{"id":12527,"date":"2016-12-15T00:00:00","date_gmt":"2016-12-15T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12527"},"modified":"2023-09-28T08:12:04","modified_gmt":"2023-09-28T08:12:04","slug":"a-deputacion-celebrara-xornadas-tecnicas-para-afondar-na-proliferacion-incontrolada-do-eucalipto-en-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-celebrara-xornadas-tecnicas-para-afondar-na-proliferacion-incontrolada-do-eucalipto-en-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n celebrar\u00e1 xornadas t\u00e9cnicas para afondar na proliferaci\u00f3n incontrolada do eucalipto en Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; No \u00f3rgano de participaci\u00f3n, posto en marcha pola Deputaci\u00f3n, participaron un total de 27 representantes de colectivos e entidades sociais<br \/>\n&#8211; No encontro acordouse estudar esta problem\u00e1tica en relaci\u00f3n ao crecemento desta especies e que pode ameazar o equilibrio ecol\u00f3xico dos montes lucense<br \/>\n&#8211; O \u00f3rgano de participaci\u00f3n decidiuse apoiar a reclamaci\u00f3n dunha figura de protecci\u00f3n legal para o Pedregal de Irimia, un ecosistema ameazado pola plantaci\u00f3n de eucaliptos<\/p>\n<p>O Titular Provincial, Dar\u00edo Campos Conde, presidiu esta ma\u00f1\u00e1 en Lugo, acompa\u00f1ado da Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, os \u00f3rganos de xesti\u00f3n da Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o. Na reuni\u00f3n, acordouse a celebraci\u00f3n dunhas xornadas t\u00e9cnicas para estudar o impacto ambiental e econ\u00f3mico da proliferaci\u00f3n de plantaci\u00f3ns de eucalipto na Reserva da Biosfera, un fen\u00f3meno que est\u00e1 en aumento nos \u00faltimos anos e que ameaza con crebar o equilibrio ecol\u00f3xico dos montes lucenses.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Izquierdo apostou por desenvolver nos Concellos da Biosfera Terras do Mi\u00f1o unha programaci\u00f3n espec\u00edfica de acci\u00f3ns que aborden e pol\u00edtica forestal, a sensibilizaci\u00f3n sobre os efectos nocivos do eucalipto nos recursos h\u00eddricos e a proposta de alternativas econ\u00f3micas a este cultivo. As\u00ed, anunciouse a posta en marcha de actividades de formaci\u00f3n para profesionalizar a plantaci\u00f3n de soutos de casti\u00f1eiros e outras especies arb\u00f3reas, que permiten un aproveitamento econ\u00f3mico m\u00e1is sustentable e mesmo m\u00e1is rendible ca o eucalipto.<\/p>\n<p>Esta decisi\u00f3n foi tomada logo das intervenci\u00f3ns de alcaldes, representantes de asociaci\u00f3ns ecoloxistas e t\u00e9cnicos da Universidade de Santiago de Compostela, no que amosaron a s\u00faa preocupaci\u00f3n pola progresiva substituci\u00f3n dos bosques aut\u00f3ctonos de Lugo por monocultivos de eucalipto. Neste senso, o \u00d3rgano de Participaci\u00f3n de Terras do Mi\u00f1o aprobou reclamarlle \u00e1 Xunta de Galicia a protecci\u00f3n do ecosistema do Pedregal de Irimia, o enclave no que ten a s\u00faa orixe o r\u00edo Mi\u00f1o e que se atopa en perigo de degradaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Apoio \u00e1 protecci\u00f3n do Pedregal de Irimia<br \/>\nO \u00f3rgano de participaci\u00f3n de Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o v\u00e9n de sumarse \u00e1 campa\u00f1a a prol da conservaci\u00f3n do Pedregal de Irimia.<\/p>\n<p>Situado na serra de Meira, o Pedregal de Irimia \u00e9 un enclave hidrogr\u00e1fico de especial valor cultural, paisax\u00edstico e xeomorfol\u00f3xico, que se atopa ameazado pola plantaci\u00f3n de eucaliptais na s\u00faa contorna.<\/p>\n<p>Outros asuntos<br \/>\nAdemais destas iniciativas, no encontro do \u00f3rgano de participaci\u00f3n tam\u00e9n se presentou a programaci\u00f3n de actividades que se desenvolver\u00e1n no 2017 nos centros educativos dos concellos que compo\u00f1en a Biosfera Terras do Mi\u00f1o. Asemade, acordouse estudar a posibilidade de dedicar unha zona da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputaci\u00f3n, \u00e1 nidificaci\u00f3n do mazarico real, unha especie de ave en perigo de extinci\u00f3n.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n afondaron nos proxectos presentados \u00e1 convocatoria Life 2016, a\u00ednda pendente de resoluci\u00f3n, e a memoria anual do 2016, na que destaca un aumento significativo das actividades organizadas polo Centro de Interpretaci\u00f3n das Terras do Mi\u00f1o.