{"id":12449,"date":"2015-03-05T00:00:00","date_gmt":"2015-03-05T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12449"},"modified":"2023-09-28T07:39:25","modified_gmt":"2023-09-28T07:39:25","slug":"intensa-fin-de-semana-verde-da-deputacion-no-centro-de-interpretacion-terras-do-mino-mazo-de-santa-comba-e-casa-das-insuas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/intensa-fin-de-semana-verde-da-deputacion-no-centro-de-interpretacion-terras-do-mino-mazo-de-santa-comba-e-casa-das-insuas\/","title":{"rendered":"Intensa fin de semana \u201cverde\u201d da Deputaci\u00f3n no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, Mazo de Santa Comba e Casa das Insuas"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; Conferencias sobre compostaxe caseira; actividades ao aire libre para nenos, visitas teatralizadas e roteiros son algunhas das actividades gratu\u00edtas que o organismo provincial celebra entre o 5 e o 8 de marzo nestes tres centros.<br \/>\n&#8211; Os interesados en participar poden atopar m\u00e1is informaci\u00f3n e reservar as s\u00faas prazas en www.deputacionlugo.gal, ou nos tel\u00e9fono 982 227 812; 630 948 293 e 600 034 907<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo ten organizada unha fin de semana \u201cverde\u201d, chea de numerosas actividades totalmente gratu\u00edtas para participantes de todas as idades. Os d\u00edas 5, 6, 7 e o de marzo o Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o, o Mazo de Santa Comba e a Casa das Insuas acoller\u00e1n conferencias; visitas teatralizadas; obradoiros para nenos ou roteiros para familias, entre outras, co obxectivo de dar a co\u00f1ecer aos lucenses a riqueza natural e patrimonial da provincia e concienciar acerca da importancia da s\u00faa conservaci\u00f3n. Toda a informaci\u00f3n sobre estas actividades pode atoparse na web www.deputacionlugo.gal.<\/p>\n<p>O Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o (CITM) acoller\u00e1 o d\u00eda 5 de marzo, a partires das 19:30 horas, a conferencia Xesti\u00f3n de residuos org\u00e1nicos: a compostaxe, que ofrecer\u00e1 o experto en agricultura ecol\u00f3xica Carlos Brea. A evoluci\u00f3n e estad\u00edos da compostaxe; os materiais m\u00e1is axeitados; os factores que infl\u00faen no proceso de compostaxe ou recomendaci\u00f3ns de uso en especies hort\u00edcolas son alg\u00fans dos contidos que se abordar\u00e1n na xornada.<\/p>\n<p>O 7 de marzo , de 11:00 a 14:00 horas, neste mesmo Centro celebrarase un obradoiro gratu\u00edto pensado para nenos de 6 a 12 anos, \u00bfCo\u00f1eces a teus veci\u00f1os do r\u00edo Rato?. Consta de varias partes, tanto te\u00f3ricas como pr\u00e1cticas, coas que as nenas e os nenos aprender\u00e1n o significado de termos como especie, poboaci\u00f3n, comunidade ou ecosistema; aprender\u00e1n sobre a fauna aut\u00f3ctona con xogos de fichas con animais e, para finalizar, realizar\u00e1n un paseo orientado \u00e1 busca de pegadas e rastros. Para m\u00e1is informaci\u00f3n e inscrici\u00f3ns, os interesados poden entrar na web citada ou ben contactar telefonicamente no n\u00famero 982 227 812.<br \/>\nMazo de Santa Comba<br \/>\nPor outra banda, o conxunto etnogr\u00e1fico do Mazo de Santa Comba, dedicado \u00e1 forza motriz da auga, acoller\u00e1 diferentes eventos pensados para p\u00fablicos de calquera idade, que arrincar\u00e1n o s\u00e1bado 7, \u00e1s 17:00 horas, cunha visita guiada que rematar\u00e1 cunha proxecci\u00f3n audiovisual, totalmente gratu\u00edta e de acceso libre ata completar aforo.<\/p>\n<p>O domingo 8 de marzo, lucenses de calquera idade poder\u00e1n co\u00f1ecer polo mi\u00fado o Mazo grazas a unha novidosa actividade: unha visita teatralizada, que dar\u00e1 comezo \u00e1s 17:30 horas. A participaci\u00f3n est\u00e1 limitada a 15 persoas.<\/p>\n<p>Os que o prefiran poder\u00e1n realizar dous roteiros pola zona, Lendas do Mazo, que tam\u00e9n est\u00e1n limitadas \u00e1 participaci\u00f3n de 15 persoas en cada quenda, e as cales comezar\u00e1n \u00e1s 11:00 e as 12:30 horas. Ademais destas d\u00faas actividades, a programaci\u00f3n no Mazo contin\u00faa coas habituais visitas e rutas. O s\u00e1bado 7 de marzo, as visitas guiadas dar\u00e1n comezo \u00e1s 16:00 e \u00e1s 17:30 horas, e as rutas interpretadas \u00e1s 16:30 e \u00e1s 18:00 horas. Estas actividades tam\u00e9n se celebran o domingo 8, malia que neste caso as rutas comezar\u00e1n \u00e1s 11:30 e \u00e1s 16:30 horas, e as visitas \u00e1s 10:30, \u00e1s 12:00 e \u00e1s 16:00 horas.<\/p>\n<p>Os interesados en co\u00f1ecer m\u00e1is polo mi\u00fado o conxunto do Mazo de Santa Comba, no que se poden observar en funcionamento diferentes enxe\u00f1os movidos pola auga (a presa e as comportas para desviar a auga do r\u00edo; unha pesqueira; un mu\u00ed\u00f1o con d\u00faas parellas de pedras de moer de granito; un mazo para traballar o metal; unha serra para cortar grandes pezas de madeira, e unha moa de afiar), poder\u00e1n informarse e reservar a s\u00faa praza no tel\u00e9fono 600 034 907 ou en www.museomazodesantacomba.org<\/p>\n<p>Casa das Insuas<\/p>\n<p>O 8 de marzo, \u00e1s 10:00 horas, ser\u00e1 a Casa das Insuas o escenario da actividade gratu\u00edta para familias Inventario colectivo de Aves de Galicia, na que os participantes far\u00e1n visitas \u00e1 Lagoa de Cospeito e \u00e1 de Caque, principais refuxios na Terra Ch\u00e1 das aves invernantes e coa que poder\u00e1n aprender acerca da importancia das zonas h\u00famidas para as aves migratorias. Recom\u00e9ndase levar roupa de abrigo, calzado axeitado, aparellos \u00f3pticos e coche propio para o desprazamento. Os interesados en participar nesta actividade en concreto poden dirixirse ao enderezo custodiadoterritoriogmail.com ou o tel\u00e9fono 630 948 293.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Conferencias sobre compostaxe caseira; actividades ao aire libre para nenos, visitas teatralizadas e roteiros son algunhas das actividades gratu\u00edtas que o organismo provincial celebra entre o 5 e o 8 de marzo nestes tres centros. &#8211; Os interesados en participar poden atopar m\u00e1is informaci\u00f3n e reservar as s\u00faas prazas en www.deputacionlugo.gal, ou nos tel\u00e9fono &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12449","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12449","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12449"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12449\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12450,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12449\/revisions\/12450"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12449"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12449"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12449"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}