{"id":12411,"date":"2015-02-03T00:00:00","date_gmt":"2015-02-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12411"},"modified":"2023-09-28T07:32:18","modified_gmt":"2023-09-28T07:32:18","slug":"concello-e-deputacion-van-colaborar-na-dotacion-de-alumeado-o-paseo-do-rato","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/concello-e-deputacion-van-colaborar-na-dotacion-de-alumeado-o-paseo-do-rato\/","title":{"rendered":"Concello e Deputaci\u00f3n van colaborar na dotaci\u00f3n de alumeado o paseo do Rato"},"content":{"rendered":"<p>L\u00f3pez Orozco e Lara M\u00e9ndez explicaron o proxecto de iluminaci\u00f3n dun treito de paseo de m\u00e1is de sete kil\u00f3metros que financiar\u00e1 a Deputaci\u00f3n con 1,4 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p>O Alcalde anunciou que o proxecto difundirase na web para a presentaci\u00f3n de suxesti\u00f3ns e a Vicepresidenta da Deputaci\u00f3n explicou que esta actuaci\u00f3n \u00e9 unha das petici\u00f3ns dos Orzamentos participativos da instituci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p>O Alcalde, Jos\u00e9 L\u00f3pez Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputaci\u00f3n provincial, Lara M\u00e9ndez, anunciaron hoxe que Concello de Lugo e a Deputaci\u00f3n provincial asinar\u00e1n un convenio de colaboraci\u00f3n para a execuci\u00f3n do proxecto para dotar de alumeado o paseo do Rato.<\/p>\n<p>O Alcalde lembrou que o r\u00edo Rato \u00e9 unha zona fluvial rehabilitada, pola que os cidad\u00e1ns realizan deporte, pasean e gozan do medio ambiente que rodea a ciudad de Lugo, un paseo no que apenas hai edificaci\u00f3ns o que o convirte nun lugar id\u00f3neo para exercer actividades de tempo libre. Sen embargo, nestes momentos non ten iluminaci\u00f3n tanto no vial como no propio paseo, co cal a iluminaci\u00f3n deste \u00e1mbito ser\u00eda un beneficio para a cidade de Lugo e para os lucenses que queren gozar deste espazo p\u00fablico en horas nas cales a luz solar non o permite.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Orozco explicou que o proxecto no que colaborar\u00e1n o Concello e a Deputaci\u00f3n para iluminar o paseo fluvial do R\u00edo Rato e da Estrada provincial que discorre ao seu car\u00f3n \u00e9 un proxecto de eficiencia enerx\u00e9tica que se pretende acometer entre a Avenida de Madrid (Casa Mar\u00eda) e o Parque do Sagrado Coraz\u00f3n.<\/p>\n<p>O Alcalde indicou que se actuar\u00e1 nun traxecto de m\u00e1is de 7 quil\u00f3metros, no que se colocar\u00e1n un total de 282 luminarias (143 luminarias e 3 proxectores no paseo, e 103 luminarias no vial), que, mimetizadas co entorno, permitir\u00e1n mellorar a seguridade da estrada, complementando as medidas recentemente adoptadas pola Deputaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed, salientou o Alcalde, garantirase que todos os lucenses poidamos gozar do coraz\u00f3n da Reserva da Biosfera. Seguimos, pois, ampliando a utilizaci\u00f3n de espazos p\u00fablicos como fixen progresivamente en todos os barrios da cidade.<\/p>\n<p>A iluminaci\u00f3n fluvial do r\u00edo Rato e da estrada precisa dun orzamento de 1,4 mill\u00f3ns de euros, que ser\u00e1 asumido, integramente, pola Deputaci\u00f3n de Lugo, segundo anunciou o Alcalde que tam\u00e9n informou de que o proxecto incl\u00fae a iluminaci\u00f3n dos accesos ao Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o e ao Centro de Cestar\u00eda, \u00f3s que acoden miles de lucenses ao ano.<\/p>\n<p>O Alcalde anunciou que, tan pronto aprobe o Convenio a Deputaci\u00f3n, previsiblemente neste mesmo mes, o Concello exporao na p\u00e1xina web municipal www.lugo.es para que o co\u00f1ezan e poidan facer suxesti\u00f3ns tanto colexios profesionais, colectivos veci\u00f1ais ou cidad\u00e1ns particulares. Todas as achegas ser\u00e1n estudadas polos t\u00e9cnicos da Deputaci\u00f3n para incorporar as suxesti\u00f3ns que se plantexen e solicitaranse as autorizaci\u00f3ns dos diversos organismos competentes, como poden ser a Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica Mi\u00f1o-Sil, a Xunta ou Begasa, para contratar logo o proxecto. Neste sentido, o Alcalde destacou que \u201cagardamos a enteira colaboraci\u00f3n das administraci\u00f3ns para que os lucenses poidan gozar, canto antes, deste paseo fluvial iluminado\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, a