{"id":12535,"date":"2017-03-17T00:00:00","date_gmt":"2017-03-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12535"},"modified":"2023-09-28T08:14:06","modified_gmt":"2023-09-28T08:14:06","slug":"o-goberno-inicia-a-contratacion-para-a-xestion-e-mantemento-dos-hortos-urbanos-da-deputacion-na-reserva-da-biosfera-terras-do-mino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/o-goberno-inicia-a-contratacion-para-a-xestion-e-mantemento-dos-hortos-urbanos-da-deputacion-na-reserva-da-biosfera-terras-do-mino\/","title":{"rendered":"O Goberno inicia a contrataci\u00f3n para a xesti\u00f3n e mantemento dos Hortos Urbanos da Deputaci\u00f3n na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; Tr\u00e1tase dun contrato de servizos que contar\u00e1 coa supervisi\u00f3n de t\u00e9cnicos da \u00c1rea de Medio Ambiente, que velar\u00e1n polo correcto funcionamento do servizo<br \/>\n&#8211; L\u00f3pez Izquierdo destacou que \u201cco contrato, dotado con 142.000 euros para 24 meses, buscamos mellorar o servizo e facelo m\u00e1is eficiente, eficaz e participativo\u201d<br \/>\n&#8211; Son un total de 10.000 m2 de finca os que o Goberno da Deputaci\u00f3n pon a disposici\u00f3n dos veci\u00f1os con 3 fincas no Rato e unha en Paradai<\/p>\n<p>A vicevoceira do Executivo Provincial, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou iniciar a contrataci\u00f3n da xesti\u00f3n e dinamizaci\u00f3n dos Hortos Urbanos da Deputaci\u00f3n no Paseo do R\u00edo Rato e na zona de Paradai na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o. \u00c9 un investimento de 142.000 euros correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019. A duraci\u00f3n do mesmo \u00e9 de 24 meses.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Izquierdo destacou que \u201ccon este novo proxecto de remodelaci\u00f3n integral dos hortos, que leva o nome de Os agros do Rato e Paradai, dende o Goberno da Deputaci\u00f3n damos un paso m\u00e1is para mellorar este servizo e facelo m\u00e1is eficiente e eficaz. Son un total de 10.000 m2 de finca os que o Goberno da Deputaci\u00f3n pon a disposici\u00f3n dos veci\u00f1os con 3 fincas no Rato, de 9.500m2, e unha en Paradai, de 500 m2\u201d.<\/p>\n<p>A vicevoceira lembrou que, durante estes \u00faltimos 3 meses, o control e mantemento dos hortos dependeu directamente de traballadores provinciais, polo que en ning\u00fan momento os usuarios do hortos da Deputaci\u00f3n tiveron que paralizar a s\u00faa actividade.<\/p>\n<p>\u201cLogo de ter aprobado o investimento, iniciaremos o proceso no que as empresas interesadas en participar neste concurso p\u00fablico presenten as s\u00faas ofertas. Deste xeito, contamos coa previsi\u00f3n de poder resolver este contrato en dous meses, \u00e9 dicir, cara o mes de maio\u201d.<\/p>\n<p>Obrigas da empresa<br \/>\nDentro do prego, cont\u00e9mplase que a empresa deber\u00e1 p\u00f3r a disposici\u00f3n un xardineiro e un t\u00e9cnico agr\u00edcola para dar servizo aos usuarios de xeito permanente, tanto en asesoramento e mantemento. Ser\u00e1n tam\u00e9n os encargados de ofrecer acci\u00f3ns formativas concretas que estableceremos nunha xuntanza cos beneficiarios dos hortos.<br \/>\n\u201cPrimaremos tam\u00e9n, tal e como facemos en todos os contratos da Deputaci\u00f3n, melloras salariais en relaci\u00f3n aos Convenios profesionais; as\u00ed como o aumento no n\u00famero do persoal\u201d, destacou L\u00f3pez Izquierdo.<\/p>\n<p>C\u00f3mpre subli\u00f1ar que a\u00ednda que empresa ser\u00e1 a encargada de manter os hortos e atender aos beneficiarios, o Goberno da Deputaci\u00f3n de Lugo, concretamente a \u00e1rea de Medio Ambiente, velar\u00e1 polo correcto funcionamento deste servizo, podendo incluso rescindir o contrato se fose necesario.<\/p>\n<p>Os agros do Rato e Paradai<br \/>\nA vicevoceira do Goberno informou das fases do proxecto Os agros do Rato e Paradai co que a Deputaci\u00f3n busca conducir os hortos cara unha xesti\u00f3n e produci\u00f3n familiar ecol\u00f3xica, tendo como obxectivo garantir que os hortos perduren no tempo, facendo part\u00edcipes aos beneficiarios do hortos. Este proxecto ten 3 fases:<\/p>\n<p>1.