12378\/revisions\/12380"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}