{"id":12444,"date":"2015-02-26T00:00:00","date_gmt":"2015-02-26T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12444"},"modified":"2023-09-28T07:38:17","modified_gmt":"2023-09-28T07:38:17","slug":"remata-o-showcooking-da-deputacion-cunha-xornada-de-cocina-tradicional-en-guitiriz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/remata-o-showcooking-da-deputacion-cunha-xornada-de-cocina-tradicional-en-guitiriz\/","title":{"rendered":"Remata o Showcooking da Deputaci\u00f3n cunha xornada de coci\u00f1a tradicional en Guitiriz"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O Restaurante Os Mesones acolle este xoves a derradeira das clases maxistrais de coci\u00f1a que a instituci\u00f3n levou a 11 localidades diferentes, co obxectivo de potenciar a comercializaci\u00f3n dos produtos aut\u00f3ctonos e favorecer o turismo gastron\u00f3mico.<br \/>\n&#8211; Regina Pol\u00edn participar\u00e1 na cita de hoxe, na que a chef Esther Mart\u00ednez elaborar\u00e1 arroz caldoso con polo, polo con setas \u00e1 prancha e galletas con queixo e marmelo.<br \/>\n&#8211; A instituci\u00f3n luguesa puxo en marcha en xaneiro esta iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, para mostrar \u201co potencial tur\u00edstico da coci\u00f1a de proximidade\u201d.<\/p>\n<p>A Deputada de Dese\u00f1o e Artesan\u00eda, Regina Pol\u00edn, participar\u00e1 este xoves na duod\u00e9cima xornada do Showcooking Coci\u00f1a Aut\u00f3ctona, que organiza o organismo provincial. Esta ser\u00e1 a derradeira destas citas coas que a Deputaci\u00f3n busca potenciar a comercializaci\u00f3n e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa ao tempo que se favorece o desenvolvemento do turismo gastron\u00f3mico. A xornada ter\u00e1 lugar en Guitiriz, no Restaurante Os Mesones, un establecemento de recente apertura situado nun antigo edificio guitiricense co\u00f1ecido como Casa Santiago, onde os participantes aprender\u00e1n as posibilidades culinarias dos produtos chantadinos na coci\u00f1a tradicional.<\/p>\n<p>A chef local Esther Mart\u00ednez Prado, cunha traxectoria profesional de m\u00e1is de 25 anos de experiencia, ser\u00e1 a encargada de clausurar o Showcooking Coci\u00f1a Aut\u00f3ctona, que durante os meses de xaneiro e febreiro lles amosou aos asistentes o potencial tur\u00edstico da \u201ccoci\u00f1a de proximidade\u201d, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente proveedores e produtos da s\u00faa zona, asegurando as\u00ed a s\u00faa frescura e estado ao chegar ao establecemento xa que non \u00e9 necesario un transporte excesivo.<\/p>\n<p>Como en todas as ocasi\u00f3ns, os produtos cos que traballar\u00e1 a chef son da provincia luguesa, nesta ocasi\u00f3n procedentes do Concello de Chantada. Os participantes nesta sesi\u00f3n empregar\u00e1n carne de ave do Pazo de Sabadelle para coci\u00f1ar, como primeiro prato, arroz caldoso con polo e, de segundo, polo con setas \u00e1 prancha. Licores e Oruxos Augavella e Galletas da Veiga subministrar\u00e1n os produtos necesarios para a sobremesa: galletas con queixo e marmelo acompa\u00f1adas de augardente e licores. Ao finalizar a sesi\u00f3n, os participantes catar\u00e1n o men\u00fa preparado.<\/p>\n<p>Esta cita ser\u00e1 a derradeira masterclass de coci\u00f1a do Showcooking Coci\u00f1a Aut\u00f3ctona que a Deputaci\u00f3n levou a 11 localidades de toda a provincia, onde os participantes aprenderon, da man de prestixiosos profesionais, a coci\u00f1ar variadas receitas tanto tradicionais como innovadoras. As citas tiveron lugar na Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro, Begonte, Outeiro de Rei, Foz, Ribadeo, Chantada, Lugo e esta tarde en Guitiriz. En todas elas se empregaron produtos aut\u00f3ctonos de todas as zonas da provincia, principalmente aqueles que pos\u00faen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1\u00ba plataforma de comercio electr\u00f3nico da provincia, tam\u00e9n posta en marcha pola Deputaci\u00f3n: www.losproductosdelugo.com, como por exemplo marisco e pescado da Mari\u00f1a, carne de cachena do interior ou queixo da Monta\u00f1a.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n puxo en marcha esta iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, para fomentar entre os profesionais do sector hostaleiro o uso de produtos aut\u00f3ctonos na elaboraci\u00f3n dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos propios de cada zona para impulsar o sector.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O Restaurante Os Mesones acolle este xoves a derradeira das clases maxistrais de coci\u00f1a que a instituci\u00f3n levou a 11 localidades diferentes, co obxectivo de potenciar a comercializaci\u00f3n dos produtos aut\u00f3ctonos e favorecer o turismo gastron\u00f3mico. &#8211; Regina Pol\u00edn participar\u00e1 na cita de hoxe, na que a chef Esther Mart\u00ednez elaborar\u00e1 arroz caldoso con &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12444","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12444"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12444\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12446,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12444\/revisions\/12446"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}