<\/p>\n<p>Participantes<br \/>\nO encontro do \u00f3rgano de participaci\u00f3n de Terras de Mi\u00f1o contou coa asistencia de representantes de 27 entidades institucionais e sociais da provincia. A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles L\u00f3pez, destacou o alto grao de implicaci\u00f3n social que rexistra este foro e que \u00e9 resultado dos esforzos da Deputaci\u00f3n por implicar \u00e1s comunidades locais na xesti\u00f3n do seu territorio, e cuxa maior demostraci\u00f3n foi a creaci\u00f3n do propio \u00f3rgano participativo. Na reuni\u00f3n participaron as seguintes persoas:<\/p>\n<p>&#8211; Dar\u00edo Campos Conde, Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo<br \/>\n&#8211; Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente<br \/>\n&#8211; Catalina Iglesias Seivane, T\u00e9cnico representante do Concello de A Pastoriza<br \/>\n&#8211; Xos\u00e9 Mar\u00eda L\u00f3pez Ranca\u00f1o, Alcalde de Abad\u00edn<br \/>\n&#8211; Jorge Val D\u00edaz, Alcalde do Concello de Alfoz<br \/>\n&#8211; Jos\u00e9 Ulla Rocha, Alcalde do Concello de Begonte<br \/>\n&#8211; Xos\u00e9 Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Arias, Alcalde de Castroverde<br \/>\n&#8211; Laura Ageitos Miragalla, 1\u00aa Tte. de Alcalde do Concello de Guitiriz<br \/>\n&#8211; Mar\u00eda Elena Mart\u00ednez Castro, Concelleira do Concello de Gunt\u00edn<br \/>\n&#8211; \u00c1ngeles Rodr\u00edguez Rico, Concelleira do Concello de Mondo\u00f1edo<br \/>\n&#8211; Mario Rouco Rey, 2\u00ba Tte. de Alcalde do Concello de Muras<br \/>\n&#8211; Jos\u00e9 Antonio Ferreiro Gonz\u00e1lez, Alcalde do Concello de O Corgo<br \/>\n&#8211; Edmundo Maseda Maseda, Alcalde de O Valadouro<br \/>\n&#8211; Gloria Trigo Mayor, Arquitecto representante do Concello de Outeiro de Rei<br \/>\n&#8211; Sonia Cervantes Rivas, representante do Concello de Pol<br \/>\n&#8211; Clemente Iglesias Gonz\u00e1lez, Alcalde do Concello de Riotorto<br \/>\n&#8211; Amador Guerra Ramil, Concelleiro do Concello de Vilalba<br \/>\n&#8211; Roberto Garc\u00eda Pernas, Alcalde do Concello de Xermade<br \/>\n&#8211; Adela Figueroa e Montserrat Lombard\u00eda, da Asociaci\u00f3n para a Defensa Ecol\u00f3xica de Galiza (ADEGA)<br \/>\n&#8211; Josefa Iglesias Garc\u00eda, da Xunta local de Guitiriz da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola contra o cancro<br \/>\n&#8211; Marti\u00f1o Cabana e \u00d3scar Rivas, da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio<br \/>\n&#8211; Manuel Mu\u00f1\u00edz Besteiro e Adolfo L\u00f3pez Mar\u00edn, da Asociaci\u00f3n Cultural de Amigos do Patrimonio de Castroverde<br \/>\n&#8211; Patricia Fouce Rodr\u00edguez, da Asociaci\u00f3n Revolta Natural<br \/>\n&#8211; Juli\u00e1n Alonso D\u00edaz, da Sociedade Micol\u00f3xica Lucus<br \/>\n&#8211; David D\u00edaz Losada, da Asociaci\u00f3n de Desenvolvemento comarcal da Terra Cha<br \/>\n&#8211; Mar\u00eda Eugenia Gasalla Valle, Xefa do Servizo de Conservaci\u00f3n da Natureza da Xunta de Galicia<br \/>\n&#8211; Fernando Planas Roca, T\u00e9cnico da Deputaci\u00f3n de Lugo<br \/>\n&#8211; Jes\u00fas Dom\u00ednguez Conde, T\u00e9cnico do Dpto. de Biolox\u00eda Animal da Facultade de Biolox\u00eda da USC.<\/p>\n<p>Reservas da Biosfera<br \/>\nAs Reservas da Biosfera son \u00e1reas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mari\u00f1os nas que se promove a investigaci\u00f3n, a educaci\u00f3n ambiental e a sensibilizaci\u00f3n cidad\u00e1. As Reservas, promovidas pola Unesco, conxugan a conservaci\u00f3n dos recursos naturais co desenvolvemento econ\u00f3mico e social das comunidades locais. En Galicia existen seis reservas, das que d\u00faas se atopan na provincia lucense, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1 e Terras do Mi\u00f1o. Esta \u00faltima agrupa 26 concellos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; No \u00f3rgano de participaci\u00f3n, posto en marcha pola Deputaci\u00f3n, participaron un total de 27 representantes de colectivos e entidades sociais &#8211; No encontro acordouse estudar esta problem\u00e1tica en relaci\u00f3n ao crecemento desta especies e que pode ameazar o equilibrio ecol\u00f3xico dos montes lucense &#8211; O \u00f3rgano de participaci\u00f3n decidiuse apoiar a reclamaci\u00f3n dunha figura &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10896,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[119],"tags":[],"class_list":["post-12527","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-reserva-de-la-biosfera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12527","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12527"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12527\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12528,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12527\/revisions\/12528"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10896"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12527"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12527"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12527"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}