{"id":12553,"date":"2017-06-23T00:00:00","date_gmt":"2017-06-23T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/?p=12553"},"modified":"2023-09-28T08:18:36","modified_gmt":"2023-09-28T08:18:36","slug":"a-deputacion-de-lugo-recibe-fondos-da-ue-para-medidas-de-2-millons-coas-que-aproveitar-espazos-da-rede-natura","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-de-lugo-recibe-fondos-da-ue-para-medidas-de-2-millons-coas-que-aproveitar-espazos-da-rede-natura\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n de Lugo recibe fondos da UE para medidas de 2 mill\u00f3ns coas que aproveitar espazos da Rede Natura"},"content":{"rendered":"<p>&#8211; A Uni\u00f3n Europea premiou o proxecto que presentou o Executivo Provincial, coa colaboraci\u00f3n da USC e UDC, ao abeiro da programaci\u00f3n Life, conced\u00e9ndolle 1,4 mill\u00f3ns<br \/>\n&#8211; Levarase a cabo en montes veci\u00f1ais da Serra do Xistral na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, en Abad\u00edn, Muras, Viveiro, O Valadouro e Ourol; e o conxunto das actuaci\u00f3ns ser\u00e1n acordadas cos veci\u00f1os<br \/>\n&#8211; Esta iniciativa xorde da ausencia por parte da Xunta de Galicia dun plan de acci\u00f3n na Rede Natura 2000, que permita ao sector agrogandeiro aproveitar os seus terreos de xeito sostible. \u201cFoi unha acci\u00f3n restritiva e non construtiva\u201d, apuntou Santos Ramos<\/p>\n<p>O Executivo da Deputaci\u00f3n aprobou este venres na Xunta de Goberno recibir da Uni\u00f3n Europea 1,4 mill\u00f3ns de euros para o desenvolvemento do proxecto Xesti\u00f3n en com\u00fan da terra, un modelo de conservaci\u00f3n e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservaci\u00f3n, que presentou \u00e1 entidade comunitaria ao abeiro da programaci\u00f3n Life.<\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Europea v\u00e9n de premiar a iniciativa do Goberno Provincial, conced\u00e9ndolle dita cantidade orzamentaria, que se suma aos 206.000 euros que achega a propia Deputaci\u00f3n, aos 145.000 euros da Universidade de Santiago de Compostela e a outro tanto por parte da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Son case 2 mill\u00f3ns de euros para a posta en marcha de medidas que permitan aproveitar e mellorar a produci\u00f3n de montes veci\u00f1ais en man com\u00fan, situados en espazos da Rede Natura 2000, e conservar os seus h\u00e1bitat naturais.<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n presentou este proxecto, tendo en conta as limitaci\u00f3ns que sup\u00f3n para o sector agrogandeiro ter terreos na Rede Natura, pois a Xunta s\u00f3 se ocupou de catalogar este espazo, sen desenvolver un plan de actuaci\u00f3n que permita a s\u00faa posta en valor. \u201cFoi unha acci\u00f3n restritiva e non construtiva\u201d, destacou Santos.<\/p>\n<p>Medidas cos veci\u00f1as na Serra do Xistral<br \/>\nO Executivo Provincial realizar\u00e1 este proxecto nos montes veci\u00f1ais da Serra do Xistral, \u00e9 dicir, en espazos dos Concellos de Abad\u00edn, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro. Contar\u00e1 coa participaci\u00f3n directa dos veci\u00f1os, pois cada un das medidas que se acorden po\u00f1er en marcha ser\u00e1n acordadas polos usuarios destes espazos. Por exemplo, executar obras para abrir cami\u00f1os, habilitar cercos ou renovar pastizais con maquinaria ou mesmo animais, entre outras. O per\u00edodo de implantaci\u00f3n das medidas participativa \u00e9 de 5 anos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A Uni\u00f3n Europea premiou o proxecto que presentou o Executivo Provincial, coa colaboraci\u00f3n da USC e UDC, ao abeiro da programaci\u00f3n Life, conced\u00e9ndolle 1,4 mill\u00f3ns &#8211; Levarase a cabo en montes veci\u00f1ais da Serra do Xistral na Reserva da Biosfera Terras do Mi\u00f1o, en Abad\u00edn, Muras, Viveiro, O Valadouro e Ourol; e o conxunto &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_eb_attr":"","footnotes":""},"categories":[117],"tags":[],"class_list":["post-12553","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diputacion-lugo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12553"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12553\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12554,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12553\/revisions\/12554"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/terrasdomino.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}