{"id":12513,"date":"2016-08-05T00:00:00","date_gmt":"2016-08-05T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12513"},"modified":"2023-09-28T08:08:26","modified_gmt":"2023-09-28T08:08:26","slug":"a-capela-de-santa-maria-reune-30-pezas-de-torneiros-internacionais-con-contornos-a-mostra-do-centrad-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-capela-de-santa-maria-reune-30-pezas-de-torneiros-internacionais-con-contornos-a-mostra-do-centrad-da-deputacion\/","title":{"rendered":"A Capela de Santa Mar\u00eda re\u00fane 30 pezas de torneiros internacionais con CONtornos, a mostra do CENTRAD da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O Presidente, Dar\u00edo Campos Conde, inaugurou \u201cCONtornos\u201d, a exposici\u00f3n detorneado de madeira, que o CENTRAD da Deputaci\u00f3n leva a Capela de Santa Mar\u00eda ata o 28 de agosto. A mostra re\u00fane por primeira vez na provincia de Lugo 30 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos XV Encontros Internacionais de Torneiros do ano pasado en Xermade.<\/p>\n<p>Campos Conde estivo acompa\u00f1ado polo Alcalde de Xermade, Roberto Garc\u00eda Pernas, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural de Lugo, Miguel Fern\u00e1ndez M\u00e9ndez, a Deputada de Cultura, Dese\u00f1o e Artesan\u00eda, Pilar Garc\u00eda Porto, e o comisario da mostra, Vicente Ledo Roca, entre outras autoridades.<\/p>\n<p>O Presidente destacou que \u201c\u00e9 un pracer colaborar co Concello de Xermade e cos mestres torneiros na difusi\u00f3n e promoci\u00f3n dos oficios tradicionais. Esta \u00e9 unha aposta compartida polo pulo da nosa propia tradici\u00f3n e cultura para xerar riqueza. Quero p\u00f3r en valor o traballo dos nosos artes\u00e1ns. Sodes un exemplo de compromiso coa nosa identidade, as\u00ed como de superaci\u00f3n. Demostrades que a tradici\u00f3n e a innovaci\u00f3n non est\u00e1n enfrontadas, sen\u00f3n que poden conxugarse perfectamente, sendo un valor engadido que impulsa a nosa econom\u00eda\u201d.<\/p>\n<p>CONtornos<\/p>\n<p>CONtornos, organizada pola Deputaci\u00f3n a trav\u00e9s do CENTRAD, amosa por primeira vez na provincia de Lugo, tras estar en As Pontes e Ferrol, unha trintena de pezas de madeira elaboradas por reco\u00f1ecidos profesionais durante os \u201cEncontros Internacionais de Torneiros de Madeira de 2015\u201d.<\/p>\n<p>Os protagonistas de CONtornos son torneiros das 4 provincias galegas, as\u00ed de distintos puntos de Espa\u00f1a, ademais de pa\u00edses como Francia, Portugal, Grecia, Holanda, Estados Unidos, Nova Zelanda ou Australia.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tanse de reco\u00f1ecidos profesionais de xeito internacional. Tam\u00e9n participados afeccionados ao torneado que, dende o anonimato, axudan a que este oficio se recupere do esquecemento, propo\u00f1endo cami\u00f1os de expresi\u00f3n novidosos e creativos.<\/p>\n<p>Os relatores internacionais (Manuel Castro, Rafael Saig\u00ed, Nikos Siragas e Jason Smith) foron os responsable de escoller as pezas feitas nos encontros internacionais de torneiros para formar parte de CONtornos.<\/p>\n<p>P\u00f3dense atopar pezas de carballo, freixo ou falso pl\u00e1tano. Os resultados a partir das mesmas madeiras son sempre distintos e sorprendentes. A t\u00e9cnica do torneado consiste en labrar con diferentes ferramentas un anaco de madeira mentres est\u00e1 suxeito ao torno que o fai xirar.<\/p>\n<p>Horarios<\/p>\n<p>CONtornos permanecer\u00e1 aberta ao p\u00fablico ata o 28 de agosto na Capela de Santa Mar\u00eda. A entrada \u00e9 libre e totalmente gratu\u00edta. O horario \u00e9:<br \/>\nde luns a venres, de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.<br \/>\ns\u00e1bados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.<\/p>\n<p>Encontros Internacionais de Torneiros<br \/>\nOs Encontros Internacionais de Torneiros naceron en 2001 na Aldea Artes\u00e1n de A Fraga, no Concello de Xermade, coa intenci\u00f3n de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinar\u00eda, materias e t\u00e9cnicas de traballo para logo dalas a co\u00f1ecer ao maior n\u00famero de persoas posibles. Este evento sempre se celebra no municipio xermad\u00e9s na segunda quincena do mes de setembro. Unha das finalidades did\u00e1cticas que persegue \u00e9 divulgar os valores do oficio, algo que est\u00e1 a ter resultados satisfactorios, pois o p\u00fablico asistente cada vez ten mais argumentos para diferenciar artesan\u00eda e industria. Durante catro d\u00edas, re\u00fanense profesionais e afeccionados para compartir sabedor\u00eda e experiencia, ao tempo que se achega ao p\u00fablico en xeral o mundo da tornear\u00eda.<\/p>\n<p>XVI Encontros de torneiros 2016<\/p>\n<p>O pr\u00f3ximo encontro celebrarase, polo tanto, os d\u00edas 23, 24 e 25 de setembro. Todos os torneiros que queiran participar na cita ter\u00e1n que inscribirse en encontro@encontrodetorneiros.org. M\u00e1is informaci\u00f3n en 667532151.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente, Dar\u00edo Campos Conde, inaugurou \u201cCONtornos\u201d, a exposici\u00f3n detorneado de madeira, que o CENTRAD da Deputaci\u00f3n leva a Capela de Santa Mar\u00eda ata o 28 de agosto. A mostra re\u00fane por primeira vez na provincia de Lugo 30 pezas que profesionais de distintos puntos do mundo elaboraron nos XV Encontros Internacionais de Torneiros do &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10864,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12513","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12513","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12513"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12513\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12514,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12513\/revisions\/12514"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10864"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12513"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12513"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12513"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}