{"id":12533,"date":"2017-03-17T00:00:00","date_gmt":"2017-03-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12533"},"modified":"2023-09-28T08:13:38","modified_gmt":"2023-09-28T08:13:38","slug":"mais-de-25-colectivos-participan-na-mesa-de-turismo-de-lugo-organizada-polo-goberno-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/mais-de-25-colectivos-participan-na-mesa-de-turismo-de-lugo-organizada-polo-goberno-da-deputacion\/","title":{"rendered":"M\u00e1is de 25 colectivos participan na Mesa de Turismo de Lugo organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos Conde, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre V\u00e1zquez, mantiveron esta ma\u00f1\u00e1 en San Marcos un encontro cos m\u00e1is de 40 participantes na Mesa de Turismo organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n para debater sobre as oportunidades e ameazas do sector na provincia lucense.<\/p>\n<p>Campos Conde agradeceu a participaci\u00f3n que est\u00e1n rexistrando as diferentes mesas organizadas nos xeodestinos, \u201cxa que estas reuni\u00f3ns son interesantes para po\u00f1er enriba da mesa a problem\u00e1tica do sector\u201d. E salientou o impulso do turismo como unha das grandes apostas do seu Goberno: \u201ccando entrei aqu\u00ed hai ano e medio considerei que un dos sectores que hab\u00eda que estimular e po\u00f1er en valor era o tur\u00edstico. E ent\u00f3n, xurdiu a idea de elaborar un Plan Estrat\u00e9xico de Turismo, no que actualmente estamos traballando\u201d.<\/p>\n<p>O Presidente salientou as grandes potencialidades da provincia: \u201cen Lugo temos de todo, mar, natureza e monta\u00f1a; o problema \u00e9 que as pernoctaci\u00f3ns son moi baixas e para cambiar isto todos temos que po\u00f1er o noso gran de area\u201d, continuou. E emprazou a que \u201co sector privado e as administraci\u00f3ns p\u00fablicas cami\u00f1en na mesma direcci\u00f3n para converter Lugo nun referente tur\u00edstico\u201d.<\/p>\n<p>O Presidente fixo estas declaraci\u00f3ns durante a celebraci\u00f3n da Mesa de Turismo de Lugo, a terceira xornada de traballo das 5 que est\u00e1n previstas, coa participaci\u00f3n de 200 instituci\u00f3ns e colectivos de toda a provincia. Ao encontro de San Marcos acudiron 40 representantes de 25 entidades, entre as que se atopaban Concellos, agrupaci\u00f3ns de empresarios e hostaleiros, asociaci\u00f3ns da industria agroalimentaria, museos e colectivos culturais e medio ambientais de diversa \u00edndole.<br \/>\n5 Mesas de Turismo con 200 entidades participantes<br \/>\nA trav\u00e9s de enquisas e de diversas din\u00e1micas de grupo, os participantes na Mesa de Turismo de Lugo identificaron os principais recursos tur\u00edsticos da provincia, as\u00ed como as debilidades que c\u00f3mpre solucionar. Entre os recursos estrela, a gastronom\u00eda, a natureza e o patrimonio cultural foron alg\u00fans dos m\u00e1is citados; e as deficiencias nas comunicaci\u00f3ns, a falta de infraestruturas e o desco\u00f1ecemento das potencialidades, os puntos d\u00e9biles.<\/p>\n<p>Logo da celebraci\u00f3n desta mesa de traballo en Lugo, os seguintes encontros ter\u00e1n lugar; en Pedrafita do Cebreiro, o d\u00eda 16, e Monforte de Lemos, o d\u00eda 21. Ademais, xa se celebraron as mesas de traballo da Mari\u00f1a e da Terra Ch\u00e1. En total, est\u00e1n chamadas a participar 200 entidades, entre as que se incl\u00faen os Concellos inclu\u00eddos en cada un dos 4 xeodestinos lucenses.<\/p>\n<p>Estas iniciativas de escoita activa forman parte da preparaci\u00f3n do Plan Estrat\u00e9xico de Turismo da Deputaci\u00f3n, un plan elaborado con metodolox\u00edas participativas, que, ademais das 5 mesas de traballo, incl\u00fae a realizaci\u00f3n de entrevistas en profundidade con expertos e de enquisas en li\u00f1a a colectivos do sector tur\u00edstico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Dar\u00edo Campos Conde, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre V\u00e1zquez, mantiveron esta ma\u00f1\u00e1 en San Marcos un encontro cos m\u00e1is de 40 participantes na Mesa de Turismo organizada polo Goberno da Deputaci\u00f3n para debater sobre as oportunidades e ameazas do &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12533","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12533","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12533"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12533\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12534,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12533\/revisions\/12534"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12533"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12533"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12533"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}