{"id":12418,"date":"2015-02-04T00:00:00","date_gmt":"2015-02-04T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12418"},"modified":"2023-09-28T07:33:19","modified_gmt":"2023-09-28T07:33:19","slug":"un-seminario-sobre-manexo-do-solo-e-fertilidade-en-agricultura-ecoloxica-cita-en-lugo-investigadores-de-toda-espana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/un-seminario-sobre-manexo-do-solo-e-fertilidade-en-agricultura-ecoloxica-cita-en-lugo-investigadores-de-toda-espana\/","title":{"rendered":"Un seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecol\u00f3xica cita en Lugo investigadores de toda Espa\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O programa, organizado pola USC e a SEAE os d\u00edas 6 e 7 de febreiro, co que colabora a Deputaci\u00f3n, incl\u00fae o venres unha sesi\u00f3n aberta ao p\u00fablico conmemorativa do Ano Mundial dos Solos.<\/p>\n<p>Un seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecol\u00f3xica citar\u00e1 os d\u00edas 6 e 7 de febreiro na capital luguesa investigadores de toda Espa\u00f1a, que, a trav\u00e9s dos distintos relatorios e sesi\u00f3ns de traballo programadas, afondar\u00e1n, entre outras, en tem\u00e1ticas relacionadas coas a bases ecol\u00f3xicas e fundamentos agro\u00f3micos, fertilidade dos solos e plans de fertilizaci\u00f3n, conservaci\u00f3n da biodiversidade, calidade dos alimentos, diversidade vexetal en agricultura ecol\u00f3xica, aproveitamento dos recursos locais e na relaci\u00f3n dos animais coa fertilidade do solo.<\/p>\n<p>As distintas sesi\u00f3ns dese\u00f1adas no marco deste programa formativo e de divulgaci\u00f3n, impulsado pola USC en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Espa\u00f1ola de Agricultura Ecol\u00f3xica (SEAE), desenvolveranse na Escola Polit\u00e9cnica Superior do campus de Lugo, ag\u00e1s a sesi\u00f3n organizada co gallo da conmemoraci\u00f3n do Ano Mundial dos Solos, un acto aberto ao p\u00fablico en xeral que celebrar\u00e1 este venres, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, onde a presidenta da SEAE, Dolores Raig\u00f3n, e Julio C\u00e9sar Javier Tello, ofrecer\u00e1n o relatorio \u2018Solos sans para unha vida sana\u2019.<\/p>\n<p>O seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecol\u00f3xica permitir\u00e1 traer a Lugo, os m\u00e1ximos responsables da Sociedade Espa\u00f1ola de Agricultura Ecol\u00f3xica, ademais doutros investigadores de relevancia contrastada, sinalou este m\u00e9rcores o profesor da USC e vicepresidente da SEAE, Xan Neira, na presentaci\u00f3n do foro na sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader).<\/p>\n<p>Neira aproveitou este acto para subli\u00f1ar publicamente a colaboraci\u00f3n reciba da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, ao tempo que fixo especial fincap\u00e9 na implicaci\u00f3n de m\u00e1is de vinte produtores ecol\u00f3xicos, que permitir\u00e1n \u00e1s persoas inscritas neste seminario degustar unha ampla gama de produtos ecol\u00f3xicos.<\/p>\n<p>A deputada provincial de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, salientou asemade que a implicaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n neste programa enc\u00e1drase na decida aposta do ente provincial polo desenvolvemento sostible do medio rural. Daquela, precisou L\u00f3pez Izquierdo, \u201ca formaci\u00f3n \u00e9 unha v\u00eda m\u00e1is para avanzar no progresivo desenvolvemento da econom\u00eda rural e do desenvolvemento sostible\u201d.<\/p>\n<p>\u201cA agricultura e, nomeadamente, a agricultura e as produci\u00f3ns agroecol\u00f3xicas son tam\u00e9n manifestaci\u00f3ns importantes da cultura galega\u201d, sinalou o deputado provincial delgado da \u00e1rea de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, quen logo de remarcar esta ligaz\u00f3n, indicou os participantes nas distintas sesi\u00f3ns deste seminario poder\u00e1n tam\u00e9n co\u00f1ecer outras expresi\u00f3ns da cultura galega a trav\u00e9s dos espect\u00e1culos de m\u00fasica tradicional galega programados no refectorio do Museo Provincial de Lugo. Os compo\u00f1entes de Clave de Fado Iria Est\u00e9vez e Gonzo Pi\u00f1a ofrecer\u00e1n un recital o venres, a partir das 20.30 horas, mentres que o s\u00e1bado 7 de febreiro, o mesmo escenario acubillar\u00e1 a actuaci\u00f3n da formaci\u00f3n Os Parentes, de Sober.<\/p>\n<p>O consultor agroecol\u00f3xico da SEAE Carlos Brea Pallares puxo de manifesto que a organizaci\u00f3n deste tipo de acci\u00f3ns formativas e divulgativas en Lugo est\u00e1 en sinton\u00eda co continuo incremento da agricultura ecol\u00f3xica en Galicia e en Espa\u00f1a, tanto en termos de superficie cultivada como de produci\u00f3n e demanda de produtos. A profesora da USC e directora do Ibader, Elvira L\u00f3pez Mosquera, indicou que a celebraci\u00f3n deste tipo de seminarios reforzan o liderado do campus de Lugo no eido da investigaci\u00f3n e do desenvolvemento da agroecolox\u00eda.<\/p>\n<p>Destinatarios e inscrici\u00f3n<\/p>\n<p>O seminario \u2018O manexo sostible do solo e a fertilidade en agricultura ecol\u00f3xica\u2019 est\u00e1 especialmente dirixido a t\u00e9cnicos e profesionais do sector, a\u00ednda que tam\u00e9n est\u00e1 aberto \u00e1 participaci\u00f3n de estudantes e titulados\/as universitarios e ao p\u00fablico en xeral. As persoas interesadas poden formalizar a s\u00faa matr\u00edcula, cuxo prezo xeral \u00e9 de 50 euros, a trav\u00e9s da web www.agroecoloxia.net.<\/p>\n<p>Os organizadores deste curso tam\u00e9n est\u00e1n a tramitar o reco\u00f1ecemento acad\u00e9mico para estudantes da USC dalgunha das actividades formativas que se desenvolver\u00e1n no marco deste foro, tal \u00e9 como \u00e9 o caso do relatorio que ofrecer\u00e1n o venres Dolores Raig\u00f3n e Julio C\u00e9sar Javier Tello na Casa do Saber de Lugo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O programa, organizado pola USC e a SEAE os d\u00edas 6 e 7 de febreiro, co que colabora a Deputaci\u00f3n, incl\u00fae o venres unha sesi\u00f3n aberta ao p\u00fablico conmemorativa do Ano Mundial dos Solos. Un seminario sobre manexo do solo e fertilidade en agricultura ecol\u00f3xica citar\u00e1 os d\u00edas 6 e 7 de febreiro na &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10774,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12418","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12418","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12418"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12418\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12420,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12418\/revisions\/12420"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10774"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12418"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12418"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12418"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}