{"id":12393,"date":"2014-12-12T00:00:00","date_gmt":"2014-12-12T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12393"},"modified":"2023-09-28T07:26:09","modified_gmt":"2023-09-28T07:26:09","slug":"gomez-besteiro-avoga-polo-municipalismo-e-agroecoloxia-como-un-dos-caminos-de-futuro-da-provincia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/gomez-besteiro-avoga-polo-municipalismo-e-agroecoloxia-como-un-dos-caminos-de-futuro-da-provincia\/","title":{"rendered":"G\u00f3mez Besteiro avoga polo municipalismo e agroecolox\u00eda como \u201cun dos cami\u00f1os de futuro da provincia\u201d"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; As\u00ed o afirmou o Presidente na sesi\u00f3n inaugural do I Simposio Ib\u00e9rico de Agroecolox\u00eda e Municipalismo e Desenvolvemento Rural que se est\u00e1 a celebrar na cidade de Lugo.<br \/>\n&#8211; O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecol\u00f3xicos en diferentes rexi\u00f3ns de Espa\u00f1a e Portugal.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, participou esta ma\u00f1\u00e1 na inauguraci\u00f3n do I Simposio Ib\u00e9rico de Agroecolox\u00eda, Municipalismo e Desenvolvemento Rural, iniciativa que pretende servir como punto de encontro entre expertos da materia para promocionar os proxectos municipalistas e agroecol\u00f3xicos das diferentes rexi\u00f3ns de Espa\u00f1a e Portugal.<\/p>\n<p>G\u00f3mez Besteiro salientou que \u201ca agricultura ecol\u00f3xica non o representa todo na provincia, pero debe representar unha parte moi importante. Dende que eu son Presidente un dos piares fundamentais desta instituci\u00f3n \u00e9 o relacionado co medio ambiente, tam\u00e9n en clave econ\u00f3mica, buscando sempre abrir as portas cara unha agricultura e gander\u00eda ecol\u00f3xica\u201d.<\/p>\n<p>O mandatario provincial afirmou que \u201ccada vez hai m\u00e1is forza do mundo da ecolox\u00eda\u201d e salientou que \u201cse hai unha provincia que debe apostar pola agricultura e gander\u00eda ecol\u00f3xica, sobre todo dende unha perspectiva econ\u00f3mica sostible, sen lugar a d\u00fabidas esa \u00e9 a de Lugo\u201d. Do mesmo xeito, G\u00f3mez Besteiro informou que a Deputaci\u00f3n \u201csempre\u201d reservou unha partida importante para incentivar e por en valor esta actividade econ\u00f3mica e lembrou os programas que ofrece o organismo provincial como o F\u00f3rmate en verde, programa de asesoramento co que se crearon 21 empresas medioambientalmente sostibles, ou a marca LugO2, que avala a calidade dos produtos da provincia. Finalmente, o Presidente sentenciou que \u201co que non se pode dubidar \u00e9 que o compromiso desta instituci\u00f3n coas pr\u00e1cticas ecol\u00f3xicas \u00e9 un feito\u201d.<\/p>\n<p>O I Simposio Ib\u00e9rico de Agroecolox\u00eda, Municipalismo e Desenvolvemento rural, \u00e9 unha iniciativa de transici\u00f3n xurdida debido ao crecente n\u00famero de municipios e grupos de desenvolvemento rural que est\u00e1n dese\u00f1ando proxectos relacionados coa agroecolox\u00eda. O obxectivo principal \u00e9 reunir nun mesmo lugar a todos os proxectos de vangarda xurdidos ao redor da agroecolox\u00eda e sentar as bases para os novos programas de desenvolvemento que ter\u00e1n lugar en 2015.<\/p>\n<p>Logo da celebraci\u00f3n do simposio elaborarase un documento de recomendaci\u00f3ns que ser\u00e1 remitido \u00e1s federaci\u00f3ns municipais e provinciais, partidos pol\u00edticos e redes de desenvolvemento rural de Espa\u00f1a e Portugal para que se te\u00f1a en conta \u00e1 hora de planificar programas electorais, lexislaturas ou programas de desenvolvemento rural que se establecer\u00e1n no ano 2015.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; As\u00ed o afirmou o Presidente na sesi\u00f3n inaugural do I Simposio Ib\u00e9rico de Agroecolox\u00eda e Municipalismo e Desenvolvemento Rural que se est\u00e1 a celebrar na cidade de Lugo. &#8211; O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecol\u00f3xicos en diferentes rexi\u00f3ns de Espa\u00f1a e Portugal. O Presidente da &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10713,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12393","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12393","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12393"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12393\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12394,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12393\/revisions\/12394"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10713"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12393"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12393"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12393"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}