{"id":12525,"date":"2016-11-18T00:00:00","date_gmt":"2016-11-18T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12525"},"modified":"2023-09-28T08:11:32","modified_gmt":"2023-09-28T08:11:32","slug":"un-proxecto-do-campus-terra-da-usc-para-restauracion-de-lagoas-en-cospeito-premio-juana-de-vega-de-intervencion-na-paisaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/un-proxecto-do-campus-terra-da-usc-para-restauracion-de-lagoas-en-cospeito-premio-juana-de-vega-de-intervencion-na-paisaxe\/","title":{"rendered":"Un proxecto do Campus Terra da USC para restauraci\u00f3n de lagoas en Cospeito, premio Juana de Vega de Intervenci\u00f3n na Paisaxe"},"content":{"rendered":"<p>O proxecto \u2018Restauraci\u00f3n das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o, Cospeito-Lugo\u2019, promovido por investigadores do Campus Terra da USC, ga\u00f1ou a primeira edici\u00f3n do Premio Juana de Vega en Intervenci\u00f3ns na Paisaxe, na categor\u00eda de intervenci\u00f3ns en espazos exteriores.<\/p>\n<p>O xurado encargado de fallar este galard\u00f3n, dotado con 6.000 euros en met\u00e1lico e que v\u00e9n a substitu\u00edr o tradici\u00f3n Premio Juana de Vega de Arquitectura, valorou especialmente a adecuaci\u00f3n para preservar un espazo natural de gran valor ecol\u00f3xico que acubilla un gran n\u00famero de especies de flora e fauna silvestre e pon en valor a paisaxe conformada por lagoas e bra\u00f1as, recuperada tras as modificaci\u00f3ns que xeraron as obras de colonizaci\u00f3n agraria e que hoxe constit\u00fae un exemplo \u00fanico dunha contorna natural.<\/p>\n<p>O proxecto, presentado por Pablo Ramil Rego, Luis Rego Orellana e Javier Ferreiro da Costa, recupera ademais unha rede de cami\u00f1os a trav\u00e9s dunha vexetaci\u00f3n excepcional e pon en valor elementos do patrimonio cultural, como os peches de chanto ou de sebe que foron reconstru\u00eddos seguindo o modelo tradicional da zona.<\/p>\n<p>O xurado, composto por Jos\u00e9 Antonio Franco Taboada, Isabel Aguirre, Teresa Andressen, Enrique S\u00e1ez, Pedro Calaza e Juan Manuel Palerm, constatou a dificultade de clasificar e valorar axeitadamente traballos de caracter\u00edsticas moi diversas. No acto de presentaci\u00f3n estiveron presentes o presidente do xurado, Jos\u00e9 Antonio Franco Taboada; a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre; a directora do Instituto de Estudos do Territorio, In\u00e9s Sant\u00e9, e o presidente da Fundaci\u00f3n Juana de Vega, Enrique S\u00e1ez. Tam\u00e9n acudiron para apoiar o ga\u00f1ador e finalista a deputada provincial de Lugo Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo; o concelleiro de Espazos Cidad\u00e1ns de Santiago, Jorge Duarte; o vicerreitor de Coordinaci\u00f3n do campus de Lugo da USC, Javier Bueno, e o director da Escola Polit\u00e9cnica Superior do Campus Terra da USC, Tom\u00e1s Cuesta.<\/p>\n<p>Actuaci\u00f3ns da investigaci\u00f3n<\/p>\n<p>O Grupo de Investigaci\u00f3n Territorio &amp; Biodiversidade da USC, en colaboraci\u00f3n coa Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia e a Comisi\u00f3n Europea desenvolveu desde 1995 distintas actuaci\u00f3ns de conservaci\u00f3n e restauraci\u00f3n ambiental relacionadas con ecosistemas h\u00famidos da Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o.<\/p>\n<p>No ano 2012, a Comisi\u00f3n Europea concedeu o proxecto LIFE+ NAT\/ES\/707. Humidais continentais do Norte da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica: Xesti\u00f3n e restauraci\u00f3n de turbeiras e medios higr\u00f3filos, cuxas acci\u00f3ns se realizaron ata outubro de 2015. No territorio galego, as acci\u00f3ns foron dese\u00f1adas e desenvolvidas por un equipo do Instituto de Biodiversdiade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), dirixido polo profesor Pablo Ramil Rego, sendo executadas as distintas medidas de restauraci\u00f3n pola empresa p\u00fablica TRAGSA. No transcurso do proxecto LIFE+Tremedal cre\u00e1ronse dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o 21 novos biotipos lagoeiros, 20 situados na lagoa de Cospeito e un na Insua de San Roque.<\/p>\n<p>Os labores de restauraci\u00f3n desenvolvidos nos medios lagoeiros da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o na Terra Ch\u00e1 complement\u00e1ronse con distintas medidas de recuperaci\u00f3n e integraci\u00f3n paisax\u00edstica. O labor m\u00e1is importante foi realizada na \u00e1rea h\u00famida de Cospeito ao ter que reverter as modificaci\u00f3ns que sobre a estrutura da paisaxe xeraron as obras de colonizaci\u00f3n agraria. Para iso recuper\u00e1ronse os sebes arb\u00f3reos naturais plantados, individuos de Salix atrocinerea obtidos por reproduci\u00f3n vexetativa de material xen\u00e9tico local. A medida que foron estabiliz\u00e1ndose os sebes incorpor\u00e1ronse de forma natural novas especies, Fraxinus excelsior, Angelica sylvestris, Rosa canina, etc.<\/p>\n<p>No caso da Insua de San Roque, ademais da recuperaci\u00f3n dos sebes tradicionais, tam\u00e9n se recuperaron os peches de grandes laxas de esquistos (chantos), que foran destru\u00eddos ou alterados a medida que o ancho dos novos tractores fac\u00edase incompatible co ancho que posu\u00edan os antigos cami\u00f1os, os cales se recuperaron coa intervenci\u00f3n realizada para dar cabida aos visitantes deste espazo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto \u2018Restauraci\u00f3n das lagoas na Reserva da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o, Cospeito-Lugo\u2019, promovido por investigadores do Campus Terra da USC, ga\u00f1ou a primeira edici\u00f3n do Premio Juana de Vega en Intervenci\u00f3ns na Paisaxe, na categor\u00eda de intervenci\u00f3ns en espazos exteriores. O xurado encargado de fallar este galard\u00f3n, dotado con 6.000 euros en met\u00e1lico &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10892,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12525","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12525","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12525"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12525\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12526,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12525\/revisions\/12526"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10892"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12525"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12525"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12525"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}