{"id":12424,"date":"2015-02-11T00:00:00","date_gmt":"2015-02-11T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12424"},"modified":"2023-09-28T07:34:32","modified_gmt":"2023-09-28T07:34:32","slug":"a-deputacion-apadrina-ao-urogallo-de-avifauna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-apadrina-ao-urogallo-de-avifauna\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n apadri\u00f1a ao Urogallo de AVIFAUNA"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentaci\u00f3n e o coidado desta especie protexida, que leva m\u00e1is de unha d\u00e9cada en perigo de extinci\u00f3n.<br \/>\n&#8211; Sonsoles Izquierdo destacou que \u201ccolaborar con AVIFAUNA perm\u00edtenos dar a co\u00f1ecer entre os m\u00e1is pequenos a importancia do medio ambiente, impulsando o estudo da flora e da fauna\u201d.<br \/>\n&#8211; AVIFAUNA e Deputaci\u00f3n te\u00f1en asinado un convenio por valor de 20.000 euros que permite que miles nenas e nenos da provincia se acheguen \u00e1s s\u00faas instalaci\u00f3ns de balde.<\/p>\n<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez, un dos socios fundadores do centro, Carlos Fern\u00e1ndez Moreira, e o responsable do parque, Jos\u00e9 Mar\u00eda D\u00edaz Paz, deron conta este martes nas instalaci\u00f3ns do parque zool\u00f3xico Avifauna dos novos convenios asinados entre o organismo provincial e o centro de interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por unha banda, a Deputaci\u00f3n ven de apadri\u00f1ar ao Urogallo, unha especie protexida e en perigo de extinci\u00f3n dende hai m\u00e1is de unha d\u00e9cada, a trav\u00e9s dunha achega de 2.000 euros dirixidos aos coidados e alimentaci\u00f3n deste ave, caracter\u00edstica da zona norte do pa\u00eds. Por outra, presentouse un convenio por valor de 20.000 euros co que se financian visitas de centos de colexios para co\u00f1ecer, de xeito totalmente gratu\u00edto, a riqueza natural da provincia. Grazas a este convenio, no 2014, m\u00e1is de 20.000 escolares da provincia acheg\u00e1ronse ao parque para co\u00f1ecer de primeira man a importancia da flora e fauna, aut\u00f3ctona e for\u00e1nea.<\/p>\n<p>A Deputada destacou que \u201cestes convenios entre Deputaci\u00f3n e Avifauna ofrecen a posibilidade de difundir a riqueza da fauna da provincia entre os m\u00e1is pequenos, promocionando deste xeito o respecto, coidado e estudo das aves da provincia\u201d.\u201d. L\u00f3pez Izquierdo avanzou que a instituci\u00f3n provincial apadri\u00f1ar\u00e1 tam\u00e9n o vindeiro ano esta ave aut\u00f3ctona \u201cco fin de preservar a fauna da provincia\u201d. Sonsoles L\u00f3pez explicou que \u201co parque zool\u00f3xico AVIFAUNA \u00e9 un dos espazos naturais m\u00e1is importantes de Espa\u00f1a; de feito, conta co distintivo de ter a maior colecci\u00f3n de aves de Espa\u00f1a, o que o sit\u00faa \u00e1 cabeza das aulas da naturezaPola s\u00faa banda, Carlos Fern\u00e1ndez agradeceulle \u00f3 organismo provincial a s\u00faa colaboraci\u00f3n e afirmou que, sen estas achegas, a situaci\u00f3n do Centro de Interpretaci\u00f3n \u201cser\u00eda moi complicada\u201d.<\/p>\n<p>AVIFAUNA e a s\u00faa labor na natureza<\/p>\n<p>AVIFAUNA alberga m\u00e1is de 200 especies diferentes de aves repartidas actualmente nunha extensi\u00f3n de preto de 30.000 m\u00b2. O Parque Zool\u00f3xico est\u00e1 dese\u00f1ado para a realizaci\u00f3n de visitas guiadas mediante un percorrido a trav\u00e9s dun xard\u00edn bot\u00e1nico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, en 76 recintos en funci\u00f3n da especie \u00f3 que pertencen. No centro pr\u00e9stase unha atenci\u00f3n especial \u00e1 fauna aut\u00f3ctona e tam\u00e9n a aquelas especies que, polo seu estado de conservaci\u00f3n, se atopan en programas espec\u00edficos de recuperaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentaci\u00f3n e o coidado desta especie protexida, que leva m\u00e1is de unha d\u00e9cada en perigo de extinci\u00f3n. &#8211; Sonsoles Izquierdo destacou que \u201ccolaborar con AVIFAUNA perm\u00edtenos dar a co\u00f1ecer entre os m\u00e1is pequenos a importancia do medio ambiente, impulsando o estudo da &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10766,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12424","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12424","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12424"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12424\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12426,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12424\/revisions\/12426"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10766"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12424"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12424"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12424"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}