Vicepresidenta Segunda da Deputaci\u00f3n explicou que o proxecto de iluminaci\u00f3n do paseo fluvial e da estrada LU-P-2925, xorde como consecuencia das petici\u00f3ns ao respecto realizadas polos veci\u00f1os de Lugo na elaboraci\u00f3n dos primeiros Presupostos Participativos dunha Deputaci\u00f3n en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Lara M\u00e9ndez tam\u00e9n detallou que o proxecto, elaborado pola Axencia Provincial da Enerx\u00eda da Deputaci\u00f3n de Lugo, consiste nunha instalaci\u00f3n completamente respectuosa co medioambiente, ecoeficiente, que minimiza o impacto ambiental e que cumpre rigorosamente coas ordenanzas existentes.<\/p>\n<p>Salientou, ademais, que o proxecto incorpora novidades como varios sistemas tecnol\u00f3xicos de \u00faltima xeraci\u00f3n, entre eles un software que permite regular a intensidade lum\u00ednica para aforrar custos e, ao mesmo tempo, garantir luminosidade en todo momento. Por exemplo, explicou, a intensidade da luz adaptarase \u00e1s franxas horarias e \u00e1 luminosidade ambiental nese intre.<\/p>\n<p>M\u00e9ndez revelou que este proxecto incorporar\u00e1 un sistema de seguridade por GPS totalmente novidoso nas obras da Deputaci\u00f3n, pois conta cun dispositivo de xeolocalizaci\u00f3n, que permitir\u00e1 detectar onde se atopa o punto de luz no caso de ser substra\u00eddo. O sistema antivand\u00e1lico contempla, asimesmo, a substituci\u00f3n do cobre por aluminio para evitar roubos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n est\u00e1 preparado para inundaci\u00f3ns, posto que toda a electr\u00f3nica do sistema situarase a unha distancia do solo superior \u00e1 habitual, tendo en conta que \u00e9 unha zona inundable.<\/p>\n<p>Rolda Leste<\/p>\n<p>O Alcalde tam\u00e9n lembrou que o paseo do Razo non \u00e9 unha circunvalaci\u00f3n sen\u00f3n un lugar para o paseo, a\u00ednda que moitos automovilistas o empregan para achegarse \u00f3 HULA porque a Xunta a\u00ednda ten pendente a construcci\u00f3n da Rolda Leste, o que supuxo que o paseo periurbano do r\u00edo Rato multiplicase por sete o tr\u00e1fico nos \u00faltimos anos, pasando dos 650 veh\u00edculos diarios aos m\u00e1is de 4.500.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Orozco reivindicou de novo a construcci\u00f3n da Rolda Leste, dende a estrada de Castelo ata a Tolda, e aproveitou para prantexarlle \u00f3 Partido Popular que incl\u00faa esta demanda de Lugo no seu programa electoral xunto con outras reclamaci\u00f3ns que ten a cidade e que a Xunta non d\u00e1 atendido como poden ser a iluminaci\u00f3n e desdoblamento da parte pendente da Rolda Norte, a dotaci\u00f3n de servizos \u00f3 HULA, a construci\u00f3n dunha residencia para a terceira idade no Vello Hospital, a creaci\u00f3n do Museo da Romanizaci\u00f3n ou a finalizaci\u00f3n do Plan Paradai.<\/p>\n<p>\u201cCreo que son obras moi importantes\u201d dixo o Alcalde quen considerou necesario que \u201ca Xunta por fin se decida a investir na nosa cidade\u201d e tirou da iron\u00eda \u00f3 asegurar que \u201c\u00f3 mellor por iso aqu\u00ed non nos mandan ning\u00fan Conselleiro, porque en Lugo non fan investimentos\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>L\u00f3pez Orozco e Lara M\u00e9ndez explicaron o proxecto de iluminaci\u00f3n dun treito de paseo de m\u00e1is de sete kil\u00f3metros que financiar\u00e1 a Deputaci\u00f3n con 1,4 mill\u00f3ns de euros. O Alcalde anunciou que o proxecto difundirase na web para a presentaci\u00f3n de suxesti\u00f3ns e a Vicepresidenta da Deputaci\u00f3n explicou que esta actuaci\u00f3n \u00e9 unha das petici\u00f3ns &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10778,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12411","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12411","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12411"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12411\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12413,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12411\/revisions\/12413"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10778"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12411"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12411"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12411"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}