{"id":12451,"date":"2015-03-07T00:00:00","date_gmt":"2015-03-07T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12451"},"modified":"2023-09-28T07:39:57","modified_gmt":"2023-09-28T07:39:57","slug":"o-mazo-de-santa-comba-reabre-as-suas-portas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-mazo-de-santa-comba-reabre-as-suas-portas\/","title":{"rendered":"O Mazo de Santa Comba reabre as s\u00faas portas"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; O conxunto etnogr\u00e1fico dedicado \u00e1 auga conta con diversos paneis informativos con explicaci\u00f3ns detalladas sobre o funcionamento dos enxe\u00f1os que alberga.<\/p>\n<p>&#8211; A Deputada salientou que \u201ccon estas \u00faltimas actuaci\u00f3ns, reforzamos o papel do Mazo de como espazo l\u00fadico-did\u00e1ctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural\u201d.<\/p>\n<p>&#8211; O organismo provincial converteu ao centro etnogr\u00e1fico nun espazo autosuficiente instalando unha turbina que xera electricidade completamente \u201cverde\u201d coa forza da auga.<\/p>\n<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, inaugurou este s\u00e1bado, acompa\u00f1ada de ducias de veci\u00f1os da zona, o renovado Mazo de Santa Comba, o conxunto etnogr\u00e1fico do organismo provincial dedicado \u00e1 forza motriz da auga. O Mazo, recuperado pola Deputaci\u00f3n no ano 2002, conta agora con numerosos paneis informativos que dan conta das caracter\u00edsticas e importancia dos enxe\u00f1os que se expo\u00f1en no centro etnogr\u00e1fico.<\/p>\n<p>Sonsoles L\u00f3pez destacou que \u201ccon estas \u00faltimas actuaci\u00f3ns, reforzamos o papel do Mazo como espazo l\u00fadico-did\u00e1ctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural\u201d. A Deputada valorou que este centro de traballo foi, no seu tempo, \u201cun punto clave para o desenvolvemento econ\u00f3mico e social da zona e que marcou un antes e un despois nos traballos do rural\u201d.<\/p>\n<p>Durante a xornada, que inclu\u00edu unha visita guiada polas instalaci\u00f3ns na que se descubriron os novos paneis informativos que visten o centro, os participantes co\u00f1eceron de primeira man o funcionamento do mu\u00ed\u00f1o, do mazo, da serra ou da moa de afiar, mecanismos accionados pola forza da auga e que significaron, no seu tempo, un pulo importante na econom\u00eda local.<\/p>\n<p>O ano pasado, a Deputaci\u00f3n, no marco da s\u00faa aposta polas enerx\u00edas renovables para conservar o medio ambiente e reducir custes, instalou unha turbina hidr\u00e1ulica que aproveita a enerx\u00eda cin\u00e9tica e potencial da auga do r\u00edo Chamoso, convertendo ao Mazo nunha instalaci\u00f3n autosuficiente enerxeticamente.<\/p>\n<p>Outro dos factores positivos desta mellora \u00e9 que a enerx\u00eda producida \u00e9 \u201cverde\u201d; pois non impide o aproveitamento da zona fluvial; regula o caudal de auga e non consume recursos, posto que toma auga nun punto e dev\u00f3lvea ao r\u00edo integramente. Con esta medida, o centro etnogr\u00e1fico aforra ao redor de 20.000 euros ao ano na factura el\u00e9ctrica.<\/p>\n<p>Centro de referencia<\/p>\n<p>O Mazo de Santa Comba at\u00f3pase dentro da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, territorio protexido que comprende unha superficie de 363.669 hect\u00e1reas de 26 municipios lucenses, ocupando un 39% do territorio, convertendo a Lugo na provincia con maior superficie declarada reserva pola UNESCO.<\/p>\n<p>Este conxunto etnogr\u00e1fico est\u00e1 situado \u00e1s beiras do r\u00edo Chamoso e conf\u00f3rmano varias edificaci\u00f3ns constru\u00eddas artesanalmente nas que a auga \u00e9 empregada como forza motriz dos mecanismos como o mu\u00ed\u00f1o, o mazo, a serra e a moa de afiar. O Mazo de Santa Comba abastec\u00eda con apeiros de labranza aos labregos e coas mellores fouces de sega a Castela, destino tam\u00e9n dos galegos na \u00e9poca de colleita.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O conxunto etnogr\u00e1fico dedicado \u00e1 auga conta con diversos paneis informativos con explicaci\u00f3ns detalladas sobre o funcionamento dos enxe\u00f1os que alberga. &#8211; A Deputada salientou que \u201ccon estas \u00faltimas actuaci\u00f3ns, reforzamos o papel do Mazo de como espazo l\u00fadico-did\u00e1ctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural\u201d. &#8211; &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10800,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12451","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12451","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12451"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12451\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12452,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12451\/revisions\/12452"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10800"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12451"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12451"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12451"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}