{"id":12397,"date":"2014-12-17T00:00:00","date_gmt":"2014-12-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12397"},"modified":"2023-09-28T07:27:31","modified_gmt":"2023-09-28T07:27:31","slug":"deputacion-concello-e-usc-lideran-un-ambicioso-proxecto-medioambiental-para-lugo-que-aspira-a-obter-financiamento-europeo-do-programa-life","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/deputacion-concello-e-usc-lideran-un-ambicioso-proxecto-medioambiental-para-lugo-que-aspira-a-obter-financiamento-europeo-do-programa-life\/","title":{"rendered":"Deputaci\u00f3n, Concello e USC lideran un ambicioso proxecto medioambiental para Lugo que aspira a obter financiamento europeo do programa Life"},"content":{"rendered":"<p>-G\u00f3mez Besteiro, L\u00f3pez Orozco e Javier Bueno presentaron Lugo + Biodin\u00e1mico, proxecto no que colaboran Deputaci\u00f3n, Concello e Universidade.<\/p>\n<p>-Lugo + Biodin\u00e1mico incl\u00fae novidosas acci\u00f3ns para desenvolver un urbanismo m\u00e1is sostible e para un mellor aproveitamento da nosa riqueza forestal.<\/p>\n<p>-O proxecto, cun presuposto total de 3,7 mill\u00f3ns de euros, desenvolver\u00edase en d\u00faas zonas do Norte de Lugo.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, o Alcalde de Lugo, Jos\u00e9 L\u00f3pez Orozco, e o Vicerreitor de Coordinaci\u00f3n do Campus de Lugo da USC, Javier Bueno Lema, presentaron hoxe o proxecto Lugo + Biodin\u00e1mico que opta a financiamento da Uni\u00f3n Europea a trav\u00e9s do plan Life. No acto, celebrado esta ma\u00f1\u00e1 na Casa do Concello, tam\u00e9n estiveron presentes os Concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis \u00c1lvarez, e de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoci\u00f3n da Lingua, Carmen Basadre, as\u00ed como o Xerente da empresa municipal Evislusa, Benigno Jauregui; o Profesor da Escola Polit\u00e9cnica e Director do Master de Construci\u00f3n de Madeira, Manuel Guaita, e o Catedr\u00e1tico da Polit\u00e9cnica Antonio Rigueira.<\/p>\n<p>O Presidente salientou que esa colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns, que non \u00e9 unha novidade en Lugo porque tam\u00e9n se puxo en pr\u00e1ctica con \u00e9xito no Plan Urban, \u00e9 un dos aspectos positivos que ter\u00e1n en conta os avaliadores do proxecto. Asimesmo, G\u00f3mez Besteiro indicou que a colaboraci\u00f3n econ\u00f3mica que ofrece a Deputaci\u00f3n para po\u00f1er en marcha este proxecto acada o 15% do orzamento previsto, que ascende a 3.704.815 euros.<\/p>\n<p>O Alcalde explicou que, con esta iniciativa, o Concello pretende que Lugo lle faga fronte \u00f3s retos que plantexa o cambio clim\u00e1tico e tr\u00e1tase de traballar no horizonte que se marcha a Uni\u00f3n Europea para acadar 0 emisi\u00f3ns de CO2 no ano 2050. Para elo, o proxecto Lugo+Biodin\u00e1mico aposta por um novo urbanismo, non s\u00f3 dende o punto de vista te\u00f3rico sen\u00f3n sobre todo cunha perspectiva pr\u00e1ctica, explicou o Alcalde<\/p>\n<p>L\u00f3pez Orozco agradeceu a importante colaboraci\u00f3n que lle presntan a este proxecto do Concello tanto a Deputaci\u00f3n provincial como a USC. No proxecto tam\u00e9n se conta con aportaci\u00f3ns da Universidade Polit\u00e9cnica de Madrid.<\/p>\n<p>O Vicerreitor de Coordinaci\u00f3n do Campus de Lugo tam\u00e9n destacou que a uni\u00f3n e as sinerxias entre distintas instituci\u00f3ns axudan \u00e1 captaci\u00f3n de recursos para un proxecto que persegue tanto a protecci\u00f3n do medio ambiente como contribuir \u00f3 benestar dos cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>Javier Bueno explicou que neste proxecto cont\u00e9mplanse iniciativas punteiras como podem ser a utilizaci\u00f3n de madeira para a construci\u00f3n de estruturas ou a mellora das plantaci\u00f3ns forestais.<br \/>\nUn proxecto, 28 acci\u00f3ns<br \/>\nO proxecto Lugo+Biodin\u00e1mico opta \u00e1 convocatoria de axudas do Programa Life da Uni\u00f3n Europea e ten un presuposto total por importe de 3.704.815 euros, dos que ser\u00edan de financiaci\u00f3n europea 1.862.889 euros; o Concello de Lugo far\u00eda unha achega de 526.220 euros, igual cantidade que financiar\u00eda a Deputaci\u00f3n, e a contribuci\u00f3n da USC Campus de Lugo e da Universidade Polit\u00e9cnica de Madrid, consistente en traballo e co\u00f1ecemento, ten unha avaliaci\u00f3n econ\u00f3mica de 789.486 euros.