{"id":12389,"date":"2014-12-11T00:00:00","date_gmt":"2014-12-11T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12389"},"modified":"2023-09-28T07:25:37","modified_gmt":"2023-09-28T07:25:37","slug":"a-deputacion-recuperara-os-frescos-renacentistas-dananos-polas-humidades-e-o-atrio-da-igrexa-de-labrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-recuperara-os-frescos-renacentistas-dananos-polas-humidades-e-o-atrio-da-igrexa-de-labrada\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n recuperar\u00e1 os frescos renacentistas dananos polas humidades e o atrio da igrexa de Labrada"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; Regina Pol\u00edn reuniuse cos veci\u00f1os da parroquia guitiricense para darlles conta das actuaci\u00f3ns que levar\u00e1 a cabo a instituci\u00f3n provincial para conservar o patrimonio hist\u00f3rico art\u00edstico do templo.<\/p>\n<p>A Deputada de Dese\u00f1o e Artesan\u00eda, Regina Pol\u00edn, reuniuse cos veci\u00f1os da parroquia de Labrada, no Concello de Guitiriz, para darlles conta das actuaci\u00f3ns que desenvolver\u00e1 a Deputaci\u00f3n co fin de recuperar o conxunto hist\u00f3rico art\u00edstico da igrexa parroquial. O organismo provincial acometer\u00e1 estes traballos, respondendo deste xeito \u00e1 peticion dos habitantes desta localidade preocupados porque os frescos dos s\u00e9xulos XV e XVI, de estilo renacentista, existentes no interior do templo est\u00e1n moi deteriorados a causa das humidades, e tras a deixadez para acometelos das administraci\u00f3ns que te\u00f1en competencia nesta materia.<\/p>\n<p>Durante a reuni\u00f3n, na que estiveron presentes representantes dos colectivos Plataforma ProLabrada, Asociaci\u00f3n de Mulleres Rurais e da asociaci\u00f3n de cazadores; as\u00ed como veci\u00f1os da parroquia; Pol\u00edn subli\u00f1ou o compromiso da Deputaci\u00f3n para recuperar estas obras de gran valor hist\u00f3rico e patrimonial da provincia, ao tempo que sinalou a importancia destes murais, \u201cque debemos conservar e p\u00f3r en valor como reclamo para atraer turismo \u00e1 zona e dinamizar as\u00ed a econom\u00eda local\u201d.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo xa ten elaborado un proxecto para solucionar estes problemas de humidades e filtraci\u00f3ns de auga, provocados porque o interior do templo se atopa a un nivel m\u00e1is baixo que o terreo que o rodea e a escaleira do campanario verte as augas pluviais cara o interior. Neste aspecto, o proxecto elaborado pola Deputaci\u00f3n comprende d\u00faas actuaci\u00f3ns: por unha banda, realizarase unha drenaxe no lateral dereito da igrexa e, por outra, instalarase un canal\u00f3n perimetral e unha baixante que recoller\u00e1 as augas pluviais e as dirixir\u00e1 cara esta drenaxe. Para realizar estes traballos, a instituci\u00f3n luguesa asinar\u00e1 un convenio de colaboraci\u00f3n coa Di\u00f3cese de Mondo\u00f1edo-Ferrol, ao igual que leva feito para acondicionar outros templos da provincia.<\/p>\n<p>As actuaci\u00f3ns que a Deputaci\u00f3n ten previsto realizar non se limitan ao interior do templo, sen\u00f3n que tam\u00e9n contemplan o acondicionamento da contorna da igrexa, en particular do aparcadoiro situado a car\u00f3n da mesma mediante a aplicaci\u00f3n de zahorra, posto que neste caso hai que atender con rigorosidade as indicaci\u00f3ns da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio. Os veci\u00f1os traslad\u00e1ronlle \u00e1 Deputada a proposta de reunirse con representantes da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio para estudar a viabilidade doutras opci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Pinturas ocultas ata os anos 90<br \/>\nA igrexa de Labrada, un templo de estilo rom\u00e1nico que conta cun retablo barroco do s\u00e9culo XVIII, escondeu estas \u201cxoias\u201d, tal e como as cualifica a Deputada, ata os anos noventa, cando, ante o deterioro das paredes procedeuse \u00e1 retirada da capa de cal que cubr\u00eda a pedra orixinal descubrindo o conxunto de frescos, de gran valor, que esta agochaba.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Regina Pol\u00edn reuniuse cos veci\u00f1os da parroquia guitiricense para darlles conta das actuaci\u00f3ns que levar\u00e1 a cabo a instituci\u00f3n provincial para conservar o patrimonio hist\u00f3rico art\u00edstico do templo. A Deputada de Dese\u00f1o e Artesan\u00eda, Regina Pol\u00edn, reuniuse cos veci\u00f1os da parroquia de Labrada, no Concello de Guitiriz, para darlles conta das actuaci\u00f3ns que desenvolver\u00e1 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10709,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12389","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12389","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12389"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12389\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12392,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12389\/revisions\/12392"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10709"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12389"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12389"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12389"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}