{"id":12454,"date":"2015-03-08T00:00:00","date_gmt":"2015-03-08T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12454"},"modified":"2023-09-28T07:40:26","modified_gmt":"2023-09-28T07:40:26","slug":"a-deputacion-destina-80-000-euros-a-renovar-o-club-fluvial-de-begonte-e-dotar-dunha-pasarela-peonil-ao-de-baamonde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-destina-80-000-euros-a-renovar-o-club-fluvial-de-begonte-e-dotar-dunha-pasarela-peonil-ao-de-baamonde\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n destina 80.000 euros a renovar o club fluvial de Begonte e dotar dunha pasarela peonil ao de Baamonde"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; G\u00f3mez Besteiro anunciou os investimentos, que impulsar\u00e1n as actividades de lecer destes dous centros asociativos de referencia do Concello, que suman m\u00e1is de 600 socios, e servir\u00e1n para atraer m\u00e1is visitantes \u00e1 zona.<br \/>\n&#8211; O organismo provincial leva investido 5 mill\u00f3ns de euros na dotaci\u00f3n e mellora de servizos e infraestruturas do municipio chairego dende hai 8 anos.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, anunciou este domingo que o organismo provincial achegar\u00e1 80.000 euros para actuaci\u00f3ns de mellora nos clubs fluviais de Begonte e Baamonde, dous centros de referencia da actividade asociativa e de lecer do Concello begontino, que re\u00fanen a m\u00e1is de 600 socios e atraen a ducias de persoas, sobre todo na tempada de ver\u00e1n. Estes complexos, ademais de \u00e1reas recreativas, ofrecen numerosas actividades, como tiro con arco, baixada en kaiak, paintball ou F\u00fatbol 7.<\/p>\n<p>Por unha banda, a Deputaci\u00f3n destinar\u00e1 39.900 euros ao Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) de Begonte para executar obras de mellora no edificio de usos m\u00faltiples do club fluvial. G\u00f3mez Besteiro co\u00f1eceu as instalaci\u00f3ns nas que se acometer\u00e1n os traballos, que consistir\u00e1n na renovaci\u00f3n do edificio que acolle a cafeter\u00eda e os servizos de duchas e vestiarios. As actuaci\u00f3ns estar\u00e1n rematadas previsiblemente antes do mes de outubro. Tr\u00e1tase dunha axuda m\u00e1is da Deputaci\u00f3n na posta en valor deste espazo, que na tempada de ver\u00e1n, e cando a meteorolox\u00eda \u00e9 boa, recibe unha media diaria de 150 persoas.<\/p>\n<p>A instituci\u00f3n lucense financiou con outros 30.000 euros a execuci\u00f3n dun plan integral de mellora no club fluvial de Begonte, a trav\u00e9s do que se levaron a cabo melloras no parque infantil, no espazo deportivo e na zona de recreo.<\/p>\n<p>Por outra banda, a Deputaci\u00f3n conceder\u00e1 39.000 euros ao Centro Recreativo, Cultural e Deportivo (CERCUD) de Baamonde para constru\u00edr no club fluvial unha pasarela peonil sobre o r\u00edo Parga, unhas instalaci\u00f3ns que tam\u00e9n visitou hoxe G\u00f3mez Besteiro. A estrutura facilitar\u00e1 o acceso a unha zona de lecer nunha carballeira. O proxecto xa conta cos permisos oportunos da Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica Mi\u00f1o-Sil.<\/p>\n<p>O Presidente subli\u00f1ou que esta nova colaboraci\u00f3n econ\u00f3mica de 80.000 euros servir\u00e1 para impulsar as actividades de lecer destes dous centros de referencia do Concello e atraer m\u00e1is visitantes \u00e1 zona. Son obras \u201ccunha profunda relevancia social, que melloran a calidade de vida dos veci\u00f1os e contrib\u00faen a atraer m\u00e1is xente ao noso rural para gozar de actividades de lecer, o que axuda a algo tan urxente hoxe na provincia como \u00e9 facer m\u00e1is vivas e acolledoras os nosos pobos para fixar poboaci\u00f3n\u201d, asegurou Besteiro.<\/p>\n<p>Casa escola de Carballido<\/p>\n<p>G\u00f3mez Besteiro tam\u00e9n supervisou hoxe a primeira fase das obras de rehabilitaci\u00f3n acometidas na Casa Escola de Carballido cunha achega de 5.000 euros da Deputaci\u00f3n a trav\u00e9s do Plan de Comunidades Veci\u00f1ais, programa grazas ao que as agrupaci\u00f3ns veci\u00f1ais e asociaci\u00f3ns de Begonte recibiron dende o ano 2007 preto de 220.000 euros para melloras de cami\u00f1os e outras dotaci\u00f3ns sociais, como escolas rurais, locais sociais, centros culturais e instalaci\u00f3ns recreativas.<\/p>\n<p>5 mill\u00f3ns de euros en Begonte<\/p>\n<p>Todas estas actuaci\u00f3ns forman parte dos investimentos por valor de preto de 5 mill\u00f3ns de euros que a Deputaci\u00f3n leva realizado no Concello de Begonte nos \u00faltimos 8 anos, tanto a trav\u00e9s do Plan de Comunidades Veci\u00f1ais, como do Plan de Obras e Servizos, grazas ao que se instalou unha EDAR na parroquia de B\u00f3veda, se ampliaron as redes de saneamento nos n\u00facleos de Carral, Saavedra e Os Trollos, e se dotou de alumeado p\u00fablico aos de Saavedra, Mato e Devara. A Deputaci\u00f3n mellorou o abastecemento de auga de Begonte, constru\u00edu os accesos ao pol\u00edgono industrial, acondicionou o firme do cinto comarcal da N-VI \u00e1 L-541 e reformou o centro cultural da localidade, ademais de ampliar as redes de saneamento de Quitimil, Ill\u00e1n e Saavedra. Entre outras actuaci\u00f3ns, tam\u00e9n dotou de acceso libre e gratu\u00edto a Internet \u00e1 praza do Concello, a trav\u00e9s do plan Innova-TE.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; G\u00f3mez Besteiro anunciou os investimentos, que impulsar\u00e1n as actividades de lecer destes dous centros asociativos de referencia do Concello, que suman m\u00e1is de 600 socios, e servir\u00e1n para atraer m\u00e1is visitantes \u00e1 zona. &#8211; O organismo provincial leva investido 5 mill\u00f3ns de euros na dotaci\u00f3n e mellora de servizos e infraestruturas do municipio chairego &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10732,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12454","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12454","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12454"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12454\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12455,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12454\/revisions\/12455"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10732"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12454"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12454"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12454"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}