<\/p>\n<p>O Alcalde reco\u00f1eceu a dificultade que entra\u00f1a obter \u00e1 primeira a aprobaci\u00f3n da totalidade do proxecto pero explicou que foi acollido con moito interese polos t\u00e9cnicos do Ministerio polo que poder\u00eda darse o caso de acadar financiamento para algunha das acci\u00f3ns previstas. En todo caso, L\u00f3pez Orozco anunciou que o Concello insistir\u00e1 no caso de non obter os fondos do Plan Life, \u00f3s que optan 500 cidades de toda Europa, nesta primeira oportunidade.<\/p>\n<p>O proxecto distrib\u00faese en 28 acci\u00f3ns que te\u00f1en os obxectivos de promover o co\u00f1ecemento da potencialidade econ\u00f3mica que pode ter para a nosa cidade a transici\u00f3n cara unha econom\u00eda verde, a planificaci\u00f3n urbana nunha \u00e1rea concreta da cidade na que se promova a aplicaci\u00f3n de t\u00e9cnicas de urbanismo sostible, e a construcci\u00f3n dunha infraestrutura en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Santiago e coa participaci\u00f3n da Universidade Polit\u00e9cnica de Madrid, no l\u00edmite dun bosque de ribeira que se plantexa potenciar para o seu uso e disfrute pola cidadan\u00eda. \u00c9 un proceso completo de posta en pr\u00e1ctica de medidas aplicables \u00e1 nosa cidade, que serva de exemplo tam\u00e9n a outras cidades e que incl\u00fae, entre outras medidas a promoci\u00f3n do uso de enerx\u00edas renovables.<\/p>\n<p>O proxecto desenvolver\u00edase en d\u00faas zonas do norte da nosa cidade. Por unha parte, as medidas de planificaci\u00f3n urbana, coas que se por\u00eda en pr\u00e1ctica un novo modelo de urbanismo, desenvolver\u00edanse nun urbanizable cunha superficie de 20 hect\u00e1reas situado a ambas marxes de Duquesa de Lugo, o S-1R e o S-9R, nas proximidades das Termas, onde se far\u00eda un desenvolvemento urban\u00edstico para un barrio ecol\u00f3xico. Para o resto das acci\u00f3ns, consistentes na creaci\u00f3n dunha zona verde no que se construir\u00eda un edificio de madeira, escolleuse unha parcela municipal de 18,6 hect\u00e1reas situada entre os pol\u00edgonos das G\u00e1ndaras e do Ceao.<\/p>\n<p>Entre as acci\u00f3ns que se propo\u00f1en figuran a elaboraci\u00f3n dun cat\u00e1logo de soluci\u00f3ns de dese\u00f1o urbano, o dese\u00f1o dun Plan Estrat\u00e9xico de Infraestruturas Ecol\u00f3xicas, a experimentaci\u00f3n con cultivos enerx\u00e9ticos no medio urbano, o desenvolvemento de agricultura urbana de solo e altura, a plantaci\u00f3n dun souto de casta\u00f1os con variedades aut\u00f3ctonas, o traballo de selvicultura de fondosoas aut\u00f3ctonas para a produci\u00f3n de madeira de calidade, o establecemento dun arboretum e o dese\u00f1o e execuci\u00f3n do proxecto piloto Impulso Verde.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n est\u00e1n previstos traballos de adaptaci\u00f3n de sistemas construtivos con materiais aut\u00f3ctonos de baixa enerx\u00eda incorporada e an\u00e1lise doutras tecnolox\u00edas adaptables, para o que se prev\u00e9 un novo edificio constru\u00eddo em madeira e outros materiais sostibles dende o punto de vista medioambiental, que estar\u00e1 monitorizado para comprobar as\u00ed o funcionamento efectivo e real deses materiais.<\/p>\n<p>A vixencia do proxecto \u00e9 para catro anos. Comezar\u00eda a s\u00faa posta en pr\u00e1ctica no terceiro trimestre de 2015 e rematar\u00eda no tercerceiro trimestre de 2019.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-G\u00f3mez Besteiro, L\u00f3pez Orozco e Javier Bueno presentaron Lugo + Biodin\u00e1mico, proxecto no que colaboran Deputaci\u00f3n, Concello e Universidade. -Lugo + Biodin\u00e1mico incl\u00fae novidosas acci\u00f3ns para desenvolver un urbanismo m\u00e1is sostible e para un mellor aproveitamento da nosa riqueza forestal. -O proxecto, cun presuposto total de 3,7 mill\u00f3ns de euros, desenvolver\u00edase en d\u00faas zonas do &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10721,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12397","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12397","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12397"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12397\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12398,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12397\/revisions\/12398"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10721"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12397"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12397"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12397"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}