{"id":12442,"date":"2015-02-25T00:00:00","date_gmt":"2015-02-25T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12442"},"modified":"2023-09-28T07:37:46","modified_gmt":"2023-09-28T07:37:46","slug":"sonsoles-lopez-e-unha-trintena-de-alumnos-da-facultade-de-maxisterio-plantan-carballos-para-impulsar-o-dia-da-arbore","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/sonsoles-lopez-e-unha-trintena-de-alumnos-da-facultade-de-maxisterio-plantan-carballos-para-impulsar-o-dia-da-arbore\/","title":{"rendered":"Sonsoles L\u00f3pez e unha trintena de alumnos da Facultade de Maxisterio plantan carballos para impulsar o D\u00eda da \u00c1rbore"},"content":{"rendered":"<p>-Esta actividade, que se complementa cunha charla a cargo do Catedr\u00e1tico de Ciencias da Educaci\u00f3n, Uxio Otero, est\u00e1 dirixida a fomentar entre os futuros docentes a celebraci\u00f3n do d\u00eda da \u00c1rbore.<br \/>\n-L\u00f3pez destacou que \u201ccon esta iniciativa impulsamos na comunidade educativa a importancia de facer actividades cos m\u00e1is pequenos, que po\u00f1an en valor a riqueza natural e patrimonial que nos rodea\u201d.<br \/>\n&#8211; A Deputaci\u00f3n celebra todos os anos actividades cos colexios para conmemorar o D\u00eda da \u00c1rbore, que ten lugar en marzo, e nas que participaron o ano pasado m\u00e1is de 10.000 alumnas e alumnos.<\/p>\n<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, acompa\u00f1ada de m\u00e1is dunha trintena de alumnas e alumnos da Facultade de Ciencias da Educaci\u00f3n do Campus de Lugo, plantaron este m\u00e9rcores varios carballos nas inmediaci\u00f3ns do Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, co fin de fomentar na comunidade educativa a importancia da celebraci\u00f3n do D\u00eda da \u00c1rbore entre os m\u00e1is pequenos, que se conmemora o 21 de marzo.<\/p>\n<p>Sonsoles L\u00f3pez valorou que \u201co coidado e respecto polo medio ambiente \u00e9 un aspecto que debe estar inclu\u00eddo nos proxectos educativos dos colexios nas primeiras etapas escolares\u201d. A Deputada valorou que \u201ccon esta iniciativa axudamos a que os futuros formadores entendan a importancia de celebrar datas como esta, que po\u00f1en en valor a riqueza natural e patrimonial que nos rodea, afondando no coidado e respecto do medio\u201d.<\/p>\n<p>Esta actividade, que se celebrou a media ma\u00f1\u00e1, estivo precedida por unha conferencia a cargo do Catedr\u00e1tico en Ciencias da Educaci\u00f3n, Uxio Otero Urtaza, que levou o nome de O d\u00eda da \u00e1rbore: unha vella e fermosa tradici\u00f3n escolar, na que se reforzou a idea da importancia de inclu\u00edr actividades desta natureza na programaci\u00f3n das nenas e nenos, co fin de conseguir crear unha sociedade realmente comprometida co medio ambiente.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n suma cada ano unha maior participaci\u00f3n nas actividades programadas do D\u00eda da \u00c1rbore. Mostra disto \u00e9 que no 2014 m\u00e1is de 10.000 os alumnos de 97 colexios da provincia adher\u00edronse \u00e1 programaci\u00f3n da \u00c1rea de Medio Ambiente dese\u00f1ada para este d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>-Esta actividade, que se complementa cunha charla a cargo do Catedr\u00e1tico de Ciencias da Educaci\u00f3n, Uxio Otero, est\u00e1 dirixida a fomentar entre os futuros docentes a celebraci\u00f3n do d\u00eda da \u00c1rbore. -L\u00f3pez destacou que \u201ccon esta iniciativa impulsamos na comunidade educativa a importancia de facer actividades cos m\u00e1is pequenos, que po\u00f1an en valor a riqueza &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10742,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12442","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12442","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12442"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12442\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12443,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12442\/revisions\/12443"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10742"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12442"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12442"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12442"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}