- Realizaci\u00f3n de obras de mellora nos hortos \u201cque non poderemos iniciar ata que a Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica Mi\u00f1o-Sil o autorice. Como sabedes, te\u00f1en un prazo de resposta m\u00e1xima 6 meses polo que esta parte do proxecto se poder\u00e1 iniciar, previsiblemente, a finais de ano\u201d.<\/p>\n<p>2.- A creaci\u00f3n dun regulamento de boas pr\u00e1cticas para os usuarios dos hortos, \u201cno que estamos a traballar e no que introduciremos tam\u00e9n as petici\u00f3ns dos usuarios, das que vos darei conta m\u00e1is adiante\u201d.<\/p>\n<p>Nel cont\u00e9mplanse aspectos como o modelo de solicitude, dereito e deberes dos usuarios dos hortos, duraci\u00f3n do contrato e as prohibici\u00f3ns, entre outros. Logo de ter resolta a empresa adxudicataria, manteranse encontros cos usuarios para rematar o texto.<\/p>\n<p>3.- Establecer un \u201cConsello dos Hortos\u201d participativo \u201cno que se incluir\u00e1 a empresa adxudicataria, Deputaci\u00f3n e, como non pod\u00eda ser doutro xeito, aos beneficiarios dos hortos, co fin de atender as s\u00faas necesidades e facelos participes. P\u00f3dovos avanzar que, por exemplo, reorganizaremos as divisi\u00f3ns das 3 parcelas do R\u00edo Rato para conseguir un total de 173 hortos; as\u00ed como as de Paradai, para obter 40\u201d.<\/p>\n<p>Dende o momento da adxudicaci\u00f3n do contrato, a empresa comezar\u00e1 a ofrecer o servizo de atenci\u00f3n, xesti\u00f3n e mantemento diario dos hortos tal e como se atopan actualmente ata que se reciba o visto e prace da Confederaci\u00f3n para executar as obras nos hortos.<\/p>\n<p>Consultas aos beneficiarios<br \/>\nNo proxecto definitivo de remodelaci\u00f3n, que se executar\u00e1 previsiblemente a finais de ano, incluiranse as petici\u00f3ns que trasladaron os usuarios dos hortos a trav\u00e9s das entrevistas telef\u00f3nicas e as enquisas elaboradas por t\u00e9cnicos provinciais. En total, foron preto de 120 as enquisas realizadas.<\/p>\n<p>Algunhas das conclusi\u00f3ns obtidas grazas a dito cuestionario son que o 100% dos usuarios son veci\u00f1os que ven este servizo como unha actividade de lecer; o 90% dos usuarios est\u00e1n de acordo coa extensi\u00f3n de cada un dos hortos e que a maior\u00eda dos usuarios dos hortos son veci\u00f1os traballadores por conta allea, xubilados e tam\u00e9n desempregados.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n \u00e1s actividades nas que solicitan m\u00e1is informaci\u00f3n, e tam\u00e9n formaci\u00f3n, son por orde: sistemas de rego; poda de arbores; mantemento do solo e zonas com\u00fans; control e uso de plaguicidas; ou compostaxe. Ademais, tam\u00e9n trasladaron a necesidade de afondar en aspectos como roubos nos hortos, dotar de maior seguridade \u00e1s zonas ou establecer novas instalaci\u00f3ns e puntos de recollida de residuos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; Tr\u00e1tase dun contrato de servizos que contar\u00e1 coa supervisi\u00f3n de t\u00e9cnicos da \u00c1rea de Medio Ambiente, que velar\u00e1n polo correcto funcionamento do servizo &#8211; L\u00f3pez Izquierdo destacou que \u201cco contrato, dotado con 142.000 euros para 24 meses, buscamos mellorar o servizo e facelo m\u00e1is eficiente, eficaz e participativo\u201d &#8211; Son un total de 10.000 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10933,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12535","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12535","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12535"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12535\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12536,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12535\/revisions\/12536"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10933"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12535"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12535"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12535"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}